OUUUUuuuu... Si algúen lee esto dirá que confundo o chourizo e a velociade; pode, mais non resisto a quedar co pensamento no caletre. Mirade, os amos do universo reuniron ós seus lacaios para que aparenten que se procurará un novo sistema financieiro-económico que non premita que se xogue doadamente ó timo trilero cos cartos que aforramos e co crecemento desmesurado de sectores que son "investimento seguro e doado". Nesa xuntanza estaban alguns dos mandatarios de paises 'novos ricos' que coñecen perfectamente que un dos pilares do capitalismo é a explotación da diferencia, que o traballo (e a vida) vale menos nun lugar que noutros e que os recursos non son propiedade das poboacions senon de quen se fai con eles (coa forza, claro).
Neste mundo en permanente crise, declarouse agora a crise do capital; pola ruptura do espellismo do hiperbeneficio eterno... mais os que xa viñan padecendo a crise xa non notan nada. Unha das ideas para evita-la explotación e frear os fluxos financieiros indiscriminados que caracterizan ó capitalismo triunfante (agora mais ca nunca) é a denominada "taxa tobbin"; mais desta no cúmio nen chio.
Como pode axudar esta taxa? Sinalando as transferencias de capital (orixe e destino) e actuando como factor disuasor de transferencias sen outra intención que a especulativa (como as que se fixeron e se fan para manter ou facer caer unha divisa).
No hay comentarios:
Publicar un comentario