OUUUUuuuu... Levo con este(s) blogue(s) 6 anos, moito tempo na escala na que viven estas cousas. As situacions evoluen, un toma mais consciencia das cousas e a tecnoloxía evoluciona tamén. Nin que decir ten que daquelas eran ben poucos os blogues e moitos menos os escritos en galego; agora os medios -comunicativos se rendiron á evidencia e permiten comentarios e votos nas súas novas e teñen un sistema de blogues dos seus opinadores, mais a natural proliferación de blogues vai convertindo o blogomillo nunha rúa onde, cada vez mais, abondan os grupos de coñecidos e se observan xa fai tempo autenticas campañas de "creación" de opinions a prol ou en contra das mais vario pintas ideas.
Repasando as situacions destes anos i enfocando na situacion actual quero manifestar a miña profunda tristeza e desesperación porque, coido, nengún 'actor social' tivo ou ten a coherencia dabondo como para facer a mais mínima autocrítica respecto ás accions non levadas a cabo ou reivindicadas para que esta crise (que non é cíclica, non vos enganedes) tivera un impacto limitado.
Como xa me teño despachado respecto ás accions do goberno e das entidades financierias hoxe voulle adicar unha reflexión ós 'reis da solidaridade' forzas de funcionamento "CORPORATIVO" que se arogan o papel de defensores de todo mais que, en verdade, só defenden con efectividade as súas prebendas e rendementos cara ó futuro. Os sindicatos non analizan cales son as reivindicacions que, apoiando ás politicas neoliberais e desmantelamento do público, crean bolsas de insolidaridade non resoltas; e non só non analizan eso con autocrítica senon que teiman nelo pois, claro, os que xa conseguiron 'retiros dourados' son o maior estímulo posible para que os que están agora nos postos de decisión queran conquerir o mesmo... U-lo ben común ou a solidaridade das prexubilacions en empresas que pasaron do sector público ó privado?; Endesa é un exemplo categorico: oficinistas de 45 anos que marcharon 'a vivir' con soldos de 250000 ou mais para que o PP puidera regalarlle os activos da empresa ós seus amigos; eso foi 'mercar silencios'. Acuden eses ex-empregados ás manifestacions polos actuais conflictos dos seus compañeiros? Dubido que entre viaxes, ximnasio e bar teñan tempo. Outra cousa é saber cantos estiveron sentados nas mesas nas que se formou a opinión de que esa era a condición para que a venda do patrimonio público se levase a termo.
As persoas son persoas estén onde estén e a falta de obxectividade é tan manifesta que, agora, pídese que os empregados públicos; dos poucos que, polo de agora, non temos que temer da crise (estamos na única empresa que segue a prestar -regalar- cartos...) piden prexubilacions. Inmoral. Coa que está a caer o que había era que revisar a cantidade de prexubilacions que se deron igual que había que pedir contas ós directivos das entidades financieiras polo beneficios, fondos, prebendas, premios, bonos ou como quixeran chamarlle que recibiron por balanzos 'trucados' para dar ganancias que agora son aire. Que iso aumenta o paro? mala escusa; ese paro puido ser asumido cando se produciron esas operacions mais daquela había que contribuir á 'pax social' e agora queren vir co conto de que "a crise que a pague o capital" non vexo eu que conquiran nada...ou si; enganar ós que pagan as súas afiliacions... pouco mais.
Teñen os sindicatos coherencia; non, nin poden. Porque como lle dí un sindicato ós traballadores de ENDESA As pontes que esa planta debería pechar, que é unha lacra para o país? Deseguida esa xente se daría de baixa e montaría un sindicato para manter o status actual, as persoas somos cómodas e resistimonos ós trocos, é a nosa natureza. Preparar alternativas...seica non vai con eles, eles xogan sempre á contra. Pediron o AVE e tardaron 4 anos en acair que o proxecto presentado desmantela os servizos locais e deixa sen transporte a multitude de persoas dos pequenos núcleos das áreas periurbanas incrementando o éxodo cara as cidades e a condea dos pequenos núcleos. Non teñen un modelo co que ser coherentes, tan pronto defenden o emprego de alternativas sustentables como piden que non pechen canteiras que non foron quen de denunciar por careceren de licencias ou polos estragos que causan no eido natural (patrimonio de tod@s) 40 empregos -e as súas afiliacions- ben valen o espectáculo de coaccionar a liberdade dos demais cortando estradas para defender barbaridades como as do Courel. Mais non teñen o valor de mover o seu desenrolado corpo xuridico para denunciar o que saben onde hai que facelo...
Así nos vai, si a este tipo de organizacions se lles concede o papel da defensa da sociedade... sen proxecto, sen coherencia, sen saida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario