Facelo ben e facelo mellor

OUUUUuuuu

En Ponferrada o sistema TuBiCi de alugueiro de bicicletas levaba anúnciado xa uns meses mais ata o final de Xullo non se viron as primeiras 'laranxas' polas vias; algo mais custou ve-las estacions (só 4) pois, ó meu entender, nen son dabondo nen están ben distribuidas. O sistema autodefínese como "lúdico" o que xa é pola venda antes da ferida... o que non resta falla de ambición e coherencia nunha vila que se dí concienciada medioambientalmente. As bicicletas en sí teñen a pega de non ofrecer nengún troco de marchas, ter a cesta de transporte na roda traseira (mais doada de roubar sen que te decates), Non teñen luces nen dispositivos reflectantes.
O sistema é barato; só 3 € o abono e ten longa duración de alugueiro (ata 4 horas), mais un horario moi limitado (de 8 a 21 en veran e a 17 en inverno).
As xa mencionadas escasas estacions non se atopan perto das paradas de outros medios de transporte, sobor de todo os interbuans (nesta zona o autobus pois o tren de cercanías semella un burro-taxi) nen de centros de uso público ou con grande cantidade de empregados (xulgados, facenda-correos, hospital, centro de saude).
En resumo, é unha boa iniciativa mais se lle debe pedir un pouco mais de rendemento como alternativa de transporte urban claro que elo esixiría a sinalización de roteiros bici prácticos dentro da cidade e unha grande laboura de conscienciacion ós conductores.

Na nosa recente viaxe só podo atopar un punto "gris" e foi a imposibilidade de alugar unhas bicicletas para andar pola cidade. Dende a nosa chegada chamoume a atención a grande cantidade de xente coa mesma bicicleta; logo, ó ver as 'estacions' comprendín de que se trataba...

Como punto de referéncia e horizonte de mellora gustaríame sinalar a VÉLIB: o sistema da "mairie de París" de movilidade ciclista. Un sistema que ofrece unha auténtica opción para os desprazamentos curtos ata 30' que son gratuitos (logo se cobra progresivamente en tramos de media hora) e que ten un grande número de estacions de tal xeito que cada 300 metros hai unha en todo o centro da cidade (aínda estaban poñendoas cando fomos) e sempre perto dos edificios mais frecuentados e das estacions de transporte público mais senlleiras.

Os milleiros de bicicletas dispoñibles teñen 3 marchas, luces e reflectantes, candado con chave para aparcalas provisionalmente e levan unha cestiña na parte anterior.



Pódese optar polo abono anual ou por bonos de curta duración (1 ou 7 días) contra tarxeta de créto que se poden opter nas mesmas máquinas expendedoras.






Tanto a web como as máquinas dispoñen de interface en frances, ingles e castelan e te podes informar en tempo real de donde se atopan as estacions mais próximas e cantas bicicletas-postos libres ten. Sinalo o dos postos libres porque, a certas horas, tiñan serios problemas nas zonas de xantar para atopar onde deixa-la bici dentro do prazo de media hora o cal fala claramente o éxito da iniciativa. Hai gran abundancia de roteiros ciclables sinalados, hai sinais de tráfico específicas para guiar ós turistas en bicicleta cara ós puntos de interese e os conductores son rigurosamente respectuosos cos ciclistas que, á súa vez, respectan semáforos e pasos de peons e sinalizan a súa proximidade coas campaiñas das bicis.

No hay comentarios: