Pronunciamentos, Conclaves, Musica e Presions.

OUUUUuuuu

Cando no século XIX un lider militar facia públicas as súas intencions de acada-lo poder i era 'aclamado' pola poboación falábase dun PRONUNCIAMENTO. Agora os liderados non son cousa das armas de guerra senon da información-opinión e os galons dos que detentan o poder se chaman cargos; mais, estes tamén se PRONUNCIAN. Onte unha das persoas consideradas chave na orde á conformación dos delegados ó congreso do PPdG despexou as dúbidas sobor das súas preferéncias:
«El é de Lalín e é o presidente do partido na comarca, e eu son de Lalín e son o sucesor de Pepe nese concello»
. ¿É que Crespo renunciou a da-lo 'salto' á politica autonómica ou é que Cuiña non se quere ver 'contaminado' polo coordenador da campaña da derrota de Fraga? o certo é que seguen os cónclaves en Filgueira Crest (haberá que montar guardia coma na Ruber) e algun dos contactos ten un 'peso específico' moi significativo.
Nunha sociedade democrática que un partido politico faga un proceso electoral para nomear os seus cargos é algo normal; que a ese proceso se presenten varias candidaturas non fala mais ca da 'riqueza' dese grupo. ¿Porqué o PP se empecinou en amosar estes feitos coma "división" ou "guerra" cando se tratou das outras formacions políticas?; nin idea, o que vexo é que agora as outras formacions manteñen un respetuoso silencio (ou estan elaborando 'dossiers' sobor dos candidatos).
Nótaselles ,iso si, que son da mesma factura política pois tocan todos na mesma clave (RE) e tamén se lles notan as maneiras aprendidas dos seus maiores...

O que todo mundo sabe e ningúen dí é que a verdadeira elección se está a celebrar agora co tema dos compromisarios e que é agora cando se fai patente a capacidade de cada candidato de chegaren ás bases.

No hay comentarios: