Patagonia, agardando o seguinte erro

OUUUUuuuu... A historia da "colonización" da patagonia polo home occidental é a de unha sucesión de erros, soedades e bravura. Unha clara demostración de como as actuacions ben intencionadas pero mal reflexionadas causan estragos no medio no que se interven e, o peor, non ten posibilidades de acadar o resultado desexado.

É o caso dos castores introducidos para a explotación peletera e que por mor da ausencia de depredadores non valeu para elo e se ten convertido nunha praga que ameaza os bosques ribereños non só da illa grande de Tierra del Fuego senon tamén das illas de mais ó sur e da parte continental na que xa están a dar problemas. O coello de castela foi outro caso que se solventou coa mixomatosise mais que antes propiciou outro erro coa introducción do zorro gris. A explotación gandeira de bovino e ovellas e a caza ameazaron a Guanacos e Llamas (ata a case extinción dos primeiros) e teñen en perigo ós Pumas que, como todo na natureza, non entende de balados nen fronteiras.

A explotación petrolífera e o tráfico marítimo teñen ameazadas as especies mariñas como Pinguinos e Leons Mariños e a expansion turistica precisa dun mellor control para que toda a beleza que viñemos a contemplar non se perda "morrendo de éxito". Non chegan as instruccions ós visitantes, son precisas algunhas restriccións e sancions para que as persoas tomen consciencia do importante que é conservar estes paraisos.

E non só hai que tomar medidas locais cos visistantes, hai que facer sensibilización... dos glaciares que levo visto nesta viaxe só un non está en franco retroceso e os propios lugareños comentan que estes verans con tantas precipitacions e vento non son os habituais na zona... o clima troca e ten que ver co que facemos e como o facemos así que está en nós, en todos nós, poñer remedio.

A outra fin do mundo

OUUUUuuuu... Non, non me vou poñer apocaliptico agora mentras estades tod@s de festa. É que viñen pasar estes días de vacacions escolares a un deses extremos da terra que soan a lenda: Ushuaia.

Estou moi feliz de estaren na "5ª provincia" é un pais moi agradable e ten grande diversidade de recursos humanos e físicos e unhas paisaxes espectaculares. Con todos eses recursos ben podían ser unha nación tan poderosa como o seu veciño de arriba, O Brasil, mais varios factores endóxenos e un sistema financieiro ben engraxado para sacar calquer rendemento do pais sen dar oportunidade á creación de riqueza fan del unha "eterna promesa".

A enormidade da paisaxe pampeña, as distancias colosais, os recursos de todo tipo e algunhas obsesions particulares deberan ser dabondo para ter unha sociedade potente, desenrolada económica e técnicamente.

Bueno xa escribieri mais.

Sintomas, Signos e fora da tolemia

OUUUUuuuu... Un sintoma non se obxetiva, tes que confiar no que escoitas dicir ó doente; Tardá deu síntomas de fascismo e de un excesivo vencello coa historia. Berrar "morte a tal..." non ten xustificación por moito que o mentado fora xa morto vai moitos séculos ou sexa o sucesor nomeado e consentido dun xenocida, inmune á lei e cometedeor de diversas estafas filosóficas i económicas. Non ten sentido nunha nación democrática ou nun proxecto político democrático manifestando desexos de morte.

Un sígno é algo obxetivable, pódese tocar, verificar en análises e imaxes. Así si analizamos os documentos do goberno franquista veremos que un señor apelidado Fraga iribarne estivo presente e consentiu "colgar" a outros seres humanos, deu orde de reprimir mediante a violencia a moitas persoas e non só en aquel goberno dictatorial senon cando voltou a exercer o poder por vontade do pobo; todo elo comprobable nos arquivos dos medios de comunicación e nos oficiais (algún día).

A tolemia "Mad" sácanos fora da realidade "off". O afán da usura, transformase en 'dereito' sen ler na letra pequena... Pensan que poden pretender gañar 'algo mais' investindo en 'alto risco' sen ter, en verdade, risco. Así os estafadores son estafados e piden apoio da súa vitima: O estado.
Outra proba mais da feblexa dos controis dos mercados financieiros que tanto preocupa nos círculos esquerdosos mais ¿porqué non se preocupan, de verdade, de que tódolos beneficios sexa da clase que sexan paguen impostos no lugar onde se producen?
Madoff non vai ser un caso aillado quedo por saber cando 'reventaran' os fondos dos paraisos fiscais...

30 e 1 día

OUUUUuuuu... Como as condeas.

Confundir estabilidade con inmobilismo leva as situacions de tensión crecente que se viviron hai 30 anos e agora se están a incrementar porque a 'sentenza' ditada polos que puideron votar o que lles botaron daquela non queren que agora podamos elexir. Polo de agora estase a argallar unha reforma gatopardesca como aquela de xeito que semelle que o que se propón e o mal menor mais nesta ocasión non se vai a empregar a ameaza do exercito golpista senon a miserenta realidade dun sistema económico 'ficticio' que nos ten prisioneiros do suposto risco que supón calquer reforma que leve a unha responsabilidade cidadan no propio goberno.

Así as cousas é mais doado para o cidadan normal non pensar en como mellorar o sistema ou en que pode facer verdadeiramente para trocalo senon adicarse ó edo-egoismo diante do televisor mentras é adestrado para gastar todo o que conquire co seu traballo en cousas que nen sequera sabía que existían.

Disponse de ferramentas para que @s cidadans nos organicemos e nos comuniquemos mais esto sempre remata chocando contra a realidade dun sistema electoral que fai que as persoas se comporten como si fosen a facer unha compra no mercado e só lembran os anúncios polo que suxiren e non polo que verdadeiramente hai de transfondo.

Claro que ós de TVE fan un paralelismo maior e falan do "espíritu da democracia" coma a película de terror que é o actual sistema.

Hoxe pensaba.... Burla, incompetencia ou colonia

OUUUUuuuu...Eu hoxe ben pensara en escribir neste blogue cousas desas sen siso que me saen das mans (non falo, escribo), cousas que me veñen ó caletre nalgún instante entre que desperto (coido despertar) e volto ó leito, pensamentos que me atravesan e me queiman facendo unha estela que desexo facer pegada permanente nos bits das notas deste taboleiro sen lectores, pensaba contarvos de avions que leva(n(ban) xente encapuchada, atada de pes e mans; xente denigrada mais viva, privada do DEREITO mais con dereitos, persoas con supostos graves crimes contra outras persoas mais que seguen a vivir. Pensaba falar da ignorancia que nos atribuen os que (pensan) acada-lo cumio da sociedade e facer e desfacer dende alí ó seu antollo; pensaba que son incompetentes si en verdade non sabían o que acontecía nas bases aéreas baixo a súa responsabilidade de goberno. Tiña gañas de despacharme sobre o uso colonial que fan as forzas armadas dun pais do territorio de outros. Coidaba que todo eso era moi importante...

Pero veu unha xente sen siso nas mans, sen caletre de verdade, co corazón durmido sen pensamentos, só con ódio e me queimou as ideas antes de chegaren á casa. Xente encapuchada na cabeza e/ou no corazón que cometen actos criminais INXUSTIFICABLES e privan de TODO a un(ha), coma mín, persoa (cos meus moitos erros pero con igual dereito á vida). Ignorantes do que desexa a sociedade que só demostran que saben desfacer porque, qué clase de patria se construe sobre mortes cobardes? (sobre ningunha morte, mais ainda menos sobre as cobardes). Incompetentes para rematar cun conflito que dura xa mais de 2 xeracions, irresponsables que sementan odio ó que din amar pois a forza armada só xera mais forza e o principio acción-reacción é tan infantil coma inutil...

A morte dunha persoa o día que morren 100000 non debera contar mais a vileza do acto, a cobardía; non fan mais que manchar o nome do que se dí querer salvar.

Tiña verbas sobre o motivo económico, o trasfondo desta vileza mais non podo, non quero teclealas...

As verdadeiras propostas

OUUUUuuuu Neste intre que vivimos, que xa nin me atrevo a calificar como crise ou non-crise ESCOITAR convírtese nun exercicio de xordos...

As mensaxes mais claras se atopan nas páxinas salmón dos diarios e poñen no inamobible tipo da imprenta as verdades que circulan na rúa. As empresas están a aproveitar a sensación de derrumbe para facer limpeza (despedindo a traballadores-base vell@s ou enfermos), os poderosos fan negocio recollendo os cartos dos impostos que eles non queren pagar i empregadoos noutros negocios mais non en tapar os buratos financieiros porque ¿como tapar un burato de algo QUE NON EXISTE?, os partidos aproveitan a situación de desamparo da cidadanía para acadar mais control sobor dela negando a evidente falta de DEMOCRACIA. A sociedade está a perder o tempo de atopar solucions ós problemas verdadeiros como a dependencia enerxética ou a destrucción do medio ambiente.

Alguns políticos falan claro; Piqué por exemplo pide o despido libre, a eleminación dos subsidios de desmprego e das clausulas contra a mobilidade xeográfica. Piqué insiste nos erros do pasado adxudicando ós EUA o papel preponderante que xa non é capaz de manter e recoñecendo, como de pasada, o escenario aberto que é agora a economía mundial. Fala da alta productividade da economía americana como si fose eso o importante... si, son productivos mais moi deficitarios; si, son productivos mais con INMENSAS DESIGUALDADES; si, son productivos mais eso non repercute na maioría...

Claro que Piqué e outros se adican agora a dirixir empresas IMPORTANTES que non poden parar nin arremangarse e que si 3 directivos teñen unha reunión a 500 km. co goberno que vai a expoliar á poboación dos seus impostos para dárllelos a eles acuden cada un nun avión privado e logo van a celebralo nun SPA de superluxo. Piqué e os outros neocons xa saben ONDE ESTABAN AS ARMAS DE DESTRUCCIÓN MASIVA; no sistema financieiro.

Mágoa que o único partido emerxente o seña en base a unha mensaxe nacionalista (centrípeta) e non a un programa social que lle diga claramente ás persoas que teñen iniciativa que adiante co seu esforzo e o seu traballo mais tamén lles transmita que OS PELOTAZOS REMATARON e que a riqueza que se xenere ten uns mecanismos de reparto que deben chegar a toda a sociedade.

¿PORQUÉ NON UN IVE FINANCIEIRO?

Está claro que a avaricia acaba por vencer á razón e que onde uns teñen un beneficio hai outros que queren imitalo e se producen as cascadas de negocios da mesma índole ata que 'bum' estoupa... e agora hai que rescatalos da súa propia avaricia. Si cada compra e venda de activos estivese gravada cun IVE como o está cada barra de pan que mercamos os que non temos mais investimentos que o que comemos veríamos si eran tan avarentos ou si lles prestaban os nosos cartos tan alegremente. SI digo "os nosos cartos" porque xa sabedes que o que move a economía dos ricos son os cartos que os pobres coidamos ter ben gardados no banco. 1000 cidadans medios depositan os seus aforros e as entidades os prestan para que un 'listo' faga negocio... si non os pode devolver...

O petroleo baixa mais do 50% pero o combustible só un 25%; u-lo resto? no peto dos accionistas, os mesmos que pedirán rescates e subvencions cando a cousa vaia mal.

As empresas dos partidos

OUUUUuuuu... Onte pola tarde escoitei varios fragmentos das intervencios do debate parlamentar sobre as medidas que o goberno pon contra os efectos da crise.

Nun deles escoitei a Zapiavelo respostando ós argumentos empregados polos outros grupos parlamentares e, cando lle respostaba ó señor Duran escomenzou por lle reprochar que non apoiase os presupostos do estado para marcar diferencias respecto ó tema do financiamento autonómico; porque, lle dixo "estoy seguro de que se trata de una posición política". Mais, no fío delo ZP lle convidou a estudar conxuntamente as medidas adoptadas e os presupostos tal e como se fixera co imposto de sucesions de xeito que, como naquel caso, se acadesen ACORDOS INTERESANTES PARA AS EMPRESAS DO SEU PARTIDO; así como soa.

Por si algún aínda pensa que os politicos defenden os intereses dos cidadans... é evidente que no actual marco protodemocrático no que prima o financiamento das campañas dos partidos no canto das súas propostas e o cumplimento das mesmas son os grupos empresariais os que levan o control das formacions políticas. Non de unhas en particular: DE TODAS. Só se diferencian no tamaño (económico) das empresas que forman o partido.

A coroa que fala os poemas mortos e as vitimas

OUUUUuuuu... Si no canto de ouvir escoitaramos.

Levo defendido moitas voltas que reabrir feridas do pasado non leva a nada mais que hai feridas que están abertas porque non se pecharon no pasado. Hai quen dí que non houbo transición porque os aspectos esenciais do réxime anterior non foron tocados ó instaurase esta 'proto-democracia'; é mais, sostense que o actual sistema xustifica a existencia do anterior e a validez do seu método de instauración. Houbo unha guerra con toda a cantidade de víticmas que trae mais tamén houbo vítimas que se deberon a unha operación de limpeza sistemática dos elementos afins ó bando opositor. A diferenza é que ó gañar un bando os seus afins pasaron a ser mortos-martires e os dos outros desaparecidos-criminais.

Morreron mais de cenmil persoas, millons de poemas mortos que fixeron agromar poemas de amargor na vida de quen si sabía que eles ficaran nalgures esnaquizados pola tolemia de quen sostén a súa razón na forza. Coido que é xusto que se poda percurar os seus restos e darlle o tratamento que se considere oportuno.

Pero, ó entrar na xustiza temos moitas dificultades polas razons que xa arriba expliquei; o sistema non se pode procesar sistematicamente a si mesmo, acabaría estourando ó tentar aplicar os supostos principios que agora ten na súa orixe. Non pode pois permitir que se sistematice á percura da verdade e da xustiza de porqué aquela barbarie, a súa barbarie primixenia. Non vai permitir que se destape o lixo do seu interior mais lonxano e non vai tolerar que llo veñan a mostrar de fora por moito que se fixera o mesmo papel cara a outros.

Mais a demagoxia chega ó máximo cando non se quere aplicar a mesma "non-transición" ós conflitos actuais... Hai un cidadan privilexiado encaramado ó seu cargo naquel 'abracadabra' que se adica a falar en convites de toda casta do barbaro que é ir estrando as cunetas de mortos en nome de non sei que patria. Ten razón mais é unha razón HIPÓCRITA. Pola mesma razón TODAS as vítimas non só merecen recoñecemento como tales senon que MERECEN COÑECER A VERDADE, os motivos, as circunstancias, ós responsables...

Outra cousa ben diferente é que as vitimas sexan sacadas a colación no intre de dialogar sobre as bases nas que se fundamentan as diferencias; dende o meu punto de vista, si cada vez que na 'non-transición' se quixera falar de como se ia a organiza-la sociedade no futuro se puxeran a aquelas cenmil vitimas na mesa a resolución sería: "Pero queredes mais vítimas?". Así saiu o que saiu; nin recoñecemento nin DEMOCRACIA, un maxmix perralleiro.

A coroa esa que fala debería dicir que as recoñecidas vítimas merecen apoio e consolo; recoñecemento e resarcimento mais que non poden ser postas na mesa como argumento porque entón o argumento da parte opositora sería: "Cantas vítimas mais son precisas?". É simplemente escoitar o que se dí... si unha negociación non se fundamenta en argumentos senon no desexo de 'non derrota' dunha parte a outra parte vai respostar: "Aínda se queren mais vitimas?". Por desgracia hai moitos conflitos semellantes no mundo; oposotos totalitarios subidos a carros cheos de desgracia humana dicíndose os uns ós outros:" Eh, que ainda podo matar mais...".

Xa se soubo que o proceso de paz fracasou antes de nacer porque nas dúas partes non había intención de negociar. En ETA non había a reflexión que é precisa, para aprender que o camiño da violencia non leva a esa lóxica de acción-reacción de consecuencias liberadoras; senon a un hastío, a unha fartura de dor e sufrimento, de despropósitos. Do lado dos 'demócratas' a decisión tomouse por vez primeira no parlamento mais coa premisa de derrotar mais ca de negociar; e derrotar non era facer calar ás armas senon facer calar as (inxustificables fronte a vida) 'razóns'...

A margarita da intervención

OUUUUuuuu... Están a mexar por nós e dicimos que chove.

Hoxe inteveño, mañan digo que rematarei cos paraisos e reformarei, pasado que debo acudir ó cúmio mundial, e nunha semana veño falando de evitar o intervencionismo. Ó día seguinte o presidente dos empresarios sae proclamando a vixencia do capitalismo e reclamando o libre despedimento e a retirada de tódolos impostos e taxas.

Hay que definirse...

Intervencionismo si: Pois hai que por controles e límites, incluso impostos ás transaccions financieiras; normas clara de valoración e de cuantificación de riscos e a eliminación das ferramentas financieiras artificiais non sustentadas por bens físicos de valor inferior; a creación dunha nova xeira de impostos graduados segundo o incremento do beneficio respecto ó periodo anterior en función do emprego e a facturación como xeito de evita-la economía especulativa.

Intervencionismo non: Pois; seguindo os principios do libre capilismo, hai que deixar que cada quen pague os seus erros; que os bancos quebren e que os seus directivos sexan levados ós tribunais polos accionistas estafados, os aforradores e os acreedores. A administración quedaría cos bens e garantiria, na medida do posible, os empregos. Crearía liñas de crédito para empresas e familias e implantaría as medidas de apoio xa anunciadas (porque para iso non fai falla a banca, ou si?).

Pero no canto de eso imos por fases; cando a cousa ia moi mal para eles... intervencionismo; cando a economía vai mal porque eles non prestan os cartos... non intervencionismo.

Que o pinten como queiran: esto é un GOLPE DE ESTADO.

Competitividade de quen?

OUUUUuuuu... Está claro xa a estas alturas que as dores da crise lle duraron ós neocons o que un caramelo a un pequeno; xusto ata que os gobernos 'rescataron' ós bancos.
Agora céntranse en que non lles toquen o escondite... Nin falar de taxas nas transaccions nin de eliminación de zonas opacas de control.

Como a traición dos gobernantes deixa en mans dos mesmos bancos a concesión de créditos resulta que agora os cartos que se lles ofreceron para salvalos non se prestan co que o efecto do problema é o mesmo.

Zapiavelo e o resto de titeres veu coa lección ben aprendida: Baixar impostos (relaxación fiscal dixo), abaratamento dos custes laborais (despido, aportacions SS) e mais cartos para que a banca teña balanzos sanos...mais; non era que a banca española estaba nunha magnífica posición?, que falta lles fai pagar menos impostos si teñen beneficio igualmente e seguen medrando? hai 'gato encerrado'.

Estase a introducir competitividade si, mais competitividade non entre empresas senon entre sociedades; o nivel de impostos, o nivel de protección social, as esixencias de seguridade no traballo, as esixencias medioambientais... sempre son sinaladas polos neocons cando se laian de que "outros gañan mais por unidade producida..." outros que son eles mesmos, con outro disfraz.

Teñen á xente na sopa boba da tele (futbol rosa e leviatan) e aínda así o que pensa a maioría é que nos están a estafar; outra cousa é que se faga algo efectivo. A folga de banca propostas ten a carencia de non ofreceren alternativa para os cartos; cecais un conglomerado de minibancos facendo minicretos como os que se propuxeron para o impulso de pequenas empresas en paises pobres?.

Porque; existe modelo alternativo? A min que non me sinalen experimentos, que vexo eu moito listo falando mal do americano e metendo cartos a paladas en Suiza. Penso que un afondamento nos principios sociais e democraticos sería o inicio dun troco no que as empresas pequenas implantadas localmente e o producto local farían de motor que esquivaría a falta de financiamento pola súa pequena escala (coa axuda de minicretos) e os problemas inminentes de enerxía para a movilidade pola súa proximidade.

E que hai da taxa Tobbin?

OUUUUuuuu... Si algúen lee esto dirá que confundo o chourizo e a velociade; pode, mais non resisto a quedar co pensamento no caletre. Mirade, os amos do universo reuniron ós seus lacaios para que aparenten que se procurará un novo sistema financieiro-económico que non premita que se xogue doadamente ó timo trilero cos cartos que aforramos e co crecemento desmesurado de sectores que son "investimento seguro e doado". Nesa xuntanza estaban alguns dos mandatarios de paises 'novos ricos' que coñecen perfectamente que un dos pilares do capitalismo é a explotación da diferencia, que o traballo (e a vida) vale menos nun lugar que noutros e que os recursos non son propiedade das poboacions senon de quen se fai con eles (coa forza, claro).

Neste mundo en permanente crise, declarouse agora a crise do capital; pola ruptura do espellismo do hiperbeneficio eterno... mais os que xa viñan padecendo a crise xa non notan nada. Unha das ideas para evita-la explotación e frear os fluxos financieiros indiscriminados que caracterizan ó capitalismo triunfante (agora mais ca nunca) é a denominada "taxa tobbin"; mais desta no cúmio nen chio.

Como pode axudar esta taxa? Sinalando as transferencias de capital (orixe e destino) e actuando como factor disuasor de transferencias sen outra intención que a especulativa (como as que se fixeron e se fan para manter ou facer caer unha divisa).

6 anos e autocrítica.

OUUUUuuuu... Levo con este(s) blogue(s) 6 anos, moito tempo na escala na que viven estas cousas. As situacions evoluen, un toma mais consciencia das cousas e a tecnoloxía evoluciona tamén. Nin que decir ten que daquelas eran ben poucos os blogues e moitos menos os escritos en galego; agora os medios in-comunicativos se rendiron á evidencia e permiten comentarios e votos nas súas novas e teñen un sistema de blogues dos seus opinadores, mais a natural proliferación de blogues vai convertindo o blogomillo nunha rúa onde, cada vez mais, abondan os grupos de coñecidos e se observan xa fai tempo autenticas campañas de "creación" de opinions a prol ou en contra das mais vario pintas ideas.

Repasando as situacions destes anos i enfocando na situacion actual quero manifestar a miña profunda tristeza e desesperación porque, coido, nengún 'actor social' tivo ou ten a coherencia dabondo como para facer a mais mínima autocrítica respecto ás accions non levadas a cabo ou reivindicadas para que esta crise (que non é cíclica, non vos enganedes) tivera un impacto limitado.

Como xa me teño despachado respecto ás accions do goberno e das entidades financierias hoxe voulle adicar unha reflexión ós 'reis da solidaridade' forzas de funcionamento "CORPORATIVO" que se arogan o papel de defensores de todo mais que, en verdade, só defenden con efectividade as súas prebendas e rendementos cara ó futuro. Os sindicatos non analizan cales son as reivindicacions que, apoiando ás politicas neoliberais e desmantelamento do público, crean bolsas de insolidaridade non resoltas; e non só non analizan eso con autocrítica senon que teiman nelo pois, claro, os que xa conseguiron 'retiros dourados' son o maior estímulo posible para que os que están agora nos postos de decisión queran conquerir o mesmo... U-lo ben común ou a solidaridade das prexubilacions en empresas que pasaron do sector público ó privado?; Endesa é un exemplo categorico: oficinistas de 45 anos que marcharon 'a vivir' con soldos de 250000 ou mais para que o PP puidera regalarlle os activos da empresa ós seus amigos; eso foi 'mercar silencios'. Acuden eses ex-empregados ás manifestacions polos actuais conflictos dos seus compañeiros? Dubido que entre viaxes, ximnasio e bar teñan tempo. Outra cousa é saber cantos estiveron sentados nas mesas nas que se formou a opinión de que esa era a condición para que a venda do patrimonio público se levase a termo.
As persoas son persoas estén onde estén e a falta de obxectividade é tan manifesta que, agora, pídese que os empregados públicos; dos poucos que, polo de agora, non temos que temer da crise (estamos na única empresa que segue a prestar -regalar- cartos...) piden prexubilacions. Inmoral. Coa que está a caer o que había era que revisar a cantidade de prexubilacions que se deron igual que había que pedir contas ós directivos das entidades financieiras polo beneficios, fondos, prebendas, premios, bonos ou como quixeran chamarlle que recibiron por balanzos 'trucados' para dar ganancias que agora son aire. Que iso aumenta o paro? mala escusa; ese paro puido ser asumido cando se produciron esas operacions mais daquela había que contribuir á 'pax social' e agora queren vir co conto de que "a crise que a pague o capital" non vexo eu que conquiran nada...ou si; enganar ós que pagan as súas afiliacions... pouco mais.
Teñen os sindicatos coherencia; non, nin poden. Porque como lle dí un sindicato ós traballadores de ENDESA As pontes que esa planta debería pechar, que é unha lacra para o país? Deseguida esa xente se daría de baixa e montaría un sindicato para manter o status actual, as persoas somos cómodas e resistimonos ós trocos, é a nosa natureza. Preparar alternativas...seica non vai con eles, eles xogan sempre á contra. Pediron o AVE e tardaron 4 anos en acair que o proxecto presentado desmantela os servizos locais e deixa sen transporte a multitude de persoas dos pequenos núcleos das áreas periurbanas incrementando o éxodo cara as cidades e a condea dos pequenos núcleos. Non teñen un modelo co que ser coherentes, tan pronto defenden o emprego de alternativas sustentables como piden que non pechen canteiras que non foron quen de denunciar por careceren de licencias ou polos estragos que causan no eido natural (patrimonio de tod@s) 40 empregos -e as súas afiliacions- ben valen o espectáculo de coaccionar a liberdade dos demais cortando estradas para defender barbaridades como as do Courel. Mais non teñen o valor de mover o seu desenrolado corpo xuridico para denunciar o que saben onde hai que facelo...

Así nos vai, si a este tipo de organizacions se lles concede o papel da defensa da sociedade... sen proxecto, sen coherencia, sen saida.

É útil retirarse agora de Afganistan?

OUUUUuuuu... Esto que vou expresar agora vaime causar alguns problemas porque semella unha clara incoherencia co que se supón que debo pensar: Os exércitos para as películas e as accions humanitarias en entornos de paz.

Mais non vos é así e teño que dicilo: Estes empregados públicos voluntarios están as ordes do que dispoña o parlamento en suposta representación da cidadanía e, nas accions fora do territorio do estado ou dos seus aliados, co apoio de resolucions favorables dos organísmos internacionais. Que o ataque a Afganistán é froito dunha montaxe?; posiblemente mais tamén é certo que alí agora hai unha inestabilidade manifesta e que os elementos actuais que puderan producir esperanza á poboación civil froito da reconstrucción de infraestructuras como potabilización de augas, dispensarios de saúde (arriscado dicir hospitais), centros educativos para tod@s e melloras nas comunicacions serían destruidos xunto co actual goberno títere non elexido democraticamente mais cun ordenamento xurídico que si respalda a democracia, cousa que o anterior réxime nin contemplaba.

Que non se lle perdeu nada á cidadanía española en Afganistán? pode, mais neste asunto houbo unha amplisima maioría no intre da decisión tanto nos foros internacionais como no parlamento estatal. Claro que non se produce a mesma unanimidade con tódolos reximes que teñen á metade femenina da poboación vivindo nun 'estado de psicoreclusión autoimposta' e un manifesto desprezo polos mecanismos democráticos para a súa gobernanza; non se é igual de drástico con paises que pisotean coas armas dos seus exércitos á súa propia poboación roubándolles incluso a axuda alimentaria que se lles bota dende avions como agasallos dun nadal lonxano.

Se cadra teñen razón os que piden a retirada do contixente militar de Afaganistán, se cadra fai mais falla arriscar o capital humano dos empregados do exército en accions de estabilización no centro de África, no Congo onde os intereses dos explotadores de recursos manteñen a ducias de bandas rivalizando polo territorio, aterrrorizando á poboación e destruindo calquer infraestructura física ou formal do que é un estado para impo-la lei da forza.

Se cadra a ONU debería impor un "protectorado político-militar" na zona, brindar a oportunidade de desface-lo lío de fronteiras e movementos étnicos que forzou o proceso de colonización-descolonización e verifica-la instauración de gobernos democráticos na zona

Se cadra debería despertar e pensar na crise que teñen os que non poder ter perdas e nas axudas que non reciben os que perden o seu emprego.

Se cadra.

A oitava marabilla

OUUUUuuuu... Seguimos en psicocrise e pasamos do concepto de desamparo ó de inferioridade... As burbullas do Ladrillet aínda non estouparon de todo na peninsula malia que algunhas caixas xa estan velas vir como a Laietana (rating BBB) mais, lonxe de se preocupar do especial impacto que esta crise revida sobre a crise da volatilización ZP e as forzas visibles (os invisibles somos os cidadans) preocúpanse de acadar unha silla na sala de reunión na que ficticiamente se 'refundará' o capitalismo.

A peninsula ibérica encerra moitísimos tesouros naturais e moitas obras humanas que merecen admiración e coidado, mais non vexo por ningures que o apilamento de 3 multinacionais de segundo nivel xustifiquen o que, ó meu entender, é a primeira estratexia transversal-flash levada a cabo por unha organización tan complexa como o goberno español: Somos a oitava repiten os telediarios, @s ministros, o da coroa, os bispos e o das barbas; somos a oitava corean as asociacions de seguidistas e palanganeros; somos a oitava din na cola do supermercado nai e filla...

O capitalismo non precisa refundacions, e si precisa estratexias para iso estan as verdadeiras xuntanzas dos poderosos (Bildenberg e demais grupos); o capitalismo non está en crise porque o sistema segue a se-lo mesmo e porque a única volatilidade que hai é a dos rendementos prometidos/debidos a millons de aforradores que se ilusionaron por batir á inflación e se atopan co perigo de perder o que investiron; volatidade, bonito palabro para designar que os cartos voaron... ¿cara a onde?, malia ás palabras de Sarko eu penso que os cartos están en forma segura (ouro, e outros minerais que subrion de prezo no tempo inmediatamente anterior) escondidos en algures.

Que non vos despisten as manifestacions dos políticos; eles teñen o papel de controlar á turba mentras se lle esfuman os rendementos de anos de traballo; accions, pisos, bonos, depósitos... todo vai valer menos que unha merda. Eles prometeran que van tomar medidas e que controlarán as transaccions e que impediran os paraisos financieiros.

A oitava marabilla é ver como os medios de control de tod@s diluen a indignación xeral e xustifican o pago do beneficio privado (banca, empresas) cos tan denostados impostos... alguen escribiu unha entrada cos pecados capitais que levaron a esta situación; trabucouse na pereza. A pereza non foi do regulador; a pereza é a de tod@s que permitimos isto porque coidamos que imos seguir tan tranquil@s coas nosas vidas.

Nostradamus, Obama e a fin do mundo coñecido

OUUUUuuuu...Non é que transfome este blog nun site de esoterismo; só que dándolle voltas ó tema da ¿crise? e das eleccions imperiais tiven unha 'visión'.

Nostradamus predixo os acontecementos da fin do mundo que coñecía dende a súa prespectiva falando do home mais poderoso sobre a terra como o papa de Roma; hoxendia sabemos que ese home poderoso é o papa de Washington e mira tí por donde todo apunta a que vai ser un afroamericano (café con leite que dí a miña observadora) o que ocupe ese posto. ¿e qué? pois que a predicción de nostradamus fala dun papa negro...

O capitalismo financieiro que tomara as rendas do mundo como unha continuación do mercantilismo cunha alta refinación e complexidade ven de sufrir graves feridas que, a pouco que apreten os problemas verdadeiros da xente (contaminación, insustentabilidade do modelo mercar-tirar, troco do clima, superpoboación, falla de alimentos, falla de enerxía...) a cousa se pode convertir no "final dos tempos coñecidos".

É doado deixarse levar pola imaxinación e casar pequenas pistas, o temor fai funcionar a mente de xeito selectivo vendo e casando o que precisa para retroalimentarse...O medo é libre mais, carallo parece que se achega.

Sarko, Gordon e o silencio neocon

OUUUUuuuu... Pois si que che vai boa; nin que tivesen sintonía mental. Primeiro Gordon B. o afundido 'premier' do RU se adiantou ó seu propio partido e, da man de Alistair, botou a casa pola fiestra para NACIONALIZAR á banca en dificultades sen trampullos; si vos vai mal pois pasades ó estado e logo xa se verá. A intención era intubar ó capitalismo financierio británico, poñelo en coma barbiturico para podelo despertar cando a crise pasara... ¿sen mais?; non sei.
Mais veu Sarko e dixo: Axudamos, avalamos créditos, intervimos bancos; pero HAI QUE FACER ALGO MAIS. ¿Porqué o fai?, por instinto político, porque é o que toca dicir e logo xa se verá.

Entón Gordon dixo; pois si intervimos na banca claro que haberá cocelleiros nomeados polo goberno...
Pero, as enquisas demostraron que era precisa mais 'leña' e Sarko voltou a estar mais presto: e manifestou que non pode haber ferramentas financieras sen control e que hai que acabar coas 'zonas grises'... Neso xa estou mais na onda.

Mais... ¿U-los neocons?; eu dende o 2001 levo aprendido que dos medios in-comunicativos hai que atender a 2 cousas: 1- En qué insisten 2- Que é o que 'non din'. E mosquéame que non hai nen un pio de páxaro dos neo-cons sobre cal foi a falla de mercado que permitiu esta bola de neve.

Os Abandonos

Si noutra entrada sinalei ás accions de apoio social como víctimas desta crise e tamen puxen na mira ós problemas de subministro enerxético e de sustentabilidade do actual modelo social i económico a presteza coa que persoas que calan respecto da crise financiera se teñen dado para solicitar o aprazamento das medidas de reducción de emisions (A única iniciativa de Berlusconi en todo este tempo).

A min dos silencios extranos me chama a atención que aínda pouco se ten falado do impacto de todo esto nos fondos de pensions e, senlleiramente, nos recentemente autorizados investimentos dos 'sobrantes' da Seguridade Social nos mercados financieiros; quixera que algúen preguntase por elo en sede parlamentar...
¿Imos ter que socorrer ós pensionistas de Telefónica ou de Endesa que INSOLIDARIAMENTE escolleron a xestión privada dos cartos dos seus fondos para gañares eles mais que os outros?... ó tempo, que iste baile ainda acaba de arrincar.

Biertono

Collage de mosaicos pixelizados
en cores que afastan a néboa,
tsunami de indiferencia e prepotencia
vida do centro en comunicados.

Colleita tinta e gorentosa;
verde, marrón e roxa
sabores que baixan pola gorxa,
saen desta terra portentosa.

¿a probreza non ten fin?

OUUUUuuuu...Como a tristeza da canción a pobreza semella non ter fin; mais ben sigue avanzando deixando en ridiculo ó principio de Pareto do 80/20.

Hai tamén, e iso é peor, mais "pobreza de alma" na que o egoedoconsumismo nos afoga creandonos a sensación de que non temos nada que facer e que loitando contra a pobreza só se pode conquerir empobrecerse un mentras que o número de pobres vai seguir medrando... Enganados pola droga publicitaria seguimos o camiño doado do "eu non perxudico a ningúen mais non me vou a sacrificar nelo" e o espectáculo de centos de persoas botándose a morrer no mar cada día, dos milleros de nenos morrendo de fame no mundo cada día, dos millons de persoas que subsisten con menos de 5 €uros cada día continúa.

As valeiras promesas dos poderosos non son mais ca o froito da indiferencia dos que somos os seus cidadans e ocurre porque os cidadans non impulsamos ós nosos gobernos para que se preocupen de faceren pequenas cousas mais efectivas para que as circunstancias melloren un chisco para miles de millons de persoas.

Os boicots ós productos por motivos políticos locais son tan ridiculos como serían eficaces para que as empresas multinacionais deixaran de ser causa de pobreza no mundo. Existen moitas organizacions que se adican a denuncia-la explotacion da poboación dos paises pobres polas grandes empresas do mundo e que poderían indicar, de xeito independiente, cales toman medidas para que a súa presencia non sexa (polo menos) a causa desa pobreza.

Disque a felicidade é a auséncia de medo, está claro que os medos para nós, os que moramos no 1º mundo son, na maioría dos casos, cousas que lle darían a risa ó 80% da poboación mundial... Medo é pasar fame, non ter onde durmir, sufrir violencia e persecución... a pobreza.



Golpe de estado da Banca

OUUUUuuuu... Camiñando pola estepa ten un tempo dabondo para reflexionar. Mirando esas grandísismas extensions de terra cun tractor a traballar nelas e NADA mais pensei que o dono de todo elo arriscou no cálculo dos custes de terras, máquinas, fertilizantes, combustible, man de obra... e na cantidade e prezo que obtería pola súa colleita; menos mal, que no modelo neokeynesiano si a cousa sae mal o estado o vai a rescatar, lle vai dar cartos pola terra sen lla quitar e vai poder seguir traballando nela...ou non.

Porque iso só lle pasa á banca. Esa que nas reconversions industriais aplicou os inmaculados 'principios do mercado e o libre comercio' e trapala trapala; mandando a milleros de familias ó paro 'noutros sectores productivos'; esa que dicia que os cidadans temos que ser responsables das nosas accions e toma-las decisicions dentro das nosas marxes de risco. Esas que, ás empresas con perdas lles aplicaban ratios de interese mais elevados pola súa 'exposición' e esixían o cese de directivos que tomaban 'decisions pouco eficaces'... A banca que aínda non presentou perdas, que se escuda no seu papel dentro da economía non-financieira como intermediario fianancieiro de operacions cotians e futuras, a que oculta quen calculou mal os riscos, a que oculta a quen beneficiou durante estes 7 anos de bonanza financieira e a dónde foron eses cartos, a banca agora dí precisar axuda.

A miña compañeira que é moi intuitiva e as vé voltar cando eu as vexo ir dí que, en verdade, non estamos ante o golpe de estado da banca senon ante a demostración de quen ten o PODER na socio-política. Porque isto con ser indignante e denigrante non sería nada si existisen mecanismos verdadeiros para que a poboación se informase e se organizara para impedir que persoas que levaron miles de millons de €uros CONTANTES deixen agora buratos VIRTUAIS que teñamos que tapar entre tod@s con cartos non-ficticios.

Zapiavelo e Sarkomán artellaron algo de teatro para frear a crecente indignación social sobre o rescate que Gordon e Alistarir lle deron á banca británica. Que si condicions "eticas" para avalar préstamos no interbancario, que si nomear directivos de bancos rescatados, que sí sancions ós que 'cometeron excesos'... KK de la vaka. A percura de ata o derradeiro céntimo do movilizado cara a 'paraisos fiscais' por directivos mandos dos bancos e o seu entramado, pago dos impostos de eses cartos 'fuxidos' e dos beneficios obtidos cos 'activos tóxicos' (o 'palabro' desta crise), financiamento directo do estado a cidadans e PeMes(+autónomos), Rescate dos que teñen 1 e solo 1 hipoteca propia que non poden pagar porque non teñen traballo; os outros (que teñen mais de 1 hipoteca) eu considero que son inversores e xa se sabe como é ese xogo: hai que deixar os derradeiros céntimos para outros.

A administración non debe permitir que esas organizacions mafioso-financieiras que son as caixas se 'marchen de rositas'. Agora que hai problemas esquecen o seu papel SOCIAL e escomenzan as restriccions retirandolle as aportacions ás organizacions que traballan no entramado de apoio socio-sanitario como asociacions de enfermos (Alzheimer, esclerosis, etc.) e discapacitados, no entramado cultural de base (asociacions, formación de base etc.) mais non deixan de financiar a clubes deportivos que pagan con ises cartos a persoas que xogan a un deporte (fuchibol, balón(cesto,mán,volea) case como ocupación principal. Claro que nestes tempos de crise "pan et circus" versión moderna: Fuchibol e puticlubs...

E repito, todo isto non vai ser nada si en 3 meses non se toman medidas que impidan DEFINITIVAMENTE que se xogue ás casiñas con cartos que NON EXISTEN porque a lección que se está a dar é que os directivos da banca poden arriscar os cartos (os de outros ) en operacions que den beneficios aparentes (para eles vía bolsa, bonos etc.) e "deixalo caer" para que os donos dos cartos clamen ós gobernos (os seu fieis lacayos) que lles recuperen o perdido... ¿preocuparonse eles das garantías que tiñan os seus cartos cando os investiron?, ¿preocuparonse de pagar os seus impostos polo beneficios ou quizais investiron así para fuxir da "excesiva" presión fiscal?. Xogar á bolsa ten riscos e mais si é no extranxeiro...

Buscando nas illas desesperadamente

OUUUUuuuu... Os directivos de AIG gastaron 440000$ na semana que estiveron a negociar a operación de "rescate" pola que o goberno americano puxo 85000000000$ dos seus contribuintes (que segundo McCain non deberan paga-los impostos).

Agora ZP vai crear un fondo de 30000000000€ para inxectar liquidez á banca e "garantir" os depósitos dos aforradores ata 100000€.

¿Cando se vai proceder PENALMENTE contra os responsables de todo isto?; dende logo, non se debería proporcionar un só €uro do erario público sen que a entidade que solicita a axuda xustifique a orixe do seu problema, e demostre ter iniciado procesos xudiciais e internos contra os directivos que tomaron as decisions perxudiciais e as empresas que avalaron ditas operacions e as garantiron. Os ditos procesos deberían esixir o rembolso dos cartos perdidos polos accionistas ou depositarios das entidades nesas operacions.

A suposta "unidade de actuación" dos bancos centrais debería demostrarse recuperando os cartos colocados nos derradeiros anos en paraisos fiscais por persoas directa e indirectamente vencelladas a estas e tantas operacions financieiras de alto risco. Para elo deberase por declarar nulas calquer depósito, garantia ou aval contra contas ou bens situados en paraisos fiscais e non autorizar ningún movimento financieiro dende o cara a eses paises ata que non se identifique con certeza ós propietarios de todolos fondos alí situados e a súa orixe.

A vontade de tomar medidas para que NUNCA MAIS volte a acontecer algo semellante debera tomar XA a forma de propostas de lexislación comunitaria; non vaia ser que pase como no 'prestige' e teñamos que ver 5 ou 6 anos despois as mesmas operacions financieiras como vemos os buques monocasco aínda no mar.

No mar están as illas esas nas que os directivos, ese tiburons das finanzas, toman daikiris e brindan polos cartos que lles entregamos por segunda vez tan doadamente. A primeira foi xa cando do traballo de tod@s (incluidos autonomos e empresarios de PyMES) lles xerase rendementos por 4 verbas nun papel.

Confianza, Crise, Horizontes e visions

OUUUUuuuu...Nas actuais circunstancias de globalización financieira, que de outras cousas non, era de prever que a grave falla do mercado hipotecario e financieiro dos EEUU repercutise en todas partes. Que os gobernos europeos o ocultasen e logo actuasen ás presas nas primeiras vias de auga xa non é moi tranquilizador, que veñan agora garantindo depósitos que xa a lei garante dá algo que pensar.

Mais todo esto non por importante e por repercutiren no devir diario de todos pola vía de falta de cartos cos que operar as transaccions mais habituais debera cega-la visión dos estrategas das nacions. O principal problema do noso pais a medio e longo prazo é a DEPENDENCIA ENERXÉTICA e o MODELO DE CONSUMO.

A unha provoca "por defecto" un déficit na balanza comercial que non sempre se vai poder suplir con turismo ou expoliación de recursos de outras nacions, ademais de que os combustibles predominantes actualmente teñen perigo no seu transporte, son enerxéticamente pouco eficientes, teñen efectos nocivos sobre a saúde antes e dempois do seu consumo e xeran residuos de toda clase que afectan ós ciclos vitais do noso medio (e ós nosos alimentos), a nós mesmos e; en gran escala, ó planeta, ó seu clima...

A outra xera unha visión de inesgotabilidade falsa dos recursos e do medio, unha falla de responsabilidade sobre o que temos baixo o noso control e unha escasa visión a longo prazo das consecuencias dos nosos actos. Todo elo repercute nun maior consumo de recursos e na xeración de maiores cantidades de resíduos perigosos e caros de manexar.

Así pois, é bó que o estado lembre a existencia da garantía de depósito para os aforros mais debe ter maior perspectiva e debe seguir adícandolle grandes esforzos (non só cartos, hai outras facilidades) á Investigación, Desenvolvemento e posta en marcha de iniciativas de alternativas enerxéticas e medios de aforro e maior eficiencia así como a fabricación de productos mais duradeiros e con menores impactos tanto na súa fabricación como no momento de remata-lo seu uso.

Non deixemos que unha falla no sistema financieiro se convirta nunha falla de confianza no futuro por unha crise de ficcions, excesos de listeza e falla de responsabilidade de quen tiña que garantir e de quen actuoou tarde e mal.

Recurtando nas migallas cobardemente

OUUUUuuuu... Hai crise; ata Solbes o dí. O diñeiro cobarde fuxe como cantaba YOSI e as administracions recadan menos así que deciden facer recurtes... no esencial.

Hai pois menos cartos na sanidade, na atención á dependencia, na educación. As inspeccions de traballo e os médicos de AP reciben presions para dar altas forzadas, desaparecen fondos de formación e de estratexias de calidade... A espiral retroalimentase.

Os sindicatos seguen coa canción de aumentar os ingresos via impostos ás empresas sen acepta-la súa parte de culpa en dar placet a 'reconversions' nas que se atou cans con chourizos e se pagan, a conta de todos, prexubilacions de mineiros a oficinistas de 50 anos, traballadores da banca etc. Os deputados e cargos dos gobernos conxélanse os salarios mais ningúen semella decir nada das pensions vitalicias de 4000€/mensuais que se concederon a persoas saudables, con formación e coñecementos... mentras se racanea en servizos a persoas dependentes ou se apiñan 35 rapaces nas aulas da ESO.

Pagamos cos impostos de todos ensino segregado por sexos ou clases de adoctrinamento relixioso en centros que fuxen dos criterios do reparto por distritos e 'seleccionan' por raza ou orixe. A prestación sanitaria resulta confusa; semella que os centros privados fan mais intervencions por cama/ciruxan mais nos seus custos non quedan incluidos as persoas con patoloxías crónicas nen as complicacions (evitables ou non) das própias atencions; seguindo esa lóxica sen analizala no global do sistema entrégase a prestación do servizo a empresas privadas por ter mais cintas que cortar...

Vil Linguismo

OUUUUuuuu... Sei que vou ser acusado cando menos de plaxio, fago constar que eu tamén pensei nesta denominación mais non a citei por falla de tempo, quería centrarme en cousas verdadeiramente importantes como a CRISE.

Entón temos a unha chea de xente reclamando dereitos que xa teñen e que eles mesmos e os que se ocultan tras deles negaban (e negan en territorios do galego irredento) ós que agora sinalan como opresores... todo un teatro ben maquinado e aventado por medios in-comunicativos con UNHA clara finalidade, GRANDE interese en que a situación continue e a xente non sexa LIBRE.

Agora entran na teima da 'destrucción' do castelán, da súa '¡persecución!'. A verdade é que hai moito odio que se retroalimenta; algunhas persoas pensan que a obriga do que eles opinan como correcto é a única coidan xustificarse con identicas actitudes dos que defenden a idea contraria.

Non cabe dúbida que é importante o papel da educación obrigatoria na aprendizaxe e no emprego dun código (lingua) concreto, mais o papel dunha lingua nunha sociedade ven dado por moitos factores, xustamente moitos dos que mantiveron "VIVA" á lingua galega non foron escolarizados, ou o foron en castelán... o galego tiña, e ten, valores arraigados no país non precisa de imposicions.

A transformación social cara a unha paisaxe mais urbana, industrial, consumista integrada nun suposto 'mercado' superior non xustifica virarlle-las costas ó propio patrimonio, a diversidade non é un valor só no campo biolóxico, tamén no linguistico e si esa diversidade nos enlaza con cousas e tempos non lonxanos e valedeiros non se xustifica mais ca no medo ó descoñecido ese odio visceral cara á música do falar.

VIL: Indigno, torpe.

Facer unha guerra agora desta cuestión cando hai 30 anos que se promulgaron as leis nas que se sustenta... simplemente demagóxico. Como aquel que dicía respeta-la lei mais que cando as leis lle dixeron que non tiña razón cantou... La, lalalá, lalalá, lalalá.... e gastou os cartos de todos en defender a súa teima.

Esta 'cruzada' contra a lingua é VIL.

Edición 14/2/2009

Quero destacar agora esta entrada de illas ficas "Me mola tu antítesis (3)" na que desmonta as argumentacions xurídicas dos vil linguistas e dos seus principais apoios políticos (incluso demostra que o PPdG estivo a prol delo).
Como se comenta alí; as actitudes de centros particulares e de docentes particulares non xustifican unha campaña xeralizada contra a lexislación vixente.
Golpeou o sol no horizonte
sinalando un banco valeiro,
solitario, dourado e brilante
Acomodouse nel o solpor escumante,
agardando que saíses, luceiro;
albiscando no aire vibrante,
a presenza do verdadeiro.

Afogou no mar nun bramido granate;
partiu sen contempla-la luz,
o brilo, o fulgor, do arrecendo
do teu pelo, da túa face.
Sen poder cheirar o extrano
bico que se dan a area e o mar
pensamentos de ida e volta
do sono á realidade.
Certidume do que non será
nin posible nin desexable.

Isto é to..., isto é to..., isto é todo...

... Yankees.

Tempos novos, tempos salvaxes.

Dende hai uns anos vese que o patrón non manda, ten perigo mais non manda; chegou á cima e na cima non había ren. Venceu mais non convenceu pois non tiña un verdadeiro sistema sostible, só unha máquina de medrar en base "0" -cero-.

Foi a comenzos do século cando se lle viron os pés de lama a este xigante, o polbo do capital convulsionou en varias ocasions mais non puxeron as barbas a remollar ata que vai 7 anos os golpearon na casa, estertores, invasions de provisions.

Agora perden a fé nas súas creenzas, o mercado é falible en mans de xente sen escrupulos e resulta que os de tranxe teñen menos ca ninguen. Vaiche boa, agora hai que merca-la súa merda cos denostados impostos de todos mentres eles se poñen o bañador nas illas esas de alá.

O mundo xira, vai tempo que o centro gravitatorio virou cara ó Pacífico, en China, Singapur... as grandes compañias seguiran co seu só Australia vai mante-la faciana caucasiana do poder. E xa podemos albiscar o que nos espera; baixa de dereitos laborais, indefensión, inseguridade alimentar... Nin Orwell deu con elo.

Os vellos enemigos se voltan a erguer, sinalando a debilidade do poderoso. Teñen poder para rematar co mundo moitas veces, mais non para controlalo; xa non agora controlan outros e teñen o seu poder en constante movemento sen bandeira nen himno, apátridas,

Pés de lama, China controla grande parte da débeda americana. collidos pola gorxa, polos seus enchufes e tubos de escape mana a enerxía de 3 paises coma eles. Incertidume, non poden deixalo caer todo porque caerían eles, non poden arranxalo sós porque se trata dun buraco mais grande ca eles mesmos.

Que risa, volta Keynes... a máquina dos billetes. Agora é que se ve que as 'inxeccions de liquidez' non eran mais ca soro na vea do moribundo... ¿recuperaranse eses i estes cartos?.

O Burato negro

OUUUUuuuu... Seica hai un temor importante entre alguns grupos de cientistas a que o experimento do gran colisionador de hardones remate nun 'mini burato negro' que se trague todo o sistema solar...

Pode que teñan razón; non só se vai tragar o solar, senon tamén ó edificio e a todos os que vivimos nel, o burato é a crise financieira internacional agravada pola tremenda carga crediticia e de vivendas sen vender que o consentido 'pelotazo urbanístico' nos deixa ó que se engaden as tensions no "dogal enerxético" que ben polo 'peak' do petroleo, ben por problemas puntuais non dá tregua. Todo conforma unha maraña embadurnada de todo o lixo, a contaminación, a destrucción e depredación do medio natural que fai desexar dicir aquelo de: "Parade que eu baixo".

O 'crak' do 29 demostrou o endeble do sistema capitalista pois se fundamenta nun optimismo retroalimentado, na espectativa duns pagos futuros que se dan por feitos, se "solidifican" en ferramentas financieiras e se engaden ó engranaxe de hoxe, rodas de papel entre tornillos de ferro, e cando unha racha fai escorar todo. Entón están as verbas tranquilizadoras e, o mais importante, 800.000.000.000 $ que solventan a situación renunciando ós principios do capitalismo: cando toca gañar gaño eu, cando perda perderei eu... ou non.

Econo-Ficción

OUUUUuuuu...

Sei que se trata dun exercicio básico e que ven mellor descrito na película "El concursante" mais ocurriuseme nas revoltas dun treino e coido que é ilustrativo

Fai 3 anos: Banco- ten 100000 €, Eu- Teño un traballo con nómina de 1400€ (+/- 400), Productor/Contructor- Ten un ben que lle custou facer 60000e (e que posiblemente llos prestaran), Estado recauda un 14% da miña nómina como cotizacions sociais. Total de cartos "verdadeiros"= 160000€.

O ano pasado: Banco- prestame os 100000€ para merca-los bens , Eu- collo os 100000€ do banco e mércolle ó productor/constructor o ben por 85000 + 15000 (en 'negro'), Productor/constructor- gaña 33000€ na venda, Estado- recada da miña nómina e 7000 do 7% do valor da transacción.

hoxe: Banco- Dí ter os seus 100000€ + 25000€ de intereses e os titulariza con outros dentro dun paquete que "vende" a un tipo de interese, Eu- teño un ben que valerá 70000€, Productor/constructor terá os seus 93000, Estado- recada da miña nómina (si a teño).

Ese é o quid; o 90% dos cartos NON EXISTEN nin tan só na figura dos billetes. Simplemente son bits.

Hai chistes mellores como o da "suspensión temporal da economía de mercado", ou o "novo pacto laboral" para o despedimento gratuito. Así estan as illas Caiman, as Vírxenes e aqueloutras que non lles sei escribi-lo nome... petadas de 'listos' que esquivaron os reducidos impostos e chuparon subvencions públicas a esgalla e, agora, queren "socializa-las perdas" co cautiverio do emprego.
O que o presidente da patroal, os políticos liberais e a súa camarilla non fan é denunciar a economía sumerxia, os pagos en "B" e as trucaxes para 'maquillar' contas segundo conveña.

Subamos XA as cotizacions sociais, demos subvencions @s traballadores e pechemo-la circulación de capitais ós paraisos fiscais e zonas de dubidoso respeto á vida e seguridade dos seus traballadores... podería ser un discurso bonito, mais pouco efectivo. Mágoa, as barricadas 'visten' tan ben; para mostra os do 68 alí os están todiños... nos cumios... das corporacions.

Europa; ¿eses quen son?.

OUUUUuuuu... A lenda de Sarko o rescatador engrandeceuse estes días de verán.

O conflicto balcánico é un puzzle infantil comparado co xadrez do caucaso e os rusos están a mostrarse como mestres que son do xogo das 64 casillas. Etnias, Desprazados do stalinismo, Petroleo, Oleoductos, Fronteiras feitas a lapiz... todo ven a mostrar o ridiculos que chegan a ser os "sentimentos nacionais" no mundo moderno.

O tema é que os feitos acusan a Rusia de desmembrar a Georgia pola vía das armas mais cunha escusa vaga, inconsistente. Ningúen nega a maior: o conflicto se debe ó petroleo, ó oleoducto e a crecente presencia americana (e turca) no 'flanco sur' ruso. Hai silencios clamorosos que sinalan a quen non fala e hai verbas valeiras que era mellor non pronunciar.

Nestas últimas atópase europa e o seu representante circunstancial que, coma o can, ladra e non morde. É o problema de representar a un conxunto tan amplo coma diverso de pobos: cada un ten as súas afinidades e intereses e hai compoñentes que, postos na mesa, pesan mais que a dignidade diplomatica.

Así; mentres Sarko paseaba por Georgia co chaleco antibalas os disparos se facían por teléfono en Berlín e o chaleco antimisis lle era colocado a Polonia que os rusos se encargaron prontamente de mostrar como 'non eficaz' (un movemento de consumo interno). Os americanos enviaban a "caballeria humanitaria" en forma de buques de guerra con isas cargas de alimentos e mediciñas prontas a caducar dos depósitos da OTAN e a ONU voltaba a dar síntomas do 'bloqueada' que está mercede ó inxustificado sistema de votación e representatividade que a goberna.

Desta volta Rusia non é o sistema autócrata que se desmorona por falla de mantemento e de ingresos do comercio senon mais ben ó contrario. Anos de autarquía lle permitiron ter agora petroleo e gas abondo como para manter un fluxo constante de ingresos e ter un dogal co que 'atar en curto' a Alemania.

Ide pondo a cubiteira mais preparadevos porque, desta xeira, a guerra fría non vai ser tan silente coma antano e lembrade que agora a ciberfronte está en todas partes: Eu non é por nada, mais non me creo que o caos do espazo aéreo do leste USA fose un 'fallo' se non mais ben un ensaio.

As dúas frontes da lingua

OUUUUuuuu... Nestes días saen no Chuza¡ unha chea de artigos e vídeos sobre cuestions linguisticas tanto referidas ó nivel local como a 'temas quentes' a nivel de outras linguas e poboacions humanas no mundo.

O galego ten, polo de agora, o foxo cavado. Está no seo das familias que o deixamos de transmitir ós fillos por moi diversos motivos mais todos eles emparentados, coido, coas cuestions de prestixio social e a perspectiva de 'éxito' na vida. Son argumentos tan manidos que soan a falaces mais coido que é así. Ós afroamericanos non tiñan prestixio social nin prespectivas de éxito na vida ó inicio do século XX, moi poucos cursaban estudos universitarios e pensar na súa participación na política era un disparate; hoxe, malía que a situación non se invertiu nin equilibrou, a poboación afroamericana conta cunha forte dignidade de 'cultura propia' e con prestixio social e participación na vida política.

Nestes días engradeceuse a miña familia cunha fermosa 'picheleira' que namorara xa ó meu vello co seu falar musical. Na súa familia todos entenden e saben falar mais... só os pais e a rapaza en cuestión o empregan con asiduidade, os outros irmans non o teñen nin "para a intimidade" como dicía aquel do bigote. Son xente que traballou duro para acadaren unhas posibilidades económicas que lles permitiron darlle carreira ós fillos mais ¿tiña que ser o galego o "prezo"?.

Nunha sociedade local coñecese si hai 'colonización' cando se mira quen ocupa os postos de decisión da mesma e cara a donde van as olladas que percuran referentes (económicos, culturais, filosóficos... políticos). A sociedade non o explicita, mais sabe que adoptar certos referentes significa abandoar referentes própios.

A linguaxe na fala e na escrita é unha arma perigosa pois ten un dobre fio que nin o que a fala pode distinguir completamente pois a comunicación depende tamén dos condicionantes de todo tipo que afectan ó receptor das nosas linguaxes; por iso non podo asegurar nin que eu diga o que quero nin que cada lector entenda unha cousa diferente.

O galego foi desprestixiado, perseguido e reducido a "lingua inculta" (curioso paradoxo: o vehículo das culturas humanas por excelencia reducido a algo 'inculto') mais houbo intres nos que persoas con grande intelixencia viron que un pobo que abandoa ese referente propio deixa de ter o 'pegamento' que o fai único e pasa a unha masa que nin é o que era nin poderá, NUNCA, ser o que os outros queren; quedará nun limbo cultural e social indefinido, tal e como se dí que somos os galegos: non se sabe si imos ou vimos.

Malía iso non debemos caermos na doada tentación de repetirmonos a xogada ó revés e aplicaren indiscriminadamente políticas de marxinación que en nada conducen ó prestixio social nin ó éxito da lingua e dos seus falantes. Facer do galego algo "artificial" non lle dará pulos senon que encherá de dúbidas ós posibles 'neofalantes' que o adoptarán coma un traxe, un uniforme que hai que portar para acadar outras metas. Eu sonvos mais romántico e sego a lembrar a 6 rapaces de 16-18 anos que se decataron da herdanza que recibiran e decidiron darlle vida empregandoa con novos pulos escomenzando polo seu mesmo interior ata acadaren ser quen de "pensarmos en galego" o que acabou por impregnarnos ata os ósos. Lonxe de todo victimismo, de bandeiras e himnos, de solemnidades e grandielocuencias ó galego se lle defende no emprego diario en calquer eido pois a súa función como vehiculo de comunicación non está "en competencia" coas outras ferramentas; en todo caso, se complementa con elas.

E nesa complementación hai que traballar para que a nova fronte inmigratoria que se abre non sexa unha fronte excluinte e alienante para os novos habitantes do país tanto os que poderían coñecer a lingua (pode que dende o berce sen sabelo) como ós que non sabían nin da súa existencia.

Cando Xeorxia non ten Atlanta...

OUUUUuuuu... Tod@s ollamos cara outra banda.

A Xeorxia da canción non vive unha guerra dende o conflito de secesión do século XIX e Atlanta, a capital da CocaCola, vive próspera nas súas marismas.
Na "outra Xeorxia" o 'conflicto bélico', as 'accions preventivas', as 'incursions' desafían á hipocresía dos medios de in-comunicación "dedocráticos" (si, pon dedocraticos porque reciben cartos a dedo) e ós seus redactores que xa non saben como falar desta GUERRA sen ocultala. O caso é que eu non me creo que Rusia estexa a invadir Xeorxia pola liberdade das minorías ou maiorías de Osetia do sul ou de Abkhasia e coido que a clave se ve moi ben neste mapa da BBC.



Os xeorxianos declararon o estado de guerra e solicitaron a axuda internacional e arestora debera andar por alí SuperSarko; como unha especie de SuperLopez inmoral levando as mans valeiras pois nesta ben escenificada invasión os papeis están definidos hai tempo...¿Vale Xeorxia unha guerra con Rusia co perigo que elo conleva? Xeorxia non é unha sorte de dictadura bananeira e a esperanza de que a DEMOCRACIA se difunda e prenda fronte ás dictaduras (maquilladas ou non) como a de Rusia é que manteña a súa independencia.

Logo está tamén o tema do oleoducto actual e dos que se estan a planificar i executar para traeren petroleo dende Asia central. Está claro que Rusia quere face-lo mesmo que fai Ucraina cos gasoductos rusos cara a europa, coa agravante de que empregaría ese control para os intereses do seu petroleo (Lukoil; empresa da mafia gobernante está no allo) e para controla-los prezos.

Neste intre a quinta parte do pais está invadido, os bombardeos son contínuos e a poboación civil xeorxiana está a ser expulsada dos territorios 'liberados' incluso a escusa da invasión soa a argumento fascista...

VERBAS PARA UNHA UNIÓN

Dádevos amor mais non fagades del atadura.
Deixade que sexa un mar en movemento entre as beiras das vosas almas;
Enchede co voso amor o vaso do amor do outro,
mais non bebades do mesmo vaso.
Compartide o mesmo pan mais non comades do mesmo anaco.
Como as cordas dunha guitarra vibrade cada un só mais facede a mesma música.
Manterse unidos non é manterse aferrados
Pois o Carballo e a Maceira non medran si se fan sombra.

Seredes libres de verdade non cando os vosos días pasen sen preocupacións e as vosas noites sen penas senón mais ben cando istos circunden as vosas vidas e, malia eso, vos ergades por riba deles espidos e sen ataduras.

Dous elementos compoñen o noso ser nun conflicto do que saber sacar proveito é a clave do éxito na vida.
A razón e a paixón son o timón e as velas das vosas almas de navegantes. Si as vosas velas ou o timón rompen, só poderedes dar bandazos á deriva ou quedar ó pairo no medio do mar.
A razón gobernando soa é forza limitadora e a paixón, sen vixilancia, é lume que se consume ata a propia extinción.

Así pois vos aconsello que a vosa alma exalte a vosa razón ata a altura da paixón para que poda cantar e que a vosa razón dirixa a vosa paixón, para que viva sempre unha resurrección cotián e coma o Fénix rexurda das súas cinzas.

As desfeitas pasadas que non xustifican desfeitas futuras

OUUUUuuuu...Sempre temos ós gobernantes que merecemos ter porque non somos quen de elexiren mellor.

Tivemos 15 anos de Fragosceno porque vivimos na ilusión ben creada pola corte caciquil do “bo gobernante” que non se aproveitaba da súa posición. E deixamos que á súa sombra medraran tramas eólicas, hidroeléctricas, mineiras, urbanísticas... Megatramas da construcción como a do mausoleo ou FragaPark ou tramiñas como ás do transporte escolar, as blindaxes dos altos cargos, as fundacións comarcais... !!!Canta “listeza” desaproveitada¡¡¡ grandes perdas de neuronas empregadas para o beneficio duns poucos e non para o avance do país.

Mais chegou o goberno ‘bipolar’ e non semellou trocar nada ou pouco, e cousas que deberan de trocar deixáronas estar e trocaron outras que sabían facer mellor... As concesións “dixitais” seguen a ser a estrela da administración galega, calquera plano de fondo calado é entregado a ‘organismos paralelos’, calquera grande obra ou ben está viciada en proxecto por afectaren a áreas protexidas ou ben está posta en dúbida polo xeito da súa concesión.

As garantías dos gobernantes caducan cos seus feitos e ós nosos actuais dirixentes non lles queda tempo para novas argucias; non sería estrano que denantes de poderen publicar este ouveo xa teñamos convocatoria electoral.

Información de Verán

OUUUUuuuu...Seica ata os periodistas van de vacacións e poden así distinguir ‘dende fora’ os males do oficio sempre, claro, nos erros alleos.
A des-información habitual dos medios comerciais e/ou ideolóxicos acentúase nas tempadas de lecer cando os grupos de aleccionamento descansan e deixan de faceren as súas campañas de intoxicación e dirección informativa.
É entón cando se pode apreciar con claridade que o habitual se fai nova ata o extremo do ridículo no canto que as novas semellan anécdotas ou simplemente “non sucesos” porque ¿a quén lle pode interesar que morran milleiros de persoas de fame en África si en Écija chegan a 40º en xullo?.
Os problemas da maioría dos humanos provócanos uns poucos que se enriquecen e privilexian por elo e non por fenómenos meteorolóxicos normais. Vemos centos de reportaxes sobre os mesmos temas mais ningún do que hai “antes”. ¿que hai antes de que 60 persoas embarquen nunha chalupa cara a unha viaxe con 600 veces mais risco que cruza-la península en coche?. ¿que hai antes de que o mineral X chegue ás fábricas onde o transformarán en compoñentes para alta tecnoloxía?.
Proxectís invisibles para guerras silenciosas. Estamos inmersos nun conflicto de información que perdemos a diario primeiramente porque ninguén gusta de oír tódolos días as miserias do mundo e logo porque as fontes da nosa información non son limpas e teñen como finalidade manter unha aparencia de coñecemento que non é tal.

Logo están as linguas afiadas dos nosos políticos que conseguen un manexo singular da linguaxe para dar a entender o que non están a dicir; por exemplo, si me din que unha obra non é seguro que se poda realizar no prazo previsto mais que, formalmente, imos manter o calendario publicado saio e digo que a obra vai a “estar licitada” que é como dicir que os papeis seguen o trámite normal. Dos cartos para a obra e da obra en si non digo nada, mais enténdese...ou non. Si digo que se vai facer un seguimento con xuntanzas informativas trimestrais co ministerio en cuestión semella que cada tres meses se vai levar conta do estado das obras e da execución presupostaría da mesma mais si se trata dun tema ‘informativo’ ¿para que xuntárense? Abonda cunha chamada ou Fax. Si o compromiso fora firme quen tería que falar é o presidente do goberno vía presupostos do estado.

Un informe do tribunal de contas denuncia corruptelas varias dos actuais e anteriores gobernos e cada medio de comunicación se centra no que lle prace sen apreciar falla nos asuntos que incumben á formación que promocionan ou dando por boa a resposta chulesca do partido sinalado “nós non temos de qué arrepentirmos” como si o despilfarro dos cartos de tod@s fose o obxectivo da tarefa de gobernar.

A prensa empresarial ten perdido toda credibilidade malia as campañas de supostas investigacións e preocupación polo benestar cidadán; só lles preocupa acadar beneficios a costa de convenios coas administracións, convenios que asinan políticos con ambicións e sen programa, sen ideas mais que a de acada-lo control da cousa pública no beneficio seu e dos seus amigos.

Os widgets do Pais

OUUUUuuuu... Semellaría unha boa opción para ter titulares no lateral do blogue e as viñetas mais non quero renúnciar a Chuza por seren un medio de deixar novas de moitas fontes comentadas.

Teño a idea de que este blogue xa ten carga dabondo no lateral e que se cadra poderia empregar isto no blogue deportivo mais non gosto das novas do deporte profesional e non vexo xeito de "filtrar" as novas para que saian só as que me interesa...

Empeorando o presente

OUUUUuuuu... Como si me leran os pensamentos os feitos foron mais rápidos.

As centrales nucleares francesas ocultan información sobror da contaminación das capas freáticas baixo as súas instalacions; que o oculten é normal, que os que propoñen a "reapaertura" do debate na península o ignoren ou tenten silencialo é unha falla de respeto cara ós demais.

Unha das derradeiras fugas chegou a afectar ó subministro de auga para consumo humano e espertou as sospeitas das organizacions ambientalistas que solicitaron prospecions en tódalas centrais. A autoridade nuclear francesa, actuando con 'espiritu comercial', puxo a vendaxe antes da ferida de declarou que "as situacions están controladas" malia que hai ben pouco declarase que non había alertas de interese ó redor das centrais galas.

Así pois. As centrais de 3ª xeración tamén teñen riscos que nos fan asumir a tod@s como quen se pon a fumar nunha sala de espera dunha consulta...

O sistema eléctrioco ibérico está a producir estes días cunha alta porcentaxe de ciclos combinados e renovable mais a verdadeira proba virá cunha boa xeira de calor que poña ós aires acondicionados a 100...

Atom Sarko ó servizo do "ouro de moscova"

OUUUUuuuu... Faime gracia que o voceiro non oficial do goberno fale do pulo da clase media cando a clase media é o obxectivo a eliminar para o sistema político de calquer oligocracia que se precie pois a xente que ten tempo de pensar é a mais perigosa para eles.

Así somos moitos moitos os que podemos pensar.... O tema enerxético; ou o engano enerxético. Seica no estado español hai unha moratoria sobre a construcción de centrais nucleares polos perigos que supoñen e se entende que a política enerxética do goberno se centra en aumenta la eficiencia enerxética disminuindo e opotimizando os consumos e centrar o incremento de xeración en fontes 'limpas'. Mais é todo un teatro, unha farsa, unha ficción.

A peninsula ibérica non está libre de seren víctima dos refugallos dun desastre nuclear; nin siquera do problema dos refugallos própios da producción nuclear 'normal'; como menos somos inocentes da preponderancia desta enerxía en outros lugares.

Por iso se vai facer unha nova liña electrica transpirenáica, para que os estados da península ibérica (unidos nun único mercado eléctrico) segan a ser clientes principais da enerxía nuclear francesa. Monsieur Sarkozy pode estar contento, a súa balanza fiscal non vai sufrir tanto coma a dos outros estados europeos e poderá seguir financiando programas de "grandeur" e outros mais interesantes... porque lle mercan a enerxía nuclear os viciños que a teñen 'condonada' e lle pagan un imposto polos refugallos que ten que tratar e, para maior escarnio, lle mercan parte das súas cotas de emisión de CO2 que lle sobran pois, gracias ó poder nuclear, non chega ós limites Kyoto. Todo un choio estes viciños.

¿Plantexo eu que se reabra o debate nuclear? Non, porque a nuclear segue a ser unha mala solución: Cara, Contaminante, Perigosa, Dependente en materia prima e tecnoloxía e, para remate, si chega ó goberno unha tendencia politica que non sexa ben vista polos EEUU podería dar lugar a un bloqueo ou unha invasión ou calquer outra estratexia pois son "armas de destrucción masiva" (e non coido que sirva de moito ter asinado o tratado de non proliferación nuclear).

O que plantexo é darlle mais coherencia á moratoria, facela creible ós cidadans "trasparentando" a orixe da enerxía que se consume no país para que se vexa o forte deste dilema e se decaten de que os que queren "reabri-lo debate" en realidade teñen tódolos argumentos preparados para forzar unha reapertura nuclear con centrais "mais seguras" de 3º ou 4ª xeración e chaparra chaparra marica non cales... que si, que o fio e doado de seguir. Por iso as clases medias somos perigosas, non somos pensionistas escoitando a COPE ou a SER que nos alecciones... Eu sigo a dicir ¿Nuclear?; non, gracias.

A realidade e as visions

OUUUUuuuu...Temos non unha crise tripla como dí Ramonet senon unha crise cuadrupla.

Financieira: a ficción da economía capitalista mundializada na que existen mais cartos que obxectos de valor escomenzou a se tambalear coa crise das hipotecas lixo nos EEUU e segue o seu camiño como bola de neve imparable que preocupa sobor de todo ós ricos que son os que se deben os cartos entre eles. Nalguns territorios senlleiros esta crise vese mais lastrada pola propia evolución atroulada do sector inmobiliario-constructivo levado ó paroximo especulativo polo liberalismo imperante.

Enerxética: Non debería ser crise pois a realidade da xeración de enerxía en base a un recurso finito e nun entorno no que a demanda medra exponencialmente só pode dar lugar a unha conclusión senon se toman medidas serias de percura de alternativas e limitación do consumo. Aquí a especulación ten un papel principal no canto de tentar escudarse en outros factores para provocaren subas de prezos que incrementen o beneficio de investimentos xa feitos vai tempo sen ter que seguir investindo.

Alimentaria: Fortemente ligada á especulación enerxética e ó mantemento dun 'statu quo' de xerarquias nacionais que matan de fame a millons de persoas entre cánticos hipócritas de paises "desenrolados" e "demócratas" que non moven nin un dedo sen obter en compensación "dereitos de pernada" spbre os recursos do territorio dos pobres.

e

Medioambiental: ou mellor dito, ambiental poruq ¿pode haber medio rio limpo e medio suxo?. Unha crise con dúas dimensions ben diferentes; 1º a das catástrofes a pequena e mediana escala que deixan preocupación na poboación pero que non mancan mais aló do seu marco de referencia xeográfico si se consigue conter ós medios des-informativos. 2º a mais perigosa crise ambiental a que se incrementa inperceptiblemente tódolos días en moi diversas formas de contaminación por substancias i elementos que causan graves deterioro dos ecosistemas e a morte de moitos seres vivos.

O enemigo

OUUUUuuuu... Semella que os nosos queridos próceres xa saben hai tempo cal é o seu enemigo i estanse a "dedicar" a él con grande atención. A clase media.
Esa xente que non traballa de sol a sol e non precisa o seu favor para vivir unha vida mais ou menos plena, esa xente que se xunta en pequenos grupos para compartir intereses sen xerar "actividade economica cultural", esa xente que ten tempo libre e que o emprega en leer, pasear ou falar con outras persoas ó longo do mundo para coñecer e trocar impresions no canto de permaneceren pegados á TV, esa xente que PENSA por si mesma no canto de repetir o que outros pensan por eles nos medios...

A clase media de profesionais liberais debe ser eleminada en occidente para que o sistema sexa perfecto. O das vacacions ten un pase porque así os traballadores teñen un pouco de ilusión en gastar o nada que puideron aforrar, o da sanidade ten sentido si os manten sanos para seguir producindo e consumindo e xenera novas "actividades de valor engadido", o da comunicación está ben sempre que non se pasen cousas polas que lles poderíamos cobrar ata 100 veces e que saibamos o que dín...

¿Toleei?, vos saberedes; eu coido que si non existe unha decisión consciente para rematar coa clase media si hai unha chea de accions que levan cara elo coa impagable axuda do prezo do petroleo e o modelo de producción e transporte que se manten malia ó seu recoñecido fracaso i esgotamento.

Nunha cousa semellan ter razón os comspiranóicos: O plantexamento dos problemas será tan lento, o deterioro tan escalonado que non veremos que estamos nunha CRISE mais ca comparando a situación con 5 ou 8 anos atrás.

O Opio do voto de todos e a laicidade

OUUUUuuuu... Zapiavelo revelase como un autentico mago da manobra de distracción.

Asina a anovación do concordato e logo lanza propostas pola laicidade.
Fai propostas pola laicidade e teima en mante-los funerais de estado.
Bloquea que o voto emigrante se regularice e fai propostas para que voten os inmigrantes.
Fai propostas para que voten os inmigrantes e 'roubanos' o dereito a decidirmos a adopción do Tratado de Lisboa.

Así vai "dialogando" con sigo mesmo cos seus intereses, dándose de demócrata e laico mentras segue a investir unhas cifras de cartos que os cidadans non asignan nunha confesión relixiosa, segue a subvencionar o ensino OBRIGATORIO dunha confesión relixiosa e mantén prebendas para os oficiantes dunha confesión relixiosa. Demócrata curto porque vai permitir que un señor vote en Colombia (ou calquer outro pais de sudamérica) sen identificarse mentras que os mariñeiros seguen a ter IMPOSIBLE exerce-lo seu dereito se o sufraxio cadra nunha marea...

Temos que facer realidade o sono constitucional porque os pactos de hai 30 anos só precuraban evitar unha asonada militar e non o cumprimento dos principios que a constitución enúncia por iso a teima en mante-la inalterable, un "estatu quo" que só convén a uns poucos.

A derrota da democracia nos congresos

OUUUUuuuu... Cousas como o triunfo de campañas publicitarias tipo "Chiquilicuatre" ou "A rúa da nai que pariu a..." semellan se-lo único emprego que ten a democracia para os nosos líderes.

Agora que as forzas politicas que reciben mais votos nas eleccions fan os seus shows abondan exemplos do desprezo que sinten por TODOS... persoas, votantes, militantes... é igual. Escoitando as propostas 'debatidas' un coida que padece un 'deja-vú' porque só así se explica que súpetamente unha formación que dí dende o goberno unha semana que non vai a altera-la relación coa igrexa católica á seguinte manifeste unha batería de propostas de mellora do laicismo dese goberno que dirixe... e ¿onde quedou a "renovación democrática" tan precisa segundo eles cando estaban na oposición?. Vergoñenta a claromorsa ausencia do tratado de Lisboa e as súas implicacions nos congresos destes partidos tan "importantes", ¿sinten que deben manter silencio? ¿ocultan algo?. Nin que dicir que semella que os debates de Bruxelas-Estraburgo non van con eles; a reforma do computo das horas de traballo, a tentativa de cobrar por recibir chamadas no mobil, e agora as novas limitacions á liberdade da rede para que isto que escribo deba ir identificado e sinalado... mentras eles comercian con armas e vidas dende o anonimato de despachos pechados e fora do "alcance" do voto dos cidadans ós que din representar.

Uns e outros tentan centrar a atención nos aspectos da poli-polemica na parte que lles importa. Os medios ou son parvos o o fan (moi ben) e esta claro que contribuen a que moita xente centre o debate nos aspectos que as estratexias partidarias queren.. Hai crise, si, previsible e NINGUEN fixo ren nin no inmobiliario nin no financieiro nin no enerxetico-medioambiental para evitalo. Hai un execesivo papel da relixión na parte pública da sociedade que é o estado-administración; si, e os mesmos que din querer evitalo estan constantemente aceptando presencias e dando por supostas obrigas. Menos conto, mais democracia.

A ameaza húmida

OUUUUuuuu...

O mais poderoso enemigo dun humano é o seu medo.

O medo a que outros lle fagan a un o que un sabe que se fixo durante décadas cos demais leva a algunha xente a ver prognoms linguísticos onde só hai reivindicación do papel da lingua na vida cotián. Cada medida debe ser discutida dende a óptica da liberdade mais sen querer ignorar ou esquencer cal é a verdadeira "especie ameazada" e sen tentar outorgar valores individuais a ferramentas de emprego colectivo.

O Galego agoniza nas mans das futuras parellas que non son quen de inicia-las súas relacions empregando como reflexo dos seus sentimentos i emocions a lingua que lles brindaron no berce. Esfolase nos leitos de paixons conscientes ou súpetas que arrecenden vocabularios estranos. Afógase no bico dos novos pais que reciben ó mundo ós seus fillos coas verbas agarimosas da lingua cervantina... Desaparece nas imposicions de uns e de outros que o queren realidade á forza ou fora da realidade.

Rico é quen ten moito e sabe facer uso delo.

Eu non domino ninguha lingua mais son quen de me comunicar en 3 ou 4. Con un idioma só se vai ata a seguinte fronteira.

A cegueira de conceptos de ZP

OUUUUuuuu... Onte indo no coche escoitei as entrevistas dirixidas coas que nos agasallan os políticos e ás que lles dan por chamar "rolda de prensa". Neste caso a que deron Zapiavelo e o primeiro ministro Francés.

O asunto da lei para a consulta da poboación de Euskadi planeou durante tódala sesión, con especial interese no presidente do goberno español. Nunha destas respostou: "La democracia es un sistema legal...". E será que veño dun curso sobre escoita activa e tal mais de seguida caín de conta e saltei coma un resorte...

Porque a DEMOCRACIA non é un "sistema legal"; é un sistema POLITICO que, neste caso, designa un parlamento para que aprobe un sistema legal sin que elo signifique que podan modificar ó seu antollo os grandes rasgos da ordenación legal sen consultar @s cidadans. Polo tanto; constitucions, estatutos e tratados deben ser submetidos OBRIGATORIAMENTE ó referendo de tod@s.

