Bruan meu, logo imos adiante...

OUUUUuuuu

Seica andan as cousas revoltas mais aló do manzanal. A redacción da reforma de estatuto da macrocomunidade castelan-leonesa no pazo do congreso en Madrid inclue unha mención á realidade diversa do dito territorio e, concretamente, á singularidade do Bierzo.

Eu estou conforme con que se trata dun territorio singular mais aló da fermosura da súa paisaxe e do indubidable valor do seu patrimonio histórico i étnico-cultural; o que non me convence é que para determinar xuridicamente dita singularidade se argumente coa "traxectoria institucional" porque as institucions, aínda formando parte da paisaxe humana, son froito das situacions; moitas veces cruentas, da historia que é algo para contar, investigar, lembrar e ter en conta mais non para fornecerse de ferramentas cara a un entendemento que nos permita a tod@s conquerir unha sociedade mellor entre nós (os humanos) e para o medio no que moramos.

Lamento que neste debater, escribir, publicar, completar e por en marcha un xeito de nos gobernar (no que nos deixan) dende preto se deixen de lado a perspectiva da democracia e a realidade social do territorio berciano. SI, xa sei que os partidos que están a dirixir-lo debate son os que obtiveron representación nos derradeiros "cómicos"; mais coido que as ferramentas fundamentais de goberno deben emanar e ser aprobadas de xeito inequívoco pola poboación á que se lle dí ser soberana e que no bierzo esa poboación ten un gran compoñente inmigrante que, si ben non posue dereitos políticos, si debera estar contemplado á hora de redacta-las normas e usos de convivencia no lugar.

Hai claro, quen non quere ver ren disto e se aferra a certos intres da historia para negar unha e outra volta o que ata os ollos dun neno poden observar: Existe unha realidade diferente ó que se observa tanto cara ó Leste como ó Oeste e o Norte... unha realidade con forza e con motivos mais que dabondo para se afirmar na súa diversidade sen que elo signifique isolacionismo; tan só un dicir "somos diferentes, debemos ter xeitos diferentes de afronta-los problemas".

Logo está o tema da lóxica económica e a percura da eficiencia... Esta claro que para aplicar medidas políticas nun ámbito e/ou territorio hai que ter capacidade lexislativa sobor delo e ter os ingresos económicos e mecanismos de control dos mesmos que substancien as decisións en feitos; Mais todo esto debe facerse coa óptica da sustentabilidade. E non falo só da sustentabilidade medio ambiental senón tamén da político-social; os cidadáns non podemos soster 7 estruturas administrativas (concello, mancomunidade, comarca, provincia, autonomía, estado e UE) cun sistema fiscal lóxico salvo que cada unha recadase unha parte en virtude das competencias que teña asignadas e que non tivesen capacidade de endebedamento mais aló desa recadación. Moita saco pois para pouca fariña.

Nen a Lei de Protección de Datos...

OUUUUuuuu...

Preparando a entrada sobre "Apostatía: a diferencia entre a teoría e a práctica" me decatei por unha banda da confusa situación na que se atopan os que tendo sido baptizados, logo 'comulgados', mais tarde 'confirmados', pode que casados e, alguns, anulados e finalmente sacramentados... resulta que non conquiren que se lles cancele a súa inscripción do rexistro do arcebispado pois, en virtude do concordato de 1973, dito rexistro non é tal (mello dito se lle recoñeceu a súa INVIOLABILIDADE) e; seica, non identifica ós inscritos como practicantes da fé católica....

Polo que se ten optado por solicitar que a dita opción da apostatía se faga constar no dito rexistro do mesmo xeito que toda esa sucesión de actos que SI se fan constar e que, digo eu, confirman a profesión dunha fé relixiosa.

Mais nen por isas; os arcebispados néganse a face-las ditas notas marxinais e a certificalas tal e como sentencia a AEPD. Vese que os nosos DEFENSORES DA FÉ queren manter incólume o número de supostos afiliados pode que co obxecto de esgrimilos á hora de conquerir mais prebendas ou fondos dos gobernos.

