Vin o sol e saín;
cegoume cun ollar de terra orballada
que me fuxiu logo de me fundir.
Puiden centrarme;
Fixen do peso, impulso;
da vergoña, alento;
de querer, poder.
Trocou o vento;
rolou no medio da travesía,
Saquei forzas para remar
camiñei sen afrouxar
facendo do motivo, precaución;
da meta, intermedio;
de conquerir, compartir.
10.6.08
23.4.08
Libro, Loito.
No día do común(Hero) sego vivo e nesta guerra que libro; combato contra os enemigos internos das sensacións i externos dos desalentos, enfrentado coa ligua bí-filar que curta mais ca comunica; enrrevesada maraña buro-xudiciaria da in-clemencia. Inasequible ó esgotamento de loito no me cubro, loito; facéndome o hipócrita sueco, ignorandome cando tropezo, empuxando tras cada treino.
Os malabaristas do coitelo xulgan as miñas verbas co calibre da súa norma o que dín non lles ten conta, só interesa a súa forma.
A vida florece nas puntas das prantas verdes, a morte enseñorea os pasillos e as aldeas. Soidade victoriosa na festa solidaria; mal pan de hoxe da fame do mañan.
Sego, pois fendendo na fenda sen fenderme a testa de odio ou tristura, que non hai cousa mais fea que a amargura nen mais triste que non ter senda.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
6.1.08
LIBERDADE
Compoñentes: Libre albedrio + coñecemento
Facer algo sen coñecemento e con libre albedrío non é liberdade é actuar ó chou.
Facer algo con coñecemento sen libre albedrío non é liberdade é esclavitude.
Unha decisión libre baséase na capacidade de elexir e no coñecemento da información relevante para elo, entón non hai erro senon responsabilidade.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 1 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
14.10.07
Dúbida intolerábel da inconsciencia,
Débeda consciente da tolerancia,
voz que brilla ó traveso da brétema,
ollar no que rompe a esperanza.
¿Es torre ou es facho?
Ámbolos dous e ningún.
Sorriso aberto no breve amencer;
nunca serán meus os teus serans de Xuño.
Desterro de min mesmo, illa, onda,
aloumiño segredo, invisibel, intanxibel...
AUTÉNTICO.
Como o desexo do futuro que se achega.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
27.5.07
Polas túas ondas xigantes e mornas
son impulsado i esmagado...
Polo tremor devastador desas horas
nas que esquezo e son atopado...
Polas cegueiras, cicatrices fondas
,que me teñen da luz privado...
Porque non e porque si
CALO.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
17.5.07
27.4.07
Rajoy e Castelao
Dixo tamén o home chamado a dirixi-los nosos destinos que "de momento estar vivo y luego ya veremos"; Castelao retrucoulle xa no lema do escudo constitucional do anterior estatuto: "Denantes mortos ca escravos".
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
8.3.07
Muller
OUUUUuuuu
Como dixen no xantar:
Brindo polas mulleres; porque si elas gobernaran o mundo habería mais homes felices.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
13.2.07
No Introitus
OUUUUuuuu
Como xa pasou o cocido...
no que loitamos por encher este valeiro físico...
Como xa abriron as mimosas e se escoitaron os primeiros trinos
Sabemos que o ven ahí... O entroido que xa leva 3 semanas de emocions no tríangulo máxico.
Vai ser algo totalmente diferente. A forza da ausencia, o tempo que non deixa de pousar o seu peso de vellice e borralla, o nosos rapaces de cigarons... As novas condicions de "pernocta" en Laza, ¿trocará a calidade do likorkafé?.
Dios, que ledicia se me mete no corpo só de imaxinarme alí neses días.
Entroido mais ca nunca, entroido mais ca sempre
entrando pola porta, saindo a "catro pés"
cantandolle a Maruxa, cantandolle a Xosé
bailando sen vergoña, danzando até caer.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Kas Meijome, Verbas
28.1.07
Imaxes do home
Atalaia dende a que abrín os ollos ó mundo
Carballo grande, sombra do verán, protección no inverno
Fonte da que bebín as esencias da lingua e do "sermos"
Rompeondas no que bateron as presas de neno barbudo
Firmamento no que non atinei co roteiro
ata que a paternidade me amosou a túa guía
Abrazo agardado, desexado na porta da festa; alegría
Asubio pola mañan, música da banda ó mediodía
Agasallo dos meus bens, premio dos seus esforzos
GALEGO de Palmou, de Lalín e do mundo enteiro.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Kas Meijome, Verbas
20.1.07
Espertacheme da inconsciencia de min mesmo
sei que a emoción que me condea é a miña esperanza
a realidade de cada día nin é ceo nin abismo
a clave da felicidade esta no valor da lembranza.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
24.11.06


Vin a liña do amencer
na aurora dun sonriso
o abrigo que me sosten
nun ollar coas cores da terra
promesa de redención no son
dunha fonte de voz con voz de fonte
que xustifica cada gota
de suor, bágoa ou sangue.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
31.8.06
Tendeuse a moza galiza
na praia das mil festas
do sol a disfrutar...
mais ¿que seria o que
veu a súa faciana manchar
con pecas marrons e negras?
¿como sería en tan pouco tempo
i en tan concreto lugar?.
Mil cabezas ten a hidra
do lume forestal;
son paisanos os que o encenden,
e os que acoden ós apagar.
Os politicos non entenden
do monotono fungar;
o noso capital arde
¿porqué alguén o quere queimar?.
Cinzas, fume, noite pecha no serán
tristeza da nosa moza
arde que te arderás
mágoa nas nosas festas
e bágoas para o apagar.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
10.6.06
SOMOS

Á dereita o que temos
obxectos que debemos
apariencia.
Á esquerda o que pensamos
ideas que manifestamos
fachada.
No práctico os nosos feitos
actos da circunstáncia
pegadas.
No teórico esencias superiores
empurradas pola materia
alma.

Moito e nada
nada e todo.
Mais eu coido que ser somos:
os silencios prolongados,
os xestos contidos.
Ansiedade apagada,
escondida, silenciada.

Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
17.5.06
Cumpreanos das letras
DE ETERNAS ANSIAS PASAXEIRAS
DIAS DE FROITOS QUE MADURAN
AGARDANDO CHEGAR A DONDE QUEIRAN
DIAS DE TOXO QUE NON MANCA
A QUEN CON AGARIMO O ENTREGA
DIAS DE FLORES ETERNAS
MIL PRIMAVEIRAS DA LINGUA GALEGA
Hoxe cumpre 8 anos esta chispa que fai anda-lo motor da vida
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Kas Meijome, Lingua, Verbas
7.5.06
20.4.06
OUUUUuuuu
Outra volta nesta data veu a lembranza a me visitar mais, como aquel himno románticista, atopeina estrana e xigante. Apuntada polas luces na noite a egrexia figura refulxía contra o ceo plomizo e non a recoñecía. ¿ou non me recoñezo a min mesmo?.
Achégase a cifra do tango mais eu si coido que é algo e o meu ollar así mo demostra. Tento observar e non lembrar os pasos polas asperezas das esquinas deses vellos recunchos que sempre acoden a mín a pouco que descanso da febril actividade cotian; retahila rutinaria recorrente e reiterada que é a vida en si mesma e que semella roubarma.···
Cavilache algunha vez na vida que che queda por diante?
Morrer os pais, marchar os fillos; a vellicie dos corpos...
eses son os acontecimentos que quedan por diante
as verdadeiras marcas do paso do tempo.
Como dixo onte F.G.: "Cando o horizonte diante dun é menos que o que se ten detrás".
Ven a aurora; ¿borrará esta brétema de lembranzas oníricas que pecha os cúmios por acadar?.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
18.2.06
E hoxe estou en sombra
Dende que o alba rachou a neboa
co fulgor igneo da forza
Dende que a escuridade foi
sustituida pola lembranza
Dende o brilante cumio
enchido polo crú do inverno
Hoxe son burato negro
Que fai desaparecer tódala beleza
do mundo que me arrodea
Que destrue tódala felicidade
que a vida deposita en min
Que absorbe tódala luz
da túa fonte inesgotabel...
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
2.1.06
Navegar pola certeira deriva do tempo, impulsado polos incertos ventos das circustáncias. Escrutando na escuridade da penuria as lonxanas luces, pegadas da felicidade restante, para non me afacer ás xagas nen a enfermidade; esa, que nos fai sentires mal, nos impide facer o que queremos e disfrutar do que facemos.
Ansiaba estar nos lonxes para ollar a fraga e ver si a súa subtáncia merecera todos eses afogos, todas esas dores, o instantáneo esgotamento, a perda do verde; a ramaxe, que fora complicada de descifrar, compactouse nunha lembranza intermitente e perfecta coa vellice dos bós viños atravesando as distancias caseque sen querer.
Desfeitas as lembranzas polas verbas coas que tentaba fixalas fun perdéndome no constante trocar do tempo e do espazo, tentando esquecer o inesquecible: Non se pode evitar o inevitable.
Atravesando cidades coma redes entrecruzadas e interconectadas, teatros de marabillas que se desfan nas repeticions do cotian... Cruzandote con outras vidas cheas do senso que ti tentas valeirar da túa; destrozador de sonos incosnciente nos camiños do mar.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas
29.12.05
LUCEIRO

Que me alumeas por fora do mar interior,
onde mergullo angurias e pesares,
onde afogo pensamentos e soidades...
Que brilas tra-la estrela de neón,
tra-la caixa de cartón e a decepción
no lume derradeiro do día.
Cravo ardente da esperanza perdida,
do tempo non vivido, ocasión non chegada.
¿U-lo o puzo para esquecerme esquecido
desa marca de ahí perto de onde reside a memoria?.
Oubeouno Xosé Manuel Meijome 0 Mais Oubeos Enlazan este oubeo
Etiquetas: Verbas

KanlePalleiro No Tubo
A farola de Praga

