Paso á Empresa-Estado

Atado e ben atado...
OUUUUuuuu... O longo do despregue da humanidade pola terra nos fomos organizando como sociedade(s) en diversas formas a cadansúa mais complexa e con mais extensión territorial (mais curiosamente con menos vixencia no tempo).

Creamos as cidades-estado nos albores do que damos en chamar civilización porque os habitantes da mesopotamia puideron deixarnos mostras da súa presenza coa ferramenta mais poderosa dos humanos: a linguaxe. Naceu pois coa historia mesma un modelo organizativo xerme e consecuencia da revolución que esa "civilización" (agricultura, gandeiría, metalurxia...) significou para a humanidade.... a súa máxima expresión foron esas cidades-estado que se extenderon co senlleiro exemplo de Roma creando o xérmolo do seguinte estadío evolutivo.

Logo veu a Nazón-estado non sin un duro e terrible proceso de transición mediada pola relixión que algunha cultura aínda está a pasar agora... A nazón-estado ilustrada, a nazón estado imperial, a nazón-estado "policía do mundo" son os pasos visibles deste niv
el organizativo.  Esas nacions-estado nurtrironse da chegada do comercio a grande escala e dos primeiros pasos da tecnoloxía industrial do que xermolou o que será o vindeiro punto de 'progreso'.

Chega a empresa-estado e os trocos que a súa chegada van atraer consigo son descoñecidos para mín pero ben visible é xa o seu poder por riba das vellas nacions-estado e do que coidabamos unha orde establecida e un esquema no que percurar o noso lugar no mundo.

Pronto estas empresas-estado terán a súa moeda (Como os bitcoins) e política monetaria coa que se nutrirán (impostos) garantindo nos seus servidores (territorio) a seguridade das transaccións (defensa)... un aparato de poder no que cada vez conta menos o "ámbito de decisión política" porque non semella existir un núcleo de resistencia a esa droga tan dura como é o crétido barato e o crecemento sostido... ainda que nin o crédito chegue nin o crecemento sexa tal... as promesas ilusionan mais que as realidades.


No hay comentarios: