Ay, Se existise Pepito Grilo¡¡¡

OUUUUuuuu

Cantas ocasions non desexamos non oir falar mais dun mal momento na vida. De cantas malas lembranzas debemos facer esforzo por esquencer. A memoria un arma cargada de pasado que dispara no intre menos agardado.

Levo unha seman sen postear... e non é por falla de temas ou de que dicir pois para iso me metin nisto do bloggeo: Para opinar libremente e que sexa doado atopar a miña opinión e non quede dispersa por foros e coméntarios de artigos periodisticos. Levo unha semana sen deixar prenda porque teño a impresión da praia deserta, do océano de area, do silencio escuro e acolchado, do segundo denantes do relampago... Malos sintomas diredes, e tendes razón.

Sego a oubear nesta insondable enredadeira berrando con voz serea oracions dunha melodia inconexa ainda que vivo coa impresión de estarmos engulidos por unha estructura que nos ten convencidos de que opinar non é correcto e que informarse non é preciso...

Mañan Pepito grilo vai ó psquiatra pois o van convencer de que él mentiu e que a indignación que sentiu foi unha manipulación e... veña que pase e rematemos dunha vez.

Xa voltamos

OUUUUuuuu

Foi unha fin de seman moi completa; saiu todo mellor do esperado e os catro o pasamos ben. Porei fotos pronto, pero vos fago un resumo.

É triste que eu o diga; pero o 1,50€ que che cobran de comisión pola venda de entradas por telefono paga a pena. Chegas á porta do museo 5 minutos antes da hora convida e para adentro. Así que na Thyssen entrei ás 10:30 cos meus amiguiños e o pasamos moi ben, falando dos cadros, do que neles se via, de como fixera o pintor para dar a prespectiva e o volume etc. Gustoulles e só o pequeno protestou un pouco ó final. ("Papá: ¿No se acaban los cuadros?").

Como tiñamos tempo leveinos pola Carrera de San Jerónimo cara á escalinata do Congreso dos diputados e quixo a sorte que ese sábado houbese visitas guiadas, así que alí nos metemos (non deixan facer fotos dentror por non sei que acordo cos reporteiros gráficos) Dani sentouse no sitio de ZP e Laura quixose sentar no dos taquígrafos. Moi curioso o reloxio astronómico dunha das salas anteriores.

Logo achegamonos ata o Ateneo de Madrid onde tiñan lugar dous actos públicos un a prol da constitución europea organizado polo PSOE coa presencia da Vicepresidenta (nese intre presidenta en funcions) De La Vega e o que eu quería acudir sobor do "Fraude da constitución europea" no que interviñan Joaquin Navarro, Iñaqui Gil e Angeles Maestro. Non puiden entrar na sala que estaba ateigada de xente e como queira que o rapaz xa estaba farto de estar dentro de edificios en actitude "pasiva" pois desistín de escoitar toda a charla. Mágoa.

Logo seguimos ata a Porta do Sol co seu rebumbio cosmopolita, para que visen en directo "o sitio ese das campanadas do fin de ano". Voltamos pola rua de Alcalá por diante das antigas sedes dos grandes bancos i empresas financieiras coas suas estátuas e frisos, pasamos por diante da academia de bellas artes de San Fernando e chegamos onde "a señora do carro con leons" en fronte do Banco de España e o que agora é Concello de Madrid i era Palacio de Correos e telegrafos.

Logo fumos comer ó Fast Good (a miña dona que está impresionada co Adriá) e podo dicir que ó contrario que en outros establecementos de comida rápida quedamos todos cheos e que a comida non tiña ese desagradable reguesto a fritanga. Foi unha boa experiencia.

Pola tarde fomos ata plaza castilla ó centro de arte 4º depósito para ver ós guerreiros de Xi'an para nos decatar como a educación é capaz de deformar a idea que se fai a xente da realidade da historia... Seguimos a falar de China como algo estrano e misterioso i en realidade sempre estiveron ahí en paralelo ó desenrolo occidental.

Xa caida a noite quedamos sós os dous e fomos ó Teatro do circulo de bellas artes a ver La cena que eu vin coma unha escenificación de "o principe" de Maquiavelo ambientado nun intre moi concreto do final da revolución francesa. Grande interpretación de Josep Maria Flotats e Carmelo Gómez.

Ceamos nun restaurante árabe, pero no un ó uso. La cocina del desierto Coa súa decoración beduina nun local que emula a calquer casoupa do Atlas Marroquí e cunha comida ben elaborada que dá unha boa mostra de tódolos refinamentos culinarios de para abaixo do estreito... As pastas e o té moi, moi bós.

Logo,.... a noite por Chueca. Voulez vous dancer?, que bueno que viniste che¡¡¡.

O do Domingo posteareino coas fotos mais tarde.
OUUUUuuuu

O do Domingo ainda quixo enrevesarse dende cedo mais non nos deixamos; nin as ovellas da mesta nin as manifestacions resacosas conqueriron evitar que por fin Laura vise "As Meninas".



A exposición sobor do retrato na pintura española é moi interesante e ten pezas importántes cedidas por outros museos estatais i estranxeiros.

Logo comemos no barrio das letras e emprendimos a viaxe cara o atasco da M-30 e a néboa da meseta.

A cor do cristal e a constitución europea

OUUUUuuuu

Xa o dí o refran: "todo depende da cor do cristal co que se mire..." i eu engado: "e de canta información estes disposto a buscar...".

Para os lectores de ABC Angel García Seoane é un "comunista confeso...,amigo de Fidel Castro...,Condenado por prevadicación...,Espiado pola CIA...,Expedientado por erguer a súa casa no dominio maritimo-terrestre.". Afirmacions estas moi deleznables para calquera.

A mesma persoa foi para os ointes de "Trebede" (Radio 3) alcalde electo de Oleiros dende hai 20 anos dentro dunha agrupación veciñal de funcionamento asambleario que traballa con presupostos participativos e promove iniciativas para favorecer ós mais débiles....(grabación do programa 12 MB.)

Home; xa sei que ABC e "Trebede" teñen o seu sesgo; pero tanto como para semellar non falar da mesma persoa...

En fin, retirouse a campaña:"porque me lo pide el ministro de exteriores..." para "no interferir en la politica exterior...". Mentras o provocador de Sharon segue a ordear o Xenocidio do pobo palestino e os palestinos seguen a cometer actos bárbaros coa débil excusa da defensa própia.

Un ataque para previr un mal non se xustifica se causa mais mal do que tenta previr



Mentras, europa avanza cara a plutocracia e uns cantos cidadans se tentan organizar para evitar que o fagan co noso consentimento...

Se teño sorte acudirei ó acto público "El fraude de la constitución Europea" o 20-N (boa data nin dios...).

Coido que o mais interesante é a documentación que sobor do tema está "colgada"; mágoa que moitas iniciativas a nivel local están a pasar desapercibidas e que non hai coordinación entre os grupos. Por exemplo eu entereime dunha asamblea sobor do tema en Ponferrada 3 días dempois de celebrada. Unha pena.




Privilexios de outro



O peso da cor do aire que respiras ó despertar

a cor das verbas do teu ollar primeiro

as verbas do reflexo das sabas abertas pola mañan

o reflexo do escuro silencio antes da tua voz

o escuro silencio da luz no grifo aberto

a luz...

o silencio, o reflexo, as verbas, a cor.

ANNO DOUS

OUUUUuuuu

"Probablemente el fuel no toque la costa gallega"
(Asenio Fernandez de Mesa, Delegado del Gobierno, 14 de noviembre)

"Ya ha pasado el peligro mas grave"
(Manuel Fraga, 15 de noviembre)

"Con el Prestige a 60 millas el riesgo no es alto"
(Enrique Lopez Veiga, Consejero de Pesca, 15 de noviembre)

Estes mesmos persoaxes que estaban de caceria o día 13 de Novembro son as que onte dixeron que "o futuro de galicia é brilante" ou "a mentira e dicir que con medios a marea negra houberase evitado".

Pero dempois de dous anos o fuel do Prestige segue a chegar a diario á costa; ignórase o estado dos fundos mariños e continúan as mentiras e a manipulación e polemicas.

A pesares dos informes oficiais os recursos pesqueiros e marisqueiros vense afectados e o paro aumentou en galicia (en especial na costa da morte)e non polo incremento do número de activos senon en cifras absolutas.

Mentras seguimos sin medios para nos enfrontar a situacions similares, séguese sen por solucion ó tema dos residuos almacenados e sen desenmascarar a trama que hai ó redor do fuel.

O asunto escomenza a perder actualidade informativa: agás escepcions (especial de La voz, especial de ADEGA)a maioria dos sites están sin novidades nos derradeiros 9 meses. Os humanos seguimos cos nosos asuntos...

Que vos teñades un bó día que eu non podo.

POLITICA, PRESTIGE E POESIA.

OUUUUuuuu

Como xa indicara mais abaixo, non son un analista politico ó uso; mais non hai que ser moi listo para saber que o mais divertido está por chegar. Que ninguén se confunda; pode que Fraguenstein conquira a absoluta outra volta coa participacion dos "acarrexadores" mais a será o seu canto do cisne (de un e dos outros).

Para quen queira unha semblanza da intrahistoria recente da dereita galega este artigo de Tempos Novos é moi interesante para comprendermos en que punto estamos.

E digo que aproveitemos para rir porque coñecendo a estructura latino-clientelar das relacions politicas non tardará en xurdir outra trama de similares caracteristicas e con similares e rancios persoaxes.

Mentras, o calendario acheganos á data triste do 13 de Novembro. Estou a percurar datos sobor da disminución de capturas nos caladoiros, a presenza de fuel nos fundos e na costa, o impacto na cadea trófica, o aumento do desemprego nas zonas afectadas e a consecuente marcha da poboación nova, as mentiras no canto dos investimentos nestas zonas tanto en infraestructuras coma en politicas activas de emprego... por agora só me podo avergoñar de que o programa adsense me asigne un banner de votamas que conten enquisas clarmente tendenciosas (insultantemente tendenciosas) respecto ó que pasou hai 2 anos. Seguen co conto aquel de :"y tú más y peor..." que din os nenos pillados nunha trola.

De tódolos xeitos eses son os inconvintes do programa adsense e hai que saber aturalos ou tomar medidas contra eles (os inconvintes).. Outros están peor

Luisa Castro premio Torrente Ballester





Dende hai 16 anos a Diputación de A Coruña convoca os premios de narrativa Torrente Ballester. Que ten na nómina de gañadores a Cesar Gavela , Xosé Vazquez Pintor, Xosé Carlos Caneiro, Manuel Rivas, Victor F. Freixanes... e que este ano engade a Luisa Castro.

Teño moito interés en ler os seus relatos a ver si os podo pillar en galego.

A presidencia norteamericana

OUUUUuuuu

Para que non se diga que esquivo a "derrota" hoxe vou falar das eleccions americanas...ainda que sexa "colateralmente".

Na fin de semana anterior ás votacions o periodico El Mundo publicou un especial titulado El corazon del poder no que escribe (entre outros) Gore Vidal un moi educativo e interesante percorrido pola historia dos USA ó Traveso dos feitos dos seus presidentes; facendo especial fincapé na orixe da organización deso que se quere chamar "nación americana".

O artigo relata como un grupusculo de terratenientes das colonias se quixo liberar dos impostos da metropoli e se embarcou nunha empresa de interes principalmente económico salpicada polos ideais da revolución francesa, a visión estratéxica dos segundos de abordo e golpes de sorte (como o da venda da Loisiana).

Tamén contén fragmentos que disecan a realidade do sistema politico americano actual: Se elige a un presidente para un mandato de 4 años, lo mismo que dura la campaña electoral. Aquel que es capaz de recaudar más dinero para comprar más espacio de televisión es suceptible de ser elegido presidente por menos de la mitad del electorado que se molesta en votar. Puesto que son las mismas empresas las que financian nuestros dos partidos, obtenemos un sistema de partido único, y la politica de verdad o esta muerta o hay muy poca. e nos amosan o camiño que vai seguir a politica da UE nos próximos anos co sistema que se impon dende a nova constitución europea.

RESUMO: ¿Quen ten o control do sistema económico e social?, ¿Quen posue as verdadeiras armas para idiotizar á cidadania e levala por onde lle sexa preciso?. Está claro quen controla o sistema politico e que ninguen se leve a engano: ninguha promesa electoral vai a alterar a marxe de beneficio temos sorte de ser considerados esclavos de 1ª.

Mostra da esperanza

OUUUUuuuu

Non todos os capitalistas son parvos... Michelin está a patrocina un Desafio na percura de novas enerxias para a movilidade.

No deste ano celebrado no circuito de F1 de Shangai (como vedes os Chinos sempre por diante) vironse interesantes novidades nas 7 categorias convocadas...

Como non sei si o enlace funcionará fago "copypaste" do mais interesante.

La primera, que sólo contó con un representante, el Aurora australiano, es la energía solar. Se trata de un recurso renovable y completamente limpio cuya energía fotovoltaica se recoge en unos paneles especiales formados por células de galio que recubren toda la superficie superior del vehículo y se almacenan en unas baterías que, comúnmente, son de polímero de litio. La electricidad resultante sirve para mover al vehículo y para accionar todos los elementos que precisan de esa electricidad para funcionar.

La segunda categoría, la energía eléctrica. El hecho de que la mitad de los participantes en la Challenge fueran coches eléctricos pone de manifiesto el interés que tiene esta tecnología. Supone “cero emisiones” y silencio de uso, pero conlleva problemas como el tamaño de las baterías, su ubicación en el coche, el espacio que ocupan, su duración y su reciclaje o almacenaje cuando termina su vida útil. En este sentido, las baterías son poco reciclables aún y su almacenaje es altamente contaminante. La aparición de las baterías de litio-ión no sólo soluciona el problema del espacio, sino que permite un aumento sustancial de la autonomía de uso del vehículo. Pero una cosa es cierta, los demás problemas siguen sin solucionarse.

Generar electricidad es también el objetivo de la tercera categoría, la del hidrógeno como energía alternativa. Constituye, a decir de todos los especialistas, le energía del futuro, absolutamente limpia e inagotable siempre que el hidrógeno no se extraiga de combustibles sólidos. De hecho, el sol es fundamental en la obtención del hidrógeno. La evolución de la pila de combustible (fuel cell) o de hidrógeno para generar electricidad hace que cada día sea más real su utilización. Depende de cómo se produzca ese hidrógeno, de cómo se distribuya y de cómo se haga llegar al consumidor. Los fabricantes de automóviles, en general, implicados en esta tecnología, fijan la fecha de 2010 para su comercialización, momento en el que ya existirá una infraestructura de estaciones expendedoras.

La cuarta categoría era la de los vehículos diésel. Aunque el gasóleo tiene fama de ser muy contaminante, los fabricantes no renuncian a su utilización masiva en el futuro. De hecho, está siendo sometido a todo tipo de estudios. La última innovación es el filtro de partículas sin mantenimiento, que permite eliminar la mayoría de los elementos nocivos que se lanzan al medio ambiente. De todos modos, nunca será una en energía del todo limpia.

La gasolina se estableció como quinta categoría, pero no por sí misma, sino como un componente muy útil para las tecnologías híbridas (aunque también el gasóleo se emplea en algunas de estas tecnologías). La conjunción de los motores de combustión interna con generadores eléctricos se ha demostrado eficiente en muchos terrenos, en particular en el del consumo. Tampoco es desdeñable su aportación al control de emisiones, aunque en este caso está condicionada a la utilización que se haga del coche.

El gas natural es otra energía que establece una nueva categoría. Se trate de gas natural (GNL), comprimido (GNC) o licuado de petróleo (GLP), se plantean como las energías más consistentes frente a la gasolina, tanto para el automóvil particular como para el transporte. Los gases naturales se componen de un 90% de metano y su combustión emite débiles cantidades de materias contaminantes. Eso sí, su extracción del subsuelo es muy perjudicial para el entorno.

Por último, están los biocarburantes, que pueden ser de muchos tipos. Así, el alcohol de remolacha y el aceite de colza son productos renovables derivados de la agricultura que se mezclan, en pequeñas cantidades, con la gasolina y el gasóleo para dar lugar a los mencionados biocarburantes. También lo es el bioetanol, un producto que se obtiene de plantas ricas en azúcar y almidón que tiene como finalidad sustituir a la gasolina. Todos los biocarburantes permiten reducir las emisiones contaminantes en casi un 80%, y además, de su combustión se obtiene un gas que reutilizan las plantas para su crecimiento.

e, para rematar, unhas fotos...(desculpade a calidade)

PAX OCTAVIANA

OUUUUuuuu

Fraguenstein amosa claros sinos de cansancio... Non dá pechado a crise nin de dia nin de noite. Agora foi a Lalin con Crepo e Palmou que semellan ser as cabezas da cuestión ; mais só cara a galería. Intelixente manobra do vello a de gabar a Crespo contra o que Pp fontes non terá ren (polo momento) que dicir.

O que me fai pensar que esta cansado son as súas declaracions sobre o acordo acadado; non semella intelixente ir negando a maior como fai Acebes "aqui no pasa nada", mais tampouco é moi normal ir deixando a porta aberta a cada verba que se dí.

Outra pista: Calificar esto como "pax octaviana"... sei que él se refire á instaurada polas lexions nos territorios conquistados (Quietude e sosiego xerais) mais tamén se pode referir a como conqueriu Octavio o Imperium: Eliminando cruentamente ós seus rivais.

Eleccions USA, Chomsky e mais RDIF

OUUUUuuuu

Como estaredes fart@s de saber hoxe son as ¿eleccions? en USA. Pregúntome si son eleccions porque verdadeiramente penso que estamos diante dunha campaña de Marketing sen verdadeiro contido politico como ben indica Noam chomsky neste interesantisimo artigo do que só fago uns apuntamentos...

"Las elecciones presidenciales de Estados Unidos son apasionantes ... tienen poco que ver con los más saludable impulsos democráticos ... Esencialmente, las elecciones son un método de marginar a la población. Se organiza una gran campaña de propaganda para concentrarse en estos personalistas espectáculos cuatrienales para hacer creer que "esto es política" ... Ambos candidatos entienden que las elecciones deben mantenerse lejos de los temas candentes ... Todo se concentra en lo que se define como "cualidades" de los candidatos, no en su estrategia para gobernar ... Pero no se pueden ignorar las elecciones. Hay que admitir que uno de los dos grupos que está compitiendo por el poder es extremista y peligroso... "

A estas alturas todos temos claro o que acontecería si os non norteamericanos votasen..., pero non é así i esta noite asistiremos ó bochornoso espectáculo de votos que non se contan, discusions interminabels sobre papeletas non perforadas i enquisas, enquisas, enquisas...

MAIS RDIF



Non somos capaces ainda de imaxinar canto poden saber de nós o traverso destes chips nin en donde poden estar.

Os chips espia poden informar das manobras ó volante i eso pode estar ben sempre que nós o saibamos... e tamén poden informar de onde e cando subimos (e baixamos) do bus ¿e con quen?.... Xa o sei: semella que me estou a por paranoico con isto; pero pensadeo en serio sería mais doado espiar as nosas vidas que andar espidos pola rua.

Puñalada trapera

OUUUUuuuu

Esto é mais divertido que as novas do guiñol...

A unha semana da "pax compostelana" semella que algun vai PALMAR antes de tempo ou que Fraguenstein quere apaciguar definitivamente calquer ameaza antes das eleccions optando por duas estratexias:

* Movientos internos no PPg que reforzan "os da boina"

* Declaracions sobor do sistema sucesorio que seguen as teses Baltaristas.

Pode que todo sexa unha cortiña de fume para conquerir gañar tempo e por as cousas en orde cando para Baltar, Cacharro e Cuiña non haxa tempo de reaccionar.

O dito: "no se vallan todavia que aun hay más".