O contrato roto

OUUUUuuuu... Veño decindo nas RRSS que votarei ó partido que garanta que os electos corruptos devolven TODOS os privilexios e remuneneracions recibidas.

Cando se elixe a un representante estase a facer con él un contrato que ademais de outorgarlle poder lle fai depositario dunha responsabilidade e, en troco, recibe unha retribución por múltiples vías (soldo, obxectos, desprazamentos, privilexios...).

Entendese que si un representante exerce ese poder faltando á responsabilidade rompe o contrato porque, en realidade, o consideraba precario ou mal pagado e polo tanto non pode bastar conque devolva o roubado ou cunha pena de cadea menor.

Debe devolver non só o que conseguiu ilicitamente senon tamén as retribucións obtidas polo contrato que rompeu... e debe ser borrado o seu nome e a súa presencia do lugar no que figuran os demais representantes que exerceron honradamente o seu posto.

36

36 anos cumpre a constitución, sigo sin poder votar o marco no que se definen as relacions nas que se move a miña vida... sigo a ser estafado por uns e por outros, siguen a reirse de nós: véxase a RR dicindo que o das contas de Bankia que ollo que o banco de España e a CNMV deron de paso as contas (que vamos, que teríamos que pagar todos... cousa que xa aconteceu Non?).
Seguimos mirando o dedo que sinala á lúa: véxase como a demisión da ministra floreiro conseguiu que non falaramos de que o partido do goberno está acusado de aproveitarse con lucro dunha trama corrupta... e así nos vai.

Mentras as novas opcions políticas ou pecan de indefinición ou de idealismo.

Hai que chegar ós verdadeiros lideres mundiais...

OUUUUuuuu... o pasado domingo celebraronse en moitas cidades do mundo marchas contra o troco do clima; en Nova Iorque estase a celebrar un cumio gubernamental sobor do clima e hai unha chea de manifestacions para "sensibilizalos".... todo inutil.

O activismo medioambiental debe deixa-lo postureo apupador e marcarse obxectivos prácticos entre os verdadeiros decisores, os que poden troca-las accions que nos conducen ó desastre; en concreto hai que facerlles saber cales son as consecuencias para os seus negocios a medio prazo, as perdas de ventas, os gastos de protección, os pagos dos seguros... argumentos contundentes que lles fagan reflexionar.

Cómo chegar ós empresarios e propietarios de empresas chinesas, hindues e rusas? Cómo facer entender que a falta de medidas de control os fará caer antes de despegar? Si os Lobbies poden as organizacions medioambientais tamén e deberían entrar nese xogo porque sería mais efectivo non só ensinarlles "o qué" senon "o cómo" para facilita-lo troco.

Visualizar como o ROI dos actuais investimentos se vai a afundir e como as primas de seguros non van cubri-los danos das catástrofes sucesivas será mais efectivo que xente berrando e encadeada a barandillas.

O día da saia tola

OUUUUuuuu.... que non do Ayatolah...

Hoxe coido que é un día senlleiro para occidente, un día contraditorio e tamén un día para sorrir.

Cardo no muro de Adriano... 
Antes que nada; non opino sobre a independencia de Escocia (nin sobor da de Cataluña) porque coido que son os seus habitantes quen de decidir; así que nin a prol nin en contra.
Segundo: fago esta reflexión dende o punto de vista do que teño a ben en chamar DEMOCRACIA e que tal e como está a cousa en pouco ou nada se asemella ó que aquí nos venden.
Terceiro: Cando un xestor só ten como argumento botarlle a culpa dos problemas a outros (Madrid, Bruxelas, "a herdanza recibida"...) simplemente é unha plañideira e non serve para xestionar.
Cuarto: Si leedes a anterior entrada veredes que é o que penso que está a pasar co PODER nas sociedades modernas... podémonos face-la ilusión de que ter ó goberno "nacional" mais perto nos protexe... mais non será outra cousa que iso: ilusión.

A ilusión de estarlle a facer isto ós poderosos...
Ben; para min o extraordinario da votación de hoxe é que se trata dunha auténtica solución democrática (pero parcial como explicarei) á expersión de descontento dunha boa parte da poboación dun territorio moi concreto. Pero non nun lugar calquera do orbe senon no santa santorum do capitalismo moderno e, polo tanto, no lugar mais amante da "estabilidade" que se poda imaxinar; porque sin "estabilidade" non hai negocio financieiro que tire.

Unha solución que ademais de seren implementada na práctica sen ameazas violentas (non houbo un movemento terrorista ou "militar" antes da convocatoria) é aceptada polas partes como 'definitiva' (todo o definitiva que a vida das persoas pode ser...).

Como demócrata podo dicir que é unha solución parcial porque nun bó sistema democrático a consulta á cidadanía non se pode cinguir a feitos particulares e trascendentes como o é este (ou aqueloutro de aqui perto) senon que unha "lei de consultas" debe habilitar a unha porcentaxe da cidadanía para que o goberno en cuestión deba requerir e ACATAR o que en consulta a cidadanía vote incluidas as condicions e prebendas de representantes e gobernantes... menos parrafadas dun decreto bla, bla, bla e mais participación activa nas tomas de decisions.

Pero como de chupatintas e picapreitos andamos ben servidos disque eso terxiversa a democracia representativa... ide á merda meus; os primeiros que terxiversan a democracia representativa son os que fan campaña cun programa e logo sacan calquer escusa de plañideira (ver mais arriba) para facer XUSTO O CONTARIO.

Amosandollo ós que non creen na democracia... 
Oporse a que a xente poda decidir directamente neste e noutos temas ven sendo o primeiro paso dun retroceso que logo levará a pedir que non voten "certos" grupos de persoas (porque as consideran alleas ós seus altos ideais) como: Xente sen estudos, vellos, pensionistas, discapacitados, homosexuais, daltónicos, zurdos... etc.

Ó cabo, hoxe é un día senlleiro... os britons dannos unha lección de como se solventan os conflictos de xeito rápido e sinxelo, sen sangue.... Longa vida ós britons... e a Alba.

Alonxando a violencia cun voto...


Paso á Empresa-Estado

Atado e ben atado...
OUUUUuuuu... O longo do despregue da humanidade pola terra nos fomos organizando como sociedade(s) en diversas formas a cadansúa mais complexa e con mais extensión territorial (mais curiosamente con menos vixencia no tempo).

Creamos as cidades-estado nos albores do que damos en chamar civilización porque os habitantes da mesopotamia puideron deixarnos mostras da súa presenza coa ferramenta mais poderosa dos humanos: a linguaxe. Naceu pois coa historia mesma un modelo organizativo xerme e consecuencia da revolución que esa "civilización" (agricultura, gandeiría, metalurxia...) significou para a humanidade.... a súa máxima expresión foron esas cidades-estado que se extenderon co senlleiro exemplo de Roma creando o xérmolo do seguinte estadío evolutivo.

Logo veu a Nazón-estado non sin un duro e terrible proceso de transición mediada pola relixión que algunha cultura aínda está a pasar agora... A nazón-estado ilustrada, a nazón estado imperial, a nazón-estado "policía do mundo" son os pasos visibles deste niv
el organizativo.  Esas nacions-estado nurtrironse da chegada do comercio a grande escala e dos primeiros pasos da tecnoloxía industrial do que xermolou o que será o vindeiro punto de 'progreso'.

Chega a empresa-estado e os trocos que a súa chegada van atraer consigo son descoñecidos para mín pero ben visible é xa o seu poder por riba das vellas nacions-estado e do que coidabamos unha orde establecida e un esquema no que percurar o noso lugar no mundo.

Pronto estas empresas-estado terán a súa moeda (Como os bitcoins) e política monetaria coa que se nutrirán (impostos) garantindo nos seus servidores (territorio) a seguridade das transaccións (defensa)... un aparato de poder no que cada vez conta menos o "ámbito de decisión política" porque non semella existir un núcleo de resistencia a esa droga tan dura como é o crétido barato e o crecemento sostido... ainda que nin o crédito chegue nin o crecemento sexa tal... as promesas ilusionan mais que as realidades.


Carta a Soria...

Como si non abondase co "Wertido"...
OUUUUuuuu... Ministro; de non ser porque é doado albiscar que o teu pronunciamento non é mais ca un "postureo" ante unha decisión errónea que perxudica ó interés xeral pero beneficia a uns poucos (entre eles tí mesmo que tes xa un vástago colocado na compañía á que beneficias) titularía esta carta aberta dicindo "Eu tamén vou con Soria".

