Deuses, procesions e manis

OUUUUuuuu... Así que non se poden facer manifestacions ateas nos días de semana santa para 'respecta-la fé dos creentes e non obligalos a facer pública a súa creenza. Está ben sabelo para cando se fagan manifestacions en datas 'santas' para outras relixions co fín de atacar esoutras confesions... a Xan de Arzúa non lle terían deixado manifestarse e estaríamos sen "festa do boi" de Allariz.

Home eu prefiro facer actividades laicas a manifestacions ateas e por elo me agradan os programas de "actividades alternativas" á relixión que se fan en varias vilas pola península adiante; o problema é que para o que non temos alternativa é para a hipocresía.

OS VERDADEIROS DEUSES

Os masons significaban á divinidade nunha forma xeométrica coa "divina proporción" (encarnada no número phi) pero o certo é que o verdadeiro deus desta sociedade tan deshumanizada ás veces é un obxecto redondo ou esférico. Por él se alteran horarios de procesions e de comercios e se fai a vista gorda en situacions de escándalo público ou danos á propiedade pública.

Cartos e balón imperan no caletre dos nosos concidadans e as clases dirixentes o saben e o fomentan. Por iso poden facer unha reforma laboral e unha rebaixa de dereitos cando o que hai é unha crise financieira e do cerne do sistema capitalista... un sistema baseado en 'vivir de prestado' en tódalas súas actividades e facetas que xa non ten qué prestar entón din: "agora para prestar no futuro (e seguir sacando réditos) quitámosvos no prestente".

Mágoa de "Solución Islandesa", pero andamos todos asustados co que fan que pase no norte de áfrica cando a xente se bota ás rúas... ou pensastedes que esas cousas suceden por casualidade?

O Abril outonal

Nestes días de outonía primaveira vexo as cousas da cor gris das nubes e temo por cada fulgor que entra pola miña fiestra... días revoltos nos que escarbo coas unllas na pedra do silencio na percura do sorriso que faga que amañeza.

20 de Abril... Vinte en Abril...

Abriles haberá moitos, cando chegará o noso?

OUUUUuuuu... ia deixar pasa-lo día porque estou farto de mirar cara ó pasado, mais hoxe na bici lembrei a canción que pecha esta entrada e pensei "qué carallo; aquela xente tiña un sono e o botou a andar... ogallá tivesemos nós a nosa oportunidade".

ANÓNIMO LUCHADOR NUNCA TENDRÁN LAS ARMAS LA RAZÓN, PERO CUANDO SE APRENDE A LLORAR POR ALGO TAMBIÉN SE APRENDE A DEFENDERLO.



Disculpade esta versión, pero é que o resto todo era en directo e soaba peor.

Reciprocidade

OUUUUuuuu... os euro deputados gobernan moitos aspectos das nosas vidas cunha distancia espacio-temporal própia da ficción, están mais accesibles ós escualos dos lobbies que ós cidadans que os eleximos (ou creemos facelo).

Pero é que agora está visto que xa non están tan lonxanos os seus feitos e, por unha vez, a vergoña de verse descubertos fai que alguns se baixen un pouco da burra. O fenómeno da instantaniedade de twitter fixo que visen a virulencia da reacción da xente... unha versión 2.0 das flashmob de principios de século.

Levo xa leido que este tipo de cousas ofrecen esperanzas sobre a evolución das formas de goberno cara a unha maior DEMOCRACIA... pode, pero non esquezamos que calquer medio de expresión ten uns mecanismos de control.

EDICIÓN 20:55
vaites¡¡ cando escribín isto non sabía de www.democraciarealya.es/ (eu chamaríalle "democracia verdadeira" por evitar esa verba que xa sabedes)



Movidas como estas vai a haber moitas o tema é evitar que se instrumentalicen e, ó tempo, acadar coordinación para 'facer pupa'.