Propiedade

OUUUUuuuu

Nestes días nos que a polémica política semella centrada na metafísica pedagóxica e no revanchismo barateiro (digo eu que de facer boicots que llos fagan a "La caixa") eu ando preocupado polo baixo que está a caer quen hai 3 anos nos deu exemplo de dignidade i eficacia.

ADEGA está a vivir unha crise supostamente 'personalista' mais que está a manchar e derramar un capital que se erguiu recollendo e limpando cando outros asubiaban... A tritura non ven, non por que existan diferentes candidaturas e porque estas se enfronten de xeito persoal; ven, porque as acusacions de aliñamento partidista de estas candidaturas restará efectividade á actividade de denuncia e as actividades de difusión e defensa do noso capital meioambental.

Porque de non seren por organizacions coma estas que difunden e defenden o valor común e universal do meioambente a esperpéntica situación que se está a viver en "El algarrobico" sería algo común. ¿Poden uns veciños e un concello decidir qué se debe conservar e que non? ¿Non é un roubo a tod@s o que alí queren facer 'legal'? ¿U-los boicoteadores-xusticieiros pedindo que ningúen veranee nun lugar "roubado"?.

A herdanza que de nós reciban as futuras xeracions será o seu capital e a nosa lembranza. Non permitamos que a cegueira e a ambición temporal a estrague.

Non puido ser.

OUUUUuuuu

Hoxe foi o día mais non o conquerimos; o recoñecemento do noso patrimonio inmaterial como "obra mestra da humanidade" terá que seguir agardando. De tódolos xeitos moitas gracias ós asinantes da petición e moitos ánimos á xente de OPatrimonio.org.

O voto pensionista.

OUUUUuuuu

Como se non o soubésemos o Instituto galego de estatística ven a nos informar que caseque a metade dos fogares de Lugo e Ourense "viven" de pensions. Esto quen mellor o controla e o Partido Partido (uy; me disculpen: Popular) que leva 20 anos conquerindo un 50% dos votos nesas provincias.

¿E será que os pensionistas votan todos a unha como os calés?. Non seí, mais a casualidade non soe existir na estatistica. A grande pregunta para estes días é; ¿quen dos catro pre-candidatos se vai a levar estes votos?, os movementos (¿)dubitativos(?) de PapiBaltar e a suposta 'traición' de moitos alcaldes de Pontevedra fan ver que unha cousa van ser as enquisas a militantes (sobor de todo internautas) e outra os resultados da votación. Moitos "carrexadores" están en 'stand by' mentras os seus caciques sopesan as ofertas (uy, si estou parvo hoxe: Opcions programaticas).

Logo está o tema do concepto; que como dixo Manquiña en Airbag é o importánte. Neste caso o concepto de "militante"; ¿pasará como en Verín que pagan 9 e votan cientoysumadre?.

Si escribo todo esto non é porque me preocupe semellante liorta; é porque o resto, ainda que non moi centrado en gobernar (demasiado simbolismo) non está a aproveitar para "meter cuña".

Novamente Bolkestein...

OUUUUuuuu

Soar soa terrorífico xa só por fonética para nós pois é moi semellante a "Fraguenstein"(Vale, tamén a Frankestein). A directiva de liberalización do sector servizos sigue a ser debatida no intrincado entramado do parlamento europeo; ese que cando quere ten que "dar garantías e repetir debates" e cando lle convén aproba normativas por "via de urxencia".

Neste novo asalto a directiva vaise votar mañan 22/11 na comisión do mercado interior e protección ó consumidor e no Consello da competencia o 28/11. O pleno do parlamento votaraa en 1ª leitura en Xaneiro de 2006.

Ainda podemos facer ouvi-la nosa voz; un dos medios é a Páxina do parlamento europeo que ten este formulario de petición; outro é enviar mail ós eurodeputados españois i eiquí lévase un unha sorpresa pois ainda que todos teñen cando menos un enderezo proporcionado polo europarlamento moitos deles non o fan público na súa ficha da páxina do parlamento. O igual que as "declaración de intereses" que estan todas sen asinar, sen data i en branco a maioría.

Ó cabo, tendes mais información en StopBolkestein.

A noite do posuidor do luceiro abríuseme, hai tres voltas, unha brecha pola que entra tódolo escuro que daquela triste lembranza saiu. Enchinme de materia escura e pestilente, couraza que me ailla da friaxe dunha néboa na que me ollo como o que son tódolos amenceres.

Afundido por ese peso nin vexo nin sinto, só padezo. Agardo a que rematen tódolos tempos, que sequen tódalas bágoas, que se esgoten os efectos desa luz i ese brilo. Alimentado polo que me está a matar, afogado polo seu aire e cegado pola súa luz non son quen mais ca de fuxir sen move-los pés ou correr sen poder fuxir.

Nen sequer teño dereito a me culpar de algo que fose mal, ou de calquer cousa que fixera. Alonxándome só conquerin esparcir o meu mal i encher de bágoas a miña ledicia, sufrimento inútil de quen ama e vive feliz.

Fun caendo en conclusións diversas coma rochas, cantis, areais e praias e non podía creer que houbese tanta negrura nen que fose a haber mais e mais. Permanezo escondido nun recuncho morrendo co tempo agardando unha reciclaxe i orientación, porén o que virá serán mais horas tristes e novas brechas de escuro mentres o posuidor do luceiro vai tendo os seus días.

O tema das prexubilacions

OUUUUuuuu

Hai temas nos que un coida ter unha opinión "radical" e caseque sinte vergoña de falar delo (os calés, a monanquia, as prexubilacions) pois teñen certo "feed-back" que os relaciona con correntes políticas das que un quixera verse alonxado.

No tema das prexubilacions dos "secuestradores" mineiros sempre acabo calando por non discutir...
e neso veu S. Carregal e publicou este artigo no que pon moito valor e moitos puntos nas "ies". Coido que ó razoamento lle sobra a comparación con outros sectores industriais reconvertidos (repetidas veces) mais si que comparto as criticas as organizacions sindicais deste sector. Por iso escribin este comentário:
Hola; a verdade e que tes moito valor... Xa levo dous artigos teus cos que coincido en moito (o 1º referido ó tema da selección de 'fuchibol'). Vivo en Ponferrada dende hai 7 anos polo que teño unha visión cercana do tema, son enfermeir@ e coñezo os efectos perxudiciais para a saude de traballos en ambientes pechados, cheos de restos en suspensión e con altas temperaturas. Dende o principio me sorprendeu ver a xente con 45 anos prexubilada con soldos que xa os quixeramos os activos e tamén opinei dende que chegamos que nesta cidade os prezos de certos productos son mais caros i existen certos servizos e sectores moi abondosos pola "bonanza" causas por eses cartos "doados". Mais, sen entrar neste aspecto da xustiza/inxustiza e os efectos económico-sociais das prexubilacions (que eiqui tamén afectan a moita xente da 'saneada' ENDESA) quero tratar dous aspectos das actitudes dos sindicatos con respecto a este tema: ¿Onde están estes señores cando as condicions de traballo e seguridade na mina non se cumplen, Onde están cando se "tiran" os cartos Miner facendo investimentos finalistas que non xeran nin emprego nin infraestructuras nos concellos afectados, Onde están cando as empresas i empresarios para os que traballan destrozan e contaminan o capital natural desta terra e, polo tanto, o que vai quedar para os futuro dos seus fillos?.¿Porqué todo o mundo sabe en Ponferrada que as folgas da mineiria se fan cando lle van ben ó empresario? ¿É xeito de presionar a ningúen empregar coma refens (si; coma refens, que o que fan é secuestrarnos) ó resto de cidadans?.
É de caixón o teu argumento ó respecto da actividade mineira: primeiro porque por definición toda actividade extractiva ten de rematar co esgotamento da materia prima; segundo, porque a xeración de enerxia mais limpa i eficiente precisa de novas fontes que non teñan que ver con hidrocarburos; terceiro, porque co carbón nacional non se cumple a normativa comunitaria de emisions.
Os gobernos unha pregunta: ¿Porqué non se negocian as causas 'politicas' que presionan (erroneamente) coa violencia e si se negocia con estas causas 'sociais' que empregan semellantes armas?.


Teño claro que a próxima vez (que a haberá, vistos os resultados serian parvos de non facelo) os denuncio por retención-secuestro.I é que me fode (asi como soa) mais "que pasen los antidisturbios"...


Hoxe puiden colle-la pluma
e falar...
Do sol abrindo a porta do
escuro.
Das sombras que se alongan
berrando.
Da forza candente do

CENIT

Onte non puiden colle-lo boli
e berrar...
Que evita-lo abismo na soidade
é duro.
que fermosa é a paisaxe no solpor
chorando.
Canto frio vai no intre do
OCASO


Pronunciamentos, Conclaves, Musica e Presions.

OUUUUuuuu

Cando no século XIX un lider militar facia públicas as súas intencions de acada-lo poder i era 'aclamado' pola poboación falábase dun PRONUNCIAMENTO. Agora os liderados non son cousa das armas de guerra senon da información-opinión e os galons dos que detentan o poder se chaman cargos; mais, estes tamén se PRONUNCIAN. Onte unha das persoas consideradas chave na orde á conformación dos delegados ó congreso do PPdG despexou as dúbidas sobor das súas preferéncias:
«El é de Lalín e é o presidente do partido na comarca, e eu son de Lalín e son o sucesor de Pepe nese concello»
. ¿É que Crespo renunciou a da-lo 'salto' á politica autonómica ou é que Cuiña non se quere ver 'contaminado' polo coordenador da campaña da derrota de Fraga? o certo é que seguen os cónclaves en Filgueira Crest (haberá que montar guardia coma na Ruber) e algun dos contactos ten un 'peso específico' moi significativo.
Nunha sociedade democrática que un partido politico faga un proceso electoral para nomear os seus cargos é algo normal; que a ese proceso se presenten varias candidaturas non fala mais ca da 'riqueza' dese grupo. ¿Porqué o PP se empecinou en amosar estes feitos coma "división" ou "guerra" cando se tratou das outras formacions políticas?; nin idea, o que vexo é que agora as outras formacions manteñen un respetuoso silencio (ou estan elaborando 'dossiers' sobor dos candidatos).
Nótaselles ,iso si, que son da mesma factura política pois tocan todos na mesma clave (RE) e tamén se lles notan as maneiras aprendidas dos seus maiores...

O que todo mundo sabe e ningúen dí é que a verdadeira elección se está a celebrar agora co tema dos compromisarios e que é agora cando se fai patente a capacidade de cada candidato de chegaren ás bases.

2º Aniversario

OUUUUuuuu

Nestas datas este Blog cumpre 2 anos. O seu balanzo a nivel internaútico é patético; uns escasos 20 comentários e poucos links externos, as visitas... menos de 100 ó mes. Dende o punto de vista dos meus obxectivos: Todo se cumpre con normalidade; deixo constáncia de como vexo o mundo no que vivimos e de como me vou sentindo segundo vai pasando o tempo.

Levo disfrutado moito e aprendido mais facendo con estes meus anacos un burdo mosáico do acontecer xeral e que siga a festa...

¿Carrexo sucesorio?

OUUUUuuuu

Esta fin de seman mentras nos preparabamos para a Sam Martiño 2005 correuse na comarca de Monterrei outra proba moi diferente... A elección da executiva local PPera seguindo o modelo clásico neles: Candidatura única, amplo respaldo (>90%), preseza do presbote inmediatamente superior, declaracions altisoantes e valeiras... ou non. Baltar foi bastante explicito (tal vez sin querer), "mentres conte co apoio da militancia, que é soberana, conta co meu". Tantos anos na politica para non saber que as frases son como calcetins e que é doado darlle a volta?: "Se non fose polo que é...mandabao a tomar Xlo Q". A guerra interna quedou patente no troco de nomes na executiva da que saiu Albertito; mais, o máis interesante protagorizouno Rolan facendo un recurso contra o proceso pois segundo este recurso en Verín só son afiliados ó PPdG ¡9 persoas! i é que o resto non paga as cuotas e foi carrexado a votar. O tema ven a conto pola proximidade da elección de compromisarios para a sucesión de Fraguestein na que, parvo de min, non caera eu que estando tan afeitos a estas prácticas as aplicarían con disciplina militar neste aparente suicidio.

Digo o de aparente suicidio porque; mentras a prensa seria destaca como un paradoxo a presentación de ate 4 candidaturas, as enquisas mostranse contradictorias facendo ver que os enquisasdos contan con que gañará PPfontes mais que o convinte para o PPdG sería a victoria de Barreiro ou Feijoo.

Das declaracions destes días quédome coas de Cuiña falando de ter "capacidade de negociar" e de "pactar un goberno de coalición" (¿aviso a navegantes?) e as de PapiBaltar dicindo que o recurso a ameaza de ruptura non é valido i que él o rexeita; ¡¡¡él o rexeita!!!. Este ten menos memoria que un peixe sapo.

La laicidad explicada a los niños


É o título dun interesante artigo de opinión de Fernando Savater publicado no diario el pais no que fai un repaso do concepto "laico" comparado co de "aconfesional" e a confusión que quere introduci-la igrexa co de "ateo".
Todo elo con respecto á educación...
Una cosa es la instrucción religiosa o ideológica que cada cual pueda dar a sus vástagos siempre que no vaya contra leyes y principios constitucionales, otra el contenido del temario escolar que el Estado debe garantizar con su presupuesto que se enseñe a todos los niños y adolescentes. Si en otros campos, como el mencionado de las festividades, hay que manejarse flexiblemente entre lo tradicional, lo cultural y lo legalmente instituido, en el terreno escolar hay que ser preciso estableciendo las demarcaciones y distinguiendo entre los centros escolares (que pueden ser públicos, concertados o privados) y la enseñanza misma ofrecida en cualquiera de ellos, cuyo contenido de interés público debe estar siempre asegurado y garantizado para todos
.

Referendum si, pero non o que eles dín...

OUUUUuuuu

E aproveitando que o Miño pasa por Ourense... Pois si hai que votar nun referendum non quero que sexa na falacia da darlle a unha cativa un dereito que non terán as outras nenas.

Por unha banda en Otra Democracia es Posible vimos debatindo sobor do sentido do voto en semellante tesitura, mais coido que mellor é no pragmático facer un atuténtido referendum.

Esta recollida de sinaturas por un referendum sobre a forma constitucional do estado español...



É preciso ter un certificado dixital.

Outra de Inseguridade

OUUUUuuuu

A loita das grandes compañías por manter o seu exceso de beneficio (usura) levaas a empregar canons para matar moscas. Sony engadiu varios sistemas de seguridade nos seus CDs de música e, ademais, incluiu un tipo de software dos empregados polo hackers para pasaren desapercibidos nos seus ataques os rootkits. Esta inclusión de software que se instala e funciona sin o consentimento do propietario do PC saiulles mal pois non só serve para que alguns hackers se divirtan senon que, por riba, pon en evidencia á L$$I pois se chega ó paradoxo de que desinstalalo pode ser delicto.

Cando o dano xa esta feito e diante da avalancha de criticas Sony decidiu retira-lo sofware dos seus CDs.

De tódolos xeitos e á vista do acontecido eu vos recomendo que engadades o rootkitreveler ó voso arsenal anti-spyware (ad-ware, spy bot etc.)ide por Kriptopolis se queredes mais info.
OUUUUuuuu


Un pobo que non trata de superarse a si mesmo para aportar ao concerto universal dacordo coa súa personalidade, non só renuncia a un direito senón que deixa de cumprir o seu máis alto deber histórico

Reformar, reformar...

OUUUUuuuu


Hei meus, agora nos imos adicar ó bricolaxe...

Coa chegada da filla de Felipe e Letizia (Parabéns ós pais e saude á cativa) acontece que ata para o PP a reforma constitucional se fai precisa. Antes de seguir falando desto dicir que sendo nena queda, dende o meu punto de vista, desbotada a posibilidade de que se tratase dunha inseminación como moitos compañeiros 'con contactos en Madrid' andaban a dicir. Ou ¿serían tan parvos de facelo ó chou podendo escoller?. Home, sempre queda a opción do forte caracter desa muller mais...

Ben; agora, qué reforma e quén reforma? ah?.

Home vista a sucesión esperpéntica de feitos, ditos e farádulas dos derradeiros meses con xente que se dí dialogante, mais se nega a falar e xente que só fala si sae o que eles din pois coido que hai un grande erro de procedemento no proceso de "reforma controlada do estado" que quixo(?) impulsar sosomán. Eu sempre lera que as revolucions eran reformas de "abaixo a arriba"; isto é, dende a rúa cara os poderes do estado. E tamén lin de revolucions "de arriba a abaixo"; mais, como agora existen moitos gobernos (veño insistindo que os cidadans non podemos soster a 5 gobernos e que con 3 abonda) e un xogo de espellos nos apoios politicos destes gobernos, este home viuse na necesidade dun proceso de reforma "do medio cara arriba sen pasar por abaixo" e a cousa semella bastante embarullada. Eiquí entra en xogo a inocencia dunha rapaza recén nada que, de súpeto, fai precisa unha reforma constitucional que sí acada o "consenso necesario" sen pasar (nen mentalo) polo POBO SOBERANO.

Como si manipulasen unha bomba farán unha reforma "controlada" nun ambiente pechado; a farán o mais rápido que podan e de xeito silandeiro tentando apartala de calquer outro debate politico-social. Por certo; ¿foi elexido este congreso para iso?.

Mentras, o novo goberno galego gasta cartos e desgástase en enquisas sobor da necesidade dunha reforma estaturaria e no revisionismo das decisions do goberno en funcions (¿e a lei sobor do goberno en funcions?).

Nestas os grupos republicanos andan espallados e os seus autoproclamdos 'voceiros' nas cámaras de representantes contemporizan e manipulan.

Sego a opinar que para uns cidadans libres e unha sociedade libre e consciente non pode haber nada irreformable "ad eternam" e que o proceso de reformar das leis fundamentais non pode ser prerogariva de oligocracias nen por iniciativa nen por execución.

Nunha sociedade que se di democrática e igualitaria aceptar que alguén (ainda que fose so 1) está fora da lei ou que só un grupo de cidadans pode obtar á xefactura do estado i que esta opción depende da inscripción nun rexistro especial(ou da bioloxía, tanto me ten), aceptar iso é aceptar unha situación de inferioridade e desigualdade. A mesma desigualdade que se dí querer subsanar reformando (en privado e controladamente) a constitución para que Leonor poida reinar.