A verdade é que o recurso populista á "necesidade de emprego" xa é dabondo chabacano e xantaxista como para precisaren outras artimañas que calquera sabe, en vista dos poderes ós que apuntan e a lexislación vixente, que serían bloqueadas de contado nos altos tribunais... e para proba o simples pero rotundo feito de non ter promulgado o decreto co "imposto especial" no mesmo intre de autoriza-las prospeccións para que, dende o primeiro metro cúbico ou barril, se imputase o seu pago.

O mais tremendo da túa incoherencia, para min, é que eres capaz de deixar de lado (con esa fráxil memoria que só tedes algúns privilexiados na política) que xa hai sitios dabondo nos que a producción e extracción de enerxía alteran o medioambente, terras asolagadas por encoros, montes con centos de aeroxeneradores, vales como este do bierzo baixo unha capa de contaminación ben visible cada vez que se queima carbón nas centrais....

Estaría ben que ese "imposto especial" abarcase a tódolas instalacions que extraen ou producen enerxía e que revertisen dunha vez no sitio onde esta actividade causa os danos e non en Barcelona onde outros políticos de fráxil memoria ou xuizo din que "lles rouban" porque o que alí "se recauda" non revirte alí... esquecen que o que alí "se recauda" se produce noutras partes só que a amalgama de despropósitos da lexislación lles permite pagar onde lles peta... o pouco que pagan para o dano que fan.


Terceiro grao a toda opción politica que teña un PROGRAMA de acción.

OUUUUuuuu...

O tempo vai pasando e pronto chega o intre de voltar "a metela" 'en serio' que o das europeas seica pensades que non conta mais que para ensaiar novos xeitos de manipular ó electorado... O certo é que a xenrreira ocasionada polo súbito despertar da crise (aquél "Xxx...por riba das nosas posibilidades") viu xurdir forzas políticas novas que, cecais, traten de romper a Ditadura de papel na que vivimos dende 1978.

Cecais unha organización política poda non ter unha referencia IDEOLÓXICA clara porque vai moito que non se formaliza nada novo e as vellas escrituras son eso: froito doutro tempo... como teño falado por exemplo da folga: un recurso de presión da época industrial que pouco ou nada ten de valor nesta época de servizos e información (bueno, mais ben datos).

Mais careceren de IDEOLOXÍA non significa que non se deban aclarar algunhas cousas básicas de cómo se pensa que debe se-la organización económica e social do ámbito no que unha opción política se presente a gobernar. Así que teño unha especie de listaxe de verificación para mirar can consistente é o PROGRAMA de goberno dunha opción política.

Hoxe vos poño a parte económica.

De quen debe se-la PROPIEDADE dos medios de producción? 1) público 2) privado 3)depende de cales medios de producción.

De tódolos xeitos; ¿Debe establecerse un control de prezos ó público dos principais elementos de consumo?
1) Si 2) Non 3)só de alguns

De quen debe se-la TITULARIDADE dos servizos esenciais? 1) público 2) privado

E cales dos seguintes serían eses "servizos esenciais":?
a) Educación pre-escolar
b) Educación básica ou primaria
c) Educación Secundaria común ou obrigatoria
d) Educación Secundaria profesional ou bachelerato
e) Educación Universitaria básica
f) Educación Universitaria de 2º e 3º ciclos
g) Atención sanitaria comunitaria ou primaria
.
.
.

Neste intre, si tedes chegado aquí, xa vos percataríades do problema... si se contesta 1) a calquera das dúas primerias preguntas non queda outra política que abandoar a UE e iso hai que decilo claramente, incluso si se contesta 3) na primeira cuestión ou 1) na terceira dubido que se poda seguir na Unión... e as consecuencias de algo así (de poderense levar adiante) non son precisamente o paraíso comunista na terra...

Así que menos lobos carrapuchiñas que xa sabemos que se pode (e se debe) darlle un "meneo" ó sistema e sacar do medio ós que teñen anestesiada á sociedade pero hai trocos que (case) ninguén quere intentar...

Para a parte da reforma política tentarei escribir outro día pero podedes ir buscando en otra democracia es posible

Xestión, camas e silenzo

OUUUUuuuu...
Monos de garbata... monos ó fin...

Para deixa-lo mes feito nesta entrada imos "manchar" este blog con observacions persoais sobre temas candentes da sanidade... ben podería non facelo e seguro que ninguén mo botaría na faciana... como a outr@s tantos guruses insignes.

O tema da xestión clínica en SACYL segue o seu curso, por desgracia a miña profesión está (estamos) focalizados nun punto absolutamente colateral do argumentar
io como é si pode ou non unha enfermeira dirixir unha UGC... unha cuestión baladí si enfocamos o tema dende o punto de vista de quen importa: os usuarios... ou non?

E xa que falamos dos usuarios ¿que papel teñen nas UGC?... tanta filosofía da atención centrada no doente e mira por donde... nin están sin se vislumbra. Seguramente terán que recurir ás moi activas canles de comunicación coa administración (das que alardean en informes de calidade) como as reclamacions e as enquisas... ahh que non, que son canles unidireccionais... bueno que mais ten? a xente pode queixarse... e U-los mecanismos de participación social que prevee a lexislación?.

Así que teremos unidades que "mediran" o seu facer en virtude dos cartos que empreguen e non en virtude da taxa de mortalidade comparada ou de complicacions comparadas e axustada por risco...

-para, para, para ... de dónde pretendes que se saquen eses datos?

Dos "magníficos sistemas de información en tempo real" que temos...

Disimulade o complicado da redacción; só quería deixar a ver que si as UGC miden só gasto ou "producción" (altas, procedimentos etc) non valerán de nada para quen importa: as persoas.

Temos logo a "outra banda" que mide as cousas como vai 40 anos en ratios fixos poboacionais sen teren en conta as variacions na incidencia das patoloxías ou a súa evolución temporal... Un exemplo rudo: para esta xente si vai 30 anos había que ter 50 camas (e o seu correspondente persoal) para tuberculosos esas camas deben seguir ahí... mortas de risa. Por iso me chamou a atención a lexislación de Pennsylvania (Safe staff bill)

Outra cousa é que podamos manter abertas camas e quirófanos para operar en verán o que en inverno non se pode pola incidencia das patoloxías médicas clásicas (EPOC, Insf. cardíaca...) ahhh pero eso implicaría que 'igual' hai mais problemas para coller vacacions en Xullo e Agosto... ou outras cousas... é certo que con menos camas nun centro se producen mais esperas en urxencias (con alto risco para a seguridade por moitas causas) pero, curiosamente tamén se están dando mais altas e operando mais (en absoluto e en relativo)... e hai silencios senlleiros neste tema.

E non esquecer que esto todo depende da reforma constitucional asinada con nocturnidade conxuntamente polo dous grandes partidos... gastos=ingresos... >si rebaixamo-los ingresos (baixando impostos, relaxando a inspección fiscal...) a consecuencia lóxica e 'constitucional' é... reclamacions ó mestre armero.

Logo está o tema da integración... si facer funcionar dun xeito armónico os hospitais, atención primaria e centros e servizos sociosanitarios soa xa a fantasía Qué se pode esperar si dentro destes ámbitos os intereses se 'concentran'? e indo por esta beira para voltar ó principio Podería un médico de familia dirixir unha UGC "do corazón" ? Si se tratase de 'centrarse nos procesos' si, mais como se trata de "controla-los cartos"...

Unha última consideración como nota para unha próxima entrada-xogo: cal é a diferenza (si a vedes) entre un "funcionario" e un "empregado público" ?

Porqué as mensaxes de "defensa" da sanidade pública sempre son 'cara ós de arriba' e non cara ós profesionais que fan cousas que tamén significan desspilfarro dos cartos de tod@s ? non é eso deixar en mans "dos de arriba" esa salvaguarda 'do público' que, disque, se quere facer? Qué hai de malo en decir que si empregamos mal os recursos tamén estamos contribuíndo a 'privatiza-la sanidade'?



A terceira servidume

OUUUUuuuu...

Unha nova revolución anda agochada no noso tempo e con ela un novo xeito de relación entre os humanos... na historia cada revolución no deserolo da humanidade veu en dar nun modelo de relación socioeconómica segundo o campo e modelo productivo de referencia... pero, en realidade, cada paso na historia só engade unha capa de camuflaxe ó mesmo tipo de relación.

