2018 o fin da esperanza

OUUUUuuuu... Seguramente hai xa tempo que a esperanza de deter a catástrofe do ecocidio colectivo se perdeu; vai 15 anos cando non se quixo invertir en desenrolar tecnoloxías enerxéticas renovables para a mobilidade, en reducción de residuos e sobre todo cando non se entendeu que o que precisa a humanidade é un decrecemento.

A nivel político constatouse que a xente nas protodemocracias occidentais é doada de enganar e que maioritariamente se vai mercar calquer discurso que nos manteña sentados no sofá cómodamente ata o mesmo intre en que a tele se apague por falta de suministro eléctrico.

A nivel global China consuma o sono capitalista sendo a primeira "dictadura do capital" con grandes corporacions igual de depredadoras que as occidenteais pero con un único partido ó que pasarlle os sobres. O seu plano de expansión mediante a creación de débeda vía investimentos en infraestructuras que logo cobrará en materias primas é consentido polo resto dos paises mediante o tipo de troco artificial de yuan porque antes os chineses empregaron as súas reservas en merca-la débeda dos gobernos irresponsables de occidente que agora non poderían pagar un só día dos seus estados sen ese respaldo.

Seguimos metidos na pota e quen cociña vaille dar mais lume ó fogo antes de que se lle esgote a bombona, non sabemos si nos cocerán antes ou si antes afogaremos nos propios excrementos.



Yellow submarine

OUUUUuuuu...

Está a suceder algo moi raro en europa un movemento "espontáneo" de persoas que protestan a raiz dunhas medidas impositivas do goberno francés... mais a protesta estase extendendo por paises fronteirizos.

Non son moi listo mais soio tratar de ser observador e parar no detalle do que non se ve e o que veño aprezando é a suposta falta de identidade política dese movemento, moi descentralizado, cáseque anárquico que é o que está a descolocar á maquinaria do estado francés e ten alarmados ós lobbies en Bruxelas.

Boto en falta que os medios de (in)comunicación social lle poñan unha etiqueta política a esta xente... sería de esperar que coas mostras de violencia de todos estes días se lles vencellara coa "extrema esquerda" mais non... nin os partidos de esquerda semellan querer achegarse a ese movemento...


Unha vez que o goberno de Macrón cedeu ás supostas pretensions iniciais mais as manifestacions seguen e poñen en xaque á estructura establecida que non sabe nin como contactar cos "dirixentes"... é unha especie de 15M á francesa? As enquisas lle otorgarían o segundo posto a un partido dos chalecos amarelos nas vindeiras europeas... mais insisto non sei qué intención política ten ese movemento É europeista ou antieuropeista?

Unha cousa mais... no verán houbo moitos altercados e noites de liortas con claro tinte étnico-relixioso; mais nesta ocasión son semella habelo... É isto un signo de que pode estar implicada a extrema dereita encuberta tratando de provocar un mantemento da lei marcial?

Pode tratarse dunha especie de "submarino", unha misión oculta de inestabilizar para provocar medidas de restricción da liberdade: Un submarino amarelo.

Unha derradeira cuestión que hai que extraer... Cómo se financia un movemento así? Cómo se comunican? As mensaxes non poden sair da nada... haberá valor para publica-la orixe dos cartos que financian esto?

O que reflicte este movemento é a tensión social subxacente... porén me pregunto: Qué pesa mais? A desigualdade económica? as políticas de recurtes? Insisto; descontento de brancos... raro, raro, raro...

Gostaríame pensar que é un tipo de tensión social que proven do grave doble problema que afronta a humanidade:

A restricción enerxética e o troco climático.


¿Quen sería "Constitución" con 40 anos?

OUUUUuuuu...

Con 40 anos calquera de nós xa ten definido gran parte da súa vida. Físicamente lle queda a metade por percorrer (cara abaixo) mais intelectualmente só a metade ou menos é quen de seguir progresando, aprendendo e axudando ós que lle rodean a medrar.

¿Qué tipo de persoa sería "constitución" ? Polo que se ve unha persoa aferrada a un pasado, ás circunstancias nas que a crearon, ós medos que a impuxeron como única opción.



Unha perfecta manipuladora de ideais e conquistas sociais.

Teño claro que o "marco legal de convivencia" a nivel estatal non pode permanecer inalterado mais alá de dúas ou tres xeracions; iso sería abocarnos a unha revolución polas tremendas contradiccions entre a realidade social e o alí escrito.

Por riba de ese marco "local" hai outros enunciados que sí teñen senso e deben ser respectados e defendicos; teñen que permanecer sen alteracions durante mais tempo, cecais 10 xeracions... o mais senlleiro a "Declaración universal de dereitos humanos" que debera figurar como estandarte de calquer organización politico-social que se queira nomear democratica.

Así pois "Constitución" sería como aquela persoaxe de "Mujeres al borde de un ataque de nervios" ancorada no pasado... e moito me temo que non por romanticismo senon porque ós que a "inventaron" lles vai moi ben; non en balde o propio Suarez sabía que si preguntaban pola monarquía expresamente nun referendum "perdíamos".



A grande traxedia do hábitat humano e a mentira turistica.

OUUUUuuuu...


Seica a constitución esa que non se pode reformar e que está para cumprila dí:
Artigo 47
Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para faceren efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para que se impida a especulación.
A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.
Nembargantes abondan os exemplos que se aproximan ó esperpento co que ilustro esta entrada (ficticio) como o alugueiro dun sofá por 400€ ó mes ou profesionais con soldos "normais" vivindo en caravanas ou balcons en emprazamentos turisticos como Ibiza.

Para unha persoa da rúa a impresión do que está a acontecer co mercado inmobiliario tanto de compra/venda como de aluguer é doada de manipular... conducindolle á conclusión que mais conveña ós que manexan os fios, pero é que os que manexan os fios están enfrontados entre si...

O MERCADO.

Vemos por unha banda como os operadores do mercado inmobiliario tradicional se sinten "asoballados" polas novas formas de distribución de servizos inmobiliarios que se mezclan en moitos sitios con servizos de aluguer de tipo turístico que proporciona maiores ingresos ós propietarios e algunhas vantaxes extra como certa sensación de seguridade ante inquilinos que non pagan ou no conservan a vivenda en condicions.

Sexa como fora o certo é que os prezos están disparados e que; dadas as condicions de precariedade dos "empregos" (falsos autónomos) que constituen a maior parte da oferta laboral actual para xente nova ou desempregada dende a crise, hai xa un amplo abano de lugares onde vivir cun soldo de menos de 1000€ ó mes é imposible sen acudir á beneficencia (bancos de alimentos, comedores sociais...).

O TURISMO

O fenómeno do turismo masivo que leva con nós dende os 60 veuse impulsado cara á actual burbulla por diferentes factores; a precariedade laboral permite mais beneficios, o conflicto armado en varios destinos "competidores" incrementa a demanda con maior poder adquisitivo, o número de vivendas baleiras debidas o crack das hipotecas (e ós desafiuzamentos) constituiu un verdadeiro efecto chamada para os servizos online de aluguer.

Unha demostración mais de que no actual sistema consumista calquer "nicho" de negocio é explotado ata facer del unha bomba de reloxería que desequilibra a economía (e á sociedade) dos estados.

Temos tendencia a botarlle-la culpa ás persoas que masifican os lugares que visitan mais a culpa é dunha industria sen control nen planificación impulsada polo sector financierio que ofrece "oportunidades" pero que logo cando a xente non poda facer fronte ós requisitos desas oportunidades non deixará, outra volta, de pedir rescate "para que non se paralice o sistema"; xa se sabe: a serpe monetaria só camiña por riba de novos créditos.

RIO REVOLTO...

No río revolto deste guirigai xorden tamén solucions "inventivas" que poden ser interesantes porque ademais pechan outro grande problema das sociedades actuais... a soedade das persoas maiores pero non duvidebes de que mais pronto que tarde os buitres se botarán sobre deles; levan tempo tratando de que ser vello non sexa "rendible" de xeito que se podan facer cos seus bens a cambio de servizos precarios ou deficientes.

Xa o estamos a ver de xeito indirecto e inconexo só queda que xurda unha empresa "low cost" desto.

ó tempo.

Bretaña; a Galicia extendida

OUUUUuuuu...
Cargando co encargo duns amigos... 6 metros de menhir.

Dende logo que sei que unha visita de 5 días non da coñecemento dun territorio e menos un tan grande como a Bretaña pero deixademe que vos conte as miñas impresions e pensamentos derivados agora que xa pasaron uns días.

 Paisaxísticamente as diferencias son notables pois só parte do territorio galego se semella ó bretón... en xeral é menos montañoso que Galicia mais incluso na costa se semella pola cantidade de rias e enseadas pero teñen outra "arquitectura".

A vexetación é bastante semellante ó que debeu se-lo bosque atlántico en Galicia: nin sombra de eucaliptos nin marcas de incendios forestais. Abondan os espazos naturais na sinalización dos lugares.

Na distribución humana do territorio dous parámetros de interese; unha concentración parcelaria feita no século XIX deixou grandes propiedades que son as que sosteñen a un abondoso tecido agroindustrial e unha rede de comunicacions sen autoestradas de peaxe (en Francia as autoestradas son de 3 carris) pero con moitas autovías ou vías rápidas que comunican as principais cidades e fan de eixo vertebrador do territorio.

Á igrexa de Noia saiulle un cruceiro... Pont l'abbe.
Visualmente hai moitos sitios nos que un pensa que está en Galicia... a abondancia dos cruceiros e outros elementos en pedra, a parsimonia coa que se vive nalgunhas vilas... pero tamén hai notables diferencias. A pirámide poboacional xa mostra signos de envellecemento mais non tan acusado como en Galicia, a cultura tradicional está moi presente mais sen caer en cerrazóns innecesarias; ós novos participan das festas populares aportando a súa visión pero son as formas e manifestacions populares as que reciben mais afluencia de público e aplausos.

Peto de ánimas... 

A min visualmente semelloume que era como si a Galicia a "estirasen" polos bordes marítimos e no estiramento lle rebaixaran as montañas... teño a impresión de que aquí se podería ter chegado a algo semellante si a reforma agricola se tivera feito no seu intre e iso faime pensar si agora somos unha reserva de biosfera xustamente por esa falta de desenrolo... unha especie de "decrecemento programado" que ninguen quixo pero sucedeu. A única diferencia ó noso "favor" é que as grandes cidades estan dentro do terrritorio e na costa mentras que en Bretaña as grandes urbes son fronteirizas co interior de Francia (Rennes e Nantes) e históricamente son o menos bretón de Bretaña.

O nexo cultural entre Bretaña e Galicia existe, seguramente non tan forte como ós panceltistas pretenden mais non tan anecdótico como en Madrid e Paris quixeran... debemos seguir tirando del sen pretender convertilo nunha causa excluinte senon nun punto de apoio no que os pobos periféricos de europa se podan ver reflexados.


Laicismo e ciencia por un futuro sostible

OUUUUuuuu...

A política dos conservadores sempre é a mesma: Negar calquer troco legal de avance social ata que outra forza política menos conservadora o fai; entón a deixan estar.

A aínda moi forte presenza da relixión nos estamentos que dirixen económica e faticamente a sociedade fai que moitos dos avances organizativos que poderían ofrecer un futuro esperanzador para o conxunto da sociedade se vexan frustrados.

A influencia da relixión na educación segue a ser o principal obstáculo e proba desa influencia é que exista unha asignatura (eso sí só da relixión hexemónica) e que esta compute a tódolos efectos nas calificacions académicas.

Resulta paradóxico que os que manteñen a imposición da presenza da súa relixión nos ámbitos públicos facendo fachenda dela con pompa e boato pagado por todos sexan os que "alertan" do incremento da presencia de outras relixions na sociedade... Si alguén ten temor da futura preeminencia dunha relixión na sociedade que faga perigar os valores actuais que comence por pedir que a relixión católica saia dunha vez por todas de tódolos ámbitos públicos.

Establecer unha auténtica sociedade laica non vai ser cuestión de hoxe para mañan nin pode ser froito dunha "disrupción revolucionaria" require en primeiro lugar unha lei educativa que aparte a relixíón do ensino tanto no tempo lectivo como no campo dos símbolos; só así desaparecerá esa aparentemente lóxica unión entre a relixión e "os valores" da sociedade cando é de sobra coñecido que xustamente son as relixions as que mais linchamentos promoven e mais intolerancia promoven.

A saída da relixión do ensino traerá a medio e longo prazo a mellora da capacidade científica do conxunto social deixando atrás esta época de novos chamanes e charlatans que tanto se aproveitan non só da ignorancia da xente senon da falta de resposta por parte da xente que SI sabe de ciencia pero que cala por medo ó predominio relixioso no que vivimos.

En fin, nestes intres de factos aparentes quizais botar abaixo o concordato sexa moito pedir pero reforma-la educación obrigatoria para sacar a relixión da escola semella a maior necesidade para o futuro da nosa supervivencia.

Deixar de pagar por facelo mal

OUUUUuuuu...
As primeiras sesions do parlamento de Galicia no pazo de Xelmirez.
Nas institucions de calquer nivel hai unha parte que corresponde ó chamado "poder lexislativo" que, como dí o seu nome, debe face-las normas que guiarán á sociedade cara ás metas e situacions que as persoas decidimos mediante a elección dos representantes que compoñen as diversas cámaras dese poder nos diferentes niveis (Congreso, Senado, comunidade autónoma, comarca, deputación, concello...).

Así pois estas persoas teñen encomendada a misión de lexislar e cobran por elo e mais teñen uns privilexios xurídicos e socioeconómicos que non vou agora a entrar a xulgar se son ou non dabondo, xustos ou escasos o certo é que a labor ten unha retribución; logo debería ter certa esixencia no que refiere á "calidade do producto".

 E é ahí onde hoxe quero incidir porque si imos a mercar un producto feito por alguén que nos cobra non veríamos nin medio normal ter que lle pagar si o producto falla Como pode ser que deixemos que estas persoas elexidas para "representar e servir" cobren por investigar os seus propios fallos?

As comisions dos diversos parlamentos están todas retribuídas con xenerosidade, tanto que esta lexislatura está a constituir unha fonte enorme de ingresos para os parlamentarios. Mais Están xustificadas tódalas comisions dos parlamentos?

Plantexar comisions para estudar prospectivamente o qué facer sobre temas que preocupan á sociedade para logo sacar lexislación respecto delo semella lóxico e normal, ter comisions permanentes para as funcions de control do executivo en aspectos estratéxicos tamén, investigar os efectos que teñen os propios fallos da lexislación feita polo parlamento... non o vexo.

As comisions de investigación NON son un tribunal de xustiza, non van condear á perda de dereitos políticos nin a multas ou cadea; polo tanto as súas consecuencias chamadas "políticas" semellan unha especie de apupamento público dos individuos e os partidos pero non se ve que teña efectos prácticos pois as normas non trocan.

Coido pois que sería lóxico que as comisions que revisen conductas que se aproveitan dos fallos da lexislación non sexan retribuídas nin para os participantes nin para os seus grupos políticos. Xa que o fan mal, que o arranxen gratis.

3 cousas catalanas

OUUUUuuuu...

Supoño que se pensará que teño mudado de opinión pero o certo é que agora o vexo así e aquí o reflicto para deixar constancia.

Por riba de todo son humano e coido que a intelixencia da nosa especie debería servir para ter un sistema con mais xustiza social no que deixemos un mundo con recursos e menos contaminado ás xeracions vindeiras. Son tamén galeguista si e defensor do patrimonio cultural que a terra e os meus devanceiros me deixaron, penso que as persoas somos todas iguais e polo tanto todas temos que ter capacidade de decidir e responsabilidade sobre as decisions que tomamos.

A cuestión da nacionalidade no estado español e mais concretamente en cataluña ven de sufrir unha brutal manipulación enfatizada polos que prefiren enfrontar á xente con farrapos de cores antes de que a xente se poña en marcha polos seus dereitos e dignidade.

O certo é que nesta situación hai 3 puntos que vexo claros e non se deben ignorar:

1) A cuestión "nacional" catalana estaba aletargada e foi a falta dunha mellora nas condicions do financiamento o que fixo que o nacionalismo de dereitas de cataluña se apuntara á independencia. Si se negociara un acordo de cupo como o vasco o independentismo perdería o apoio dos partidos de dereita e de boa parte dos votantes.

2) Ningún estado europeo vai permitir que unha hipotética cataluña independiente se inclua de entrada na unión europea tanto si a hipotética independencia é polas boas nin moito menos si é polas malas ... todos teñen "a súa cataluña" e non se poden permitir algo así. En vista desto os independentistas terían que ir plantexando cómo se sosteria o sistema económico e social e con qué instrumentos financiaría a súa espectacular dédeba corriente (xa non falo da que se arrastra actualmente; só da que se xenera cada día).

3) As posicións maximalistas son a mellor xustificación para a negación maximalista... un estado que mantén "condicions inegociables" xustifica "vías unilaterais" ou peores... a independencia, xa o teño dito, non é unha decisión que poda tomarse co apoio dunha maioría simple, faría falta algo mais... sempre pensei que o 66% do censo é o punto crítico para calquer gran troco.