OUUUUuuuu... Onte indo no coche escoitei as entrevistas dirixidas coas que nos agasallan os políticos e ás que lles dan por chamar "rolda de prensa". Neste caso a que deron Zapiavelo e o primeiro ministro Francés.
O asunto da lei para a consulta da poboación de Euskadi planeou durante tódala sesión, con especial interese no presidente do goberno español. Nunha destas respostou: "La democracia es un sistema legal...". E será que veño dun curso sobre escoita activa e tal mais de seguida caín de conta e saltei coma un resorte...
Porque a DEMOCRACIA non é un "sistema legal"; é un sistema POLITICO que, neste caso, designa un parlamento para que aprobe un sistema legal sin que elo signifique que podan modificar ó seu antollo os grandes rasgos da ordenación legal sen consultar @s cidadans. Polo tanto; constitucions, estatutos e tratados deben ser submetidos OBRIGATORIAMENTE ó referendo de tod@s.
Claro que non me extrana que os políticos de madrid e de bruxelas non queran que se fagan consultas á poboación vistas as medidas xenófobas (directiva sobre inmigración) e liberais (directiva de ordenación do tempo de traballo -con matices-) que están a tomar co seu "mandato divino" coidan que terían dificultades si tivesen que xustificar esas e outras conductas (normativas medio ambientais e de productos quimicos) no seu exercicio do poder. Europa semella un conglomerado de intereses económicos que preconiza a semi-escravitude como punto de partida do beneficio e o remata enviando o seu lixo ós paises pobres... O que estrana é que aínda así haxa tanta e tanta xente que arrisque a vida por vir ser explotada eiquí; co que un se pregunta ¿e non serán os mesmos que os explotan eiquí os que os empuxan dende alá?.
A xente é inmbuida dende os medios comunicativos a prestar atención ó que se dí e non se cuestiona o que NON SE DÍ; así que moitos repiten o argumento de que "8 millons de Irlandeses non poden condicionar..." e cando lles respostas que si europa fose DEMOCRATICA faría un único referendo nunha mesma data non saben por onde sair... Haberá que agarda-la resposta dos 'deuses do comentario'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario