OUUUUuuuu
Hei meus, agora nos imos adicar ó bricolaxe...
Coa chegada da filla de Felipe e Letizia (Parabéns ós pais e saude á cativa) acontece que ata para o PP a reforma constitucional se fai precisa. Antes de seguir falando desto dicir que sendo nena queda, dende o meu punto de vista, desbotada a posibilidade de que se tratase dunha inseminación como moitos compañeiros 'con contactos en Madrid' andaban a dicir. Ou ¿serían tan parvos de facelo ó chou podendo escoller?. Home, sempre queda a opción do forte caracter desa muller mais...
Ben; agora, qué reforma e quén reforma? ah?.
Home vista a sucesión esperpéntica de feitos, ditos e farádulas dos derradeiros meses con xente que se dí dialogante, mais se nega a falar e xente que só fala si sae o que eles din pois coido que hai un grande erro de procedemento no proceso de "reforma controlada do estado" que quixo(?) impulsar sosomán. Eu sempre lera que as revolucions eran reformas de "abaixo a arriba"; isto é, dende a rúa cara os poderes do estado. E tamén lin de revolucions "de arriba a abaixo"; mais, como agora existen moitos gobernos (veño insistindo que os cidadans non podemos soster a 5 gobernos e que con 3 abonda) e un xogo de espellos nos apoios politicos destes gobernos, este home viuse na necesidade dun proceso de reforma "do medio cara arriba sen pasar por abaixo" e a cousa semella bastante embarullada. Eiquí entra en xogo a inocencia dunha rapaza recén nada que, de súpeto, fai precisa unha reforma constitucional que sí acada o "consenso necesario" sen pasar (nen mentalo) polo POBO SOBERANO.
Como si manipulasen unha bomba farán unha reforma "controlada" nun ambiente pechado; a farán o mais rápido que podan e de xeito silandeiro tentando apartala de calquer outro debate politico-social. Por certo; ¿foi elexido este congreso para iso?.
Mentras, o novo goberno galego gasta cartos e desgástase en enquisas sobor da necesidade dunha reforma estaturaria e no revisionismo das decisions do goberno en funcions (¿e a lei sobor do goberno en funcions?).
Nestas os grupos republicanos andan espallados e os seus autoproclamdos 'voceiros' nas cámaras de representantes contemporizan e manipulan.
Sego a opinar que para uns cidadans libres e unha sociedade libre e consciente non pode haber nada irreformable "ad eternam" e que o proceso de reformar das leis fundamentais non pode ser prerogariva de oligocracias nen por iniciativa nen por execución.
Nunha sociedade que se di democrática e igualitaria aceptar que alguén (ainda que fose so 1) está fora da lei ou que só un grupo de cidadans pode obtar á xefactura do estado i que esta opción depende da inscripción nun rexistro especial(ou da bioloxía, tanto me ten), aceptar iso é aceptar unha situación de inferioridade e desigualdade. A mesma desigualdade que se dí querer subsanar reformando (en privado e controladamente) a constitución
No hay comentarios:
Publicar un comentario