Mostrando entradas con la etiqueta Bierzo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bierzo. Mostrar todas las entradas

Emocions na música

OUUUUuuuu... Ás veces SI pasan cousas ata onde semellan que non pasan... e as oportunidades xorden xuntas e xuntas hai que botarse a por elas.

Así fai uns días tiven a ocasión de asistir a dous concertos de música en Ponferrada; un de Carlos Nuñez e outro de "Los suaves". Cómo é posible ter eses gustos musicais tan diferentes? Como ir a un concerto dun estilo tan contrastado co anterior e disfrutar de ámbolos dous? a explicación está na emoción.


Emocions que nos embargan ó escoita-la música, ó vivila mais tamén emocions que reviven coa música coas que as vivimos por primeira vez... sen esquecer a emoción dos que te rodean porque esas tamén contan; impregan o aire (nunca mellor dito) e che fan participe delas.

Os dous concertos tiveron os seus intres irrepetibles e iso tamén suma emocions ás xa vividas porque deso vai a vida; de emocions vividas e compartidas.

Vos poño o vídeo da miña canción preferida de "Los suaves" (que non puideron tocar desta vez) nunha versión en directo de 1989... para os que vos metedes coa barriga de Yosi...




PD: Si esperabades unha crónica política "reflexiva"... errastedes.

O triunfo do anodino

OUUUUuuuu... Fai dúas semanas deuse unha nova que por sí soa rozaba o estúpido; os dous grupos da oposición ó goberno municipal de Ponferrada que viñeran apoiando puntualmente algunhas iniciativas do mesmo (e a investidura) se unían e presentaban unha moción de censura coa rocambolesca condición de que unha persoa elexida nunha das listas tiña que renunciar á sua acta de concellal ó día seguinte da votación da moción.

Segundo o grupo do que viría a ser o novo alcalde a cuestión estaba en coñecemento dos comités correspondentes que deran o visto bó e a "operación" era un éxito para o partido en cuestión... ata que... Carme Chacón (a coñecida desaufiadora) chiou:
 E o P$o€ fixo augas... e o Sainete, entremes ou traxicomedia chegou... pero voltemos atrás, moi atras para repasar feitos fundamentais que poñen as claves morais desta historia:

Os secuestros que veñen

OUUUUuuuu.... Así que agora lle imos ver o plumeiro o alarmista estado da nación. En canto os mineiros volten a secuestranos nas estradas veremos a complaciente actuación dos medios de comunicación (encabezados sen vergoña polos que teñen intereses industriais no sector) e a "nórdica" presencia das forzas de seguridade.
Sobor de todo teremos ocasión de comprobar novamente como se botan os cartos públicos nas mans privadas e subvencionamos a queima dun producto sen que se poñan medidas verdadeiras para dotar de alternativas ás zonas afectadas; seguiranse a construir edificios para deixar valeiros ou subempregados (Hospital de Laciana, Centro de discapacitados de Fabero etc.) e vías de comunicación a ningures ou, aínda peor, destrozando o único tesouro perdurable que ten este territorio: A natureza.

Hai actitudes moi cómodas de xente que vai ben na burra e non move peza nin individualmente nin como colectivo cara a iniciativa, a formación, a innovación... só saben berrar e querer permanecer; o tempo será un xuiz implacable.

A lingua falsa e a lingua afiada

OUUUUuuuu... Falsa debía se-la lingua do vil debate, mais vaille custar á lingua d@s galeg@s outra reviravolta lexislativa liberadora...de odios. A sociolinguistica é unha ciencia e fai estudos empregando ferramentas científicas universalmente aceptadas e que determinan si un estudo é válido e si dous ou mais estudos son comparables; a tertulia radiofónica non é unha ciencia e non require nin ler ou ter coñecemento directo do que se está a falar para cobrar uns cartiños por pasa-lo rato e "sentar cátedra". Así sentanse 4 a falar dun estudo sobre o estado da lingua galega e a comparación con outro estudo feito vai 15 anos e ningún dos 4 leeu o primeiro e moito menos sabe si é comparable co segundo.

Falar por falar falo eu; que vou pola rúa en Ponferrada e escoito falar galego a alguns cidadans case sempre maiores e case sempre en grupos de 2 ou 3. Tamén sei onde morre o galego: "no berce dos recen nados" ós que, nin sequer ás avoas que rematan de falar polo mobil en galego coas amigas ou a familia, lles adican un agarimo na súa lingua 'vernacula'. Debería facer un estudo sesudo do estilo dos da RG para concluir...o galego progresa como ferramenta de comunicación entre os que o falan (intégrase nas novas tecnoloxías como o teléfono mobil) mais non terá falantes novos de seu en 10 anos.

Alguén na RG chegou a dicir que habería que obrigar de algun xeito... si obrigación xa hai, mais ninguén a exerce. Si un cidadán recibe un documento oficial no que o seu nome non figura tal e como está no DNI non o pode rexeitar si a semellanza é 'razoable'. Si ó funcionario do rexistro lle peta non acepta un documento co nome dun raparigo en galego e NADA vai suceder ó respecto. Mais o que verdadeiramente dá pena é que solicitar que eses preceptos legais se cumplan é "buscar problemas" e os "villinguistas" non saen a defendelos... o caso ten mal pronostico meus e dificil solución.

Biertono

Collage de mosaicos pixelizados
en cores que afastan a néboa,
tsunami de indiferencia e prepotencia
vida do centro en comunicados.

Colleita tinta e gorentosa;
verde, marrón e roxa
sabores que baixan pola gorxa,
saen desta terra portentosa.

Crise? e o nacionalismo enerxético

OUUUUuuuu... Como caseque todo o mundo nestes días de maio tiven a impresión que o da crise é algo que debe afectar ó mundo financieiro e disminui-las perspectivas de beneficio dos poderosos porque o que é á xente non semella afectarlle moito polo de agora nin a crise financieira, nen o alto prezo do gasoil, nen a suba dos alimentos, semella que nin o troco climático.

Claro que eu só podo afirmar que había moita xente de turismo nun lugar concreto que ben merece ser visitado e que, polo da agora, non semella ter prezos á altura de outras zonas de turismo consolidadas. Serán as estatisticas do consumo familiar as que lles digan ós economistas a súa verdade, mais vendo as rúas cheas de xente, os coches e as terrazas un pensaría que a crise é noutro sitio.

Si que debeu ser noutro sitio onde as agrupacions que pedían que a enerxía electrica tivese en conta na súa tarificación a distancia á fonte de producción e os gastos de rede ou que os centros de producción pagasen os seus impostos no territorio onde realizan a súa actividade e, polo tanto, xeran os seus impactos; si que debeu ser digo outro sitio onde esas agrupacions de persoas eran "Nacionalistas" e a prensa os perseguía por plantexamentos "insolidadrios" porque agora todo eso semella moi racional polo menos eiquí no bierzo.

Xa non falo da anecdota do noso "abuelo cebolleta" sobre que sobra auga e que habería que impedir que o Sil marchase do bierzo con tanta sen aproveitar ou a outra dicindo que no bierzo as empresas que se implantasen deberan ter enerxía "casi gratis"; senon que, incluso, o PP se apunta a unha rebaixa do 15% do prezo da electricidade, iso sí; só para empresas e só para algunhas que resulten de alto valor tecnolóxico. Así pois a reviravolta queda enmascarada polo paso do tamiz ideolóxico concentrando nas empresas o argumento dos custes da distancia ós centros productivos e deixandonos @s cidadans de a pé coa "igualdade" de ter mais ou menos recursos segundo si a empresa que emite CO2 ó lado da casa paga os impostos en Madrid ou en ... onde seña.

Oportunismos patéticos

OUUUUuuuu... Está moi ben que os partidos políticos fagan pública polos medios que podan as súas posicions respecto ós acontecementos e situacions que preocupan á cidadanía do seu ámbito de actuación en xeral e tamén sobre os temas de política internacional. Mais aínda si se trata de formacions "centrífugas" acusadas sempre de ter unha visión limitada ás súas reivindicacions mais ben "aldeanas" e ó salaio contínuo para que se lles aporten solucions (pensions, subvencions, obras...).

O partido do Bierzo ten algunha xente nova na súa directiva e nótaselle; é xente que percura manterse no faladoiro público co traballo escuro que significa non ter acadado nengún posto representativo nos ámbitos electorais ós que acudiu. Mais en troques de se centrar nas súas propostas de goberno e na reivindicación dun marco DEMOCRATICO e participativo para toda a sociedade seguen coa táctica aprendida do seu fundador de efectuaren golpes pequenos de impacto mais ben local; claro que con semellante mestre o erro non podía tardar.

Opinar sobre a política internacional non se fai dende a nada, os gobernos, os partidos e as sociedades deben adaptarse ós trocos si estes se producen mais ¿como explicar un troco de actitude sen que existise un troco de circunstáncias?... Iso é o que pasa agora coa campaña "Tibet-Bierzo".

China segue a ser a mesma dende o punto de vista político que a de 1991 ou a de hai 8 anos... ¿algunha campaña contra a concesión dos xogos olímpicos?, ¿algunha nota de prensa?. Agora corre prisa e, sen pensar, imos á piscina que encheron outros. Sego a preguntarme ¿de onde saen os cartos dos tibetanos? Inestabilizar a China e as súas relacions coa UE pode interesar a alguén mais o importánte non é tanto no participaren en "guerras de outros " senon a coherencia e sabermos distinguir a política das outras actividades humanas.

Dos erros é de donde se aprende.

O mono que non queda "mono"

OUUUUuuuu

Cando o pasado domíngo subín ata "el Morredero" xa tiña eu idea do que dende arriba se ia a contemplar ó ollar cara os altos de Compludo...


Aínda así non daba eu apartado a vista do dramatico espectáculo que, ó meu entender, representa semellante actuación no entorno dos montes de León, e mais sabendo que a enerxía que alí se produza non vai suplir a que se puidera producir realizando as mesmas instalacions nas zonas que realmente precisan da enerxía que eiquí se vai producir.

O mais esperpéntico é que os estudos de impacto ambiental esixidos non teñen en conta o que esas instalacións poden influir no territorio que teñen xusto diante...



Nen os efectos sobre a fauna que alí se tenta conservar nen o impacto paisaxistico... é coma se o concello de Ponferrada a tan só 10 metros dos muiños non existise.

Só quero dicir que si espazos singulares como cabo Vilán mereceran ser santuarios os santuarios xa declarados merecen ser protexidos non só no seu interior senon tamén no seu contorno... E sendo hoxe o día da manifestación a prol da modificación do plano acuicola de galiza me parece xusto que as reivindicacións de protección non queden só na costa senon que, rompendo o clásico desequilibrio do país, fagamos conta que tódolos entornos naturais merecen ser tidos en conta á hora de planificaren os usos que os humans queremos facer deles.

Evolución

OUUUUuuuu

Ó longo do tempo os humanos temos feito as nosas moradas (ocupado o espazo) de diferentes xeitos ata chegares á tupida rede urbana actual; dentro desta rede non é difícil distinguir entre aldeas, vilas, cidades, URBES e megápole. Si, xa sei que volto a botar mán da imaxinación para describir algo que xa está mais que visto, pero é así como alcanzo a describi-lo que percibo.

Ponferrada nestes 9 anos que levo morando nela ven de acada-lo chanzo de URBE para ben ou para mal. A conexión cunha vía de alta capacidade, o remozamento urbán incrementando o espazo peonil e desprazando a circulación cara un círculo ó redor do centro, a creación de zonas urbanas novas, a aparente mellora do transporte público... todo iso acadou o seu colofón coa apertura dun macroespazo comercial.

Eu non son moi partidario dese tipo de lecer aínda que recoñezo que nun día de choiva é mellor pasear por un espazo cuberto que quedar na casa e malia que a presenza de multitudes non me arreda ó certo é que xa dende fora o aspecto de mercado "reconvertido" por obra e maxia do márketing non se lle pode negar...Mais,!!! Que diferentes as mazás e a verdura dun mercado na rúa ás que están asépticamente envoltas nos plásticos da modernidade ¡¡¡. Este tipo de centros constituen os novos templos do consumismo e do isolacionismo da sociedade occidental actual e coas súa presencia calquera cidade se ve impulsada cara a unha nova categoría urbanística.

Normas para uns e para outros

De tódolos xeitos o que mais me indigna do acontecemento este é o xeito que se ten de facer certas cousas; hai uns meses coñeceuse en Ponferrada que un establecemento hostaleiro de ocio nocturno non podía abrir-las súas portas por non teren marcadas as liñas do aparcamento... Eu, que acudín ó acto de inauguración do centro, non vin mais que cables descubertos, roturas en chans e paredes, un parking tan cheo de polvo que a xente que tiña que dirixi-lo tráfico precisaba mascarilla e unha iluminación que fallaba minuto si e minuto tamén... O que ten moito delito dado o barato que lles saiu poñela.
Nun aspecto mais legalista indigname que eu para poder visitar a que sería a miña vivenda tiven que agardar a ter a licencia de primeira ocupación e aquí temos unha chea de locais sen licencia de apertura e sen luz 'oficial'.

Bruan meu, logo imos adiante...

OUUUUuuuu

Seica andan as cousas revoltas mais aló do manzanal. A redacción da reforma de estatuto da macrocomunidade castelan-leonesa no pazo do congreso en Madrid inclue unha mención á realidade diversa do dito territorio e, concretamente, á singularidade do Bierzo.

Eu estou conforme con que se trata dun territorio singular mais aló da fermosura da súa paisaxe e do indubidable valor do seu patrimonio histórico i étnico-cultural; o que non me convence é que para determinar xuridicamente dita singularidade se argumente coa "traxectoria institucional" porque as institucions, aínda formando parte da paisaxe humana, son froito das situacions; moitas veces cruentas, da historia que é algo para contar, investigar, lembrar e ter en conta mais non para fornecerse de ferramentas cara a un entendemento que nos permita a tod@s conquerir unha sociedade mellor entre nós (os humanos) e para o medio no que moramos.

Lamento que neste debater, escribir, publicar, completar e por en marcha un xeito de nos gobernar (no que nos deixan) dende preto se deixen de lado a perspectiva da democracia e a realidade social do territorio berciano. SI, xa sei que os partidos que están a dirixir-lo debate son os que obtiveron representación nos derradeiros "cómicos"; mais coido que as ferramentas fundamentais de goberno deben emanar e ser aprobadas de xeito inequívoco pola poboación á que se lle dí ser soberana e que no bierzo esa poboación ten un gran compoñente inmigrante que, si ben non posue dereitos políticos, si debera estar contemplado á hora de redacta-las normas e usos de convivencia no lugar.

Hai claro, quen non quere ver ren disto e se aferra a certos intres da historia para negar unha e outra volta o que ata os ollos dun neno poden observar: Existe unha realidade diferente ó que se observa tanto cara ó Leste como ó Oeste e o Norte... unha realidade con forza e con motivos mais que dabondo para se afirmar na súa diversidade sen que elo signifique isolacionismo; tan só un dicir "somos diferentes, debemos ter xeitos diferentes de afronta-los problemas".

Logo está o tema da lóxica económica e a percura da eficiencia... Esta claro que para aplicar medidas políticas nun ámbito e/ou territorio hai que ter capacidade lexislativa sobor delo e ter os ingresos económicos e mecanismos de control dos mesmos que substancien as decisións en feitos; Mais todo esto debe facerse coa óptica da sustentabilidade. E non falo só da sustentabilidade medio ambiental senón tamén da político-social; os cidadáns non podemos soster 7 estruturas administrativas (concello, mancomunidade, comarca, provincia, autonomía, estado e UE) cun sistema fiscal lóxico salvo que cada unha recadase unha parte en virtude das competencias que teña asignadas e que non tivesen capacidade de endebedamento mais aló desa recadación. Moita saco pois para pouca fariña.

Facelo ben e facelo mellor

OUUUUuuuu

En Ponferrada o sistema TuBiCi de alugueiro de bicicletas levaba anúnciado xa uns meses mais ata o final de Xullo non se viron as primeiras 'laranxas' polas vias; algo mais custou ve-las estacions (só 4) pois, ó meu entender, nen son dabondo nen están ben distribuidas. O sistema autodefínese como "lúdico" o que xa é pola venda antes da ferida... o que non resta falla de ambición e coherencia nunha vila que se dí concienciada medioambientalmente. As bicicletas en sí teñen a pega de non ofrecer nengún troco de marchas, ter a cesta de transporte na roda traseira (mais doada de roubar sen que te decates), Non teñen luces nen dispositivos reflectantes.
O sistema é barato; só 3 € o abono e ten longa duración de alugueiro (ata 4 horas), mais un horario moi limitado (de 8 a 21 en veran e a 17 en inverno).
As xa mencionadas escasas estacions non se atopan perto das paradas de outros medios de transporte, sobor de todo os interbuans (nesta zona o autobus pois o tren de cercanías semella un burro-taxi) nen de centros de uso público ou con grande cantidade de empregados (xulgados, facenda-correos, hospital, centro de saude).
En resumo, é unha boa iniciativa mais se lle debe pedir un pouco mais de rendemento como alternativa de transporte urban claro que elo esixiría a sinalización de roteiros bici prácticos dentro da cidade e unha grande laboura de conscienciacion ós conductores.

Na nosa recente viaxe só podo atopar un punto "gris" e foi a imposibilidade de alugar unhas bicicletas para andar pola cidade. Dende a nosa chegada chamoume a atención a grande cantidade de xente coa mesma bicicleta; logo, ó ver as 'estacions' comprendín de que se trataba...

Como punto de referéncia e horizonte de mellora gustaríame sinalar a VÉLIB: o sistema da "mairie de París" de movilidade ciclista. Un sistema que ofrece unha auténtica opción para os desprazamentos curtos ata 30' que son gratuitos (logo se cobra progresivamente en tramos de media hora) e que ten un grande número de estacions de tal xeito que cada 300 metros hai unha en todo o centro da cidade (aínda estaban poñendoas cando fomos) e sempre perto dos edificios mais frecuentados e das estacions de transporte público mais senlleiras.

Os milleiros de bicicletas dispoñibles teñen 3 marchas, luces e reflectantes, candado con chave para aparcalas provisionalmente e levan unha cestiña na parte anterior.



Pódese optar polo abono anual ou por bonos de curta duración (1 ou 7 días) contra tarxeta de créto que se poden opter nas mesmas máquinas expendedoras.






Tanto a web como as máquinas dispoñen de interface en frances, ingles e castelan e te podes informar en tempo real de donde se atopan as estacions mais próximas e cantas bicicletas-postos libres ten. Sinalo o dos postos libres porque, a certas horas, tiñan serios problemas nas zonas de xantar para atopar onde deixa-la bici dentro do prazo de media hora o cal fala claramente o éxito da iniciativa. Hai gran abundancia de roteiros ciclables sinalados, hai sinais de tráfico específicas para guiar ós turistas en bicicleta cara ós puntos de interese e os conductores son rigurosamente respectuosos cos ciclistas que, á súa vez, respectan semáforos e pasos de peons e sinalizan a súa proximidade coas campaiñas das bicis.

Precencia do Bierzo, ausencia do galego

OUUUUuuuu Ollando os programas electorais das ainda non ben rematadas eleccions locais puiden, aplicando o 'pensamento lateral', decatarme do que NON puñan... Por sorte non había nen houbo, que eu souber, nengunha referencia a ningun conflicto linguistico... de feito só nun artigo moi concreto atopei referencia a tal situación no panel político berciano.

En troques O Bierzo SI está presente na política galega como ben reflexa a derradeira proposta non de lei aprobada no parlamento galego que, si ben coa priemira e normativa intención de apoiar ó galego das zonas limítrofes á Galicia administrativa, fai un deseño de presencia destes territorios na vida do país. Mais falta ainda moito para que se poda dicir que a administración galega non vive de espaldas a estas 'zona de lindes' por exemplo no plano empresarial... no plano do desprazamento de persoas para servizos... no establecemento de asociacions ou iniciativas conxuntas que, igual que os programas intereg fan nas fronteiras estatais, axuden a integrar esforzos con semellantes liñas estratexicas.

Porque non se entende que un espazo natural teña por límite unha fronteira administrativa (podería facerse unha canteira ou unha incineradora ó pé mesmo dun parque natural), non se entende que unha empresa teña que renunciar ás subvencions para a normalización linguistica por se instalar en solo industrial a 30 Qm do límite administrativo si nese territorio tamén se fala galego e se dí querer fomentalo, non se entende que os planos de mobilidade e transporte público ignoren á maioría dos desprazamentos que fan os habitantes dun entorno concreto (leede Valdeorras) cara ó principal núcleo urbano dun deses territorios (leede Ponferrada)...

tonechada contradictoria

OUUUUuuuu

Dende que o día 17 vin unha parte do show dos tonechos adicado á lingua galega apreciei que a capacidade de rirmos de nós mesmos é un indispensable elemento á hora de abordar a cantidade de lerias que rulan ó redor do principal vehículo de comunicación e afirmación do que dispomos.

Non é que me pareza mal nen moito menos; todo o contrario vexo positivo que sexa pola vía do pragmatismo que a realidade, esmorecente mais ainda viva, do galego nas terras do bierzo se faga patente.

Dicía Tucho tentando de explicarlle a Tonecho quen era Castelao que "segundo as derradeiras enquisas punto arriba, punto abaixo pois ainda estamos pendentes do voto emigrante... Castelao é o pai da patria." Tonecho retrucou: "!!!A patria, a isa sí que a coñezo eu ben¡¡¡ si oh...". Mais adiante os tonechos dan en conta que para saber quen fora Castelao había que desenterrar o seu cadaleito do panteón dos galegos ilustres e levalo á escola... Nen cavilando nelo se podería dar cunha imaxe tan potente do que ten que ser a recuperación da lingua.

Eis eiquí que no bierzo se fala galego "na intimidade" i, engado eu, "baixo intimidación" pois expersarte en galego en público semella, ás veces, unha especie de declaración de intencions políticas que pouco teñen que ver co capital cultural e moito cos medos dos que gobernan...

Mais a relación cultural con Galicia e coa lingua dos seus antergos acudelles cando miles de turistas chegan ás tendas e queren un "Recuerdo de Ponferrada"; alí mesmo onde se nega a existencia de lectores de literatura en galego se venden "conxuros da queimada" en paneis de louza listos para colocar nas cociñas dos fogares dos visitantes ó tempo que lembran as viandas tan suculentas que comeran aquel día en...
Tamén lles acude esa temida 'invasión' cultural cando; relegados a un segundo termo polos massmedia autonomicos, teñen que enviar milleiros de correos a San Marcos para que a TVG emita o partido que a Ponferradina xogaba en Almería; mágoa de resultado, a relación emocional que provocaría unha victoria salvadora coa lingua poderia ser moi interesante cara ó futuro.

Bueno, só recomendarvos que acudades por estas terras para disfrutar da paisaxe, do xantar, do viño e dun paseiño...

Fronteira non, encontro

OUUUUuuuu

Dempois de escoitar , sen sabelo, o derradeiro asubio alegre de quen me deu vida acudín ó teatro Bérgidum a participar da festa do "galego-berciano" na entrega dos premios xarmenta. Acudín a participar porque para "facer bulto" non facia falla...



Foi un acto completo dabondo, con actuacions musicais bercianas, galegas e do mundo e no que se falou "berciano", galego, castelan e sefardí.

Ainda sorprendeume polo seu manexo das cordas e coitelos das verbas, Uxía agasallounos con 3 luceiros do mais clásico repertorio galego un deles -"unha noite na eira do trigo"- de fonda lembranza emigrante que me voltou a levar ás xuntanzas das fins de semana caraqueñas... Dona Argentina Frey e 'alegría berciana' puxeron imaxe e voz ó que é o singular sincretismo "galego-berciano".
A remozada música sefardí de Sirma amosou artisticamente a escencia do encontro que ten lugar en "terras de paso" como esta.
Rapabestas fixo notas da singular paisaxe e idiosincrasia berciana.
Os de Vagalume cos seus 'curtos' teatrais antes de cada entrega oficial deron boa mostra do "humor galego" e da extensión das teimas é redor da lingua mais aló dos ancares.

Da parte política só me quero referir á presencia do 'consejero' de cultura da JCyL porque me sorprendeu a altura da representación política enviada dende Valladolid e o contraste coa auséncia (polo menos na escea) de representación política do concello de Ponferrada...

A emocionada digresión de Amancio Prada lembrando como coñeceu él a escencia do galego na terra berciana ainda antes de saberes da existencia do idioma coma tal e a súa emoción ó recibir os versos rosalianos na lonxana terra de pucela abríronme os ollos o titular da entrada: O bierzo non é fronteira, é encontro. Tivo/ten a oportunidade de estar como "Portico de Galicia" na 'internet medieval' que era o camiño e aproveitouna multidireccionalmente.

O discurso do presidente da RAG puxo moitas cousas no seu sitio; en primeiro lugar: Non se trata da festa da cultura galega no bierzo; trátase da festa da cultura "galego-berciana", unha homxe ós que se esforzaron i esforzan en conservar, difundir e transmitir uns valores i expersions tan propios como galegos.

As dúas reivindicacions do acto:

  • A construcción da "casa Sarmiento" en Vilafranca do Bierzo

  • A reivindicación de Antonio Fernández Morales; autor cababelense de adopción que publicou en 1861 un "ensayo poético en dialecto berciano" con 15 poemas en galego. e a proposta para lle adiacar o día das letras galegas nos vindeiros anos.

Entelequia Enerxética

OUUUUuuuu

Ten o debate "práctico" sobre o futuro enerxético e sobre o transporte moito de política e debe telo para que resulte efectivo.

Partimos dun modelo que esta a dar signos de esgotamento: A producción enerxética baséase nun "mix" no que predomina a combustión de carbón e derivados do petroleo e a enerxía nuclear; está medrando a producción con 'ciclo combinado' e alguhas fontes renovabeis "non constántes" (eólica principalmente). No transporte estamos ainda no imperio do motor de combustión a base de derivados do petroleo co nacente pulo de combustibles mixtos (biodiesel) e motores mixtos (híbridos).

Os tres principales problemas son:


  • O innegable efecto invernadoiro sobre o cuia orixe podería admitirse debate mais sobre a súa velocidade é CULPA do desenrolo tecnolóxico-industrial dos derradeiros 150 anos.

  • A dependencia enerxética dos paises occidentais (en especial de europa) que lastra gravemente as opcions de futuro das vindeiras xeracions.

  • O encarecemento e progresivo esgotamento do petroleo e o gas natural froito da lóxica limitación natural das reservas e da entrada no mercado dos millons de consumidores dos novos paises desenrolados (China e India) cuias clases medias ainda que fosen mais conscientes que as clases medias europeas de hai 20 anos consumirán mais petroleo ca eles polo simples feito de seren mais.



No número de Novembro da revista Investigación y Ciencia faise un repaso á situación do troco climatico produccido polo "efecto invernadoiro" e as medidas que poden contribuir en conxunto a paliarmos a emisión destes gases sen afectar ó desenrolo económico mais SI trocando alguns dos nosos hábitos.

Cito en concreto o artigo ¿que facer co carbón? porque afecta moi de perto á bisbarra berciana i entra nun tema que se atopa no debate político local: A captación do CO2 producido na combustión do carbón evitando a súa emisión a atmósfera.

Ten o proxecto do CIEMAT para o Bierzo demasiado calado político pois o se tratar do proxecto "duns" os "outros" semellan adicarse só a sementar dúbidas no doado camiño da grandielocuencia e a inconcreción dos primeiros.



Ten moitos valores que remarcar un proxecto coma este para que se ande a facer política de "postiños" con él. A simples opción de seguir producindo enerxía co carbón sen que repercuta na emisión de CO2 á atmósfera debera ser motivo dabondo para a esperanza desta terra.
Que un centro de investigación sobre as dúas facianas do tema (captar o CO2 e almacenalo) se faga no bierzo constitue un xeito lóxico de centrar a investigación alí donde está o problema.

A elo se engade a "posta en valor" dunha instalación histórica e condeada á desaparición como era a central vella da MSP na marxe do sil dentro xa do casco urbán de Ponferrada que se vai a adicar a 'museo da enerxía' con visión de futuro (espero)

A "aparición" de proxectos paralelos de empresas que figuran no proxecto CIEMAT-Bierzo só indica unha vontade obtruccionista e a necesidade de xustificarse; pois sin que ningúen llo pregunte respostan a ¿porqué non se fixo esto antes?:
La apuesta por buscar fórmulas para “secuestrar” el CO2, se produce según Pizarro, en un contexto en el que los costes que generan hacen rentables los estudios. “Cuando se pone precio al CO2, empieza a haber costes y compensa la investigación”


Porque haberá que explicar que no futuro o 'mix' enerxético e de transporte non poderá ser como o actual; á marxe da desaparción ou non da enerxía nuclear de fisión, a desaparición paulatina das centrais de gasoleo e gas natural, a modificación das centrais de carbón como xa se sinalou e a irrupción de formas de producción de enerxia renovables e 'constántes' o futuro será dependente de xeito principal de COMO ESTEMOS DISPOSTOS A NOS IMPLICAR NEL; pois as medidas de eficiencia enerxética deberan estar nas prioridades non só cotians senon (principalmente) nas prioridades de deseño de edificios, máquinas, actividades etc.

Por exemplo: sempre me chama a atención a cantidade de enerxía que se debe empregar na iluminación nocturna; no derradeiro tempo ando abraiado coa iluminación do novo parque da Rosaleda. ¿non sería dabondo con alguna luz menos?, ¿non se poderían por lámparas de baixo consumo ou sistemas LEDs?, ¿non se poderían colocar farolas con captación fotoeléctrica cargando unha bateria polo día para iluminar, cando menos, parte da noite?... Ahí falla a presencia do "pensamento ambiental" no deseño e posta en marcha de moitas iniciativas.

Deixemonos de paos de uns para outros e de críticas non realistas, non existe unha única via para acadar unha contención do CO2 mantendo o desenrolo económico.

Cultura sen lingua?

OUUUUuuuu

Outro oubeo dun desinformado que cavila en altofalante no canto de permaneceren calado.

Lin sobor dos memes, i estiven a escoitar música e a ver un filme... todo normal na miña vida, disperso e sin senso mais de súpeto atopeime con algo que me fixo estremecer: vin unha cultura que medrou e se fixo forte cos seus memes pululando por todo o mundo e que xa se pode afirmar que NON TEN LINGUA VIVA de seu.

A cultura irlandesa se ben non dun xeito tradicional ten mezclado os seus memes no entramado cultural "globalizante" anglo-americano mais mantendo unha identidade própia, recoñecible por calquera. Eses elementos culturais teñen mutado para adaptarse ó vehículo transmisor (e non falo só da lingua inglesa senón do seu xeito de proceder polo mundo adiante) sen perder a "verdadeira alma". Teño cavilado nelo moitas voltas nos adestramentos e sempre me ven ó caletre unha insidiosa pregunta:

¿Podería sobrevivir unha 'cultura galega' recoñecible sen o galego?

Percurei, na miña memoria sen demasiado éxito e tamén na rede outros exemplos de culturas cunha identidade recoñecible mais sen ligazón a unha lingua viva e supoño que os exemplos abundan nas zonas da terra onde a rápidez da globalización ou de outras dominacions pasadas se afirmou facendo desaparecer a lingua local e impondo a do conquistador; como o caso das culturas Maya, Azteca e Inca nas que os elementos culturais foron 'sincretizados' mais a lingua semellou perderse agás o quechua recoñecido xa como oficial en Bolivia, Colombia, Ecuador e Perú. Tamén me lembrei da cantidade de linguas da Norteamérica que viñan nun vello mapa da National Geographic das que posiblemente moitas desapareceron quedando os costumes deses pobos integrados no "folklore do oeste" como mostra da 'benevolencia' dos conquistadores.

Mais hoxe despertei cunha angustia tremenda dun sono sobre a lingua(galega) e as polémicas que algúns montan no canto dela; uns porque teñen medo de sentirse desprazados ou desprezados por non coñecela; outros, rencorosos, só son capaces de idear medidas de promoción da lingua que "devolvan" a moeda da intolerancia e a imposición 'polo ben da lingua' sen decatarse de que o prestixio do galego vai depender de fundamentarse nunha sociedade verdadeiramente tolerante agora que o tema da inmigración abre unha nova fronte neste eido. Tentando lembrar o final do sono, percurei na súa brétema e achei a resposta que tanto me asustou á pregunta que antes fixen:

¿Podería sobrevivir unha 'cultura galega' recoñecible sen o galego?: Si, o exemplo vivo delo non hai que percuralo na Irmandade galega de Caracas (onde este neno aprendeu a nadar) , nin na de Bós Aires, nen en Xenebra···

O exemplo o temos nunha terra fermosa cun clima idéntico ó da Galicia Política, tanto que Pemán é o único que acerta con él; unha terra que nestes días é un Magosto contínuo, unha terra que velaba ós defuntos á galega, que celebra os Maios, que ten contos e cancions coa tematica e as estructuras tradicionais...

O BIERZO.

Propostas sereas e respostas exaltadas...

OUUUUuuuu

Xabier Lago Mestre é o presidente da asociación Fala Ceibe; unha asociación cultural que ten coma obxectivo a defensa e promoción da lingua galega no bierzo.

Mantén esta asociación e o seu presidente (a quen non coñezo persoalmente) unha permanente presecia nos medios de in-comunicación coa participación e a organización de eventos culturais (a Exposicións, doazons de libros...).

E ainda mais...porque mantendo unha liña coherente (coido eu) co que está a acontecer no estado recentemente presentou nun comunicado de prensa (só recollido por Bierzo Digital) unha serie de puntos claves para a reforma do ESTATUTO DE EL BIERZO. A esta proposta quero eu facer unha crítica mais ben unhas puntualizacions mais non sen antes vos invitar a que vexades canto taliban-integrista se pode escudar tra-lo anonimato que premiten certos sistemas de comentarios. Por certo; en ningún punto da súa proposta Xabier dí ren dunha integración do Bierzo en Galiza nen da "imposición" do galego como lingua vehicular...

Nas propostas para o Capítulo primeiro vexo que se esquece de incluir o necesário refrendo dos habitantes dos concellos que se unan (agora? e) no futuro ó órgano supramunicipal. Neste capítulo sae a única referéncia ó galego na petición de que a co-oficialidade recoñecida polo estatuto de "Castilla y León" (art.4) se reflexe no texto regulador deste ente político territorial i é consecuencia deste recoñecimento explicito que se pide tamén que a denominación dos concellos (asunto do que xa trataran noutra ocasión) con presencia de galego falantes (os da franxa occidental desta terra raiana) e do própio territorio. Peca cecaís de un ancrónico apego ós símbolos que nos séculos pasados marcaban a identidade dun territorio (Bandeira etc.).

Nas claves do segundo capitulo postúlase Xabier coma unha persoa con visión política; algo que se lle bota en cara nos comentários mais que eu coido que é algo do que se gabar. Entra nos escuros territorios das competéncias e solicita para o ente territorial unha loga batería delas todas (ainda que non o argumenta) vencelladas pola necesidade dunha organización perto dos cidadans e do territorio e inclue dous puntos destacables: A recopilación do "Dereito Consentudinario" (que é algo que sí imprime caracter ós costumes dun territorio) i a vontade de evitar 'dupliciadaes administrativas'.

Para o capítulo seguinte; o referente ós órganos de goberno escolle o autor un foco interesante; o sistema de elección. Coido que o acerto de manifestarse a prol dunha participación mais activa da cidadanía ó traveso da elección directa non debe quedares empañado por teren esquecido á inclusión dentro do articulado do texto dunha porta para a Iniciativa Lexislativa Popular e para a implantación, por fin, dunha medida tan democrática coma descoñecida A REVOCACIÓN DE CARGOS por iniciativa dos cidadans. Como remate a este punto decídese por crear un auténtico goberno ó optares pola vinculación á maioría política e non pola actual proporcionalidade.

Volta a dar mostra dun afinado senso político cando, no capítulo dedicado á facenda, reclama a "autonomía económica" para este ente territorial e ainda vai algo mais lonxe suxeríndo a creación dun fondo que garanta a solidaridade interna dentro do territorio (eso de que tanto se queixan os detractores do Estatut de Catalunya). Un gran acerto, mais se cadra unha provocación innecesária ós poderes do territorio é a suxerencia dunha taxa ás empresas contaminantes e, por si non quedaba claro, ás xeradoras de enerxia con forte impacto ambental (e que, como teñen sede en Madrid -próximamente en Barcelona-, non pagan taxas pola merda que botan eiquí). Eiquí deixa fora a inclusión ainda que só sexa a modo de "potencia" dos chamados 'presupostos participativos' nos que teríamos gran peso os cidadans.

Remata reclamando que este remozado ente territorial poda ter (como o resto dos entes políticos do estado) dereito á iniciativa lexislativa perante as cortes de "castilla y león" mais esquece novamente o necesário avance democrático que supoñen as ILP

Ben. Agora explico porqué fago eiqui esta crítica... Para podela facer en galego sen que me digan que "non procede".

Tormentinhas

OUUUUuuuu...

Ainda que o ANUNCIO (que non artigo) en vieiros da batería de medidas para a rexeneración de Galiza é do día 9 alguns non se deron por enterados até onte. Nesta ocasión deume por remarcar o único comentário que me semellou non mediado pola testosterona nen outras substáncias...

Son gallego, galleguista y si tengo que definirme más allá de ser humano elijo la "identidad nacional" gallega. Me gusta que como comentário se exponga una traducción del epígrafe en cuestión (en este caso la traducción si puede resultar necesaria pues, entre otras irrealidades, la FPG vive en la irrealidad lusófona; eso sí por coherencia política); también me gusta que se mencionen dos puntos: La presencia en la RAG "desde tiempos de Fraga" y que, en el muy improbable e hipotético caso, la integración politica debe ser 'democrática'; esto es: Decidida por la población NO por los políticos.

Ahora; todas estas "tormentillas" alrededor de anexionismos hipotéticos son tan anacrónicas... Que un padre le diga a sus hijos que siempre tiene la puerta de casa abierta no es una orden para que vuelva.

Tal vez, tanto revuelo se deba a que algunos usan (y ya han usado) esta posibilidad como medio de "chantaje" politico y otros temen ese "chantaje" porque SABEN que más alla de los rancios argumentos geo-historico-culturales existen otros más reales: Económicos, Sociales, Comerciales...(tanto en detrimento de esta zona respecto a León como de su relación con Galicia) que si pueden "dar alas" a esa opción.

También están los que simplemente quieren asustar con el Coco de la 'ruptura'...


Está na mán dos cidadans por no seu sitio tanto ós que empregan a xantaxe rupturista como medio politico (pois indica que non teñen mais ideas nen iniciativas ou coidan que o que tanto din amar e defender non ten posibilidades de seu) como ós que só saben asustar co medo; eses que, en verbas da miña comentarista, ainda estarían impedindo a voda de Isabel e Fernando.

Terxiversación innecesaria.

OUUUUuuuu

Non hai cousa que mais me repugne dos medios de in-comunicación masivos que o emprego da súa capacidade de causar alarma de xeito iresponsabel e, ainda mais, a de buscar 'chivos expiatorios' da incapacidade colectiva para afronta-los problemas que teñen os cidadans en termos concretos (territoriais ou sectoriais).

Así, de unha proposta de articulado para o estatuto de autonomía de Galiza (texto en .pdf 284 Kb.), na que se abre a posibilidade á integración voluntaria dos concellos limítrofes con Galiza sácanse titulares coma El BNG plantea en su propuesta del Estatuto gallego la anexión de municipios bercianos que son dignos dos propagandistas totalitarios dos principios do século XX.

Home, tras 30 anos de 'inquebrantable adhesión' é normal que calquer cousa saque de quicio ós que traballaron arreo durante este tempo para "descafeina-lo café" (o famoso teorema do 'café para todos'); doado é agora cun goberno que, de súpeto aparenta aperturista mais o que tenta e de facer de válvula de escape controlado, sembrar medo en espiritus pechados e mentes estreitas.

Sen entrar nas profundidades destas teorias si que quixera que o editor desa nova entrase na semántica e me respora que similitude pode haber entre anexión (anexar, anexionar) e o que o citado texto dí na súa Disposición final terceira:
Poderán incorporarse a Galiza aqueles concellos limítrofes de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante procedementos democráticos que serán regulados por lei.
.
Eu vexo mais ca cegueira, descoñecimento total. É mais, no seu afán de chegar a óso este cadeliño e tódolos demais sáltanse o que verdadeiramente lles debera pór en alerta:
Disposición final primeira
A aprobación deste Estatuto é a forma de manifestación institucional na que se concreta, no momento presente, o dereito inalienábel de libre decisión do que é titular o pobo galego e non supón renuncia algunha a que, no futuro, o exercicio deste dereito poida adoptar outra forma de concreción institucional
.

Xornadas Gastronómicas

OUUUUuuuu

Ben se sabe que son de "bó saque" e que moito me gusta acudir a estas citas gastronómicas. Este ano fixéronse esperar (politicas por medio xa se sabe). Mellor prezo, veremos si mellor calidade. A min xa me falla o mellor sitio; espero que só por este ano.