Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas

A paz turco-armenia

OUUUUuuuu...Seica hai paz entre pobos cando os seus gobernantes asinan papeis que así o dín. Que doado. Mais VSQN os gobernos asinan por intereses que pouco teñen que ver coas perspectivas de resolución do conflito e cos problemas latentes.

Agora os presidentes van xuntos ó fuchibol; qué bonito¡¡¡ E aínda van negociar si matar a 150000 persoas foi xenocidio ou non. Curioso é que o estado francés teña a negación dese crime como delito nos seus códigos xurídicos.

De tódolos xeitos é, semella, un paso positivo... cando menos a aparente tenaza turco-azerbaiana non vai desencadear un confilto rexional de consecuencias incalculables en vidas.

Atontados

OUUUUuuuu... moito manifestante atontado, moito superviviente político e, sobor de todo, moito TARADO deixando pisoteados os dereitos e os argumentos dos demais humanos.

Desta volta por fortuna non houbo perdas irreparables o que me permite calificar este feito de "Atontado" porque non fai mais que reafirmar os extremos e desaloxar ós puntos de encontro.

Silencio de escandalo

OUUUUuuuu...Si, recoñezo o meu silencio durante o tempo no que o conflicto foi público; recoñezo que falar do conflico humano nas terras de Palestina é moi complicado dende unha neutralidade total, recoñezo as miñas limitacions de cidadán medio con acceso sesgado á información e submetido á presión dos medios in-comunicativos e recoñezo que o meu exercicio profesional fai que o argumento principal sexa o da vida.

Teño escrito algunha vez sobre este conflicto e sempre quedo coa sensación de non deixar todo ben dito... agora este 'episodio' pilloume de viaxe e non fixen pública, no seu intre, a observación que me dixo a miña comentarista: "Esto remata coa toma de posesión de Obama" mais sácoa do caixón porque, verdadeiramente, foi así e porque; aínda mais importánte, o mais salientable de todo ese período de criminalidade xeneralizada entre dúas organizacions recoñecidas internacionalmente e respaldadas polas súas poboacions o mais salientable, repito, foi o silencio público-impúdico de Obama.

Nós pensamos nunha manobra calculada, nun deixar facer antes da toma de posesión para logo ter un tempo de 'tregua tensa' ata que o novo presidente tome posición no conflicto...O atasco da situación cada volta me convence mais de que ámbolos actores saen beneficiados polo conflicto; Israel obtén grandes beneficios das axudas ós refuxiados que obrigatoriamente entran polo seu territorio logo de ser trocadas as divisas de pago (€uros e Dolares) en Shekels e mercadas as vituallas en Israel, almacenadas e transportadas por empresas xudeas (···) un bó negocio. Hamás saca rédito do asedio e dos ataques pois cada volta a poboación móstrase mais decidida a acepta-la lei islámica e un estado represivo co obxectivo de liberarse de semellante presión; e hamás fai ben o seu papel de adoctrinamento e de emprego da poboación civil própia como escudo e da allea como obxectivo.

Eu pído disculpas polo meu silencio; mais pouco podo facer nun conflicto no que acusar a uns semella apoiar ós outros.

Hoxe pensaba.... Burla, incompetencia ou colonia

OUUUUuuuu...Eu hoxe ben pensara en escribir neste blogue cousas desas sen siso que me saen das mans (non falo, escribo), cousas que me veñen ó caletre nalgún instante entre que desperto (coido despertar) e volto ó leito, pensamentos que me atravesan e me queiman facendo unha estela que desexo facer pegada permanente nos bits das notas deste taboleiro sen lectores, pensaba contarvos de avions que leva(n(ban) xente encapuchada, atada de pes e mans; xente denigrada mais viva, privada do DEREITO mais con dereitos, persoas con supostos graves crimes contra outras persoas mais que seguen a vivir. Pensaba falar da ignorancia que nos atribuen os que (pensan) acada-lo cumio da sociedade e facer e desfacer dende alí ó seu antollo; pensaba que son incompetentes si en verdade non sabían o que acontecía nas bases aéreas baixo a súa responsabilidade de goberno. Tiña gañas de despacharme sobre o uso colonial que fan as forzas armadas dun pais do territorio de outros. Coidaba que todo eso era moi importante...

Pero veu unha xente sen siso nas mans, sen caletre de verdade, co corazón durmido sen pensamentos, só con ódio e me queimou as ideas antes de chegaren á casa. Xente encapuchada na cabeza e/ou no corazón que cometen actos criminais INXUSTIFICABLES e privan de TODO a un(ha), coma mín, persoa (cos meus moitos erros pero con igual dereito á vida). Ignorantes do que desexa a sociedade que só demostran que saben desfacer porque, qué clase de patria se construe sobre mortes cobardes? (sobre ningunha morte, mais ainda menos sobre as cobardes). Incompetentes para rematar cun conflito que dura xa mais de 2 xeracions, irresponsables que sementan odio ó que din amar pois a forza armada só xera mais forza e o principio acción-reacción é tan infantil coma inutil...

A morte dunha persoa o día que morren 100000 non debera contar mais a vileza do acto, a cobardía; non fan mais que manchar o nome do que se dí querer salvar.

Tiña verbas sobre o motivo económico, o trasfondo desta vileza mais non podo, non quero teclealas...

A coroa que fala os poemas mortos e as vitimas

OUUUUuuuu... Si no canto de ouvir escoitaramos.

Levo defendido moitas voltas que reabrir feridas do pasado non leva a nada mais que hai feridas que están abertas porque non se pecharon no pasado. Hai quen dí que non houbo transición porque os aspectos esenciais do réxime anterior non foron tocados ó instaurase esta 'proto-democracia'; é mais, sostense que o actual sistema xustifica a existencia do anterior e a validez do seu método de instauración. Houbo unha guerra con toda a cantidade de víticmas que trae mais tamén houbo vítimas que se deberon a unha operación de limpeza sistemática dos elementos afins ó bando opositor. A diferenza é que ó gañar un bando os seus afins pasaron a ser mortos-martires e os dos outros desaparecidos-criminais.

Morreron mais de cenmil persoas, millons de poemas mortos que fixeron agromar poemas de amargor na vida de quen si sabía que eles ficaran nalgures esnaquizados pola tolemia de quen sostén a súa razón na forza. Coido que é xusto que se poda percurar os seus restos e darlle o tratamento que se considere oportuno.

Pero, ó entrar na xustiza temos moitas dificultades polas razons que xa arriba expliquei; o sistema non se pode procesar sistematicamente a si mesmo, acabaría estourando ó tentar aplicar os supostos principios que agora ten na súa orixe. Non pode pois permitir que se sistematice á percura da verdade e da xustiza de porqué aquela barbarie, a súa barbarie primixenia. Non vai permitir que se destape o lixo do seu interior mais lonxano e non vai tolerar que llo veñan a mostrar de fora por moito que se fixera o mesmo papel cara a outros.

Mais a demagoxia chega ó máximo cando non se quere aplicar a mesma "non-transición" ós conflitos actuais... Hai un cidadan privilexiado encaramado ó seu cargo naquel 'abracadabra' que se adica a falar en convites de toda casta do barbaro que é ir estrando as cunetas de mortos en nome de non sei que patria. Ten razón mais é unha razón HIPÓCRITA. Pola mesma razón TODAS as vítimas non só merecen recoñecemento como tales senon que MERECEN COÑECER A VERDADE, os motivos, as circunstancias, ós responsables...

Outra cousa ben diferente é que as vitimas sexan sacadas a colación no intre de dialogar sobre as bases nas que se fundamentan as diferencias; dende o meu punto de vista, si cada vez que na 'non-transición' se quixera falar de como se ia a organiza-la sociedade no futuro se puxeran a aquelas cenmil vitimas na mesa a resolución sería: "Pero queredes mais vítimas?". Así saiu o que saiu; nin recoñecemento nin DEMOCRACIA, un maxmix perralleiro.

A coroa esa que fala debería dicir que as recoñecidas vítimas merecen apoio e consolo; recoñecemento e resarcimento mais que non poden ser postas na mesa como argumento porque entón o argumento da parte opositora sería: "Cantas vítimas mais son precisas?". É simplemente escoitar o que se dí... si unha negociación non se fundamenta en argumentos senon no desexo de 'non derrota' dunha parte a outra parte vai respostar: "Aínda se queren mais vitimas?". Por desgracia hai moitos conflitos semellantes no mundo; oposotos totalitarios subidos a carros cheos de desgracia humana dicíndose os uns ós outros:" Eh, que ainda podo matar mais...".

Xa se soubo que o proceso de paz fracasou antes de nacer porque nas dúas partes non había intención de negociar. En ETA non había a reflexión que é precisa, para aprender que o camiño da violencia non leva a esa lóxica de acción-reacción de consecuencias liberadoras; senon a un hastío, a unha fartura de dor e sufrimento, de despropósitos. Do lado dos 'demócratas' a decisión tomouse por vez primeira no parlamento mais coa premisa de derrotar mais ca de negociar; e derrotar non era facer calar ás armas senon facer calar as (inxustificables fronte a vida) 'razóns'...

É útil retirarse agora de Afganistan?

OUUUUuuuu... Esto que vou expresar agora vaime causar alguns problemas porque semella unha clara incoherencia co que se supón que debo pensar: Os exércitos para as películas e as accions humanitarias en entornos de paz.

Mais non vos é así e teño que dicilo: Estes empregados públicos voluntarios están as ordes do que dispoña o parlamento en suposta representación da cidadanía e, nas accions fora do territorio do estado ou dos seus aliados, co apoio de resolucions favorables dos organísmos internacionais. Que o ataque a Afganistán é froito dunha montaxe?; posiblemente mais tamén é certo que alí agora hai unha inestabilidade manifesta e que os elementos actuais que puderan producir esperanza á poboación civil froito da reconstrucción de infraestructuras como potabilización de augas, dispensarios de saúde (arriscado dicir hospitais), centros educativos para tod@s e melloras nas comunicacions serían destruidos xunto co actual goberno títere non elexido democraticamente mais cun ordenamento xurídico que si respalda a democracia, cousa que o anterior réxime nin contemplaba.

Que non se lle perdeu nada á cidadanía española en Afganistán? pode, mais neste asunto houbo unha amplisima maioría no intre da decisión tanto nos foros internacionais como no parlamento estatal. Claro que non se produce a mesma unanimidade con tódolos reximes que teñen á metade femenina da poboación vivindo nun 'estado de psicoreclusión autoimposta' e un manifesto desprezo polos mecanismos democráticos para a súa gobernanza; non se é igual de drástico con paises que pisotean coas armas dos seus exércitos á súa propia poboación roubándolles incluso a axuda alimentaria que se lles bota dende avions como agasallos dun nadal lonxano.

Se cadra teñen razón os que piden a retirada do contixente militar de Afaganistán, se cadra fai mais falla arriscar o capital humano dos empregados do exército en accions de estabilización no centro de África, no Congo onde os intereses dos explotadores de recursos manteñen a ducias de bandas rivalizando polo territorio, aterrrorizando á poboación e destruindo calquer infraestructura física ou formal do que é un estado para impo-la lei da forza.

Se cadra a ONU debería impor un "protectorado político-militar" na zona, brindar a oportunidade de desface-lo lío de fronteiras e movementos étnicos que forzou o proceso de colonización-descolonización e verifica-la instauración de gobernos democráticos na zona

Se cadra debería despertar e pensar na crise que teñen os que non poder ter perdas e nas axudas que non reciben os que perden o seu emprego.

Se cadra.

Oportuna xogada... Bidart II

OUUUUuuuu... Diredes que son un paranóico; mais a miña asesora tamén pensa coma min. Xa non fai falla ir ó cinema nin para ver películas ben argumentadas; abonda con encede-la televisión.

Unha cadea de atentados con victimas no medio dun debate sobre a estructura do estado, a ruptura dentro do principal partido da oposición, as discrepancias sobre a solidaridade na financiación entre territorios... E ven "papá estado" (socialista) ó rescate dando un "Bidart 2" (o retorno).

Si, soa a paranoia porque non semella ter un obxetivo concreto... ¿que obxetivo poden ter a morte e o medo?. Víndeme axudar que non vexo.

Pode que se tratase só de que as fontes de información das forzas do estado quedaran descubertas e por elo os atentados chegaban a producirse e, postos contra as cordas, os responsables decidiran que era millor ariscar un golpe así; detendo ó lider dunha organización que ten demostrado ser como a hidra da mitoloxía clásica, que seguir encaixando mortes sen sentido.

Agora pois haberá unha "tregua de reorganización" e logo ¿que?... 40 anos de conflicto só teñen servido para que sexan as ideas as perseguidas porque ámbolos sectores teñen acadado identifica-las ideas dos outros cos actos dos seus extremistas.

A paz e a herdanza ben merecen unhas liñas

OUUUUuuuu... Voltara eu ó plano de deixar pasar estes días de Abril sen facer crónica das celebracions pasadas que pouco poden aportar por sí mesmas ó futuro mais dous feitos me retiveron a mente onte mentres daba voltas na piscina.

Unha ten que ver co tema que a maioría da xente celebra hoxe: O día da terra. A herdanza que recibimos...
non, que tomamos como nosa cando a atopamos como os demais. Pode que noutras épocas as prantas e antes ainda as bacterias fosen responsables de grandes trocos no seu medioambiente, trocos que levaron a grandes extincions e a movementos evolutivos dos que, sen dúbida, somos tributarios mais; coido, ata o de agora, NUNCA unha sola especie fora quen de alterar tanto a face da terra como para afecta-lo equilibrio climático, á totalidade do resto das especies e facelo dun xeito tan súpeto que non permite a actuación dos mecanismos tradicionais da adaptación biolóxica vía variantes xenéticas que podan ter vantaxe das novas condicions senon que son os propios seres vivos os que adaptan as súas conductas ó novo medio e son esas adaptacions conductuais as que poden ter (terán) efectos evolutivos.

O certo é que o problema non é "visionado" a escala global polos cidadans de a pé e cada quen pensa que son 'os outros' os que non fan nada para evita-lo grave problema do deterioro medioambiental. Así cada un seguimos a ter cadanseu coche, o consumo de recursos non diminue e, en xeral, incrementamo-la nosa pegada ecolóxica mentras criticamos ós cidadans de China ou a India por querer acadaren o mesmo grao de 'desenrolo'... e pobre da iniciativa política que sosteña o contrario. Temos pois un problema ético de primeira magnitude no que TOD@S somos responsables na medida na que non esiximos unha actuación conxunta da sociedade non só contra a emisión de gases (centro agora da polémica polo negocio que representa para os poderosos) senon contra todo un xeito de entenderen o desenrolo como algo que chega, o usamos e o tiramos sen ter vista para mais.

A OUTRA
ten que ver co conquerido polo señor Carter no semieterno conflito do oriente medio e do como o conqueriu. Mentras segue a haberen xente empecinada en non queren falar co contrario e en non recoñecerlo como lexítimo defensor dos seus intereses o señor Carter colleu o conflito polos bemoles e foi falar coas partes para conquerir algún avance dentro do enunciado. Que as partes se recoñezan, que recoñezan o conflito e a súa natureza e que recoñezan que o mantemento da situación e as medidas represivas-violentas non van acada-la solución como todos estes anos veñen demostrando.

Non teño mais esperanza que antes porque unha das partes segue (apoiada polos seus aliados incondicionais) empecinada en NON recoñecer á outra parte mais si albisco algunha novidade. Hai moitos centros de estudos estratéxicos internacionais e nacionais adicados a análise destas cuestions como para que un simples leitor de prensa poda dar unha opinión mellor. O IGADI e o Instituto Elcano vos orientarán.

Tristura, vergoña e rabia

OUUUUuuuu...Non puido ser. Outra volta a pantomima da votación vese entorpecida pola tolemia dos cobardes. Outra volta 200 vidas ou unha ¿que mais ten? segada(s) por non se sabe ben que crime ou en nome de qué patria ou por mor de qué dignidade ou en virtude de non se sabe qué concesions que non se queren facer...

Mais a parodia lonxe de parar como anúncian os heraldos arrecia e as declaracions coas que os compañeiros do brutalmente asasinado cidadán xa tiñan un 'regusto' algo raro. A mensaxe aclarouse coa sucesión: ETA pide a abstención, ETA asesina, Non lle queremos dar gusto a ETA, ZP pide unha maioría ampla... Coidei que era unha paranoia miña; catro anos escoitando teorías conspiranoicas tiñan que ter algún efecto secundario.

Tiven que viaxar i estiven escoitando RNE de seguido; todo tiña a mesma cor; un SI pero NON, un deixamos mais pedimos.

O colmo do despropósito foi escoitar e ver á furgoneta do BNG pasando a megafonía polo Barco de Valdeorras ás 7 da tarde. E coitado, pensei que xa non se podería ir mais lonxe... Logo, na volta, escoitei o esperpento do pleno de Arrasate no que ANV fixo o seu 'papel' mais decidiu deixa-lo bastón de mando a EB-IU para os actos do sepelio...
Xa mais de noite de camiño da clase de gaita o remate da mán da persoa que falou no nome do PP á saida da xuntanza no congreso dos deputados no que se asinara un documento unitario de condea do atentado. ¿Tanto insitir na unidade dos demócratas para logo sair anunciando a súa posición particular cando a xornada de reflexión xa se iniciara 'de feito'?. Qué baixo me semella. Insitir nas teses sostidas durante a campaña neste intre É pedi-lo voto i É insistir no único tema no que o PP "recauda" votos: O MEDO.

Sego a defende-lo papel da negociación como resolución final dos conflictos e da libre expresión da vontade das persoas, mais NUNCA por baixo do valor da vida das persoas. É por elo que coido que o único que estivo atinado nas súas decalracions foi o señor Lendakari.

Sarko e Palestina

OUUUUuuuu... Cada día que escoito ou vexo novas do que lle está a acontecer á poboación de Palestina non podo menos ca sentir noxo e rabia. Tanta desgracia concentrada dende tempo inmemorial nun espazo tan pequeno. Pedras contra misiles, nenos e vellos acribillados, inocentes dun e outro pobo mancados ou mortos.

As accions e reaccions sucedense e os combatintes non poden, non saben, non queren ou non lles deixan outra solución. O talión funciona dia e noite como unha máquina de mallar mais só nos indefensos.

Na mentras temos a Sarko, a versión europea de Chaves co seu populismo exibicionista, coa súa chulería toda ela concentrada en tan pouco espazo que semella o reflexo da república que preside; feita a sí mesma sen modelo nen copia e subida no pedestal dos seus desexos para mirar... cara a outra banda.

No tema de Palestina hai estados mais responsables ca outros; e, teño claro, que os que decidiron no seu momento apadriñar á guerrilla xudea en palestina e deron apoio á creación do estado de Israel sabían que creaban un conflicto de solución nula e equilibrio imperfecto. Israel creouse coma un estado militar sitiado e nunca tivo, salvo en pequenos i esperanzadores intres, atisbos de coñecer a verba negociación, a verba humanidade e o concepto de memoria social. Mais ben teñen callado no caletre o concepto de guerra eterna e de vinganza permanente.

O punto de unión estaría na intervención do gran SARKO no conflicto israelo-palestino sen as trabas da UE; só co seu uniforme de Mad-Max e subidiño no pedestal mais mirando de fronte ós nenos coas pedras, as casas derruidas, ás rúas reventadas... Palestina e Israel só teñen unha solución: Entenderse e a responsabilidade de chegar a ese punto é, principalmente, dos que propiciaron esta situación mais fai falla valor e tolemia, para afrontares este reto.

A terceira vitima

OUUUUuuuu... Tráxicamente a morte voltou a domeñar e as verbas que a outros lles brotan a borbotons da bucinas que levan na boca non as fan facer calar nen van callar na consciencia dos dementes que, maidia a leva, din que fan un favor afogando ás gorxas da grande maioría de galeg@s que berramos: PAZ.

O meu escaso número de conexions neuronais non me permite alviscar como se pode facer unha nación grande de verdade sobre unha morea de cadáveres, sobre ameazas e o terror.

Hai duas persoas mais mortas no sanguento percorrido que, xa non sei dende cando, ven tentando matar á súa terceira vítima: O sentido común. Eu, por sorte, non coñezo outro conflito armado mais ca iste; mais tampouco lembro de ningún conflito desta índole que se resolvese sen DIALOGO.

Póren para que iste se produza e se poda argumentar que ningúen se pode arrogar eternamente a vontade de "la mayoría" sen consultar a isa maioría. Antes de poderen plantexar que 30 anos de incapacidade decisoria sobre os aspectos básicos da organización política na que se asenta a nosa sociedade son dabondo para considerar que nos atopamos nunha "ditadura documentada" é preciso renúnciar ás mesmas erroneas ferramentas que colleron en 1936 para calar á vontade dunha maioría e facer valer o criterio de que o único IRRENUNCIABLE é que sexan @s cidadans quen decidan.

Tra-lo debate

OUUUUuuuu...

Desta volta non seguín a 'pé firme' o debate do estado dende o congreso porque tiña, e teño, cousas dabondo das que atender e conformeime coa puntual des-información dos medios ó meu alcance.

Semellou que o grupusculo de cidadans elexidos pola xente para a representar non vive cos mesmos problemas que eles; non é de estranar, con tantas medidas de seguridade que pensen só na ameaza terrorista (curioso, só nunha caste de ameaza terrorista) mentres que o tema da vivenda, o mundo que lle imos deixar ás vindeiras xeracions, o enriquecemento duns poucos por medio da usura e a usurpación dos recursos públicos e naturais... non debe sair nas enquisas e, polo tanto, non está xustificado que os nosos próceres lle adiquen os valiosos minutos que a mercadotecnia da in-comunicación lle adxudica a este teatro pseudo-dialéctico.

POR PARTES

No referente ó debatido de xeito principal... Atopámonos coa infame celebración por unha parte dos electos do fracaso da tentativa de acada-la paz que autorizou maioriataiamente o mismo foro de representantes, celebración que a piques estivo de ser coroada funestamente polo sector de lacaios deste sectarismo no que, semella, se ten convertido a 'loita' dos abertzales. Peticions políticas como a das actas das xuntanzas e a revocación do acordo do pleno que autorizou a tentativa demostran a desesperación de quen as fai e as súas tremendas carencias no eido da iniciativa de goberno. Pode que a petición das actas dos fatidicos días de marzo ou das xuntanzas das Açores semellen unha resposta, mais non o son; como tampouco o é a revocación do acordo do consello de ministros que autorizou o envio de tropas de apoio á toma dos campos petrolíferos da antigua mesopotamia.
Mágoa que este mesmo grupo non apoiase as iniciativas de afondamento na democracia que permitan o fin da fraude no voto CERA ou a da creación dun novo pacto político que permita reaborda-lo tema da violencia política sen facela obxecto do acoso mediatico por parte dos aparatos 'contaminadores' dos bandos enfrontados.

A INDIGNIDADE

Serviu o debate como punto de saida para a vindeira campaña electoral que vai seguir as mesmas liñas que os dous líderes ós que o entramado politico-económico-electoral lles ten asignado posibilidades de acada-la presidencia do goberno, mostraton no desenrolo dos pseudo-debates da ainda non ben rematada campaña dos cómicos locais-autoanémicos.
Que o faga o lider aspirante podería ter sentido; mais, no canto de ofreceren alternativas e proxectos o que fixo foi o que arriba sinalei.
Que o actual máximo cargo político do país se adique a 'abracadabras' electorais no debate político de, suposta, mais altura do ano é por en realidade que se trata nada mais que un xeito de atrae-la audiencia dunha cidadanía descontenta e desconectada do devir da política (por que ela mesma así o quere e o sistema se beneficia delo) para que vexa os anúncios que os publicistas políticos lles preparan.
Si, acto seguido, se fai unha reforma da equipa de goberno para liberar 'pesos e mentes' de cara a esa campaña recen iniciada non cabe outra verba sobre o debate que PATRAÑA.

Porqué afirmo que a cidadanía está desconectada e descontenta da política? porque lle asigna a función de "caixa escura" na que os procesos de toma de decisions semellan inadacabeis e os seus resultados, sempre no beneficio dos mesmos, se poden criticar sen temor pois nós non temos ren que facer con eles.

Silencio na escea... Rodando e...

OUUUUuuuu

A min NON me sorprendeu a declaración do fin da tregua de ETA e teño ven claro que, en realidade o proceso finara antes do antentado de Barajas...
eu que coido que a oportunidade de paz pasou, non lle vexo mais sentido á actual polémica que manter unha apariencia de "estado de sitio" na confrontación política polo escaso pastel das persoas que votamos consciente e reflexivamente
... e logo se mantivo unha especie de 'man aberta' en tanto que se brindou a oportunidade de participar no xogo político si se aceptaban (cando menos na apariencia) as regras "retocadas" da lei de partidos. Coa liquidación do 60% das listas do entorno abertzale quedou claro que o goberno non cedía mais aló do marco legal e que ETA non permitiría ó seu entorno político unha mínima cesión formal de rexeita-la violencia.

Mais; ¿a quen perxudica este anuncio do fin da tregua?. Eu xa mencionei que dentro da oposición había quen sentía o valeiro dun verdadeiro programa de oposición/alternativa política
moitos alcaldables do partido que piden outras iniciativas para se apoiar nelas nas campañas electorais
por ter o PP todo o peso da súa maquinaria mediatica cargada no tema ETA e no complot do 11-M.

O futuro é da PAZ ainda que agora semelle lonxano; a miña analista mais eu coidamos que un confilcto tan longamente enquistado só cabe a opción dialogada porque nen a violencia dos uns, nen o mellor deseñado e apoidado plano de confrontamento xurídico-policial; conqueriron move-lo statu quo dunha porcentaxe de poboación que apoia (pode que tan libremente como os vellos carretados de calquer residencia) ás listas abertzales. Co engadido do troco no reparto representativo en Navarra que porá en evidencia, cando menos, que se trata dun territorio e dunha cidadanía cun importánte papel nos futuribles procesos. Teñen agora os partidos políticos en Navarra (e mais ainda en Iruña) unha oportunidade de escenificar un entorno de diálogo sen imposicions facendo cada un o seu papel.

A Acción se debera concretar nun contexto que, aceptando falar de TODO, aceptase que; para que ese díalogo fose posible, en primeiro lugar debería de se producir un auténtico remate da ameaza violenta.

Desarme, paz e outras herbas...

OUUUUuuuu


Onte un dos grupos paramilitares mais radicais do Ulster anunciou o seu desarme moitos meses dempois de que se comprobase o do IRA e a escasas datas da constitución do primeiro goberno conxunto en Irlanda do norte. Isto constitue unha lección para os que semellan empecinados en querer "falar" coa ameaza dun arma na mesa.

Onte nas eleccions parlamentares de Escocia e Gales concurriron con grandes posibilidades de obter ampla representación partidos que se mostran abertamente a prol da independencia do Reino Unido sen que elo significase, dende o meu punto de vista, unha grande catástrofe. Semella unha lección para os que se empecinan en negar que habendo PAZ se debe falar "con TODOS de TODO" e seguen a por condicions: "de isto non se fala, con istes non se fala" etc.

Dito empecinamento oculta o feito de querer acala-la voz dos que manteñen unha vía política na que se 'comprende' erroneamente a orde de factores enunciada se cadra porque non se dan mostras de que o segundo chanzo vai vencellado ó primeiro; dito 'acalamento legal' leva a extremos esperpénticos de estarmos a menos dun mes das eleccions e terse que dilucida-la posibilidade das listas electorais nos tribunais.

¿Cal sería a reacción dos nosos proto-demócratas se, en virtude da lei de partidos, se ESIXISE unha declaración de repudio á violencia dos bandos da guerra civil española e do réxime franquista nos anos sucesivos?.

Semella que o tema 'terrorismo' estaselle a esgotar ó PP que agora vai a arrincar polo tema corrupción que os iguala co P$o€ de tal xeito que pode aparentar unha loita de bandos do mesmo partido.

Edición 23:00

Como se viu trabuqueime de cabo a rabo pois o SNP non só acadou unha importánte representación senon que se declarou vencedor nunhas eleccions que tiveron graves problemas no reconto pois moitas papeletas houberon de seren invalidadas por confusión dos votantes. Todo se debeu a que se "xuntaron" duas votacions nunha papeleta e que a votación por "county" (rexión) se fixo polo sistema de Voto Simple Transferible o que daba a oportunidade de apoiar ó candidato que un desexa e, si este non acada votos dabondo, apoiar en segundo termo a outro candidato... Fuxindo así do "voto util" que tantas veces se emprega para depredar ós partidos pequenos.

Que mágoa o esmorecemento (¿ou a miña desconexión?) de ODEP. Alí tamén se empregaba o VST o que permitía unha grande aproximación o verdadeiro pensamento dos participantes.

O medo á paz

OUUUUuuuu

Logo do mitin de onte en RTVE vai ser dificil que a alguén lle queden dúbidas sobre as intencions de Zapiavelo. O programa estivo hábilmente conducido para facer ver un contraste moi forte entre a aparente crispación do pais polo tema ETA-Otegui-DeJuana e a xestion xeral do goberno, en particular as políticas desenroladas en torno ó chamado "estado do benestar" que para mín é o estado normal pois o 'outro' é a xungla neoliberal.

Así pois, hai o valor e as gañas dabondo para dicir en alto que o díalogo é o unico camiño cara a paz mais que ista so se pode concebir dende o cese da ameaza. Polo tanto todo diálogo estará condicionado ó cese da violencia.

Polo ton de algunhas afirmacions de ZP semella que nestes días (se cadra o día que lle toque a Mariano) ETA vai dicir 'algo' ó respecto.

O certo é que coa manipulación do debate (desprazando o tema ó inicio e o remate) se viu que hai alguén que non fai o seu traballo e non o fai non porque non saiba senon porque as súas propostas van na liña contraria ó feito e polo tanto terían que dicir: Non subiriamo-las pensions mínimas, non faríamos unha lei integral da violencia de xénero, non instituiriamos un dereito cidadan á autonomía persoal, non faríamos unha lei de igualdade de xenero (...) non retirariamolas tropas de Irak.
¿Qué acontecería co PP si ETA declara o cesamento da violencia e se abre un proceso que, coas evidentes diferencias locais, desemboque nun proceso de paz como en Irlanda?. A resposta a dan moitos alcaldables do partido que piden outras iniciativas para se apoiar nelas nas campañas electorais e só atopan o desencadeamento dun "confilcto de medios" que se engade á 'guerra civil económica' na que estamos inmersos, meus pobres, non sabían onde se metían.

Lembrando o inesquencible

OUUUUuuuu

Mentras algun familiar, amigo, coñecido ou cidadan se erguia esta mañan en Madrid e se preparaba para ires ós actos organizados en commemoración daqueles atroces atentados seguro que non se lembraba da situación penitenciaria de ningún presidiario en concreto, nen do tráfico de onte, nen da contaminación... seguro que lembraba aquel día tan cotián que acabou en traxedia hecatombica.

Son dos que me atopo un pouco contrariado pola situación pois considero prioritario a consecución da paz e o esclarecimento da verdade ó cumprimento dunha condea que, non esquezamos, é por ameazas. E teño de min que todo este "ruido de berros" ten que ver mais con restar protagonismo ó xuizo dos feitos que hoxe se conmemoran que a un verdadeiro e lexitimo medo á cesión ante a xantaxe; de tódolos xeitos benvidos os que berran ó lugar onde nos situaron cando estabamos en contra dunha medida do goberno, lugar que daquela era duns ninguén e que non merecía mais de 1 minuto dos telexornais...

Mentras no lonxe eu cavilo por entre as pistas rodeadas de paxaros cantores e de amedoeiros e mimosas floridas, en Madrid alguen quere homenaxear ós que aquel día sufriron e queda parado nun valado a dous quilómetros de Atocha... Houberalle sido mellor velo pola TV.

Trens cheos de xente normal seguen a circular por todas partes, seguen tamén os motivos para que algúen arrisque ou malgaste a súa vida atentando contra eles.

A miña analista dí que a guerra do ano que ven xa está decidida, que é só unha cuestión de "tempo"; eu onte vin un documental sobre o poder do sector de producción militar nos USA e as súas repercusions directas e indirectas na politica daquel pais, vexo a Bush de xira por sudamerica enviando mensaxes a China e a India para que empreguen biocombustibles e, de paso, lle deixen tranquilo o 'patio traseiro' como o definiu Teddy Roosvelt hai un século.

Estase a disputa-la terceira guerra mundial nun xeito de puzzle no que as pezas son os recursos de todo tipo (os mais importántes os enerxéticos) e os movementos son como "por turnos" para que a maquinaria de producir cartos non 'pinche'; asi pois, nun mundo no que o primeiro que se globalizou foi a guerra agora é a guerra a que está fragmentada coma se os conflictos non tivesen nada que ver cando son parte do mesmo teatro de operacions.

A superioridade moral do estado

OUUUUuuuu

Seica non abonda coas directrices marcadas na constitución e demais lexislacions para explicar que nesta sociedade hai un sistema de facer xustiza entre os humanos e por humanos que non ten como obxectivo marcar a ferro ó infractor, castigalo de xeito permanente ou envialo ás catacumbas sociais senon que; tras conquerir vence-la presunción de inocencia mercede a carga da proba reiterada nun rosario de xuizos apelatorios instáncia tras instáncia, o culpable pasa a un sistema penitenciario que aspira a reintegralo na sociedade rehabilitado para o ben común.

Seica cando un pai castiga a un fillo o fai para que sufra e que si logo lle levanta o castigo e o fillo volta a reincidir non pode consentir que a nai lle atenúe o novo castigo.

Unha vida humana é dabondo para que un culpabel vaia á cadea; un goberno pode, polos motivos e procedementos que se determinan na lei, indultar o reduci-la pena por ese crime e o culpabel pode voltar a facer ese ou outros crimes... Sería doado botarlle a culpa a quen o indultou sen que se arrepentise ou enmendase, sería preciso que a lei lle pedise responsabilidades. Mais esa tampouco é a "letra" do sistema de xustiza que 'nos deron'.

Vintepico vidas deberan ser dabondo para cumpliren unha condea penitenciaria longa, mais non de por vida. Unha condea que non se sabe si influirá na persoa do criminal ata o punto de facerlle sentir a necesidade de pedir perdón ou ata o punto de troca-los déficits morais que lle levaron a xustificar eses crimes ne nome de non sei que farrapo de gaita; mais un goberno é soberano de lle reduci-la pena por mor de un obxectivo maior: A oportunidade de Paz.

Agora, eu que coido que a oportunidade de paz pasou, non lle vexo mais sentido á actual polémica que manter unha apariencia de "estado de sitio" na confrontación política polo escaso pastel das persoas que votamos consciente e reflexivamente e non de xeito 'gonadal' sen ser capaz de ver o que uns e outros NON fan.

ZP preferiu non darlle un martir ó movemento abertzale que alongaría a espera para unha nova oportunidade. "Fedeguico" prefire a incoherencia de falar agora onde antes estivo calado a ter que agardar catro anos mais para que os seus intereses se vexan favorecidos dende a moncloa. As victimas amosan ese amargor que dá vivir coa carga dunha perda irrecuperabel pedíndo castigo para crimes xa castigados e condeas XA CUMPRIDAS, nunha reviravolta que os pon no centro do conflicto politico e, definitivamente, os debilita dende o punto de vista moral pois se queren erexir en xuices e carceleiros aplicando unha lei non escrita e non aceptada polo resto da sociedade.

Si, está mal que este individuo reciba beneficios penitenciarios sen se arrepentir dos crimes polos que xa foi condeado mais ¿porqué non pedirlle contas a quen o beneficiou realmente por eses crimes?.

O solpor do dialogo

OUUUUuuuu

Veño sendo puntualmente des-informado polos medios dos dous "procesos" politicos mais importantes que se están a desenrolar na actualidade e seméllame estar diante dunha escena de cinema ou de "best-seller".

Por unha banda a recomposición de zapiavelo con 'roubado' incluido chamándolle erro ó proceso de paz (do que recoñecera os riscos hai xa tempo) non bastou ó nacionalismo centripeto que quería/quere unha rendición en toda regla ás súas teses de demonización de tódalas ideas que replantexen o marco territorial "escrito a ferro e lume" na actual "carta de chumbo". Os mesmos que executaron o aillamento das ideas contrárias ás súas son agora os que se queixan de seren postos en "cuarentena sanitaria"... i é que a 'lealtade institucional' (como tantas outras cousas) no lles é de aplicación cando lles toca a eles levala a cabo.

Ainda así zapiavelo esta a manobrar con desesperación para conquerir un marco que lle permita asumi-lo fracaso do proceso de paz e supera-los "globos sonda" que unha e outra volta lanzan os medios afins á esquerda abertxale nunha tentativa desestabilizadora para(?). Ten polo de agora apoio político mais ca dabondo para elo mais debera reflexionar porque igual que as parellas SEMPRE se rompen por 'culpa' dos dous implicados tamén nos díalogos rotos ámbalas dúas partes puderon facer algo mais.