Deixando atrás a "revolución agricola" que trouxo a esclavitude como modelo de relación socioeconómica 'novedosa'. Temos que a revolución relixiosa monoteista deu orixe a unha relación de servidume agrícola substituindo ós esclavos por xente que facía o mesmo pero coidaba non selo nun marco ético-relixioso que propugnaba a igualdade... digamos que aqueles "siervos da gleba" eran esclavos de feito pero non de dereito.

O modelo agrícola-mercantil quebrou coa chegada da industria e a producción masiva, e naceu unha segunda servidume a dos 'destinados' ó traballo nas fábricas... eles, por ter acceso a unha serie de productos (os que producían) non tiñan sensación de seren esclavos. A camuflaxe complicouse mais pois o modelo incorporaba certa formalidade: o contrato que materializaba un certo marco de aparentes dereitos que a xente quixo exercer... por elo un modelo 'avanzado' desta servidume desenrolouse en asia (e agora aquí) cara a unha maior semellanza co modelo esclavista polas súas evidentes vantaxes.

Pero agora vivimos outra reviravolta da historia e o que mais importa é a información e o "apalancamento"... unha sociedade de servizos... serviles. Nesta xeira a camuflaxe énchese de bits a alta velocidade e temos un novo dogal para manter asoballados ós esclavos-siervos-obreros-profesionais: o crédito.
O caramelo envenenado co que tes hoxe o que non terías en 20 anos en "igualdade" co que teñen os outros... temos pois unha terceira servidume mais aló da ética relixiosa e do contrato laboral; a servidume financieira.

Mentras seguimos, como especie, na carreira imparable para destruir o mundo no que habitamos...

Felipe, non te recoñezo

OUUUUuuuu...

Hoxe consumase o feito sucesorio que remata a democracia Juancarlista e da paso a unha monarquía ó uso... un sistema medieval.

Escomenzo a miña vida neste réxime expresando que non recoñezo a Felipe... e non é que non o recoñeza como El rey senon que non o recoñezo como democrata. Porque podería acatar ter un xefe do estado a título vitalicio... si o decidimos entre tódolos cidadans... e non, non abonda que os parlamentarios que se elexiron para esta lexislatura votasen a lei orgánica... é unha decisión que só nos corresponde ó conxunto da cidadanía... como o tema do 'dereito a decidir'...

En fin, que me decreto en rebeldía do xefe do estado non pola forma senon polo fondo e deixareillo claro en canto abran a ocasión... si o fan.

E tampouco me vale que digan que o vindeiro resultado electoral será o referendum... a pregunta debe ser expresa e única... para xogos condicionados chegou o nomeamento de Juancarlos.

SEGUIMOS CARA AL SOUL...

Derradeiro Dia de reflexión deste sistema

OUUUUuuuu..

Ata mañan vivíamos nun sistema de consenso e equilibrio. Seica eramos unha democracia con rei porque así o expresara unha gran maioría aló polo anos 70 do pasado século... é mais que un sistema democrático unha "democracia juancarlista" e como parte da sociedade cada quen podía expresar o que quixera pero nos tolerabamos nese acubillo agardano o intre do troco...

Sempre dixen que esto era unha protodemocracia e unha das súas probas de lume sería a sucesión porque, como digo no twitter, "¿Que por qué ahora? Porque la sucesión transforma a un líder elegido por la gente de su tiempo en uno impuesto... "
Claro que iso a un grupo de cidadans (e ós seus intereses) non lles preocupa a DEMOCRACIA senon para cando saben que son maioría; non sendo así non se cortan en deciren que "a xente non sabe o que vota" ou "nun país no que Belen Esteban é top ventas de libros..." e cousas polo estilo mentras aceptan o voto de persoas evidentemente discapacitadas 'carretadas' para deposita-la súa papeleta.

Hai moitos nervos nas cavernas e xa só lles falta dicir que alguns das novas formacions comen nenos ou teñen rabo... para cada argumento que se emprega hai unha resposta que confronta a suposta tendencia dos partidos e líderes en alza con realidades dos partidos e líderes xa existentes... só que aqueles inspiran esperanza e, polo de agora, manteñen mais contacto coa xente e se non ahí están as asambleas nas que se está a discutir qué e cómo facer... non como outros que negocian en cenáculos escondidos... apañando listas e favores...

Para mostra un exemplo: o da anterior entrada. Dos 109 deputad@s do Psoe contactei (via mail e twitter) con uns 100... só 2 respostaron por correo (tal e como se viu na entrada) e outros 2 por twitter... un 4%...

Insisto, esto non é só "un trámite" é o punto de apoio para decidir si somos unha DEMOCRACIA ou si quedou todo "atado e ben atado" e seguimos "cara al soul"...


Porque ¿qué pasa si a lei de sucesión non sae? ¿en qué posición queda Juan Carlos?¿e o goberno?... Para min está claro que Juan Carlos quedaría desenmascarado e ó goberno só lle quedaría ofrecerlle-la opción do referendum ou de tratar de que siga 'tirando' ata que a "recuperación".... bueno, que siga ata que morra... Felipe sabería que o que lle pedín no seu libro de visitas é a única saída honrada que lle quedaría.

Por certo: sentinme moi apoiado ó ler na columna de Manuel Rivas:
Mientras se elogia la madurez democrática, negar a los españoles un referéndum tiene el alto riesgo de atornillar la monarquía como una imposición patrimonial.

Porqué é o momento e porqué o deixan pasar... 5 erros

OUUUUuuuu...

Os fontaneiros de Zarzuela levarían xa tempo decíndolle a Juan Carlos que había que dar un paso porque cos datos reais das enquisas víase ben que a cousa está así...


Mais como teño dito ata a fartura non son partidario da "manifestocracia" porque ahí si son ben manipulables as masas e 'suceden' cousas de xeito estrano... é moi doado rebentar unha manifestación, bastan 15 tipos ben organizados (como xa está demostrado).

Eu coido que os tempos son chegados e non me resigno ós argumentos dos asesores dos deputados do Psoe que veñen a decir: 
"En mi opinión, se puede ser republicano o monárquico y plantear cambios en esa dirección en cualquier momento, hace un año, ahora o dentro de un año. Usando los sistemas de reforma constitucional y de consulta al electorado que nos hemos dado todos. La cuestión es por qué ahora, porque el rey haya abdicado, hay que hacerlo precipitadamente e ignorando lo que prescribe la Constitución. Por qué no hace un año o dentro de un año, como si los republicanos españoles se movieran al ritmo que marque el monarca. No me negará que es paradójico. Y si el Rey no hubiera abdicado ¿seríamos (los que lo somos) menos republicanos?. El acto del miércoles es un acto formal, procedimental, que viene a decir que la abdicación es jurídicamente correcta (que no apreciamos que el Rey haya sido forzado, o que no esté en sus cabales, que estuviera oculto, u otro tipo de circunstancia que nos hiciera dudar de su voluntad). Si dijéramos "no" el efecto sería que la abdicación no era correcta y que el Rey debería seguir siéndolo. No es por parte del Parlamento una aceptación de la monarquía o de la sucesión, eso ya está en la Constitución. Y he prometido cumplirla. Y al prometerlo, me he comprometido a usar su sistema de reforma para intentar cambiar lo que considere que no me gusta. De hecho, como sabe, mi partido viene hace tiempo viene proponiendo que nos sentemos a examinar esa "fatiga de materiales". Y por tanto, el miércoles votaré que me parece correcta la abdicación. Porque considero que es jurídicamente válida y además políticamente lógica, dado el desgaste de la imagen de la institución. No se me pide no una adhesión a la monarquía, ni una opinión sobre el nuevo Rey o sobre la Monarquía. Seguiré pensando que la monarquía como institución tiene una lógica completamente ajena a estos tiempos y que conservo íntegro (junto con el resto de españoles) mi derecho soberano a proponer en cualquier momento un cambio de régimen, por las vías que todos nos dimos. Qué quiere que le diga, yo no soy un republicano "de temporá", ni es el Rey quien me indica con sus actos cuando debo serlo y expresarlo. Este respeto por los procedimientos, este "patriotismo constitucional", es la manifestación más nítida de mi condición de demócrata. Mi rey es mi pueblo y mi obediencia lo es a sus decisiones soberanas. Hasta que él mismo decida otra cosa diferente de lo hoy aceptado por las vías que él mismo se dio. Yo no podría decirles a los secesionistas catalanes lo que les digo, lo que decida el pueblo soberano por las vías constitucionales, si ahora defendiera sobre este asunto que las urnas lo son todo y todo lo curan, por encima de las reglas del juego" (José Ignacio Sánchez Amor)
Principalmente porque esas "vias democráticas e contitucionais" están pensadas para mante-lo control e impedir que aínda que exista unha maioría se poda facer un troco no sistema sen algo de 'ruido'.

1º erro: É Juan Carlos quen pon o tema en riba da mesa porque coida que o tempo se lle esgota, que a maioría social está trocando pero que facendo a sucesión agora garante a monarquía ata a seguinte sucesión.

2º erro: Si a lei non sae no parlamento sería o PP quen tería que optar por un "plan B" que seguramente NON sería a consulta á cidadanía o que escusarían con temas como o gasto... pero os deixaría ó descuberto.

3º erro: a resposta que se lle está a dar ós nacionalismos é que as consultas hai que facerllelas ó conxunto da cidadanía... pero agora non se quere consultar este tema.

4º erro: Vota-la abdicación e a sucesión e acetar "de feito" o normal funcionamiento da monarquía como forma política do estado e a sucesión por herdanza biolóxica como parte do 'feito democrático' e son dúas afirmacions falaces.

5º erro: Non tedes dereito a propoñer nada dempois de votar esto porque sería incoherente participar na sucesión para logo propoñer un troco... algo que non se fixo xa nos congresos políticos non se vai facer.

Por sorte algo bó haberá si a votación sae adiante (cousa que só pode ocurrir co voto dos deputados do psoe) pois acabarase a chantaxe do "voto útil" e do "socialismo a muerte" e veremos como se completa esta transformación...



Por certo; NON son "Republicano" ó uso... NON penso que se teña que "reinstaurar" o sistema de antes da guerra civil ou que sexa unha ocasión para a revancha; de feito, coido que o novo goberno da cidadanía soberana tería que acadar novos símbolos lonxe de aqueles e novas bases xurídicas e o políticas tamén alleas a aquel conflito.

EDICIÓN 6/6/2014

E Odón Elorza me enviou un mail decindome que a súa resposta era esta: http://www.eldiario.es/zonacritica/conciencia-libre_6_267783250.html

Como vedes o argumento se repite mais tamén unha persoa como Odón si recoñece que están a cometer un erro.... histórico.

20 anos non son nada

OUUUUuuuu

Apenas uns intres para canta-lo tango, unha música emocional e moi estética na súa danza, unha virtuosidade...

Da cantidade de datas que hoxe se celebran, dos retos que hoxe nos asaltan, das incógnitas que enfrontamos... todo eso hoxe non toca...

Fai 20 anos que son pai e mais que nunca me sinto obrigado a facer algo para deixarlles unha sociedade mellor onde vivir, un mundo mais habitable, unha convivencia menos violenta...

Temos moito por diante como para pararnos agora; ás veces só hai que ser arriscad@ no intre que corresponde e eu agora sinto que é o intre de arriscar; de apostar por unha sociedade e por unha relación social e política verdadeiramente DEMOCRATICA porque como teño escrito neste blogue... non hai argumento contra a verdade: A sucesión por imperativo biolóxico NON É DEMOCRACIA... e por riba discriminando sesgadamente ó home por riba da muller.

Coido que se pode conquerir sen violencia e pacíficamente  pois os parlamentarios saben que non lles corresponde semellante decisión; así que hai que facerlles saber que NON PODEN nin deben votar esa lei de sucesión.... por tódolos medios e xeitos mais, insisto, sin violencia e non só porque a violencia acaba voltándose contra quen a emprega senon porque non fai falla: temos a razón da democracia.

Loureiro florido

Catro tiros...

... mal pegados

OUUUUuuuu

Non apoiei, non apoio nin apoiarei o emprego da violencia para resolver disputas entre os humanos... lamento a morte de calquer persoa nesas circunstáncias e repudio as manifestacions de ledicia ou sorna ó respecto como sempre fixen.

Dito todo esto gustaríame deixar "negro sobre branco" algunhas reflexions sobre temas que xorden nas novas e comentarios vencellados a tan brutal e inxustificable acto e plantexar cuestions que semella que só me veñen ó caletre a min:

* É normal ou doado que alguén acade un posto nun organismo público "creado" 'ad hoc' sen mais necesidade que a vontade do cargo político de turno?
* É normal que ese mesmo posto "dixital" sexa logo convocado, adxudicado, deixado valeiro e 'amortizado' tamén pola sóa vontade da mesma persoa?