Bueno, seria outro aspecto a ter en conta pola xente de CONCORDATO.org para que se garanta o dereito cidadan por riba do dereito dunha organización.

A avalancha antisocial

OUUUUuuuu

Nunha tesitura como a actual na que todo é calibrado polos actores políticos segundo a escala comicial (isa que se mide en votos) resulta moi extrano ouvir certas propostas sen que xurda unha conmoción social de reacción; e mais, só temos que ollar para 'os veciños do norte' para calibrar a que lugar conducen esas propostas...

Que a estratexia do actual goberno é, por unha banda, ser mais españois que "españoleitor" e; por outra, aparentar mais social que o fuchibol non debera extranar. Dada a actual teimosía dalguns dirixentes da oposición co tema do proceso de paz/rendición e o estatuto catalán o primeiro tema constitue unha lembranza da vacina acadada cos tristes feitos da ruptura do tal proceso e a posta en marcha de outros estatutos de similares características noutros ambitos territoriais. O segundo tema constitue un auténtico quebratestas para a equipa economica do goberno actual que non sabe como realiza-las eternamente pendentes reformas pro-mercado libre ó tempo que toma medidas que minimicen o impacto dos problemas da caida da construcción como motor económico e de emprego e, por riba, non poder dicir públicamente "é que xa non vai a haber superavit para financiar isto" (atención buco-dental, novas axudas para o alugueiro de vivenda...). Mais esperpéntica é a actitude da oposición maioritaria que anuncia; iso si polo baixiño, que; de acada-lo goberno, procederá a unha rebaixa do IRPF e a SUPRESIÓN do imposto do patrimonio ...trátase sen dúbida de medidas moi sociais que ampliarán o marxe de manobra para o apoio ós mais necesitados...

No medio de todo esto as forzas mais progresistas seguen derivando impulsadas polo vento das vellas verbas e os conceptos antediluvianos, mantendo un duplo raseiro coas ditaduras do mundo segundo a súa cor e despreciando no seu eido interno as reformas que, din, precisa esta proto-democracia para acada-lo 'sorpaso' cara a unha DEMOCRACIA VERDADEIRA.

Os actuais problemas i evidencias de cara a onde levan os plantexamentos neo-liberais (A Rusia da mafia, A China explotada e que produce barato por producir sen controis, As invasions polo control de recursos económicos...) seguen a presentarse como 'males menores' do mundo globalizado por uns e seguen a ser obxecto de sesudos debates sen un PROGRAMA alternativo que non implique a perda das lexítimas oportunidades individuais polos outros.

En tanto, o mundo segue a xirar.

Cortiña de fume

OUUUUuuuu Ando bastante preocupado polas polémicas xurdidas agora ó redor da familia Franco. Primeiro, pregúntome si este tipo de persecución é necesaria cando o mais normal sería unha "posta a cero" con facenda e cos tribunais de xustiza.

Por elo veño de cavilar que mais que falar se trata de NON FALAR e o que se percura é tapar o tema da recente crítica ó cidadan Juan Carlos de Borbón, as súas actitudes públicas e a escasa transparencia coa que se xestionan unha boa morea de cartos públicos, que mais semellan "fondos reservados" que asignacions dos presupostos estatais.

É evidente que: MENTRES CALEN OS MEDIOS SEGUIRAN A FALA-LAS PAREDES...

Ás dictaduras hai que afrontalas cando están no poder e non cando o fascineroso faleceu ou está vello e achacoso; os crimes de 'lesa humanidade' hai que impedilos, non xulgalos a bombo e platillo 40, 50 ou 60 anos dempois de cometidos. Ainda non vin ningunha "misión de paz" da ONU nen dos estados do "eixo do ben" para impedir o que acontece en África, China ou Sudamérica; en Guatemala, por exemplo, permitímos que uns cómicos se autodenominen democráticos tra-lo asasinato de 50 CANDIDATOS que figuran nas listaxes de partidos opositores.

Percura-los cadaveres dos asasinados e restitui-lo seu honor e a súa memoria é xustiza precisa; o revisionismo e o revanchismo é reabrir feridas que mancan a convivencia como bombas e pistolas.

As persecucions non se xustifican con presecucions.

Facelo ben e facelo mellor

OUUUUuuuu

En Ponferrada o sistema TuBiCi de alugueiro de bicicletas levaba anúnciado xa uns meses mais ata o final de Xullo non se viron as primeiras 'laranxas' polas vias; algo mais custou ve-las estacions (só 4) pois, ó meu entender, nen son dabondo nen están ben distribuidas. O sistema autodefínese como "lúdico" o que xa é pola venda antes da ferida... o que non resta falla de ambición e coherencia nunha vila que se dí concienciada medioambientalmente. As bicicletas en sí teñen a pega de non ofrecer nengún troco de marchas, ter a cesta de transporte na roda traseira (mais doada de roubar sen que te decates), Non teñen luces nen dispositivos reflectantes.
O sistema é barato; só 3 € o abono e ten longa duración de alugueiro (ata 4 horas), mais un horario moi limitado (de 8 a 21 en veran e a 17 en inverno).
As xa mencionadas escasas estacions non se atopan perto das paradas de outros medios de transporte, sobor de todo os interbuans (nesta zona o autobus pois o tren de cercanías semella un burro-taxi) nen de centros de uso público ou con grande cantidade de empregados (xulgados, facenda-correos, hospital, centro de saude).
En resumo, é unha boa iniciativa mais se lle debe pedir un pouco mais de rendemento como alternativa de transporte urban claro que elo esixiría a sinalización de roteiros bici prácticos dentro da cidade e unha grande laboura de conscienciacion ós conductores.

Na nosa recente viaxe só podo atopar un punto "gris" e foi a imposibilidade de alugar unhas bicicletas para andar pola cidade. Dende a nosa chegada chamoume a atención a grande cantidade de xente coa mesma bicicleta; logo, ó ver as 'estacions' comprendín de que se trataba...

Como punto de referéncia e horizonte de mellora gustaríame sinalar a VÉLIB: o sistema da "mairie de París" de movilidade ciclista. Un sistema que ofrece unha auténtica opción para os desprazamentos curtos ata 30' que son gratuitos (logo se cobra progresivamente en tramos de media hora) e que ten un grande número de estacions de tal xeito que cada 300 metros hai unha en todo o centro da cidade (aínda estaban poñendoas cando fomos) e sempre perto dos edificios mais frecuentados e das estacions de transporte público mais senlleiras.

Os milleiros de bicicletas dispoñibles teñen 3 marchas, luces e reflectantes, candado con chave para aparcalas provisionalmente e levan unha cestiña na parte anterior.



Pódese optar polo abono anual ou por bonos de curta duración (1 ou 7 días) contra tarxeta de créto que se poden opter nas mesmas máquinas expendedoras.






Tanto a web como as máquinas dispoñen de interface en frances, ingles e castelan e te podes informar en tempo real de donde se atopan as estacions mais próximas e cantas bicicletas-postos libres ten. Sinalo o dos postos libres porque, a certas horas, tiñan serios problemas nas zonas de xantar para atopar onde deixa-la bici dentro do prazo de media hora o cal fala claramente o éxito da iniciativa. Hai gran abundancia de roteiros ciclables sinalados, hai sinais de tráfico específicas para guiar ós turistas en bicicleta cara ós puntos de interese e os conductores son rigurosamente respectuosos cos ciclistas que, á súa vez, respectan semáforos e pasos de peons e sinalizan a súa proximidade coas campaiñas das bicis.