OUUUUuuuu... Esto que vou expresar agora vaime causar alguns problemas porque semella unha clara incoherencia co que se supón que debo pensar: Os exércitos para as películas e as accions humanitarias en entornos de paz.
Mais non vos é así e teño que dicilo: Estes empregados públicos voluntarios están as ordes do que dispoña o parlamento en suposta representación da cidadanía e, nas accions fora do territorio do estado ou dos seus aliados, co apoio de resolucions favorables dos organísmos internacionais. Que o ataque a Afganistán é froito dunha montaxe?; posiblemente mais tamén é certo que alí agora hai unha inestabilidade manifesta e que os elementos actuais que puderan producir esperanza á poboación civil froito da reconstrucción de infraestructuras como potabilización de augas, dispensarios de saúde (arriscado dicir hospitais), centros educativos para tod@s e melloras nas comunicacions serían destruidos xunto co actual goberno títere non elexido democraticamente mais cun ordenamento xurídico que si respalda a democracia, cousa que o anterior réxime nin contemplaba.
Que non se lle perdeu nada á cidadanía española en Afganistán? pode, mais neste asunto houbo unha amplisima maioría no intre da decisión tanto nos foros internacionais como no parlamento estatal. Claro que non se produce a mesma unanimidade con tódolos reximes que teñen á metade femenina da poboación vivindo nun 'estado de psicoreclusión autoimposta' e un manifesto desprezo polos mecanismos democráticos para a súa gobernanza; non se é igual de drástico con paises que pisotean coas armas dos seus exércitos á súa propia poboación roubándolles incluso a axuda alimentaria que se lles bota dende avions como agasallos dun nadal lonxano.
Se cadra teñen razón os que piden a retirada do contixente militar de Afaganistán, se cadra fai mais falla arriscar o capital humano dos empregados do exército en accions de estabilización no centro de África, no Congo onde os intereses dos explotadores de recursos manteñen a ducias de bandas rivalizando polo territorio, aterrrorizando á poboación e destruindo calquer infraestructura física ou formal do que é un estado para impo-la lei da forza.
Se cadra a ONU debería impor un "protectorado político-militar" na zona, brindar a oportunidade de desface-lo lío de fronteiras e movementos étnicos que forzou o proceso de colonización-descolonización e verifica-la instauración de gobernos democráticos na zona
Se cadra debería despertar e pensar na crise que teñen os que non poder ter perdas e nas axudas que non reciben os que perden o seu emprego.
Se cadra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario