Contrareloxio

OUUUUuuuu

Convocadas as eleccions levo a cabo unha contrareloxio 'individual' tentando que ODEP podamos presentar candidaturas nas catro provincias... é evidente que precisamos candidatos e xente en cada capital disposta a entrega-lo papeleo... O non xa o temos así que non queda mais que ir polo SI.

30 anos de Cravos.

OUUUUuuuu

"Grándola vila morena, terra da fraternidade...
O povo é quem mais ordena, dentro de ti o cidade."

Van aló 30 anos dunha revolución (hai quen dí golpe militar) que encaminou a Portugal cara á modernidade.



Tendes información completa e imparcial na wikipedia (en portugués).

CARTA EXTRAVIADA A NINGURES

20 de Abril de 2005:

Hola, ¿como estandes?. É para min unha sorpresa atoparme neste trance, mais é preciso. Fai moito tempo que formamos parte do Eter das nosas existencias pasadas... Chegou esta data musicada i me enfanguei na congostra das lembranzas; como non vos podo falar vos escrevo con estes bytes ciberespaciais.

Apreixo a vosa memoria no mundo de orfeo e vos seguides coa inocencia e a ilusión deses anos i eu entroques... non sei. Dubido de si non serei eu o que marchou espallado no cosmos frio i escuro.

Cando vos topo oníricamente sempre nos aledamos, cáseque danzamos novamente e non vos decatades da situación até que o medo me fai acordar.

Non teño ren que vos contar que non saibades; son partidario das facianas 'B' e das séries que retiran ó sexto episodio, afecioeime a soidade dende rapaz e fago moi difícil rompe-la cuncha da meláncolia. Sego a ter sorte no material e humano mais !!!Canto vos boto en falla¡¡¡.

Vinde cando queirades, non penso marchar correndo. Unha aperta.

Renuncia ou Renovación

OUUUUuuuu

Cando no B.N.G. se fixo o troco de candidato á presidencia da Xunta de Galiza un sector dos medios de (in)comunicación calificou o movemento como 'continuista' e outros como unha 'anovación da fachada' sen mais... O certo foi que o paso de X.M. Beiras á presidencia do Concello Nacional (posto orgánico, non de figurín) presentou dende o principio friccions tanto con Anxo Quintana coma cos sectores 'enquistados' da U.P.G. os desencontros foron convintemente aireados polos medios afins á dereita como unha mostra da endebleza estructural do Bloque (cando só faría falla atacar a súa falla de democracia interna) ata que chegou a hora de elaborar (nunca mellor dito) as candidaturas electorais...

Nesta derradeira trifulca Beiras saiu claramente mancado pois nin él pensara nunha retirada real da actividade parlamentar; mais... O xesto de pedires disculpas á militancia públicamente e, acto seguido, saltar ós medios arremetendo contra a directiva que el contribuiu a elexir é mais ca confuso. Se quen marcha permanece e segue a dirixir ¿U-lo o troco?; ¿non é un troco así (Retirarse) o que o BNG quere para Fraga?. Coido que a estructura do BNG neste 'interludio' non foi ben estudada e que se confiou demasiado na boa relación entre as persoas deixando que esta substituise a un auténtico reparto de funcions e a un organigrama.

Para remate. Esto vai a afectar ós resultados electorais do BNG sen dúbida. Beiras tiña 'gancho' ainda que xa non fose o candidato incluso entre a xente nova; tamén haberá quen se decante agora polo BNG por ter levado a cabo unha auténtica anovación, ainda que ignoro si as persoas integrantes das candidaturas son coñecidas en galiza mais aló dos ambientes e circulos do "galeguismo nacional". En Outubro teremo-la resposta.

En ODEP estamos a tentar formar candidatura a estes 'comicos'(si, pon 'comicos' e non comicios; pois a actual OLIGOCRACIA PARTIDARIA dá risa) para serguirmos esixindo unha reforma profunda do sistema politico-electoral co fin de facer realidade a DEMOCRACIA

Actualización 16/04/2005:

Tras leer este artigo de Brais Prego de Montaos en Xornal.com fixen este comentário:

Sego con grande interese dende o recuncho berciano este tema, coma sempre este autor (para cando darás a faciana meu?) ven a conectar co meu pensamento mais quero abondar no tema das listas electorais e a unidade partidaria.

O que comenta Brais é certo; electoralmente prémiase a 'apariencia' de unidade mais ¿porqué?. Eu concluo que se debe a ese dobre xogo de facernos votar unha candidatura coma conxunto mais logo conceder actas nominais ós deputados; se os votantes puidesemos elexir realmente a quen queremos votar ( e/ou revocar ) non habería tanto medo a que escisions ou 'mercadeos' de deputados den ó traste con gobernos e programas. O dito; hai que profundizar na DEMOCRACIA XA. (tamén dentro das organizacions políticas).

PIEDADE

Teño días eternos
deixando fuxir-los versos
tra-los amenceres de aceiro.

Teño noites escasas
velando sonos e pesadelos
antes do serán treboento.

Decepcionado de espertar e seguir alentando
vou e veño, veño e vou
ollando os sinos do ceo
clamando...

Novo Periodista Dixital...

OUUUUuuuu

Nesta semana Periodista Digital votou a andares un novo formato con mais contidos (haberá quen os considere demasiados), novas estratexias participativas e unha nova distribución organizada caseque en 'tags' o que facilita atopa-las novas dos campos que a un lle interesen; xa vai para ano e medio que o emprego coma 'agregador de novas' xunto con 'google news' e 'my yahoo'(o único que ofrece a opción de novas en galego na configuración persoal). Ten certa tendencia dereitona (coma tódolos medios de (in)comunicación empresariais) i, dende logo, nacionalista española mais ofrece dende o inicio certas cualidades novas...

Agora engaden como novidade estrela unha pestaña de blogs na que se incluen moitos dos referentes habituais da maioria dos blogeers que coñezo... Enrique Dans(recoméndovos este artigo), Tetsuo, Arcadi espada... iso sí; só en Castelan mais con moita proxección cara sudacalandia (e digo sudaca sen medo pois eu mesmo son sudaca) o cal indica visión comercial; se cadrar, deberían incluir blogs 'spanish made in USA' para non deixares fora tan importánte fonte de actualidade, información e mercado...

Outras cousiñas... Gmail aparte de ampliar a !!2 Gb¡¡ a capacidade das súas contas de correo xa ten a páxina de inicio en castelan (¿para cando en galego? hai que trabllar mais no google traslation).
A empresa Imaxin software (a mesma que fixo o bosque animado) fai unha traduccion do oficce 2003 ó galego (mágoa que 2 anos dempois).

REPUBLICA

Outro ano mais chega o aniversario da república.
Outro ano mais só o lembramos os marxinais.

Sería mais doado refacer a definición de DEMOCRACIA nos diccionario que aplicar a actual definición.

Adeus Carol, adeus.

OUUUUuuuu

Onte nada mais me deitares rematou outro papado. Coa mañan recibin a noticia co alivio de saber que outro ser human deixara de sufrir... ¿Porque alguns se empecinan en prolongar o sufrimento human?. Semellame que "falecer lúcido e consciente" non é eutanasia por moito que Lamela se empecine.

Pasando á velocidade de peregrino polos montes de Navarra veu a min unha pregunta para a que non atopo solución: ¿Que ten o bosque de Navarra para non ardermos como o de Galicia?; Que así se conserve por moito, moito tempo.

Val do Jerte

OUUUUuuuu

No recuncho nordes da Estremadura hai un grn val adicado ó monocultivo da cerdeira e que en datas coma estas é un autentico xardin das flores e de aroma. Para nos relaxar nos vimos ate eiquí dar un pequeno paseo...

Riojalandia

OUUUUuuuu

Mellorando o previsto chegamos á capital da Rioja antes de xantar o día 1. Rematamos esta xeira mais o camiño continúa... sempre.