Mostrando entradas con la etiqueta Poli ti K(ala). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poli ti K(ala). Mostrar todas las entradas

A hipótese de "a quinta"

OUUUUuuuu...


Non, non vou facer un exercicio de politica-ficción e divagar sobre o tema da integración dos concellos do Bierzo en Galicia como quinta provincia administrativa da comunidade autónoma.

Irei mais aló, mais tarde, para comprobar como as políticas que se aplican en Galicia non enriquecerían o patriomonio inmaterial dos territorios integrados senon que os levarían á desaparición.

Como indicador habería que empregar o principal patrimonio inmaterial das poboacions dun territorio que se teñan por caracterizadas con entidade propia: a lingua.

A evolución da lingua galega, característica dos habitantes do territorio da comunidade autónoma e con entidade propia dende o século IX é patrimonio común dos habitantes dos concellos de O bierzo porén as variantes que o longo tempo de transmisión exclusivamente oral e a marxinación como lingua vehicular na educación, na ciencia, na cultura, na xustiza... a marxinación no uso cotián.

Unha misión CONSTITUCIONAL dos gobernos das comunidades autónomas é a conservación do patrimonio cultural dos seus habitantes. 

Así pois a hipótese é que si o goberno cumprise o seu cometido o patrimonio cultural dos bercianos manteríase cando non medraría... eu á vista dos datos da lingua galega en galicia neste século predigo que si o bierzo se integrase en Galicia o galego desaparecería nos concellos onde se fala... exactamente igual que si se mantén o marco político actual.



Yellow submarine

OUUUUuuuu...

Está a suceder algo moi raro en europa un movemento "espontáneo" de persoas que protestan a raiz dunhas medidas impositivas do goberno francés... mais a protesta estase extendendo por paises fronteirizos.

Non son moi listo mais soio tratar de ser observador e parar no detalle do que non se ve e o que veño aprezando é a suposta falta de identidade política dese movemento, moi descentralizado, cáseque anárquico que é o que está a descolocar á maquinaria do estado francés e ten alarmados ós lobbies en Bruxelas.

Boto en falta que os medios de (in)comunicación social lle poñan unha etiqueta política a esta xente... sería de esperar que coas mostras de violencia de todos estes días se lles vencellara coa "extrema esquerda" mais non... nin os partidos de esquerda semellan querer achegarse a ese movemento...


Unha vez que o goberno de Macrón cedeu ás supostas pretensions iniciais mais as manifestacions seguen e poñen en xaque á estructura establecida que non sabe nin como contactar cos "dirixentes"... é unha especie de 15M á francesa? As enquisas lle otorgarían o segundo posto a un partido dos chalecos amarelos nas vindeiras europeas... mais insisto non sei qué intención política ten ese movemento É europeista ou antieuropeista?

Unha cousa mais... no verán houbo moitos altercados e noites de liortas con claro tinte étnico-relixioso; mais nesta ocasión son semella habelo... É isto un signo de que pode estar implicada a extrema dereita encuberta tratando de provocar un mantemento da lei marcial?

Pode tratarse dunha especie de "submarino", unha misión oculta de inestabilizar para provocar medidas de restricción da liberdade: Un submarino amarelo.

Unha derradeira cuestión que hai que extraer... Cómo se financia un movemento así? Cómo se comunican? As mensaxes non poden sair da nada... haberá valor para publica-la orixe dos cartos que financian esto?

O que reflicte este movemento é a tensión social subxacente... porén me pregunto: Qué pesa mais? A desigualdade económica? as políticas de recurtes? Insisto; descontento de brancos... raro, raro, raro...

Gostaríame pensar que é un tipo de tensión social que proven do grave doble problema que afronta a humanidade:

A restricción enerxética e o troco climático.


¿Quen sería "Constitución" con 40 anos?

OUUUUuuuu...

Con 40 anos calquera de nós xa ten definido gran parte da súa vida. Físicamente lle queda a metade por percorrer (cara abaixo) mais intelectualmente só a metade ou menos é quen de seguir progresando, aprendendo e axudando ós que lle rodean a medrar.

¿Qué tipo de persoa sería "constitución" ? Polo que se ve unha persoa aferrada a un pasado, ás circunstancias nas que a crearon, ós medos que a impuxeron como única opción.



Unha perfecta manipuladora de ideais e conquistas sociais.

Teño claro que o "marco legal de convivencia" a nivel estatal non pode permanecer inalterado mais alá de dúas ou tres xeracions; iso sería abocarnos a unha revolución polas tremendas contradiccions entre a realidade social e o alí escrito.

Por riba de ese marco "local" hai outros enunciados que sí teñen senso e deben ser respectados e defendicos; teñen que permanecer sen alteracions durante mais tempo, cecais 10 xeracions... o mais senlleiro a "Declaración universal de dereitos humanos" que debera figurar como estandarte de calquer organización politico-social que se queira nomear democratica.

Así pois "Constitución" sería como aquela persoaxe de "Mujeres al borde de un ataque de nervios" ancorada no pasado... e moito me temo que non por romanticismo senon porque ós que a "inventaron" lles vai moi ben; non en balde o propio Suarez sabía que si preguntaban pola monarquía expresamente nun referendum "perdíamos".



Bretaña; a Galicia extendida

OUUUUuuuu...
Cargando co encargo duns amigos... 6 metros de menhir.

Dende logo que sei que unha visita de 5 días non da coñecemento dun territorio e menos un tan grande como a Bretaña pero deixademe que vos conte as miñas impresions e pensamentos derivados agora que xa pasaron uns días.

 Paisaxísticamente as diferencias son notables pois só parte do territorio galego se semella ó bretón... en xeral é menos montañoso que Galicia mais incluso na costa se semella pola cantidade de rias e enseadas pero teñen outra "arquitectura".

A vexetación é bastante semellante ó que debeu se-lo bosque atlántico en Galicia: nin sombra de eucaliptos nin marcas de incendios forestais. Abondan os espazos naturais na sinalización dos lugares.

Na distribución humana do territorio dous parámetros de interese; unha concentración parcelaria feita no século XIX deixou grandes propiedades que son as que sosteñen a un abondoso tecido agroindustrial e unha rede de comunicacions sen autoestradas de peaxe (en Francia as autoestradas son de 3 carris) pero con moitas autovías ou vías rápidas que comunican as principais cidades e fan de eixo vertebrador do territorio.

Á igrexa de Noia saiulle un cruceiro... Pont l'abbe.
Visualmente hai moitos sitios nos que un pensa que está en Galicia... a abondancia dos cruceiros e outros elementos en pedra, a parsimonia coa que se vive nalgunhas vilas... pero tamén hai notables diferencias. A pirámide poboacional xa mostra signos de envellecemento mais non tan acusado como en Galicia, a cultura tradicional está moi presente mais sen caer en cerrazóns innecesarias; ós novos participan das festas populares aportando a súa visión pero son as formas e manifestacions populares as que reciben mais afluencia de público e aplausos.

Peto de ánimas... 

A min visualmente semelloume que era como si a Galicia a "estirasen" polos bordes marítimos e no estiramento lle rebaixaran as montañas... teño a impresión de que aquí se podería ter chegado a algo semellante si a reforma agricola se tivera feito no seu intre e iso faime pensar si agora somos unha reserva de biosfera xustamente por esa falta de desenrolo... unha especie de "decrecemento programado" que ninguen quixo pero sucedeu. A única diferencia ó noso "favor" é que as grandes cidades estan dentro do terrritorio e na costa mentras que en Bretaña as grandes urbes son fronteirizas co interior de Francia (Rennes e Nantes) e históricamente son o menos bretón de Bretaña.

O nexo cultural entre Bretaña e Galicia existe, seguramente non tan forte como ós panceltistas pretenden mais non tan anecdótico como en Madrid e Paris quixeran... debemos seguir tirando del sen pretender convertilo nunha causa excluinte senon nun punto de apoio no que os pobos periféricos de europa se podan ver reflexados.


Abri-lo cofre #DiaConstitución

OUUUUuuuu... en 39 anos a vida da xente tende a trocar, o mundo troca, as sociedades trocan... é algo consustancial á natureza que ten que ver cunha lei que na física se coñece ben: Principio de entropía.

Mais na política da Hespaña (esa que Castelao escribía así; con h) o troco non é algo que se leve ben.

Dende a idade media unha boa parte das persoas que ostentaron poder facendo da guerra e da conquista a "industria" do seu "progreso" gardaron calquer opción de troco nun cofre e alí a deixaron ben encerrada... agora ese cofre vense a chamar constitución.

Resulta ata insultante que os mesmos que se opoñen desesperadamente á reforma constitucional agora traten de conducila a un "espazo de moderación" no que se teña por natural e indiscutible o que xustamente é o mais discutible.

Así nesta editorial se fala como quen non quere a cousa de que a reforma constitucional ha de incluir a eliminación da preferencia do varón na sucesión á coroa... e digo que Qué coroa? Acaso non imos poder votar a forma da mais alta representación da sociedade? Claro, eles xa saben o resultado, como o sabía Suarez...

O certo é que aqueles que puideron (si quixeran) votar vai 39 anos agora non son nin 1/3 da poboación activa e menos de 1/4 do total da poboación...


Así que a lóxica apunta a que vai sendo hora de abri-lo cofre.


Semellanzas e diferenzas F-F

OUUUUuuuu.... Dúas persoaxes que provocan tanta admiración como odio entre os seus coetaneos e que con tanta vehemencia convocaron "o xuizo da historia".

Ámbolos dous foron durante mais de 40 anos cabeza dun goberno de corte autoritario ó que chegaron "manu militari" e no que empregaron métodos represivos cos que non se alieaban no modelo que querían impor.

O transcurso deses anos e a evolución do mundo levoulles a abrazar movementos globais que esixian un posicionamento mas estricto ideolóxicamente do que en principio querían e ese alineamento xunto coa derrota dese modelo a nivel global levou a poboación a sufrir as consecuencias dunha autarquia e un aillamento.

E ámbolos dous deixan o poder "consolidando" a pervivencia das estructuras creadas atando a sucesión... e deixándolle ós seus sucesores naturais un gran patrimonio que provén da espoliación dos rivais políticos.

Non vexo lóxico entrar a dirimir si un ou outro foron mais "sanguinarios" ou si foron mais sistemáticos na eliminación dos rivais ou si provocaron mais emigración por razons políticas e falta de libertade ou por razons económicas o final cada morto e cada emigrado vale dabondo por si mesmo.

Para min a clave da diferencia está na situación relativa que queda a poboación respecto ó seu entorno inmediato no que a indicadores de progreso social se refire; e non por elo se xustifica unha dictadura pero sí se deberían acalar bocas.

Un país é punteiro en educación, sanidade e cobertura social no seu entorno tanto que en alguns indicadores é superior á maior potencia "bélica" mundial mentras que outro presentaba diferenciais tales que cando tratou de integrarse no seu entorno estivo mais de 20 anos recibindo fondos para o desenrolo...

Porque Quén pode pedir xuizos por xenocidio cando no seu pais se fixo unha lei de "punto final"? Quen pode pedir que se restituan propiedades previas á revolución si no seu país o expolio se normalizou por lei?

Ata sempre comandante.

Azar e nostalxia

OUUUUuuuu... Un pode non estar conforme coa realidade, mais para chegar a trocala non pode negala.

Así pois un partido que promulga un sistema socioeconómico lesivo para a maioría da xente con contratación precaria e sen dereitos, fiscalidade regresiva que non permite cubrir-los servizos públicos e protección a monopolios de poder en áreas clave como a financieira e a enerxética... un partido que é o eixo de diversas tramas de corrupción ó longo e ancho do pais.... é un partido que obtén un mínimo de 7 millons de votos; agora ben ¿porqué?.


Eu penso que só alguén que confía nos xogos de azar pode confiar en que unha agrupación de persoas con eses antecedentes pode ser o "goberno eficaz" que necesita este pobo.... e dase a casualidade que hai moita xente que confía nos xogos de azar... a lotería de nadal é boa proba delo.


Outra cousa que para o meu pensar pode explicar que tanta xente elixa unha opción tan perxudicial para tanta xente é o apego pola nostalxia...

Abondan nos medios os programas con contidos de lembranza de fai 15 ou mais anos e que teñen moita audiencia. Ese apego podería ter moito que ver coa pirámide demográfica mais tamén cunha especie de apego pola idealización do pasado... algo que se aprecia moi ben na serie "cuéntame".

Gostaríame ser capaz de estudar seriamente esto pero non sei que clase de estudo o podería facer.... por outra banda cabe a posibilidade de que teñamos unha trama dun 15-20% da xente que aspiraba ou pensaba que podía aspirar a seguir saqueando ó resto da poboación... pensade nelo si voltamos a ter ocasión de votar.

10000 millons son razons dabondo...

OUUUUuuuu...

Pois si; coido que 10000 millons de €uros son razons dabondo para voltar a votar.

Si, unhas terceiras eleccions nas que cada partido diga cómo pensa que se ha de farcer ese "reequilibrio" solicitado dende Bruselas e feito perentorio grazas á gran coalición Zapatero-Rajoy e o remozado artigo 135 da  sacrosanta constitución.

Coido que a estas alturas cada quen terá pensado que cos precedentes do actual goberno as súas solucions serán: Elimina-la paga extra de decembro ós funcionarios, pecha-lo grifo da obra pública, incremento "0" en retribucions e plantillas para 2017, conxelar ofertas de emprego... vamos: o feito.

Mais esta vez precisará do voto complaciente e/ou a abstención dun nutrido grupo de deputados de outras formacions políticas... e iso no estaba nos programas electorais polos que se lles votou Ou non?

E qué opcions hai?? Qué pode facer un goberno para cumplir a reducción de déficit esixido??

Dende logo hai que mellora-la recadación porque como todos sabemos e se fixo público nos derradeiros días a bolsa de débeda con facenda é de 15000 millons de €uros... a gran maioría, desenganemonos, incobrables non só por falta de vontade política (que tamén) senon porque os debedores están xa na quebra.

Pero "mellora-la recadación" non é só cobrar ós que xa deben senon asegurar un repato equitativo do esforzo fiscal en virtude dos beneficios que se obteñen da actividade económica na nosa sociedade... e tamén gravando o perxuizo que esa actividade xera no capital medioambiental de todos.

A outra medida sería "gastar mellor" que non ten porqué ser menos en conxunto pero sí menos en algunhas cousas e neso mais aló das medidas chamadas "populistas" polos populares (vaia retranca teñen) e que son precisas por dignidade hai medidas de aforro enerxético e social que poden dar froitos tan pronto como un recorte no salario dos funcionarios.

En todo caso; a pelota está no tellado do P$o€ que ten que decidir si vai a apoiar por pasiva (ou por activa) as medidas "necesarias" según o PP ou si vai a apura-lo trámite para provocar unhas terceiras eleccions... ide pensando data.

O emprendedor cotizante sindicado

OUUUUuuu... Foi un truco contable para reduci-lo paro? Non, xa se viña facendo durante a burbulla especulativa na construcción: O "fomento do autoemprego" ou o que ven sendo que quen queira traballar conmigo que se faga autonomo e logo xa si eso... pero o goberno o convertiu en "emprendedor" cando aquelo estourou e crise deixou a unha quinta parte da poboación con capacidade de traballar no paro.

Agás os doucentosmil que emigraron (porque podían; tiñan título universitario) os que "emprenderon" non só se expuxeron a un sistema de cotización inxusto e a un acoso de facenda furibundo: ademais deixaron de ser "traballadores" e... quedaron fora do "abrigo" do sindicalismo.

Unha mostra mais de que ese ente chamado "a esqueda" non acaba de comprender as novas estructuras de poder e que a súa propia permanencia é unha garantía para o capitalismo financiero que conta con eles como aliados nas "reformas para mante-lo emprego".

Mentras nos distraemos en arraxarlle o problema ó sector financieiro asumindo como sociedade a súa falta de previsión no crédito por mor de manter quente a máquina do "crecemento" seguimos sin ter claro que o verdadeiro problema é o modelo: o modelo enerxético, o modelo de producción-consumo-destrucción, o modelo social, o modelo educativo, o modelo de investigación...

Temos medo ó descoñecido, é algo natural, pero mentres permanecemos quedos atenazados polo medo como un cervatillo indefenso nun lume é cando mais risco de perecer corrermos... algo ten que trocar si queremos deixar un futuro.

Cara a un troco de coordenadas na política

Vai pouco mais de 2 meses chegou ás miñas mans o libro de Manuel Casal Lodeiro @casdeiro que baixo o subtítulo "Apuntamentos para un debate urxente" fai un repaso ás enormes incoherencias que cometen os partidos políticos respecto ás coordenadas nas que se "xogan" os problemas que afectan e afectarán a nosa sociedade.

A verdade é que o libro apunta claramente a unha parte das formacions políticas actuais; aquelas que dende a asamblea revolucionaria se situaban á esquerda do atril... pura casualidade desvirtuada polo paso do tempo e a realidade de partidos que xa nin son obreiros nen socialistas.

O problema que está a enfronta-lo razonamento político actual o describe ben Manuel: "é que concibe os problemas sociais como separados dos ecolóxicos ··· interpreta todo en termos de clases, explotación, desigualdade ··· conceptos que considera distintos e separados da cuestión dos recursos, dos impactos ambientais e da sustentabilidade en xeral..."

E claro, facendo eso demóstrase que non se ten nin idea da dimensión do problema e polo tanto non se vai ser capaz de articular unha solución coherente nin se vai a apostar por un "decrecemento ordeado" e paulatino que permita un futuro (nen sequera podemos xa engadir "mellor").

Xa fai un tempo escribin sobre as novas coordenadas nas que eu, pequeno observador, situo os conflitos actuais: CO vs PRO; coido que os meus pensamentos se ven reforzados non só por este libro senon pola xeira de referencias perfectamente engarzadas e alineadas no trascorrer da obra... levo moito tempo leendo sobre o "peak oil" e a necesidade dun "decrecemento" e ata o de agora non atopara unha explicación tan clara sobre os contraargumentos para afianza-la necesidade de ir tomando xa medidas.

Vos recomendo a publicación que aínda estades a tempo de apoiar na súa segunda edición.

Un oubeo postelectoral

OUUUUuuuu...

Xa pasou a "fiebre" electoral, xa "a metemos" e agora toca que os electos demostren si son dignos da nosa confianza ou si son eles quen "nola meteron... dobrada".

As organizacions mediante as que os poderosos dominaron o pulo político sentiron a ameaza do cabreo da xente e lles tocou, mais non lles afundiu... é mais; entre ámbalas dúas ó final teñen mais do 50% dos votos e, o que é peor, o control sobre calquer reforma que se quera levar a cabo.

Así é; tanto por ter a metade do congreso como pola maioría absoluta que ten o Partido Popular no senado é doado vaticinar que NON haberá ningunha reforma que mereza tal nome.

A única consecuencia destas eleccions será a tremenda tensión interna que sufrirá (xa está a sufrir) o P$O€ pola súa propia natureza incoherente entre o seu plantexamento federal e a falta de recoñecemento da realidade das diversas nacions que entran no estado español. Ata onde poden levar esas tensions ou si simplemnte serán capaces de decidir algo ou de non decidir nada é a pregunta; eu teño claro que o que non farán será o que tería que facer una forza democrática: Consultar ás bases.

No PP o conflicto é latente e virá da necesidade de contar con alianzas mais aló da marca branca de Rivera et cols. cada alianza significa un tipo de cesión diferente e fai mais tentador apartarse a un lado e deixar que o P$O€ se desmembre tratando de formar goberno mentras eles obteñen rédito electoral.

Laranxito fixo moi ben o seu papel axudando a pararlle o golpe ó PP abandoando os campos donde do dano sería exclusivamente para Rajoy (corruPPción, enerxía, subemprego...) e aplicandose a fondo contra Podemos. Ó final os financiadores tiveron medo e quitaronlle gas á maquina porque semellaba que se pasaban de freada.

E "os podemos"?? é doado por liñas bermellas que sabes que ningúen vai a aceptar e son inalcalnzables pola propia natureza dos resultados (insisto; hai mais de un tercio de deputados "centrípetos" no congreso e o PP ten maioria absoluta no senado...) e esas liñas reforzan o discurso interno e a multiplicidade das alianzas acadadas de cara a unhas vindeiras eleccions.

Non haberá reforma do sistema electoral para esas novas eleccions así que deixade de vos lamentar polo marco xeografico das circunscripcions, polo método de cálculo dos representantes acadados ou pola existencia dunha cámara "B" (moi apropiada denominación para o PP)... o certo é que se voltará a xogar no mesmo terreo... Quen está disposto a "te-la pelota"?

11S

OUUUUuuuu... Hoxe é 11 de Septembro unha data que escomenza a ter unha enorme carga de emoción e simboloxía.

Mentras milleiros de persoas festexan a Diada en cataluña outras tantas conmemoran o aniversario dun momento que pola súa escenificación repercutiu en todo o mundo... e noutra parte cecais tamén milleiros o aniversario do magnicidio de Salvador Allende.

Non se pode calibra-lo mundo dende unha beira... nos deixa cegos a nosa propia pequenez.

Podería ser que o Allende desta foto estivese a mirar ós avions que se estrelaron nas torres xemelgas cheos de sirios fuxindo cara a un país que non deixan nacer...

En fin, unha data que non pasa desapercibida pero que precisa múltiples olladas.

Deixovos con este tema de Zeca Afonso cantado por Sétima Legiao nos 90...

Roubando ata a liberdade de pensar

Atados e maniatados
OUUUUuuuu... agora tras cáseque 40 anos de réxime "papelocrático" (ditadura de papel) os nosos próceres nos botan as migallas dunha promesa de que na seguinte lexislatura se vai a falar de reforma constitucional.

Estes que levan 40 anos roubando e que ven que a xente non pode mais agora queren roubarnos ata a liberdade de pensar por nós mesmos... o bipartidismo coida que vai a teledirixir unha reforma "gatopardesca" deixando todo atado e ben atado e así xa uns dín que se replantexarán os límites competenciais e outros que non se vai falar da monarquía... esta si que é unha casta.

Son unha casta porque ben por formación ou por ostentación de poder coidan que están chamados a decidir por nós... como fixeron ata o de agora só "consultando" cada 4 anos para que "pareza un accidente" que dirían nas pelis.

O certo é que o intre de plantexar qué reforma hai que facer e cómo se vai a aprobar é AGORA.

Un proceso constituinte que se quera chamar como tal non acepta preconceptos nen imposicions... falar de troca-la constitución dentro do marco da constitución é como falar de saca-la auga do océano dende o mesmo océano... e así pensan que poderá decir: Xa se fixo e se pactou.

A actual constitución foi aprobada co 52% dos votos dos censados daquela e reformada dúas veces por dous partidos políticos no parlamento sen consultar á cidadanía... e agora alguns pretenden que para ese "democrático troco" hai que acadar un 80%... do que sexa... mirade; non se pode facer convivencia cando o resultado é 51 a 49 pero de ahí a un 80% é simplemente unha tomadura de pelo.

A estructura de convivencia que debemos elexir para os vindeiros 30 ou 40 anos debería estar formada por:

*Forma do estado: Poderes que o compoñen, os seus órganos de goberno e a elección e control dos mesmos pola cidadanía. Marco ético de convivencia. Igualdade perante a lei Definicions do dereito de defensa e de reinserción tras cumprimento de condea.
*Prioridades económico-sociais: Marco socioeconómico de convivencia, prevalencia do público ou do privado; servizos de interese estratéxico a regular polo estado, servizos de interse social a prestar polo estado en exclusiva ou en colaboración. Sistema impositivo e recadatorio.
*Forma política: Libertades políticas e asociativas, funcionamento democrático de partidos e organizacions. Sistemas de elección de representantes, dereito a revocación, tipo de listaxes (ou disciplina de lista ou listaxes abertas e voto individualizado). A relixión como esfera individual privada.
*Organización das relacions entre organismos territoriais adscritos ó estado. Dereito a decidir e obligación de "período de lealtade".

Sobre cada punto... sobre cada plantexamento cada quen terá as súas opinions; eu non comparto moitas das que leo pero defendo o seu dereito a que sexan sometidas á votación DE TODOS igual que as opcions que a mín me semellan mais beneficiosas para a organización social que quixera deixarlle ós meus netos...

Non deberíamos permitir que se nos roube este debate.

Sei que o "mito islandés" non é real... mais E si sí?

A carta de Mariano

OUUUUuuuu... A restora Mariano está a escribir unha carta breve, tan breve que pode que sexa un telegrama: Preciso tempo ("Ich brauche Zeit" no orixinal).

O Certo é que o plan de facer outro recorte de 7000 millons de €uros nos presupostos das administracions de aquí a Decembro acaba de toparse contra un muro de votos... un recorte preciso "POR LEI" porque os ingresos non igualan ós gastos e a sacrosanta constitución (esa que foi violada polo PP$o€ unha noite de xullo) así o determina.

Mariano precisa que Herr Ángela mire cara a outro lado ata pasar Novembro e, si sobrevive no goberno, lle pase a peaxe precisa daquela. 7000 millons e unha reforma laboral, unha rebaixa de pensions, o desmantelamento do sistema de protección de emprego, a "apertura" da sanidade... o ideario neocon.

Os gobernantes que chegan non deben esquecer que o endebedamento xa non é solución porque é ILEGAL (o p$o€ tería que sabelo pois o firmou) e non lles vai ser doado cumpri-las expectativas sen mellora-los ingresos e restrinxir alguns gastos...

VEREMOS.

En qué son mellores?

OUUUUuuuu...Arestora escomenza a pantomima reflexiva, as persoas coas que convivo nesta estrana organización socioeconómica manipulada políticamente seica van decidir mañan seguir igual tras pasa-lo día vendo do futbol ou un concurso musical televisivo.

Os dirixentes que ata agora viñeron aparecendo nos cargos electos do país teñen temor polo que podan decidir as persoas mañan e alertan que "os que veñen" son de todo: terroristas, oportunistas, sen formación.

Eles que causan centos ou miles de mortes polas medidas que toman (ou deixan de tomar) como gobernantes, eles que levan anos dicindo que os casos de corrupción nos seus partidos e administracions son "cousas puntuais", eles que a pouco que chegan ós gobernos contratan asesores...

Vos veredes si queredes seguir tropezando sempre no mesmo.

Promesas que si valen algo (ou deberan).

Que non vos leven os frautistas cegos...
OUUUUuuuu...   De aquí ó 24 de Maio imos escoitar toda clase de cantos de serea e siseos viperinos os primeiros coa intención de nos convencer para votar a uns e os segundos para convencernos de non votar ós outros.

Tod@s xa sabemos como vai este xogo e, como unha noite de festa, sabemos onde queren rematar... só é un cortexo pero E si conseguiramos que non o fose? E si poñemos nós as condicions?

