Tempo de rebaixas, tempo de silencio e de calmores.

OUUUUuuuu...Hoxe, Pepiño subiu o Tourmalet dos discursos facilmente atacables pero que cáseque todos din coa boca pequena que era preciso, un discurso que xa non se podía demorar mais porque era hora xa de rematar coa teoría Smithsoniana e aceptar a necesidade de recurtar no investimento infraestructural o que non se é capaz de recurtar en postos, representacions e prebendas...departamentos valeiros, xente sen cometido, falta de resultados... e claro, o tema da verdadeira orixe da débeda do estado.

Xogar pechados atrás e corta-lo xogo do rival a patadas ten mais rendibilidade? Si o rival xogara ó 'tiki-taka' non, pero nesa progresía pija que dirixe ó goberno minorizado hai poica inventiva e moita postura.

Doado criticar agora os recurtes, difícil decidilos e da-la faciana. Eu non aprecio a pepiño, pero desta está a facer o que lle corresponde igual que co tema 'controlador', pero tampouco se fala de "abrir" ese mercado.

A sentenza campiona e o vuvucelamento.

OUUUUuuuu... Outra volta os políticos demostran que a súa mente só ten 4 anos de horizonte.

A campiona das sentenzas deixou no aire a aplicabilidade dun texto, dun marco de convivencia elexido por uns cidadans e o fixo tras moita espera e sensación de fracaso, no medio de serias dúbidas sobre o dereito de alguns maxistrados a pertencer ó TC ou sobre a esencia democrática do TC en si mesmo.

Mais non pensedes que vexo que a sentenza traba ó novo estatuto catalán; non, a sentenza traba á constitución marcándolle uns límites a ferro, quitándolle a elasticidade da que se presumía...deixou de ser o cano que se dobra nos trebons para ser árbore que será quebrada.

Agora ben, en que senso virá esa quebra? quen o pode saber?... a miña analista dí que unha futura reforma constitucional eliminará liberdades e conceptos de conciencia social, eu aspiro a unha REPUBLICA FEDERAL LAÍCA na que Educación básica, atención sanitaria, atención social e Defensa/orde pública sexan sectores estratéxicos que non podan ser administrados dende a óptica de mercado.

Agora estan a tocar vuvucelas uns e outros con pouca ou ningunha gaña de percurar estabilidade ou consenso. Xa non existen cousas intocables (a rebaixa das pensions o demostra) e as "inecuacións" están a se-las que marcan as nosas vidas, como esa que dí que a débeda da banca do estado representa a cuarta parte do prestado polo BCE; será por iso que Bruxelas insiste tanto nas 'reformas estructurales'? temen que si os beneficios da banca non pasan de ENORMES a INMORAIS non poderán recupera-lo prestado? Sigo a pedir as cabezas dos analistas que a finais de 2007 insistian na "firmeza" do mercado inmobiliario... que pagen eles esa débeda.

Os medios... son escravos dos seus donos como os politicos o son dos seus "donantes"...ese debate que nunca chega sobre o financiamento porque, a verdade, cada estratexia que se achegue para facer transparentes as contas dos partidos xa vai a estar superada de saída polo que está a pasar.

Por último, gustaríame que a refundación constitucional fose antes de que o cidadan JCI abdicase.