As empresas dos partidos

OUUUUuuuu... Onte pola tarde escoitei varios fragmentos das intervencios do debate parlamentar sobre as medidas que o goberno pon contra os efectos da crise.

Nun deles escoitei a Zapiavelo respostando ós argumentos empregados polos outros grupos parlamentares e, cando lle respostaba ó señor Duran escomenzou por lle reprochar que non apoiase os presupostos do estado para marcar diferencias respecto ó tema do financiamento autonómico; porque, lle dixo "estoy seguro de que se trata de una posición política". Mais, no fío delo ZP lle convidou a estudar conxuntamente as medidas adoptadas e os presupostos tal e como se fixera co imposto de sucesions de xeito que, como naquel caso, se acadesen ACORDOS INTERESANTES PARA AS EMPRESAS DO SEU PARTIDO; así como soa.

Por si algún aínda pensa que os politicos defenden os intereses dos cidadans... é evidente que no actual marco protodemocrático no que prima o financiamento das campañas dos partidos no canto das súas propostas e o cumplimento das mesmas son os grupos empresariais os que levan o control das formacions políticas. Non de unhas en particular: DE TODAS. Só se diferencian no tamaño (económico) das empresas que forman o partido.

A coroa que fala os poemas mortos e as vitimas

OUUUUuuuu... Si no canto de ouvir escoitaramos.

Levo defendido moitas voltas que reabrir feridas do pasado non leva a nada mais que hai feridas que están abertas porque non se pecharon no pasado. Hai quen dí que non houbo transición porque os aspectos esenciais do réxime anterior non foron tocados ó instaurase esta 'proto-democracia'; é mais, sostense que o actual sistema xustifica a existencia do anterior e a validez do seu método de instauración. Houbo unha guerra con toda a cantidade de víticmas que trae mais tamén houbo vítimas que se deberon a unha operación de limpeza sistemática dos elementos afins ó bando opositor. A diferenza é que ó gañar un bando os seus afins pasaron a ser mortos-martires e os dos outros desaparecidos-criminais.

Morreron mais de cenmil persoas, millons de poemas mortos que fixeron agromar poemas de amargor na vida de quen si sabía que eles ficaran nalgures esnaquizados pola tolemia de quen sostén a súa razón na forza. Coido que é xusto que se poda percurar os seus restos e darlle o tratamento que se considere oportuno.

Pero, ó entrar na xustiza temos moitas dificultades polas razons que xa arriba expliquei; o sistema non se pode procesar sistematicamente a si mesmo, acabaría estourando ó tentar aplicar os supostos principios que agora ten na súa orixe. Non pode pois permitir que se sistematice á percura da verdade e da xustiza de porqué aquela barbarie, a súa barbarie primixenia. Non vai permitir que se destape o lixo do seu interior mais lonxano e non vai tolerar que llo veñan a mostrar de fora por moito que se fixera o mesmo papel cara a outros.

Mais a demagoxia chega ó máximo cando non se quere aplicar a mesma "non-transición" ós conflitos actuais... Hai un cidadan privilexiado encaramado ó seu cargo naquel 'abracadabra' que se adica a falar en convites de toda casta do barbaro que é ir estrando as cunetas de mortos en nome de non sei que patria. Ten razón mais é unha razón HIPÓCRITA. Pola mesma razón TODAS as vítimas non só merecen recoñecemento como tales senon que MERECEN COÑECER A VERDADE, os motivos, as circunstancias, ós responsables...

Outra cousa ben diferente é que as vitimas sexan sacadas a colación no intre de dialogar sobre as bases nas que se fundamentan as diferencias; dende o meu punto de vista, si cada vez que na 'non-transición' se quixera falar de como se ia a organiza-la sociedade no futuro se puxeran a aquelas cenmil vitimas na mesa a resolución sería: "Pero queredes mais vítimas?". Así saiu o que saiu; nin recoñecemento nin DEMOCRACIA, un maxmix perralleiro.

A coroa esa que fala debería dicir que as recoñecidas vítimas merecen apoio e consolo; recoñecemento e resarcimento mais que non poden ser postas na mesa como argumento porque entón o argumento da parte opositora sería: "Cantas vítimas mais son precisas?". É simplemente escoitar o que se dí... si unha negociación non se fundamenta en argumentos senon no desexo de 'non derrota' dunha parte a outra parte vai respostar: "Aínda se queren mais vitimas?". Por desgracia hai moitos conflitos semellantes no mundo; oposotos totalitarios subidos a carros cheos de desgracia humana dicíndose os uns ós outros:" Eh, que ainda podo matar mais...".

Xa se soubo que o proceso de paz fracasou antes de nacer porque nas dúas partes non había intención de negociar. En ETA non había a reflexión que é precisa, para aprender que o camiño da violencia non leva a esa lóxica de acción-reacción de consecuencias liberadoras; senon a un hastío, a unha fartura de dor e sufrimento, de despropósitos. Do lado dos 'demócratas' a decisión tomouse por vez primeira no parlamento mais coa premisa de derrotar mais ca de negociar; e derrotar non era facer calar ás armas senon facer calar as (inxustificables fronte a vida) 'razóns'...

A margarita da intervención

OUUUUuuuu... Están a mexar por nós e dicimos que chove.

Hoxe inteveño, mañan digo que rematarei cos paraisos e reformarei, pasado que debo acudir ó cúmio mundial, e nunha semana veño falando de evitar o intervencionismo. Ó día seguinte o presidente dos empresarios sae proclamando a vixencia do capitalismo e reclamando o libre despedimento e a retirada de tódolos impostos e taxas.

Hay que definirse...

Intervencionismo si: Pois hai que por controles e límites, incluso impostos ás transaccions financieiras; normas clara de valoración e de cuantificación de riscos e a eliminación das ferramentas financieiras artificiais non sustentadas por bens físicos de valor inferior; a creación dunha nova xeira de impostos graduados segundo o incremento do beneficio respecto ó periodo anterior en función do emprego e a facturación como xeito de evita-la economía especulativa.

Intervencionismo non: Pois; seguindo os principios do libre capilismo, hai que deixar que cada quen pague os seus erros; que os bancos quebren e que os seus directivos sexan levados ós tribunais polos accionistas estafados, os aforradores e os acreedores. A administración quedaría cos bens e garantiria, na medida do posible, os empregos. Crearía liñas de crédito para empresas e familias e implantaría as medidas de apoio xa anunciadas (porque para iso non fai falla a banca, ou si?).

Pero no canto de eso imos por fases; cando a cousa ia moi mal para eles... intervencionismo; cando a economía vai mal porque eles non prestan os cartos... non intervencionismo.

Que o pinten como queiran: esto é un GOLPE DE ESTADO.

Competitividade de quen?

OUUUUuuuu... Está claro xa a estas alturas que as dores da crise lle duraron ós neocons o que un caramelo a un pequeno; xusto ata que os gobernos 'rescataron' ós bancos.
Agora céntranse en que non lles toquen o escondite... Nin falar de taxas nas transaccions nin de eliminación de zonas opacas de control.

Como a traición dos gobernantes deixa en mans dos mesmos bancos a concesión de créditos resulta que agora os cartos que se lles ofreceron para salvalos non se prestan co que o efecto do problema é o mesmo.

Zapiavelo e o resto de titeres veu coa lección ben aprendida: Baixar impostos (relaxación fiscal dixo), abaratamento dos custes laborais (despido, aportacions SS) e mais cartos para que a banca teña balanzos sanos...mais; non era que a banca española estaba nunha magnífica posición?, que falta lles fai pagar menos impostos si teñen beneficio igualmente e seguen medrando? hai 'gato encerrado'.

Estase a introducir competitividade si, mais competitividade non entre empresas senon entre sociedades; o nivel de impostos, o nivel de protección social, as esixencias de seguridade no traballo, as esixencias medioambientais... sempre son sinaladas polos neocons cando se laian de que "outros gañan mais por unidade producida..." outros que son eles mesmos, con outro disfraz.

Teñen á xente na sopa boba da tele (futbol rosa e leviatan) e aínda así o que pensa a maioría é que nos están a estafar; outra cousa é que se faga algo efectivo. A folga de banca propostas ten a carencia de non ofreceren alternativa para os cartos; cecais un conglomerado de minibancos facendo minicretos como os que se propuxeron para o impulso de pequenas empresas en paises pobres?.

Porque; existe modelo alternativo? A min que non me sinalen experimentos, que vexo eu moito listo falando mal do americano e metendo cartos a paladas en Suiza. Penso que un afondamento nos principios sociais e democraticos sería o inicio dun troco no que as empresas pequenas implantadas localmente e o producto local farían de motor que esquivaría a falta de financiamento pola súa pequena escala (coa axuda de minicretos) e os problemas inminentes de enerxía para a movilidade pola súa proximidade.

E que hai da taxa Tobbin?

OUUUUuuuu... Si algúen lee esto dirá que confundo o chourizo e a velociade; pode, mais non resisto a quedar co pensamento no caletre. Mirade, os amos do universo reuniron ós seus lacaios para que aparenten que se procurará un novo sistema financieiro-económico que non premita que se xogue doadamente ó timo trilero cos cartos que aforramos e co crecemento desmesurado de sectores que son "investimento seguro e doado". Nesa xuntanza estaban alguns dos mandatarios de paises 'novos ricos' que coñecen perfectamente que un dos pilares do capitalismo é a explotación da diferencia, que o traballo (e a vida) vale menos nun lugar que noutros e que os recursos non son propiedade das poboacions senon de quen se fai con eles (coa forza, claro).

Neste mundo en permanente crise, declarouse agora a crise do capital; pola ruptura do espellismo do hiperbeneficio eterno... mais os que xa viñan padecendo a crise xa non notan nada. Unha das ideas para evita-la explotación e frear os fluxos financieiros indiscriminados que caracterizan ó capitalismo triunfante (agora mais ca nunca) é a denominada "taxa tobbin"; mais desta no cúmio nen chio.

Como pode axudar esta taxa? Sinalando as transferencias de capital (orixe e destino) e actuando como factor disuasor de transferencias sen outra intención que a especulativa (como as que se fixeron e se fan para manter ou facer caer unha divisa).

6 anos e autocrítica.

OUUUUuuuu... Levo con este(s) blogue(s) 6 anos, moito tempo na escala na que viven estas cousas. As situacions evoluen, un toma mais consciencia das cousas e a tecnoloxía evoluciona tamén. Nin que decir ten que daquelas eran ben poucos os blogues e moitos menos os escritos en galego; agora os medios in-comunicativos se rendiron á evidencia e permiten comentarios e votos nas súas novas e teñen un sistema de blogues dos seus opinadores, mais a natural proliferación de blogues vai convertindo o blogomillo nunha rúa onde, cada vez mais, abondan os grupos de coñecidos e se observan xa fai tempo autenticas campañas de "creación" de opinions a prol ou en contra das mais vario pintas ideas.

Repasando as situacions destes anos i enfocando na situacion actual quero manifestar a miña profunda tristeza e desesperación porque, coido, nengún 'actor social' tivo ou ten a coherencia dabondo como para facer a mais mínima autocrítica respecto ás accions non levadas a cabo ou reivindicadas para que esta crise (que non é cíclica, non vos enganedes) tivera un impacto limitado.

Como xa me teño despachado respecto ás accions do goberno e das entidades financierias hoxe voulle adicar unha reflexión ós 'reis da solidaridade' forzas de funcionamento "CORPORATIVO" que se arogan o papel de defensores de todo mais que, en verdade, só defenden con efectividade as súas prebendas e rendementos cara ó futuro. Os sindicatos non analizan cales son as reivindicacions que, apoiando ás politicas neoliberais e desmantelamento do público, crean bolsas de insolidaridade non resoltas; e non só non analizan eso con autocrítica senon que teiman nelo pois, claro, os que xa conseguiron 'retiros dourados' son o maior estímulo posible para que os que están agora nos postos de decisión queran conquerir o mesmo... U-lo ben común ou a solidaridade das prexubilacions en empresas que pasaron do sector público ó privado?; Endesa é un exemplo categorico: oficinistas de 45 anos que marcharon 'a vivir' con soldos de 250000 ou mais para que o PP puidera regalarlle os activos da empresa ós seus amigos; eso foi 'mercar silencios'. Acuden eses ex-empregados ás manifestacions polos actuais conflictos dos seus compañeiros? Dubido que entre viaxes, ximnasio e bar teñan tempo. Outra cousa é saber cantos estiveron sentados nas mesas nas que se formou a opinión de que esa era a condición para que a venda do patrimonio público se levase a termo.
As persoas son persoas estén onde estén e a falta de obxectividade é tan manifesta que, agora, pídese que os empregados públicos; dos poucos que, polo de agora, non temos que temer da crise (estamos na única empresa que segue a prestar -regalar- cartos...) piden prexubilacions. Inmoral. Coa que está a caer o que había era que revisar a cantidade de prexubilacions que se deron igual que había que pedir contas ós directivos das entidades financieiras polo beneficios, fondos, prebendas, premios, bonos ou como quixeran chamarlle que recibiron por balanzos 'trucados' para dar ganancias que agora son aire. Que iso aumenta o paro? mala escusa; ese paro puido ser asumido cando se produciron esas operacions mais daquela había que contribuir á 'pax social' e agora queren vir co conto de que "a crise que a pague o capital" non vexo eu que conquiran nada...ou si; enganar ós que pagan as súas afiliacions... pouco mais.
Teñen os sindicatos coherencia; non, nin poden. Porque como lle dí un sindicato ós traballadores de ENDESA As pontes que esa planta debería pechar, que é unha lacra para o país? Deseguida esa xente se daría de baixa e montaría un sindicato para manter o status actual, as persoas somos cómodas e resistimonos ós trocos, é a nosa natureza. Preparar alternativas...seica non vai con eles, eles xogan sempre á contra. Pediron o AVE e tardaron 4 anos en acair que o proxecto presentado desmantela os servizos locais e deixa sen transporte a multitude de persoas dos pequenos núcleos das áreas periurbanas incrementando o éxodo cara as cidades e a condea dos pequenos núcleos. Non teñen un modelo co que ser coherentes, tan pronto defenden o emprego de alternativas sustentables como piden que non pechen canteiras que non foron quen de denunciar por careceren de licencias ou polos estragos que causan no eido natural (patrimonio de tod@s) 40 empregos -e as súas afiliacions- ben valen o espectáculo de coaccionar a liberdade dos demais cortando estradas para defender barbaridades como as do Courel. Mais non teñen o valor de mover o seu desenrolado corpo xuridico para denunciar o que saben onde hai que facelo...

Así nos vai, si a este tipo de organizacions se lles concede o papel da defensa da sociedade... sen proxecto, sen coherencia, sen saida.

É útil retirarse agora de Afganistan?

OUUUUuuuu... Esto que vou expresar agora vaime causar alguns problemas porque semella unha clara incoherencia co que se supón que debo pensar: Os exércitos para as películas e as accions humanitarias en entornos de paz.

Mais non vos é así e teño que dicilo: Estes empregados públicos voluntarios están as ordes do que dispoña o parlamento en suposta representación da cidadanía e, nas accions fora do territorio do estado ou dos seus aliados, co apoio de resolucions favorables dos organísmos internacionais. Que o ataque a Afganistán é froito dunha montaxe?; posiblemente mais tamén é certo que alí agora hai unha inestabilidade manifesta e que os elementos actuais que puderan producir esperanza á poboación civil froito da reconstrucción de infraestructuras como potabilización de augas, dispensarios de saúde (arriscado dicir hospitais), centros educativos para tod@s e melloras nas comunicacions serían destruidos xunto co actual goberno títere non elexido democraticamente mais cun ordenamento xurídico que si respalda a democracia, cousa que o anterior réxime nin contemplaba.

Que non se lle perdeu nada á cidadanía española en Afganistán? pode, mais neste asunto houbo unha amplisima maioría no intre da decisión tanto nos foros internacionais como no parlamento estatal. Claro que non se produce a mesma unanimidade con tódolos reximes que teñen á metade femenina da poboación vivindo nun 'estado de psicoreclusión autoimposta' e un manifesto desprezo polos mecanismos democráticos para a súa gobernanza; non se é igual de drástico con paises que pisotean coas armas dos seus exércitos á súa propia poboación roubándolles incluso a axuda alimentaria que se lles bota dende avions como agasallos dun nadal lonxano.

Se cadra teñen razón os que piden a retirada do contixente militar de Afaganistán, se cadra fai mais falla arriscar o capital humano dos empregados do exército en accions de estabilización no centro de África, no Congo onde os intereses dos explotadores de recursos manteñen a ducias de bandas rivalizando polo territorio, aterrrorizando á poboación e destruindo calquer infraestructura física ou formal do que é un estado para impo-la lei da forza.

Se cadra a ONU debería impor un "protectorado político-militar" na zona, brindar a oportunidade de desface-lo lío de fronteiras e movementos étnicos que forzou o proceso de colonización-descolonización e verifica-la instauración de gobernos democráticos na zona

Se cadra debería despertar e pensar na crise que teñen os que non poder ter perdas e nas axudas que non reciben os que perden o seu emprego.

Se cadra.