A humanidade patrimonio da humanidade

OUUUUuuuu.... Podo entender que certos monumentos e espazos precisen protección 'supranacional' por aquelo da rapiña industrio-empresarial, pero certas manifestacions culturais plenamente en boga e vixentes...

A cousa é que polo mesmo xeito non entendo que outros patrimonios inmateriais non teñan ese recoñecemento e, o peor é que semella que alguhas mostras culturais dos humanos non merecen ser conservadas nin por eles mesmos. Hai moito mamoneo nesto como no nobel da paz.

O preocupante é que ó paso que imos vai a ser preciso facer o que digo no título... antes de que a tolemia humana remate por acabar....cos humanos.

Teorema sobre a fin do noso tempo

OUUUUuuuu... Hoxe remato os 43 anos e inicio os 44.

Levo xa un tempo dandolle voltas á suprema razón escondida no derradeiro sono.

Teño que confesar que as miñas propias experiencias e razons se ven influidas por fontes diversas nas que claro que tamén aparece a relixión como transfondo pero que teñen mais que ver cos coñecementos actuais sobre temas aparentemente desconectados como a física de partículas, a astrofísica, as teorías sobre o espacio-tempo (E.T), a fisioneuroloxía e estudos sobre os sonos. Tamén influen as artes; a literatura e o cinema especialmente, todo elo confluindo no tempo que paso a soas mentres nado, corro ou pedadelo.

Así pois sabemos que a materia que compón o universo que coñecemos en xeral se dispón, por así dicilo, sobre un manto de (E.T) que se ve influido, entre outras cousas pola súa masa e a atracción gravitatoria que xera. Sabemos que, en circunstáncias concretas de grande concentración de gravidade a manta do (E.T) vese arrugada ata cáseque o infinito producindose un "borde exposto" o que é unha singularidade, un paradoxo; nese borde non existe o espazo, mais tampouco o tempo.

As nosas funcions cerebrais organízanse de xeito sinxelo en consciente e subconsciente; cando o noso cerebro entra en estado de reposo as funcions de moderación e razoamento superior do consciente 'baixan' e, pido perdón pero non sei como explicalo, "percibimos" ó noso subconsciente por medio dos sonos. No estado de sono hai intres nos que as conexions neuronais traballan arreo nas áreas coñecidas da linguaxe, da visión; incluso, do movemento. Esas "percepcions" reproducen espazos e visions que coñecemos ou non pero o certo é que nós 'sentímonos' alí.

O xeito no que percibimos o tempo ademais dos coñecidos fenómenos de aceleración ou enlentecemento que se deben ás circunstancias que nos rodean vese influido pola actividade do noso cerebro nese intre. Un cerebro ocupado percebe un tempo acelerado e viceversa. Un exemplo clásico e o do sono no que imos andando e tropezamos; comúnmente se trata dunha experiencia na que 'sentimos' que camiñamos un tempo de tropezamos no intre de despertar e quen nos acompañe nos dirá que pasara moi pouco tempo desque durmiramos.

Evidentemente a morte de outro ser humano é un estado no que o cerebro non presenta actividade ou esta é residual, non en balde a certificación CORRECTA da morte (a cerebral) faise con dous electroencefalogramas planos en 6 horas porque as outras funcions fisiolóxicas poden ser substituidas parcialmente nos medios clínicos.

Para min o fundamental é a idea desa zona/intre na que se produce a derradeira actividade cerebral, as derradeiras "sensacions" e interconexions neuronais antes do cese de actividade. A visión 'dende dentro' (por quen falece) do instante do falecemento é como a entrada nun burato negro, un paradoxo ou singularidade. Para o que falece o tempo elóngase e remata por non transcurrir. Entramos nunha eternidade particular enchida polo noso subconsciente. Non imos a ningures ou si, pero en todo caso sempre se trata de representacions dentro da nosa mente que morre.

Supoño que lle vou dar moitas mais voltas a esto, porque llas dou; así, ás veces, de xeito súpeto xurde unha pregunta no meu interior que trata de "abati-la hipostese". Só un exemplo; pregunteime como distinguir a morte da realidade... polo de agora só se me ocurriu que si achego as mans á boca e o nariz sinto a miña respiración, si non é así debo pensar que ESTOU NO SONO.