A paz merecía (e merece) esa oportunidade, a verba non pode permanecer silenciada permanentemente (esto si é un "Malaverbismo"= Malabares+verbas) e, antes ou dempois, as persoas de ben voltarán a tentalo.

FRONTE ESTATUTIÑO

Se nas parellas a ruptura e culpa de ámbalas partes nos trios seica sempre hai algúen que non "empuxa" dabondo... Malia que él dí que se esforzou o certo é que a min me semella que Touriño non quixo apretar mais para non descolocarse por si os adiantos electorais... ¿Pudo ceder mais o nacionalismo centrifugo?; se cadra, seguindo a teoría do "slow nation" o que se debeu ofrecer mais que un menú de 'isto é o que hai' foi un:
-aceptamos "nacionalidade diferenciada" (ou a fórmula que levase Feijoo), mais ¿ti que aceptas?: Marco competencial ampliado, Novas capacidades de financiamento e lexislación, representación económica e política internacional para asuntos de incumbencia/competencia directa, politicas activas (de discriminación positiva, non de imposición) de fomento da cultura e lingua do pais...
Morreu unha oportunidade, foise incapaz de manter un dialogo mais non pensedes que se perdeu algo mais ca tempo... Os humanos pasamos, as ideas evolucionan posicions que hoxe son "centro" mañan serán reaccionarias.

O valor entre as bombas

OUUUUuuuu

Un día destes o presidente do goberno español comparecerá en sé parlamentar para explica-lo remate do proceso de paz que ETA notificou estruendosa e tráxicamente o 30 de Decembro (tal e como predixera Patxi Zabaleta). Fai ben en comparecer no parlamento pois foi ata alí a facer público o inicio do mesmo e a formar unha maioría política que o respaldase, fai ben en mostra-la súa disposición continúada cara ó dialogo fronte ós que coidan que os berros ou a violencia poden solucionar REALMENTE algo e fai ben porque é preciso explicar agora que o goberno no se "estaba rendindo" nen se estaba "entregando" ás pretensions políticas da esquerda abertxale.

Eu da incredulidade pase á 'credulidade' total; créome que o goberno non sospeitase ren mailia que desde hai 3 meses a espiral de "faroles" ia en aumento i ETA xa comunicara o remate do outono como data límite. Créome que a esquerda abertxale non soubese ren malia ó peche das canles de comunicación co goberno e a "mesa de partidos", créomoe que esa salvaxada de bomba fose detoada pola policía e que isto se negase ó saberse dos dous desaparecidos (agora falecidos) e creo que o mesmo presidente do goberno que dixo no lugar do atentado que mantiña a súa vontade para acada-la paz considerase rematado, roto e ··· o proceso.

Agora Zapiavelo vai ter que sacar unha nova reviravolta para que a forte aposta que foi o proceso de paz non o acabe arroxando nunha aperta asfixiante (PACTO) que só pretendeu no seu momento silenciar ós que consideramos ó actual marco constitucional SUPERABLE.

Pode que tivese algo de razón no que a 'pedra de toque' era a NECESIDADE da esquerda abertxale de se presentar ás eleccions municipais tanto polo aspecto económico como polo manexo de información que os resultados que acada lle significan; como queira que fose o goberno esixiu algún xesto mais aló da tregua "permanente" (que ó cabo foi mais efimera que un peiteado) e que 'os nervios' fixeron o resto.

Agora ¿aproveitará ZP para consensua-la reforma anti-salica co PP de tal xeito que, ante a próxima abdicación de Juan Carlos en Felipe este poda; dentro da actual lexislatura, levala adiante como xeito de "xustificarse" cara á poboación 'gañando o seu referendum'?.

Crónica do proceso no que ninguen creeu

OUUUUuuuu

Xa está: Acaba de ser vostede pai dun fermoso proceso MORTO lle diria a ZP calquer analista. Veñen as vacas fracas antes da colleita i eso non vai ser nada bó.

Un goberno que non ten apoios estabeis como quedou paténte na votación dos presupostos, no que o partido gobernante non é quen de "negociar" cunha organización territorial para que 'arrime o hombreiro' pactando co que sería o seu mellor aliado e prisioneiro ten agora que cargar co lastre de ter sido valeroso dabondo para da-lo paso cara a un proceso de negociación mais cobarde de mais para levalo a cabo.

Era moi difícil sair desa PINZA creada pola premura da esquerda abertxale que desexa presentarse ás eleccions municipais para evita-lo "aforcamento financieiro" e pola maquinaria mediática e xudicial da dereita axitando pantasmas i esquecendo a outras victimas do terror no pasado e ás futuras víctimas.

Asustados polas enquisas os 'fontaneiros' mandaron dete-lo carro negociador cando tocaba "mover" de verdade e as presas de HB-ETA fixeron o resto; roubo de armas, concentracions, novas campañas de "imposto revolucionario"... Nada novo, pode que nada grave mais SI un xeito de presionar visiblemente que é o que esperaba o PP para pedirlle ó goberno que "non se rinda a ETA" para 'rendirse' a eles.

Pronto será 20-N; ¿sairán a celebrar a continuación da violencia ós que a precisan para manternos esquencidos das verdadeiras violencias coas que convivimos a diario?