E veu vera a me visitar

OUUUUuuuu

Coma tódolos anos chegou a miña prima de visita... case sempre me resulta fastidiosa por mais que o seu vestido verde con flores e os seus perfumes silvestres me resulten agradables a súa presencia descentrame e só teño mans para o pano (de esbirrar).

Este ano coidei que ia ser diferente, con menos ale(r)g(r)ia(s)... non sei, con mais sol e menos neboa. Eu que sei.

Tal vez a tensión de non me ver defraudado polo novo rumbo que toman as cousas, tal vez a presión de estar só frente ó espello sen cortapisas, aceptando que son outro "Z" mais.

Veu Vera outra volta a revolvelo todo, vaise valeirando polos verdes prados, ven polas veredas revoloteando, viaxa veloz no vento...

Ata a C.I.A. o recoñece.. Pero a cousa non é como parece.

OUUUUuuuu

Non é nada novo para ninguen con dous dedos na fronte; pero chámame a atención que a propia CIA o inclua tan descaradamente no seu informe Tendencias globais 2015 onde, no apartado de "recursos naturais e medioambente", se dí (e perdoade o burdo da traducción os que saibades inglés de verdade ) :"... as últimas estimacions suxiren que o 80% do petroleo mundial e o 95% do gas permañecen baixo terra... ainda que a rexión do golfo continúa a ser a maior reserva de petroleo o mercado global de enerxía semellla ter dous compoñentes de distribución rexional: un servindo os consumidores dende as reservas da plataforma atlantica (mar do norde?) e o outro servindo as necesidades principalmente dos consumidores asiaticos dende o golfo persico..." e imos nós e creemonos que van a controlar Iraq para lle vender o petroleo a China e a India...

O resto do informe non ten perda; as previsons sobre a evolución demográfica, as consecuencias que esto terá nas "tensións" rexionais e nos fluxos migratorios...en fin ten "chicha" o informe.

E tamén chama a engano... nunha páxina que visito a miudo discrépase (e de que xeito) coas previsions de crú subterraneo e neste artigo ( El cenit del petroleo convencional ) danse argumentos convincentes para cavilar nelo... sobor de todo estruxa-lo craneo ata saber porqué ainda estamos a depender dunha fonte enerxética con tantas desventaxes para nós: Non a posuimos , contamina , esgotase , hai que transportala... gardede este enlace nos vosos "favoritos"

Facendo amigos...

OUUUUuuuu

Eu coido que hai moitas gañas de facer notiñas para colocar polos hospitalis (que por certo: deberíanse empregar exclusivamente os taboleiros de anuncios como indica a lei ) e moitas gañas de dar imaxe de "sindicato mais reivindicativo", pero ir resolvendo as cousas cada quen pola súa banda non é positivo, que na sanidade traballamos moitos... ou é que o de equipa interdisciplinar é só para nos equiparar coa clase A?. Para o que non debíamos estar no mesmo saco é para o da xornada; por unha cuestión estratéxica: Conqueri-las 35 horas para a xente de quenda fixa é doado(porque prácticamente ten custe 0 e manten o nivel de servizo), conquerila para todos con recalculo de horas para as quendas rotatorias ten un grande custo en persoal sen que elo aumente o servizo... eficiencia chámanlle os que manexan os cotarros estes. Xa veremos como nos arrendan as gañancias estas "amistades" que estamos a coller.

O Patio

OUUUUuuuu

Na cálida tarde satúrnica e compostelán a lúa e venus me invitaron a un lugar, no que a fonte cantarruxaba no silencio do limoeiro, o magnolio ardía paseniño no rosado solpor, a maceira prometía verdes mazás para o lonxano outono i eu convalecin do longo inverno co meu amor... Os doces froitos do peitoril, as flores de aquel lugar o perfume da miña orquidea axudaronme a cavilar, ollando ó ceo despexado escoitando ós grilos e ós gorrions non lembrei a inesquencibel dor e reposei coa mirada dos verdes prados e o mel dos seus beizos destilado, coa sombra do Pedroso no ceo recurtada e os sons da berenguela non lonxana a eternidade se fixo intre... ¿morreu a serpe que me afogaba?.

Moito k dicir e pouco tempo para contalo

OUUUUuuuu

Igual se agardase ó Venres este post me saeria mellor; pero non quero deixalo "cocer" mais tempo que logo non me presta... Un blog é unha mezcolanza de diario "intimo", cuaderno de bitácora e taboleiro de anuncios coa grande vantaxe da tecnoloxia dos links para este derradeiro cometido.

Nestes dias (na "finde") fixemos moitas cousas e fomos a moitos sitios "de sempre" o cal non quere dicir que non houbese cousas novas en cada un deles nen que non soubesemos cousas interesantes neses dias.

a nivel "díxome díxome" o mellor é que xa se vai facendo a "cascada descendente" que vai traendo de volta ós que ascenderan no 96. Que sorte para alguns que existen as administracions autonómicas, para que logo falen mal do estado das "autoanemias". Canto directivo "sen praza" habería agora nas oficinas de emprego de non ser pola nova estructura da administración sanitaria... Faría as trasferéncias o PP pensando nesto? Non, pero que ben lle viu ós "meritos" de algun. E nese "rappel" se atopan insignes coma os deste enlace:

Madrid.org Actualidad 21/04/2004

Onde vemos como "encaixa" a cascada na comunidade de Madrid. Pronto ou tarde veremos o mesmo noutras comuidades... a mágoa é para os recen chegados ós cargos, que igual si o tomaran coma postos de responsabilidade e ata tiñan ilusions e porxectos. pero, isto é así. Claro, a independencia e os méritos ou capaciades teñen que "deixar sitio" a outras cualidades. E isto vai por TODOS.

Mais. Tal é o tema da cascada que nalguns sitios viven con "respiración contida" e os trocos pendentes (o "baile das sillas" ) estan sen facer porque agardan por...¿os que "caian de arriba"?. Conclusión: esas cousas son así. Como dixo unha coñecida nosa (mestra para alguns, demo para outros): "Os directivos son funxibles, os traballadores sodes inventariables". A ver si nos enteramos dunha vez.

Gustoume o emprazamento das cámaras... é un pracer pasear polos sitios e sauda-la xente que te quere saudar e ver "sair fuxindo" a quen non... nin que tivese o becho. Moito e mal se falou do 1° convenio da FHV, moito e mal dos que elexiramos "ir por libre" sempre baixo sospeita, sempre ollados con lupa; polo menos non asinamos nenguha minoración de dereitos "en benificio dos outros". E sorte que as retribucions diñerarias eran intocables, senon nin a antiguidade quedaba. Que teñades sorte coa "estaturización" ainda que agora o estatuo vai significar pouco sempre é mellor que te boten tras un expediente (que algo malo hai que demostrar) que por capricho ou por "non te deixar"... Xa me desafoguei.

No canto da politica municipal ratificome no dito; vai sendo hora de que a xente poda votar ás persoas e os seus programas e non manter esta situación na que as verdadeiras eleccions se fan en non se sabe que cenáculos (que palabro mais axeitado).

Verin. Ou cando o médico botou ó practicante.

OUUUUuuuu

Os gregos que tiñan moito tempo para reflexionar sobre os fenómenos da natureza e sobre o comportamento humano (non tiñan TV nen internet nen outras drogas mentais...) tiñan unha teoria sobor do "eterno retorno", se non lembro mal, sostiñan que o tempo (logo, os nosos actos) sempre volta a onde estaba.

Algo así semella que pasou en Verín, pero con interesantes variacions que fan pensar que o pasado non aconteceu ou que a politica das formacions non ten ren que ver coa politica dos individuos.

Hai tempo (¿dez anos?) o Cacique, que tiña como palanca ó cura (iso pensaba él) e coma segundo ó practicante, foi "censurado" polo médico e o opositor (perenne opositor; se fose adestrador xa non comia o turron ó 2° ano); por un "quitame alá esas leiras". Daquelas o cacique era un "monstro", un exemplo do que a politica non debia ser...

Logo, viñeron as eleccions. E os cidadans (pode que habilmente "carretados" ou subliminalmente "motivados" ) decidiron poñer ó practicante no concello (ainda co apoio do cura)... o cacique iniciou a "travesia do deserto" e o médico decidiu "trocar de aires" e ir por independiente "un lustriño".

Nas seguintes eleccions o practicante mellorou os resultados non se sabe si por meritos propios, meritos alleos, demeritos alleos, melloras nas tecnoloxias (de "carreteo" e de "lavado") ou por un compendio de todo. E apareceu o "chiripitiflautico" para facer as delicias dos espectadores... nos derradeiros anos desa lexislatura o cacique saiu da cova e escomenzou a oubear e o médico voltou ó redil.

Xa nos meses antes das derradeiras todo se precipitou; o cacique quería voltar o "seu posto", o practicante queria facer valer o traballo feito (¿e onde carallo vai o cura?)o medico e o opositor facian as contas da leiteira...

¿ e que dician a todo esto os partidos politicos?; gardians e guias da dos principios democraticos...bla, bla, bla; bla-bla-bla, bla, bla, bla.

O caos foi o dono da situación e os presupostos Kafkianos da lexislación electoral e do procedemento administrativo comun puxeron en evidencia que o que a cidadania debería elexir xa dunha vez é ás persoas e non "listas" de "listos" feitas de non se sabe que xeito por non se sabe que escuros intereses...

O practicante saiu "presidente" do concello por discordancia dos opositores que só acordaron facerlle imposible gobernar mentres eles negociaban (eles e os seus partidos cada quen pola sua banda). O tempo pasou e chegou un día no que o novo trio dos marx saiu do camarote e dixo "quitate tu pa ponerme yo".

Esta trama ainda non rematou.

Irmá neboa

Hoxe, a neboa falou coa música das gotas ó caer. Hoxe voltoume a quedar todo por dicir dempois de balbucear unha oración. Amenceu cun sol derrotado e as verbas avanzaron sen caseque vento que as empuxase, saindo soas mentres eu contemplaba... a neboa de fermosa era un brilo na superficie da terra, un alento para seguir, un tesouro baixo unha mata negra.
Non hai ren que enterder; como din na fisica cuantica:"só o feito de medir altera o resultado da medición". Eu transtoco os termos e digo "só o feito de maldicir transtorna o resultado da maldición"... o feitizo perfecto para non querer saber del.

BAD DAY

OUUUUuuuu

Xa o dixo San Pemán (o único "home do tempo" que vende camisetas... haberá que estudar este fenómeno dende a óptica do liderazgo.):" a nubosidade irá en aumento".

A medida que foron pasando os minutos, caseque os segundos foise ensombrecendo o panorama; a tristeza fíxose dona e señora e o manantial brotou con todo o seu caudal de novo.

Xa antes da cúspide o sol deu paso á neboa que, de fermosa, tiña un aquel de brilo e sol na faciana. A néboa que intrigada ou indignada ou intrigante e interesada chegou a tomar e pedi-la verba por dúas veces e a resposta foi o seu mesmo silencio e a friaxe que deixou tras dela.

Á noite xa non animaba nenguha estrela, e nen as constelacions completas podian cega-lo puzo de ausencia de espera e _______________. ¡¡que razón tiña Orwell no que dixo sobre o nexo que fai soportable a existencia en tódolos tempos!!

SEGUE A VERGOÑA E A MENTIRA ou O DERRAME DE RAMOS

OUUUUuuuu

Non podia ser doutro xeito???. Unha vez mais desexei estar trabucado, ser un "outsaider" descolocado, un inoportuno... pero os gobernantes do PP empecinanse en darme a razón que non desexo ter tanto como os votantes galegos se empecinan en decir que chove cando, de certo, que nos estan a mexar na faciana.

Durante a fin de semana de ramos... pois iso; outro petroleiro limpou os seus tanques no mar sen que as "fragatas" de espanha,espanha,españa se opuxesen. ¿estarian de procesión?. Tras esa vergoña a outra



Ista é só unha das opinions que sobre o tema se pode atopar, pero para min é a mais autorizada.

E queda claro que as demisions non entran no vocabulario destes señores, que non teñen vergoña humana nen politica e que cando alguén é cesado (leede Cuiña) se trata de unha operación de "mar de fondo" e de "lavado de imaxe".

XA VOLTEI DAS MINIVACACIONS

OUUUUuuuu

Como dí o Xabarin:" Todo o bó remata"... xa voltamos da xira. Non saiu mal a cousa; só fallou o que non está baixo o control dos humanos: O tempo. Por iso nos quedou a espiniña de colle-las bicis e irnos por holanda adiante; de tódolos xeitos andivemos por ahi de excursión. En Sevilla escomenzou a chover nada mais baixarnos do AVE o xoves... pero ainda así o pasamos ben, puidemos ver unha desas procesions e disfrutamos dos fermosos xardins do parque de M° Luisa.

Do que aconteceu mentres estabamos por ahi. Pois que xa temos suicicidas (por se non os habia ), que o medo está instalado en Europa ( proba delo o cacheo que me fixeron en Amsterdam ó pitar o control de metales no aeroporto e a vixilancia do exercito no traxecto do AVE ). Proximamente colgarei consellos para os que queirades ir a Amsterdam.