Cuadraxésimoquinto...

OUUUUuuuu... A frecha do tempo nos abate inexcusabelmente, sumidos na materia os nosos seres ven limitadas as capacidades que posuen. Tentarmos resistir non é intelixente, adaptarse non sempre é rendirse, sempre hai un xeito 'distitno' de FACER.

Son proxecto malía ó trebón. Son incógnita que descoñezo e descubro cada día. Son potencia e feito á vez.

Vexo polos buratos que ten o muro da miña percepción... sesgado polo que me rodea e me formou, logo son culpable de sesgo; tendo a xulgar dende o meu punto de vista e coa información que teño.

Son un óptimo pesimista ou un pésimo optimista... tentando ver cousas positivas en tódolo que me arrodea para que o peso da existencia non remate por cercenar o camiño antes de que toque; porque ó final sempre toca.