Fagamos cada un un compromiso persoal co resto da sociedade; un compromiso de votar de xeito responsable non pensando en a quen senon en qué é o que queremos acadar como sociedade.

Porque pódese aspirar a un sistema político mais democrático coido que cada un de Nós deberíamos por unhas condicions para votar.

Por exemplo:


Eu darei o meu voto a:

*A formación que inclua no seu programa a redacción e aprobación dun manifesto a prol da apertura dun novo período constitucional.
*A que publique un código de conducta dos seus dirixentes e cargos electos ou nomeados que inclúa unha limitación dos gastos de representación de calquer tipo e un control de gastos persoais que atinga gastos de vestimenta, hostelería, desprazamento e lecer que, en conxunto, non poderán superar o 50%  da remuneración pública que reciba.
*A formación que presente a demisión asinada de tódolos seus candidatos para o cargo que sexan elexidos ou nomeados; demisión sen data para ser empregada cando se precise. (como alternativa acepto o sistema de votación de candidatura en listas abertas nominais).
*A formación que en cada ámbito limite legalmente o número de asesores persoais ou contratos de asesoría con empresas a un 0.5% do presuposto da administración en cuestión.
*A formación que provea á cidadanía de mecanismos de participación real na toma de decisions trascendentes.
*A formación que garanta basear as tomas de decisión en xestión en informes de coñecemento científico e non en informes de mercado interesados.

Co-Com vs Pro-Priv o combate deste tempo

OUUUUuuuu... Parto da base que reducir TODO a dúas categorías para escenificar unha loita é simplista. O mundo non vos é así, cada quen se move polos seus intereses e polos intereses de quen lle é importante pero si podemos tratar de explica-la realidade cun modelo binomial.

A verdade sempre no medio de algo...
Tra-la caída do comunismo totalitario sovietico (si, só ese Ou caeron China, Corea e Cuba?) o mundo semellaba unha balsa de aceite capitalista... e a xente escomenzou a adentrarse en escenarios que non gustaban ós presbotes... pero a podremia estaba ahí sostendo ó xigante sobre a fame de moitos, a explotación expansiva dos recursos e unha pegada ecolóxica insostible así que houbo que escenifica-la concreción dun enemigo cando en realidade o enemigo somos moitos.

O que se está a enfrontar básicamente ven sendo a cultura de cocrear e compartir coa cultura do propietario privativo. Así o que mais asusta ó poder establecido (propietario-privativo) é un modelo de organización aberto e tratan desesperadamente de aproximalo ás súas claves intelectuais para poder tumbalo (como pasa cando discutes cun imbecil...).

Esto repítese en cáseque tódolos escenarios pois ningunha das dúas tendencias (como expliquei no arranque) é "pura" e hai persoas que lanzan unha iniciativa "co" pensando en poder acada-lo "pro"... nas redes sociais tecnificadas vese moi ben esta dicotomía.

A liorta entre modelos como Whatsapp (unha rede social tecnificada Pro-Pri) e Twitter (Co-Com) está trasladada a outros ámbitos... arrendar coche ou casa, viaxar, mercar cousas, a propiedade da terra... en moitos ámbitos chocan e se mezclan estas dúas categorías. Mesmo dentro de Twitter hai xente con comportamentos Pro-Pri (contas de empresas e 'marca persoal') e Co-Com xente que comparte e comenta en aberto.

Agora mesmo o que importa é qué sistema de toma de decisións adoptamos nos entornos nos que nos integramos pois é nese aspecto onde se define o futuro; si seguimos aceptando a terxiversación da DEMOCRACIA con manobras como "o consenso", a "representación subrogada" (representantes que elixen eles a outros representantes de outros poderes), o condicionamento financieiro (mirade Grecia e Portugal)... si se aceptan eses mecanismos os conceptos Co-Com non avanzarán en ningún campo.

Que conservede-la forza para seguir en pé en 2015.

O contrato roto

OUUUUuuuu... Veño decindo nas RRSS que votarei ó partido que garanta que os electos corruptos devolven TODOS os privilexios e remuneneracions recibidas.

Cando se elixe a un representante estase a facer con él un contrato que ademais de outorgarlle poder lle fai depositario dunha responsabilidade e, en troco, recibe unha retribución por múltiples vías (soldo, obxectos, desprazamentos, privilexios...).

Entendese que si un representante exerce ese poder faltando á responsabilidade rompe o contrato porque, en realidade, o consideraba precario ou mal pagado e polo tanto non pode bastar conque devolva o roubado ou cunha pena de cadea menor.

Debe devolver non só o que conseguiu ilicitamente senon tamén as retribucións obtidas polo contrato que rompeu... e debe ser borrado o seu nome e a súa presencia do lugar no que figuran os demais representantes que exerceron honradamente o seu posto.

36

36 anos cumpre a constitución, sigo sin poder votar o marco no que se definen as relacions nas que se move a miña vida... sigo a ser estafado por uns e por outros, siguen a reirse de nós: véxase a RR dicindo que o das contas de Bankia que ollo que o banco de España e a CNMV deron de paso as contas (que vamos, que teríamos que pagar todos... cousa que xa aconteceu Non?).
Seguimos mirando o dedo que sinala á lúa: véxase como a demisión da ministra floreiro conseguiu que non falaramos de que o partido do goberno está acusado de aproveitarse con lucro dunha trama corrupta... e así nos vai.

Mentras as novas opcions políticas ou pecan de indefinición ou de idealismo.

Terceiro grao a toda opción politica que teña un PROGRAMA de acción.

OUUUUuuuu...

O tempo vai pasando e pronto chega o intre de voltar "a metela" 'en serio' que o das europeas seica pensades que non conta mais que para ensaiar novos xeitos de manipular ó electorado... O certo é que a xenrreira ocasionada polo súbito despertar da crise (aquél "Xxx...por riba das nosas posibilidades") viu xurdir forzas políticas novas que, cecais, traten de romper a Ditadura de papel na que vivimos dende 1978.

Cecais unha organización política poda non ter unha referencia IDEOLÓXICA clara porque vai moito que non se formaliza nada novo e as vellas escrituras son eso: froito doutro tempo... como teño falado por exemplo da folga: un recurso de presión da época industrial que pouco ou nada ten de valor nesta época de servizos e información (bueno, mais ben datos).

Mais careceren de IDEOLOXÍA non significa que non se deban aclarar algunhas cousas básicas de cómo se pensa que debe se-la organización económica e social do ámbito no que unha opción política se presente a gobernar. Así que teño unha especie de listaxe de verificación para mirar can consistente é o PROGRAMA de goberno dunha opción política.

Hoxe vos poño a parte económica.

De quen debe se-la PROPIEDADE dos medios de producción? 1) público 2) privado 3)depende de cales medios de producción.

De tódolos xeitos; ¿Debe establecerse un control de prezos ó público dos principais elementos de consumo?
1) Si 2) Non 3)só de alguns

De quen debe se-la TITULARIDADE dos servizos esenciais? 1) público 2) privado

E cales dos seguintes serían eses "servizos esenciais":?
a) Educación pre-escolar
b) Educación básica ou primaria
c) Educación Secundaria común ou obrigatoria
d) Educación Secundaria profesional ou bachelerato
e) Educación Universitaria básica
f) Educación Universitaria de 2º e 3º ciclos
g) Atención sanitaria comunitaria ou primaria
.
.
.

Neste intre, si tedes chegado aquí, xa vos percataríades do problema... si se contesta 1) a calquera das dúas primerias preguntas non queda outra política que abandoar a UE e iso hai que decilo claramente, incluso si se contesta 3) na primeira cuestión ou 1) na terceira dubido que se poda seguir na Unión... e as consecuencias de algo así (de poderense levar adiante) non son precisamente o paraíso comunista na terra...

Así que menos lobos carrapuchiñas que xa sabemos que se pode (e se debe) darlle un "meneo" ó sistema e sacar do medio ós que teñen anestesiada á sociedade pero hai trocos que (case) ninguén quere intentar...

Para a parte da reforma política tentarei escribir outro día pero podedes ir buscando en otra democracia es posible

Catro tiros...

... mal pegados

OUUUUuuuu

Non apoiei, non apoio nin apoiarei o emprego da violencia para resolver disputas entre os humanos... lamento a morte de calquer persoa nesas circunstáncias e repudio as manifestacions de ledicia ou sorna ó respecto como sempre fixen.

Dito todo esto gustaríame deixar "negro sobre branco" algunhas reflexions sobre temas que xorden nas novas e comentarios vencellados a tan brutal e inxustificable acto e plantexar cuestions que semella que só me veñen ó caletre a min:

* É normal ou doado que alguén acade un posto nun organismo público "creado" 'ad hoc' sen mais necesidade que a vontade do cargo político de turno?
* É normal que ese mesmo posto "dixital" sexa logo convocado, adxudicado, deixado valeiro e 'amortizado' tamén pola sóa vontade da mesma persoa?

E outra cuestión para a que non atopo nin sequera a resposta 'populista' que cabería esperar...

* Cobran a dieta correspondente os representantes que abandoan plenos na institución para a que están elexidos?

Son as típicas preguntas que non son vistas como "normais" polos políticos de oficio...