O solpor do dialogo

OUUUUuuuu

Veño sendo puntualmente des-informado polos medios dos dous "procesos" politicos mais importantes que se están a desenrolar na actualidade e seméllame estar diante dunha escena de cinema ou de "best-seller".

Por unha banda a recomposición de zapiavelo con 'roubado' incluido chamándolle erro ó proceso de paz (do que recoñecera os riscos hai xa tempo) non bastou ó nacionalismo centripeto que quería/quere unha rendición en toda regla ás súas teses de demonización de tódalas ideas que replantexen o marco territorial "escrito a ferro e lume" na actual "carta de chumbo". Os mesmos que executaron o aillamento das ideas contrárias ás súas son agora os que se queixan de seren postos en "cuarentena sanitaria"... i é que a 'lealtade institucional' (como tantas outras cousas) no lles é de aplicación cando lles toca a eles levala a cabo.

Ainda así zapiavelo esta a manobrar con desesperación para conquerir un marco que lle permita asumi-lo fracaso do proceso de paz e supera-los "globos sonda" que unha e outra volta lanzan os medios afins á esquerda abertxale nunha tentativa desestabilizadora para(?). Ten polo de agora apoio político mais ca dabondo para elo mais debera reflexionar porque igual que as parellas SEMPRE se rompen por 'culpa' dos dous implicados tamén nos díalogos rotos ámbalas dúas partes puderon facer algo mais.

A paz merecía (e merece) esa oportunidade, a verba non pode permanecer silenciada permanentemente (esto si é un "Malaverbismo"= Malabares+verbas) e, antes ou dempois, as persoas de ben voltarán a tentalo.

FRONTE ESTATUTIÑO

Se nas parellas a ruptura e culpa de ámbalas partes nos trios seica sempre hai algúen que non "empuxa" dabondo... Malia que él dí que se esforzou o certo é que a min me semella que Touriño non quixo apretar mais para non descolocarse por si os adiantos electorais... ¿Pudo ceder mais o nacionalismo centrifugo?; se cadra, seguindo a teoría do "slow nation" o que se debeu ofrecer mais que un menú de 'isto é o que hai' foi un:
-aceptamos "nacionalidade diferenciada" (ou a fórmula que levase Feijoo), mais ¿ti que aceptas?: Marco competencial ampliado, Novas capacidades de financiamento e lexislación, representación económica e política internacional para asuntos de incumbencia/competencia directa, politicas activas (de discriminación positiva, non de imposición) de fomento da cultura e lingua do pais...
Morreu unha oportunidade, foise incapaz de manter un dialogo mais non pensedes que se perdeu algo mais ca tempo... Os humanos pasamos, as ideas evolucionan posicions que hoxe son "centro" mañan serán reaccionarias.

No hay comentarios: