Piñata reflexiva

OUUUUuuuu... Rematou a mascarada, os farrapos sucios, as encerronas con mal cheiro, os picores e os zurriagazos e é agora cando mais me alegro de non ter a responsabilidade de votar nestas eleccions de galegolandia porque tras 6 meses de campaña descarada o votante queda só diante dun fato de acusacions e promesas que non propostas e moito menos explicacions ou programas (si, eu son dos da verba esa maldita).

"Vou facer" sin dicir como, "imos acadar" sen explica-lo prezo, "Non consentiremos" sen debulla-los mecanismos... é o estilo da política ó que esta proto-democracia nos ten habituados. Os votantes como nenos de teta ós que hai que atraer cun caramelo (ou cunha viaxe) e boas verbas; un insulto á intelixencia.

As campañas cada volta son mais trampulladas contra trampulladas, demostracions valeiras de contido positivo propio e cargadas de ataques e descualificacions a cada unha mais persoal. Que ten de malo saca-la licencia de Patron de embarcación deportiva? seica hai que respostar ós tópicos e non se pode ser político de esquerda e ter 'certo nivel', é mellor ser político de dereita e ter un 'handicap' alto ou ter a licencia e o Iate, non é?.

E por riba houbo a quen lle pareceu mal que se fixera troula coa campaña; eu non o entendo, os políticos puxeron a campaña no entroido, non ó revés. Así que tiveron que aturalo.

Remata este longo "Carnaval" electoral ca derradeira máscara: a da participación, a orde, a limpeza trapala trapala e unha chea de xente carretando xente ou vixiando quen vai ou non a exerce-la súa obriga de votar...malia que o poñan tan dificil.

Entroido 2009

OUUUUuuuu...Cando semellaba que iamos pasa-lo entroido mais frio e nevado dos que levo ido ás máxicas terras do támega, veu un tempo macanudo para a festa. Nin frio, nin auga, nin neve.

Foi unha festa variada; tradición e novidade cun ingrediente ata o de agora non probado: A campaña electoral. Así que lle demos a todo dende o principio, rachando co Folión do venres.

A saída mais carnavaleira do sábado



Dani sacou o cigarrón con gran orgullo, e pasouno pipa mallando nos "rambos" na praza...

Pose de peliqueiro

A especial cita do domingo co rei da festa: O peliqueiro

Volta de peliqueiro

Logo chegou o momento mais esperado dos derradeiros meses na política galega: O debate a 3... O entroido conqueriu que os tres candidatos principais 'baixasen' das farolas para tan especial ocasión e debatiran...



O 'touriñente' non facía mais que dicir: "A plena luz do día, 700 vellos e combrándolle...". 'Dancing queen' Elexiu como tema o "enclavamento do pais, todo enclave de pais para ter ó pais enclavado e que non marche". 'Frijol009' só quería "empezar a ronda de LK's...

Mai o mellor do aspecto electoral chegou coa revelación exclusiva de como se manipula o voto 'inmigrante'....



Tamén houbo, como non momentos musicais para a lembranza eu escollín este "Alalá das mariñas" cantado por Uxía no 'bigotes'...



E momentos televisivos. Por primeira vez conseguin ter un vídeo da farrapada e seguro que se me ve moi ben...



A do luns foi unha noite de éxito sen precedentes...con un resultado de palleira: Todas menos 1 aceptaron a baila. Está claro que incluso as malas novas se dixiren mellor nese ambiente.

O martes disfrutei do momento íntimo dos peliqueiros veterans e as carreiras cos que os vacilan...





Desculpade a lonxitude desta entrada, ben pola contra este entroido se me fixo curto mais abondou para botar en falla ós amigos que non puideron acudir.

Cigarrons

Este ano aproveito o traballo que me fan os da sexta...










Aposta arriscada

OUUUUuuuu...Desta si que me arrisco.

O tema da presunta trama de corrupción soa 'raro,raro,raro' a trucaxe vese cando o dimitido conselleiro da CAM é invitado reiteradamente a dimitir da súa acta de deputado polo PSM e arrinconado polo PP. Qué importancia ten ese feito? home, eu non son xurista mais está claro que o xuiz este con complexo de superestrela leva o caso dun xeito 'público' por algún medio con 'prisa'; esto é, a información filtrase cáseque inmediatamente. E non só iso senon que Garzón está a manobrar para que o caso permaneza nas súas mans; senon como é que o conselleiro ese tivo que dimitir mais non está imputado?...porque si o imputa perde a competencia...Logo o resto da xudicatura non investigaría con igual obxetividade? ou cal é o problema? que si se pasa o caso a outra instáncia deixarían de sair na prensa os nomes que 'aparecen' na instrucción.

Eu preveo que a mais tardar en Marzo a causa se pase a outra instancia na que xa non se atoparán mais indicios e pode, incluso, que os aforados non imputados segan nese limbo un tempo para logo resolverse todo en sobreseimento por falta de probas, fallos procesales ou "caducidade". Outra 'Garzonada' que dí a miña analista política.

Tamén preveo que pronto sairá unha causa parecida pola "banda de Laiño" porque a mediatocracia non se pode permitir esta afrenta e porque precisan temas para enche-los titulares que non sexan unha crise que está por riba de calquer partido ou de calquer iniciativa política porque é unha crise da propia filosofía e fundamento do capitalismo.