E outra cuestión para a que non atopo nin sequera a resposta 'populista' que cabería esperar...

* Cobran a dieta correspondente os representantes que abandoan plenos na institución para a que están elexidos?

Son as típicas preguntas que non son vistas como "normais" polos políticos de oficio...

¿Para cando a "e-Relixión"?

OUUUUuuuu...

Seica corren "tempos modernos" coa súa promesa facilidade e felicidade sen fin, a electrónica fará do mundo un lugar idílico e máxico... Elisyum ó cabo.

Pero nese "novo mundo" tamén haberá relixión... quixais unha non tan distante das actuais pero evolucionadas ou quixais unha nova e 'rompedora'.

No caso primeiro veríamos como a relixión actual se transforma en "e-relixión" e as probas da súa chegada irán mais aló da conta de twitter do @pontifex senon que traería elementos mais materiais...

Cecais un e-rosario para leva-las contas do que rezas e mandarllas ó teu perceptor e que saiba o devoto que eres... cecais un e-cilicio para que o teu sacrificio polo ben da igrexa non pase tan desapercibido...

¿Será tan difícil apostatar desa nova e-relixión como se dar de baixa no facebook?

Adeus ó pintor do trampantojo dese gatopardo chamado transición

Unha porta a ningures...
OUUUUuuuu... Vale, que sí, que non luce ben escribir esto agora que está o home no congreso recibindo honores pero alguén ten que dicilo.

A manida transición foi concebida como unha viaxe "dende a lei ata a lei" isto é: sen ruptura conservando ó principal elemento que para o anterior réxime garantía o famoso "atado e ben atado": O cidadán xefe do estado vitalicio e hereditario. O que ven sendo un 'gatopardo': que todo troque para que permaneza igual.

Toda a estructura da chamada "reforma política" froito, en principio, do texto de Torcuato Fernández Miranda retocado por Suárez non era mais ca un gran trampantojo (ignoro a traducción ó galego e nin me interesa), un engano á vista para que os novos actores aceptaran o escenario no que lles tocaba 'representar' a protodemocracia na que vivimos e á que tan ben se adaptaron.

Seica o mérito de Suárez foi "facer posible" o suposto "suicidio" das cortes franquistas... eles ben sabían que só era cuestión de tempo e que esa era a opción menos mala para eles.

¿que eu qué faría? É doado decir dende aquí e agora que esperaría ó esgotamento do réxime... pero vista a desfachatez coa que reforman á carta magna cando lles convén cecais SI se debeu esperar un pouco mais 'fora' sen conceder a prenda da votación "a texto completo" e outros truquiños empregados nas mal chamadas 'cortes constituíntes'.

Sobre o triste e solitario final de Suárez cecais quen mais tería que dicir sexa o propio "Cidadán xefe do estado" que se amosou enfadado con él cando dimitiu pode que por non querer participar na pantomima que tiña preparada...

En fin; escoitade as crónicas da prensa e fixádevos no que NON DIN e saberedes canta verdade hai no que digo.

Billetes virtuais e o fin do capitalismo...

http://www.flickr.com/photos/famzoo/4880265002/
OUUUUuuuu... Non tomedes en conta esta reflexión, disimulade si tal... non é froito dun intre de tolemia ou desacougo; é o simple contraste dunha realidade manifiesta: O capitalismo xa non existe.

Foi xustamente a caída do principal operador de BitCoin o que me fixo decatarme de que a economía actual DEFINITIVAMENTE non ten un fundamento 'sólido'... o tempo do ouro pasou xa van 50 ou 60 anos... pero agora NADA sustenta o valor que nos mercados se lles da as unidades monetarias que movemos (nin á súa comparación chamada "tipo de troco").

Impera na economía "a confianza", un xeito de 'percepción extrasensorial' das axencias de análise de datos que vaticinan (con pouco acerto sexa dito) os bandazos da economía para que os poderosos a movan como peonza colocandoa de xeito que sempre leven o beneficio.

Quebraron grandes inmobiliarias e empresas financieiras no 2007/8 pero lonxe das esceas de pánico dos anos 20 do pasado século o que veu a pasar foi unha 'desconfianza' na economía... os chamans apuntaron cara a varios países sucesivamente e foron caendo as condicions sociais porque eran "culpables" da desconfianza.

Así que para que todo vaia ben só temos que confiar en que vaia ben... ou non.