Claro que non me extrana que os políticos de madrid e de bruxelas non queran que se fagan consultas á poboación vistas as medidas xenófobas (directiva sobre inmigración) e liberais (directiva de ordenación do tempo de traballo -con matices-) que están a tomar co seu "mandato divino" coidan que terían dificultades si tivesen que xustificar esas e outras conductas (normativas medio ambientais e de productos quimicos) no seu exercicio do poder. Europa semella un conglomerado de intereses económicos que preconiza a semi-escravitude como punto de partida do beneficio e o remata enviando o seu lixo ós paises pobres... O que estrana é que aínda así haxa tanta e tanta xente que arrisque a vida por vir ser explotada eiquí; co que un se pregunta ¿e non serán os mesmos que os explotan eiquí os que os empuxan dende alá?.

A xente é inmbuida dende os medios in-comunicativos a prestar atención ó que se dí e non se cuestiona o que NON SE DÍ; así que moitos repiten o argumento de que "8 millons de Irlandeses non poden condicionar..." e cando lles respostas que si europa fose DEMOCRATICA faría un único referendo nunha mesma data non saben por onde sair... Haberá que agarda-la resposta dos 'deuses do comentario'.

Cando digo NON É NON

OUUUUuuuu... Diranme outra volta que Kale. Mais a verdade é que isto semella unha violación; os eurócratas tentan conquerir un poder decisor ABSOLUTO sobre os aspectos fundamentais lonxe de calquer posible 'represalia' na toma de decisions mediante o voto.

Menosprecian a decisión dos Irlandeses como farían con calquer pobo pequeno que está colonizado.



O clamoroso silencio dalguns medios e formacions políticas que se dín DEMOCRÁTICAS non mostra mais ca conformismo de futuros "dedócratas" que agardan unha migalla do pastel.

Si as persoas que tentan 'construir europa' foran coherentes cos principios da DEMOCRACIA, proporían un referendum único europeo para aprobaren un tratado político-económico e social que non só regulase as relacions internas senon que regulase as poliíticas exteriores impedindo o comercio con paises que subvencionen e sosteñan principios diametralmente opostos ós que ese tratado expoñen; senon sería paradóxico que as mesmas empresas europeas teñan que manter uns comportamentos para producir e vender en europa e non os respeten cando producen ou venden en outros paises.

Europa e os europeos non debemos aspirar só a instaurar unha sociedade xusta, solidaria e democratica no noso continente senon que debemos aspirar a que os principios universais dos dereitos humans sexan respetados no mundo e iso non se conquire cun goberno autócrata no que as decisions importantes as toman persoas non electas DIRECTAMENTE polos gobernados.

Campaña ¿65 horas?; Nin de borma

Bueno; como ás 10 non podo pois fago o post agora. Pouco pode engadir ó xa dito e hai moita xente con mais seso, información e capacidade para integrar pensamento e acción así que só poñervos



Edición 28 de Xuño: Teño que recoñecer que sei que a directiva non se refire a 65 horas de traballo contínuo efectivo senon ós tempos de guardia; mais dado o meu medio laboral resulta moi dificil separar "estar de guardia presencial no centro de traballo" de "estar de servicio efectivo". Ademais; resulta moi grave que se volte a introducir o tema do acordo "libre" entre empresa e traballador por fora da negociación laboral xeral pois todos sabemos como remata iso.

O triste NON e os prepotentes

OUUUUuuuu... 1º: Declaración de tendencia. Non son anti-europeo, nen sequera coido ser anti-español; outra cousa é que me queiran dicir que para unha "españa forte" faga falla ser 'todos un' ou que unha "europa cohesionada" precisa a instauración dunha 'oligocracia maniquea'. 2º: O que son; o que apoio deíxollo, en xeral, ós feitos pois como bó galego sempre teño retruque para todo (ou non).

O resultado do refrendo en Irlanda ten moitos, moitísimos motivos para seren triste. Mais os meus motivos teñen pouco que ver cos enunciados por políticos e deuses do comentario que, malia a admitir en privado as razons dos meus, prefiren insistir nos deles.

En primeiro lugar; entrísteceme a escasa participación que, como xa teño comentado, réstalle validez ó resultado e ó suposto 'espiritu europeo' de tod@s xa que logo non se é quen de manifestarse en cuestions de PRIMEIRA ORDE como a adpción de tratados que obrigan a emenda-la propia constitución e modificarán substancialmente as oportunidades de futuro. No que lín e ouvin (e foi moito pois ia no coche) este dato foi ignorado supoño que pola comparación con outros que sí foron favorabeis no seu intre e, mais aínda, pola sensación de paradoxa de que a unha poboación que se lle consulta non resposta mentras que a nós nin nos preguntan...

Entristeceme outra volta ouvi-los comentarios sobre o resultado denantes de remata-lo reconto e as alusions á suposta tardanza dos mesmos: ¿Preferirián un resultado "instantáneo" mais inseguro?. Para min, as garantias de limpeza e o cómputo de TODOLOS votos emitidos ten un valor mais importante que a suposta prisa dos medios in-comunicativos en te-lo resultado e percura-las reaccions.

Entristéceme a machacona mensaxe dos medios in-comunicativos insistindo unha e outra vez en que o tratado está aprobado en españa cando non ten nada que ver co tratado da "constitución europea" e si precisa unha reforma constitucional na que se nos van colar 'outros temas' para manternos igual outros 30 anos.

Dame medo a prepotencia dos políticos de eiquí (electos) e dos de alí designados por non se sabe quen nin como que insisten en que "o proceso continuará"; burócratas estudando xa como saltarse a vontade dun pobo ou agoreiros que interpretan o resultado como lles convén e manifestan o seu "anti-oquesexa" mais pertinaz sen recapacitar dos qués e dos porqués... Tanta prepotencia non se pode xustificar pola necesidade dunha 'europa forte' pois a principal forza de europa é a liberdade do que se pode manifestar democraticamente e de quen é libre para soster as súas opinions sen, por elo, ser un criminal ou ter que recurrir á violencia; por iso este blogue leva o meu nome no cabeceiro i estou disposto a me rexistrar onde sexa sempre que me garantan que ninguen vai poder escribir nel suplantando a miña identidade.

Xa dei unha clave no anterior comentario e foi o exemplo palmario da modificación da directiva sobre a regulación da xornada laboral na que un grupo de ministros deu de paso a proposta dunha equipa de funcionarios NON ELEXIDOS por nós pero si a soldo de tod@s mais que só reciben ós lobbistas.

Europa precisa de crer na DEMOCRACIA e deixar este xogo de votos ponderados, maiorías de bloqueo e pesos relativos. Para escomenzar poderían propor un único referendo en toda a UE sobre o novo tratado; o próximo pois xa se sabe que como no REACH ou no tema tranxénicos teñen dereito a insistir ata acada-lo que pretenden mentras que outros non teñen nen dereito a intenta-lo. Digo que para a nova proposta fagan un único referendo en toda a UE e que incluan dunha vez a elección dos membros do poder executivo e da máxima maxistratura europea, a revocabilidade de todos eses cargos e a plena transparencia dos seus bens e axendas (con quen se reune e onde).
Logo xa poderán falar de 'limpeza' e tal porque si eles queren te-lo poder de decidir teranno dende a esixencia de facelo polo ben común e non por intereses extranos.

Hoxe Irlanda SI decide... por nós.

OUUUUuuuu... Mentras a crise financiero-crudoespeculativa golpea en Europa co agravante "ladrillil" no estado español. Agora que a UE ven de dar 65 hostias ben dadas para demostraren como a "NON-Democracia europea" pode trocar elementos básicos das regras socio-económicas sen que, polo menos, podamos sinalar a un partido político como 'culpable'. Mentras o Terrorismo de Cabina loita para mante-lo seu marxe de beneficio a costa dos impostos de outros e o zapiavelismo fai malabares para cumplir as promesas electorais de tempos de 'vacas gordas' cos cartos das 'vacas fracas'.

Mentras todo iso acontece; dáselle a puntilla definitiva da instauración dun novo xeito de goberno totalitario que terá a característica de non parecelo porque se pode votar "Si" ou "claro que Si". Nese intre, insisto, son os Irlandeses os únicos privilexiados que poden expresarse de xeito que vai se-la súa opinión a nosa, a de tod@s os demais cidadans da UE.

O Consello da Unión Europea de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores mais o comisario de emprego, asuntos sociais e igualdade de oportunidades decidiron algo moi importante e a información verdadeira é mais ben escasa i en Inglés (nota de prensa .doc; resumo na páxina do comisario europeo) mais resulta tremendamente 'gracioso' que os límites de 60 e 65 horas se podan adoptar por "acordo" entre a empresa e o traballador... Logo, como non podemos "competir" cos custos laborais chineses nen conxelando nen baixando os soldos -en termos "constantes"- (iso si, ata o límite que nos permitan seguir mercando os seus productos) pois rebaixamos as condicions laborais.

Sorte que a crise do transporte que está por vir fará retrocede-la 'globalización' e a lóxica imporá a reaparición dos ciclos productivos e de consumo locais e as redes de comercio interconectadas a media escala deixando o transporte a longa distancia para medios de alta eficiencia enerxética non dependentes (directamente) dos hidrocarburos: O tren (dobre via, electrificada).
Vin o sol e saín;
cegoume cun ollar de terra orballada
que me fuxiu logo de me fundir.
Puiden centrarme;
Fixen do peso, impulso;
da vergoña, alento;
de querer, poder.

Trocou o vento;
rolou no medio da travesía,
Saquei forzas para remar
camiñei sen afrouxar
facendo do motivo, precaución;
da meta, intermedio;
de conquerir, compartir.

A débeda de Rajoy

OUUUUuuuu... Bueno, eu que non me ia manifestar ata que pasara o congreso da oposición debe deixar escrito e alto o porqué non atopo nin odio nin ledicia en min polo que pasa no principal partido centripeto; mais fareino con preguntas.

¿é democrático o que está a pasar?. Grupos mediaticos facendo claras presions sobre as partes interesadas en virtude a manter ou non certas liñas políticas mais que nada no referente ós xeitos que non ó fondo. Flashmob's o mais puro estilo 13-M con auténtica intolerancia verbal e física. Fotos e mais fotos de encontros e desencontros. Mais votacions polo de agora 0.
¿si existe unha alternativa, non debera mostrarse ó seu electorado? Unha parte mostra programa e candidato; a outra non se sabe ben quen é nin o que propón.
¿acatarán uns e outros o resultado? O congreso non está decidido nen moito menos e queda por resolver si existirá un BRUTO na mesa alta ou si quen perda acatará silenciosamente a derrota.

Polo demais ante esta escenificación de como entenden a democracia o que teño é medo de que a tenten aplicar (novamente) algún día dende o goberno como xa fixo o señor Rajoy nada mais ser nombrado ministro que imcumpriu un acordo do anterior goberno e nos fixo ós traballadores públicos un "0,0" en dous anos... Nunca se disculpou malia a sentencia da audiencia nacional. ¿e donde estará este tema? no laberinto do minotauro de Bruxelas.

Así que cando se fagan suxerencias para palia-la crise inmobi-financieira haberá que decirlle que os bancos e as inmobiliarias-constructoras teñen que contribuir ó crecemnto do pais caendo con dignidade ou tendo algunha perda como xa a tivemos os traballadores públicos.

Outra cousa ben diferente e distinta é solventa-la crise inflacionista enerxética tal é o tema que FG que lanzou a moratoria nuclear hai mais de 10 anos promove agora reabri-lo debate polo risco, dí, de convertírmonos nunha illa que non produza mais si consuma electricidade 'nuclear'. O que ningúen quere e aceptar que se perdeu moito tempo e se sigue a perder en medidas paliativas e que tódalas solucions esquivan o espinoso tema da reducción de consumo que NON se está a producir malia o alto prezo do combustible (ou seña que non está tan alto ou que somos moi incosncientes) hai 2 eixos fundamentais:

O transporte de mercadorias a longas e curtas dintancias

A calefacción dos fogares

en ambos o atraso nas alternativas está a ser preocupante e van lastrar e moito os resultados que se podan acadar a medio prazo.