OUUUUuuuu... Como caseque todo o mundo nestes días de maio tiven a impresión que o da crise é algo que debe afectar ó mundo financieiro e disminui-las perspectivas de beneficio dos poderosos porque o que é á xente non semella afectarlle moito polo de agora nin a crise financieira, nen o alto prezo do gasoil, nen a suba dos alimentos, semella que nin o troco climático.
Claro que eu só podo afirmar que había moita xente de turismo nun lugar concreto que ben merece ser visitado e que, polo da agora, non semella ter prezos á altura de outras zonas de turismo consolidadas. Serán as estatisticas do consumo familiar as que lles digan ós economistas a súa verdade, mais vendo as rúas cheas de xente, os coches e as terrazas un pensaría que a crise é noutro sitio.
Si que debeu ser noutro sitio onde as agrupacions que pedían que a enerxía electrica tivese en conta na súa tarificación a distancia á fonte de producción e os gastos de rede ou que os centros de producción pagasen os seus impostos no territorio onde realizan a súa actividade e, polo tanto, xeran os seus impactos; si que debeu ser digo outro sitio onde esas agrupacions de persoas eran "Nacionalistas" e a prensa os perseguía por plantexamentos "insolidadrios" porque agora todo eso semella moi racional polo menos eiquí no bierzo.
Xa non falo da anecdota do noso "abuelo cebolleta" sobre que sobra auga e que habería que impedir que o Sil marchase do bierzo con tanta sen aproveitar ou a outra dicindo que no bierzo as empresas que se implantasen deberan ter enerxía "casi gratis"; senon que, incluso, o PP se apunta a unha rebaixa do 15% do prezo da electricidade, iso sí; só para empresas e só para algunhas que resulten de alto valor tecnolóxico. Así pois a reviravolta queda enmascarada polo paso do tamiz ideolóxico concentrando nas empresas o argumento dos custes da distancia ós centros productivos e deixandonos @s cidadans de a pé coa "igualdade" de ter mais ou menos recursos segundo si a empresa que emite CO2 ó lado da casa paga os impostos en Madrid ou en ... onde seña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario