¿novo periodismo?

OUUUUuuuu... Onte voltei a ver á personlaización dos secuestradores da democracia. A un señor concédenlle un, seica, prestixioso premio de comunicación latinoamericano i ese mesmo día despáchase a gusto contra a democracia que dí defender.
Ó fio das diferencias persoais e ideolóxicas xurdidas dentro do principal partido da dereita do estado nun período previo a un congreso; que é, coido, o momento de facer debate e que o debate canto mais público mellor é para a democracia. Digo que ó fio destas desavenencias un diputado electo do partido en cuestión decidiu convocar á prensa e facer pública a súa opinión.
O señor premiado asinou unha crónica do desprecio que lle merece o papel do representante elexido "pseudo-democráticamente" e, polo tanto, os votantes do seu partido censal (os que lle votaron a ese deputado e os que non) como cidadans libres para toma-las súas decisións e facer os seus xuizos.
Un "diputado raso", con "aires de facerse notar" "revela"... O periodista que serve ós intereses que os seus patrons lle indican e a un mounstro chamado 'audiencia' que, como conxunto de humanos, é predecible e maleable tenta facer ver que os reperesentantes que os cidadans eleximos non valen nada sen o eco mediático de prestixio que só eles, os deuses do comentario, lle poden dar.
Faga sitio señor Pereiro que este señor ten mais galons, sorte ten, que non sendo galego non lle reclamará o posto que ocupa á cabeza do periodismo galego, ¿ou non?.

A orde alterable

OUUUUuuuu... Nunha proba deportiva na que participei recentemente atopei un folleto de recollida de sinaturas para apoiar unha reforma lexislativa que permita a cadea perpetua nos casos de homicidios pederástas vencellada a un coñecido e desgraciado caso no que a xustiza ten mostrado a súa faciana mais burocrática e alienante.

Mais eu tento facer unha reflexión algo mais que 'en quente' e veño a darlle voltas a que instituir a cadea perpetua é alterar esencialmente os principios que a constitución enúncia sobre o sistema xudicial e penitenciario cuia finalidade é xulgar feitos, condear ós culpables con penas proporcionais á gravidade dos mesmos e a súa intencionalidade e conqueri-la reinserción/recuperación dos individuos para o ben da sociedade.

Entón; ¿hai que facer unha reforma constitucional?; e si esta reforma é lexítima polo alienante da situación que fai que persoas que cometen crimes horrendos poidan sair de prisión ó cabo duns anos... ¿porqué non dicir que mentras eses crimes non cesen non se pode face-la reforma?

Os grandes partidos queren "conducir" á sociedade no canto de estaren atentos a cara onde tira... nin os partidos centrípetos nen os centrífugos se decatan de que a situación da sociedade ven sendo tal que o debate non se debe centrar na territorialidade do marco de decisións senon na transferencia verdadeira do poder de decidir cara ós grupos de ciudadans que se ven afectados por elas.

O marco legal debe ser estable mais non inamobible e a "inseguridade xurídica" das empresas danos risa ós cidadans que vemos como o goberno SI xera inseguridade remodelando sistemas de pensions e seguridade social, sistemas de contratación de tarifas eléctricas ou de telecomunicacions, sistemas de pago de impostos e valoración de bens...sen que saian os defensores da "seguridade xurídica" a dicir: "eh!, que fai 10 anos que lles dixemos que esta tarifa, esta desgravación ou este sistema teñen o aval do estado".

Non vou pois a aceptar que os "representantes" modifiquen o marco lexislativo a petición dunha cantidade de xente 'X' sen pasar por unha consulta a tod@s por moi xusta que me semelle a iniciativa (ainda que coido que deben existir outras alternativas á cadea perpetua) como non me gustaría que a organización territorial do estado se modificara sen unha consulta ás poboacions dos territorios que pensan, coitados, que son unha "unidade de destino no universal" e que el@s sós se gobernarían mellor...

Oportuna xogada... Bidart II

OUUUUuuuu... Diredes que son un paranóico; mais a miña asesora tamén pensa coma min. Xa non fai falla ir ó cinema nin para ver películas ben argumentadas; abonda con encede-la televisión.

Unha cadea de atentados con victimas no medio dun debate sobre a estructura do estado, a ruptura dentro do principal partido da oposición, as discrepancias sobre a solidaridade na financiación entre territorios... E ven "papá estado" (socialista) ó rescate dando un "Bidart 2" (o retorno).

Si, soa a paranoia porque non semella ter un obxetivo concreto... ¿que obxetivo poden ter a morte e o medo?. Víndeme axudar que non vexo.

Pode que se tratase só de que as fontes de información das forzas do estado quedaran descubertas e por elo os atentados chegaban a producirse e, postos contra as cordas, os responsables decidiran que era millor ariscar un golpe así; detendo ó lider dunha organización que ten demostrado ser como a hidra da mitoloxía clásica, que seguir encaixando mortes sen sentido.

Agora pois haberá unha "tregua de reorganización" e logo ¿que?... 40 anos de conflicto só teñen servido para que sexan as ideas as perseguidas porque ámbolos sectores teñen acadado identifica-las ideas dos outros cos actos dos seus extremistas.

Convocatorias xa.

OUUUUuuuu... A enemigo que fuxe: Ponte de prata.

Fai un tempo que se está a maquirnar a cerca dun posible adianto do calendario electoral galego. Dada a situación interna da forza política dominante no pais non sería de estranar que desta mancadura tentase sacar proveito que agora ten a potestade de convoca-los comicios. A min non me semella que moito se trabuquen, por elo coido coherente dar o paso de aprobar unha proposta para o voto CERA e envíala a Madrid sen garantir que se manterá aló a posisción que aquí se ten.

Dende logo, preferíria un adianto dos cómicos a esta situación de "maioría de feito"; porque ZP nestes intres ten mais problemas cos medios de comunicación que non maquillan a situación verdadeira de grandes beneficios da banca mentras se laian dunha crise que só deixa parados e pisos sen vender. O sr. Rajoy dabondo ten con "sorber e soprar a un tempo" nesa versión gore-friki da democracia que practican no seu partido; coitado, a min lémbrame ó Suarez do 1981...

O endiosamento do P$o€ é tal que ata recoñecen a hipocresía do seu lider nas ofertas de dialogo; e por riba veñen os energúmenos das pistolas e as bombas para darlle-la razón. ¿Como faceren algo constructivo nun entorno tan hostil?; hai moita distancia á PAZ e, malia que sosteño que a negociación dos principios democráticos non debe ter que ver coa violencia senon coa vontade de negociar, é moi difícil que nun entorno tan alterado se poda nen tomar un café e falar do tempo.

En Galicia configúranse as "alianzas naturais" que poden traer un partido 'galego' de ideoloxía conservadora (centrista disque) o que aportará equilibrio ó panorama pois fronte a un só partido conservador centripeto había unha opción progresista (alguns chámalle esquerda sen chegar a bermella) centrípeta e outra centrífuga; outra cousa é como se introduza esta nova forza no entramado de "te doy me das" do mundo caciquil e nas mais complexas relacions das zonas suburbanas e urbanas do país.

Criticas e notas ás "táboas do laicismo"

OUUUUuuuu... Chucei a nova mais non tiña espazo nin tempo de facer un comentario mais polo miudo así que aproveito que neste sitio aínda me publican o que escribo.

No díario "Público" resumen en 10 'mandamentos' o modelo de laicidade que defenden para a sociedade; eu que son de natural inconformista vexolle alguns detalles que lonxe de darlle forza ós argumentos os debilitan por caeren nunha especie de "catolicofobia" que non é precisa para acadar a verdadeira separación do sistema politico-administrativo da sociedade e a metafísica de calquer relixión.

O 1º e 2º "mandamentos" son en realidade os mesmos e tentan fundamentar unha educación libre de influenzas relixiosas coa que en xeral concordo mais esquece que moitos pais apuntan ós seus fillos en escolas relixiosas non pola relixión senon porque ó seren privadas ofrecen unha "cobertura" que axuda a concilia-la vida laboral e familiar; logo a solución debera vir da man de que o ensino público 'compita' en igualdade nesas "coberturas"... xa sei que a escola non é unha gardería, mais se os pais non teñen con quen deixaren ós fillos... Concordo co argumento das horas lectivas, ningunha asignatura sobre ética, moral, comportamento cívico, valores e/ou deberes e dereitos debera ocupar tanto tempo mais sí que debera existir unha asingatura dese tipo nos niveis obrigatorios.
Sobor diste tema de educación e relixión quero aportar un argumento i é que o simple feito de que uns pais se teñan que manifestar sobre si os seu fill@ vai a relixión (católica) ou "estudio" (que risa de nome) xa é unha violación da súa privacidade pois obriga a manifestar unha adscripción relixiosa; imaxinemos que hai unha asignatura que se chame "Bloque nacionalista" a súa elección ou rexeitamento obriga a facer unha manifestación pública da posible adscripción política dos pais ¿non?.

O exemplo elexido para falar da imposición dos símbolos relixiosos á administración é pouco afortunado porque é doado de atacar: A persoa finada tiña unha confesión relixiosa e os funerais sexan do tipo que sexan sempre os preside o oficiante da relixión que practicaba o finado e senon lembremos o funeral de lady Di. Era moito mais sinxelo insistir en saber qué pinta un crucifixo na mesa de toma de posesión dos cargos políticos de máximo nivel da administración ou que fai un relixioso (católico ou de calquer outra 'secta') "bendecindo" obras de financiamento público. Este tipo de "destete" é o que precisa a socieade sen caeren en prohibicionismos que propicien victimismo dos que verdadeiramente obteñen privilexios desta situación.

Eu defendo a presenza dos dispositivos de seguranza en tódolos actos públicos que impliquen concentración de persoas e a colaboración das autoridades administrativas na organización de eventos do tipo que seña (carreiras populares, procesions etc.) que impliquen a moitas persoas. A utilización de gaitas e farrapos (himnos e bandeiras) non me preocupa porque nin mato nin morro por elas e non me simbolizan nin representan. O problema da "semana santa" é que realmente significa unha fonte de ingresos para moita xente (moitos deles auténticos fariseos) e impulsan a economía de lugares moi concretos pois mobilizan a moita xente en parte non polos actos en sí mesmos senon polos días de descanso que se lle asocian; mais o certo é que a propia natureza dos actos e a data de celebración (seguindo o calendario lunar) demostran o vinculado que está o rito católico coas manifestacions que dí rexeitar como o animismo, o culto solar/lunar etc. Hai pois unha 'Chantaxe' económico-social que favorece a esta manifestación da relixión católica; o único que se pode facer é iren progresando na limitación do seu impacto no calendario disminuindo o número de días festivos nesas datas de xeito progresivo e facendo que a "semana branca" do calendario escolar NON coincida nas inmediacions da semana santa senon fixandoa no xusto medio entre o remate da segunda avaliación e a terceira cadre como cadre a semana santa de xeito que ámbalas avaliacions teñan o mesmo número de días lectivos e non coma este ano... Tamén haberá que manter un xusto pulso entre a conservación do patrimonio artístico e o financiamento de iniciativas sociais e a "entrega de cartos" para o sostemento das cofradías e outro tipo de organizacions con fins exlcusivamente relixiosos e poño como exemplo o "museo das cofradías" de Ponferrada financiado cos cartos públicos e que non soe estar aberto mais ca na dita semana santa e, coido, serve de "almacén" de 'pasos' e pouco mais.

A presenza de relixiosos católicos no exercito... Poder e poder igual a PODER. A min dame mais noxo ver que na asistencia sanitaria pública (porque na privada polo carallo lle pagan nómina ó relixioso) se lle paga nómina con guardias e todo a relixiosos dunha confesión que logo, segundo seña a súa actitude individual, póñenlle pegas a canto 'servizo' se lles debe solicitar para un doente. É un tema difícil de solucionar porque, efectivamente, hai unha maioría de católicos na sociedade mais ¿xustifica eso o financiamento das prácticas doctrinais nos centros públicos?; eu vexo incoherencias flagrantes; seica se argue que hai que dar consolo (relixioso) ós enfermos e axudar ós moribundos... sen entrar en debates sobre o "bó morrer" ou sobre a incorporación obrigatoria de relixiosos desa confesión ós comités de bioética onde poden acceder ós datos sanitarios dos doentes, eu pregúntome ¿porque non un 'servizo' de baptizo nos hospitais?.

Nin que decir ten que a min o do patrimonio me indigna bastante mais tamén me crea inquedanza porque a figura das "desamortizacions" faime un dano tremendo; vexo mais razoable faceren "contratos de cesión" nos que se garanta o uso para os ritos relixiosos en momentos puntuais segundo o calendario local e que o resto do tempo os edificios en cuestión señan responsabilidade das administracions que se encarguen da súa conservación e de decidiren en cada caso usos e tarifas de acceso. Mais dificultades ofrecen os fondos bibliográficos, auténticos tesouros para estudar a enorme parte da realidade que a relixión católica significou na historia e que non se pode deixar estragar.

Sobre a apostasía e a lei de datos ¿debo engadir mais?...

Do tema do emprego dos medios públicos para a tranmisión de actos relixiosos só vou a argumentar que cando "libertad digital" (ou a emisora de TDT que pentence á conferencia episcopal) emita en todo o estado xa non terá sentido que se ocupe espazo público para tales fines pois a igrexa católica disporá na televisión da súa propia canle como xa ten (e varias) na radio. Outro tema será ¿que facemos co resto?; ¿hai que dárlle pábulo á difusión de confesions relixiosas e ós seus actos litúrxicos nos medios públicos? Si se trata de algo fundamental para o respeto á liberdade relixiosa ¿entón porqué non obrigatorio para tódolos medios?...

Vencellado co anterior está o tema do financiamento; a igrexa católica é a única que ten unha ficha para que o estado lle entregue parte dos cartos da recadación do IRPF que lle queiran adicar os seus practicantes; isto volta a redundar no argumento xa sinalado da "proba de confesión" que é que hai sinalar ou non a adscripción a un rito relixioso. Mais, abondando nelo, ¿porqué as 'outras' non?.

Crise? e o nacionalismo enerxético

OUUUUuuuu... Como caseque todo o mundo nestes días de maio tiven a impresión que o da crise é algo que debe afectar ó mundo financieiro e disminui-las perspectivas de beneficio dos poderosos porque o que é á xente non semella afectarlle moito polo de agora nin a crise financieira, nen o alto prezo do gasoil, nen a suba dos alimentos, semella que nin o troco climático.

Claro que eu só podo afirmar que había moita xente de turismo nun lugar concreto que ben merece ser visitado e que, polo da agora, non semella ter prezos á altura de outras zonas de turismo consolidadas. Serán as estatisticas do consumo familiar as que lles digan ós economistas a súa verdade, mais vendo as rúas cheas de xente, os coches e as terrazas un pensaría que a crise é noutro sitio.

Si que debeu ser noutro sitio onde as agrupacions que pedían que a enerxía electrica tivese en conta na súa tarificación a distancia á fonte de producción e os gastos de rede ou que os centros de producción pagasen os seus impostos no territorio onde realizan a súa actividade e, polo tanto, xeran os seus impactos; si que debeu ser digo outro sitio onde esas agrupacions de persoas eran "Nacionalistas" e a prensa os perseguía por plantexamentos "insolidadrios" porque agora todo eso semella moi racional polo menos eiquí no bierzo.

Xa non falo da anecdota do noso "abuelo cebolleta" sobre que sobra auga e que habería que impedir que o Sil marchase do bierzo con tanta sen aproveitar ou a outra dicindo que no bierzo as empresas que se implantasen deberan ter enerxía "casi gratis"; senon que, incluso, o PP se apunta a unha rebaixa do 15% do prezo da electricidade, iso sí; só para empresas e só para algunhas que resulten de alto valor tecnolóxico. Así pois a reviravolta queda enmascarada polo paso do tamiz ideolóxico concentrando nas empresas o argumento dos custes da distancia ós centros productivos e deixandonos @s cidadans de a pé coa "igualdade" de ter mais ou menos recursos segundo si a empresa que emite CO2 ó lado da casa paga os impostos en Madrid ou en ... onde seña.