O problema é que este caso deixa de manifesto dúas cuestions:

1) É necesario polo ben da democracia que o financiamento dos partidos politicos sexa reformado a un estilo de ABSOLUTA transparencia.
2) É necesario que a xustiza deixe de estar politizada e que se tomen medidas rigurosas coas filtracions de sumarios baixo segredo xudicial e sobre a súa publicación. Ademais, na xustiza habería que escomenzar a 'castigar' a apertura de casos e o gasto en investigacions que non acaban conducindo a nada dun xeito reiterado.

O rancio

OUUUUuuuu... Onte nos discursos de incio de campaña houbo un intre no que pensei que estaba voltando a ver a mini-serie sobre o 23-F esa na que se quere xustifica-la antidemocratica monarquía e a sucesión; digo que pensei que a estaba voltando a ver porque un señor con barba escomenzou a dicir: "Sólo importa España, España por aquí y España por allá" como facian os señores con bigote e uniforme na serie esa.

O mais penoso foi a suposta conversa de fillo e pai..."tú querías ser rey?" coma quen que non lles queda mais remedio que dirixir a esta masa de egolatras edonistas consuminstas na que nos teñen convertido.

Inicious a recta final da campaña de marketing; eu cada volta estou mais contento de non te-la responsabilidade de votar porque non gosto das obrigas de elexir o 'menos malo' que é cara ó que apuntan os mass media e as alternativas non semellan selo por carencia democrática interna ou por inxusticia democrática externa. O único positivo é que a campaña coincide plenamente co que é: un entroido no que cada quen xoga a ser o que non é.

Sen nega-la maior...

OUUUUuuuu... Caza de bruxas, conspiración, ataque... estes e outros calificativos se empregan cando un se sinte contra as cordas e non ten ARGUMENTOS que rexeiten acusacions que aínda non foron formuladas polos xuices mais sí pola sociedade.

E falando de cacerías non vexo porqué agora ter ido de cacería dúas persoas xuntas é tan importante e no 2003 fora unha casualidade 'desafortunada' que Fraga, Álvarez Cascos e o daquela presidente de Repsol e principal beneficiado de todo estivesen de caza mentras certa regadeira deixaba "O maior paseo asfaltado de europa".

Estamos nunha especie de italianización da xustiza; uns ameazan folga e outros son ameazados con sacar á luz o que hai; e quero remarcar que, non estando ninguen libre de culpas similares, se reprochen ataques e cazas e non se faga 'negación da maior'. O "clan da voda" vai ter que elexir entre cantar ou entrega-la cabeza aínda que tratándose de unha "garzonada" o mais probable é que en 2-3 anos xa non exitan probas nin argumentos (que non delicto que ese seguro que se oculta nalgures).

Éralles mellor tomalo con humor...



Os medios de in-comunicación mediatica traballan as súas frontes demostrando que o que menos interesa é a realidade das cousas e que os principios de Goebels se cumpren na sociedade da des-información con maior eficacia que daquela porque os medios son aínda mais poderosos e os cidadans estamos mais desamparados.

E os tempos se fixeron auga...

OUUUUuuuu...Si, sei que teño que coida-la miña imaxe 'dixital', se cadra se non semellara tan 'outsider' ou radikal tería...o qué? non sei; pero os tempos que corren son así como a auga, non se poden coller, adoptan a forma de todo e de nada e hai que saber nadar moi ben nas súas correntes.

É moi interesante ouvir falar da web 2.0 como un xeito de defensa da xente (e as súas indentidades dixitais) fronte a unha hiperdensidade de información e de conectividade, mais eu coido que tamén hai que reaccionar fronte a unha hipertrofia dos mecanismos do mercado para ataca-la nosa intimidade e seguir acosandonos coa publicidade e o condicionamiento social (medos e incertidumes) para mantermonos dóciles e contentos co que hai.

A INFORMACIÓN É PODER SI A COMPARTIMOS.


Este é, ó meu entender, o axioma... cada vez que algúen me pide axuda sobre un tema (normalmente tecnolóxico) eu resposto e partillo o que sei porque sei que en algures alguén vai partillar comigo o que sabe sobre un tema que me interesa... Viaxes, profesión, deporte... así sempre estamos aprendendo i ensinando. Por iso o poder non é capaz de entender, non son capaces de crear, probar e compartir e así están empecinados en controlar a rede e limita-lo movemento.

Outra cousa é saber atopar e valora-la información, saber qué información che importa da que hai na rede e ter unha fiestra e vias de comunicación...

Cara a onde irá o capitalismo agonizante? é dificil de saber, mais ou se pon en valor este movemento de xente que crea, proba e comparte ou caeremos nalgun xeito de estado totalitario Orwelliano.

Preparando a sucesión

OUUUUuuuu...Os feitos do 23 de Febreiro de 1981 foron unha convulsión importante na intrahistoria dos moradores da peninsula ibérica e estase algo lonxe de coñecer qué foi o que sucedeu verdadeiramente e cales eran os fins e os preconceptos de aqueles que impulsaron ós soldados e gardas civís a toma-lo congreso e outros puntos de interese naquela longa noite.

Aínda quedan mais de 2 anos para o 30 aniversario mais RTVE está a promocionar machaconamente un 'remeke' nostálxico sobre o que aconteceu enaltecendo a figura do actual xefe do estado e remarcando a 'intelixencia' do sucesor e a súa preocupación dende cativo polos asuntos de estado...non estaría de mais comparalo coa preocuapación de moitos fillos de dirixentes da república ou de aquela nacente protodemocracia que tamén se preocupaban por si os homes de armas virían a levarse ós seus proxenitores...

A carreira de adestramento psicolóxico da poboación cara a sucesión, o feito mais repudiable do sistema monarquico está lanzada.