A coroa que fala os poemas mortos e as vitimas

OUUUUuuuu... Si no canto de ouvir escoitaramos.

Levo defendido moitas voltas que reabrir feridas do pasado non leva a nada mais que hai feridas que están abertas porque non se pecharon no pasado. Hai quen dí que non houbo transición porque os aspectos esenciais do réxime anterior non foron tocados ó instaurase esta 'proto-democracia'; é mais, sostense que o actual sistema xustifica a existencia do anterior e a validez do seu método de instauración. Houbo unha guerra con toda a cantidade de víticmas que trae mais tamén houbo vítimas que se deberon a unha operación de limpeza sistemática dos elementos afins ó bando opositor. A diferenza é que ó gañar un bando os seus afins pasaron a ser mortos-martires e os dos outros desaparecidos-criminais.

Morreron mais de cenmil persoas, millons de poemas mortos que fixeron agromar poemas de amargor na vida de quen si sabía que eles ficaran nalgures esnaquizados pola tolemia de quen sostén a súa razón na forza. Coido que é xusto que se poda percurar os seus restos e darlle o tratamento que se considere oportuno.

Pero, ó entrar na xustiza temos moitas dificultades polas razons que xa arriba expliquei; o sistema non se pode procesar sistematicamente a si mesmo, acabaría estourando ó tentar aplicar os supostos principios que agora ten na súa orixe. Non pode pois permitir que se sistematice á percura da verdade e da xustiza de porqué aquela barbarie, a súa barbarie primixenia. Non vai permitir que se destape o lixo do seu interior mais lonxano e non vai tolerar que llo veñan a mostrar de fora por moito que se fixera o mesmo papel cara a outros.

Mais a demagoxia chega ó máximo cando non se quere aplicar a mesma "non-transición" ós conflitos actuais... Hai un cidadan privilexiado encaramado ó seu cargo naquel 'abracadabra' que se adica a falar en convites de toda casta do barbaro que é ir estrando as cunetas de mortos en nome de non sei que patria. Ten razón mais é unha razón HIPÓCRITA. Pola mesma razón TODAS as vítimas non só merecen recoñecemento como tales senon que MERECEN COÑECER A VERDADE, os motivos, as circunstancias, ós responsables...

Outra cousa ben diferente é que as vitimas sexan sacadas a colación no intre de dialogar sobre as bases nas que se fundamentan as diferencias; dende o meu punto de vista, si cada vez que na 'non-transición' se quixera falar de como se ia a organiza-la sociedade no futuro se puxeran a aquelas cenmil vitimas na mesa a resolución sería: "Pero queredes mais vítimas?". Así saiu o que saiu; nin recoñecemento nin DEMOCRACIA, un maxmix perralleiro.

A coroa esa que fala debería dicir que as recoñecidas vítimas merecen apoio e consolo; recoñecemento e resarcimento mais que non poden ser postas na mesa como argumento porque entón o argumento da parte opositora sería: "Cantas vítimas mais son precisas?". É simplemente escoitar o que se dí... si unha negociación non se fundamenta en argumentos senon no desexo de 'non derrota' dunha parte a outra parte vai respostar: "Aínda se queren mais vitimas?". Por desgracia hai moitos conflitos semellantes no mundo; oposotos totalitarios subidos a carros cheos de desgracia humana dicíndose os uns ós outros:" Eh, que ainda podo matar mais...".

Xa se soubo que o proceso de paz fracasou antes de nacer porque nas dúas partes non había intención de negociar. En ETA non había a reflexión que é precisa, para aprender que o camiño da violencia non leva a esa lóxica de acción-reacción de consecuencias liberadoras; senon a un hastío, a unha fartura de dor e sufrimento, de despropósitos. Do lado dos 'demócratas' a decisión tomouse por vez primeira no parlamento mais coa premisa de derrotar mais ca de negociar; e derrotar non era facer calar ás armas senon facer calar as (inxustificables fronte a vida) 'razóns'...

No hay comentarios: