Cuadraxésimoquinto...

OUUUUuuuu... A frecha do tempo nos abate inexcusabelmente, sumidos na materia os nosos seres ven limitadas as capacidades que posuen. Tentarmos resistir non é intelixente, adaptarse non sempre é rendirse, sempre hai un xeito 'distitno' de FACER.

Son proxecto malía ó trebón. Son incógnita que descoñezo e descubro cada día. Son potencia e feito á vez.

Vexo polos buratos que ten o muro da miña percepción... sesgado polo que me rodea e me formou, logo son culpable de sesgo; tendo a xulgar dende o meu punto de vista e coa información que teño.

Son un óptimo pesimista ou un pésimo optimista... tentando ver cousas positivas en tódolo que me arrodea para que o peso da existencia non remate por cercenar o camiño antes de que toque; porque ó final sempre toca.

A retirada de John Balan

OUUUUuuuu... Era John Balan un auténtico espectáculo, o home-orchestra... eu non son tan bó nin tocando a batería nin facendo o xantar pero andaba dando golpes aquí e aló... sen moito senso, seica.


En fin, volto á cubertería... a facer dano, a mancar; iso si, coa sana intención de axudar a sanar... logo outra cousa son os resultados.

Confusión no naufraxio

OUUUUuuuu

Co tema este da crise semella que todo vale e é certo que de todo se tenta facer... e toda clase de movementos e bulos percorren a rede e os bares nestes tempos de dificultade que serían de tribulación e grande fame senon fose pola cantidade de actividade "of label" que a xente desenvolve... sen saber que iso é xustamente o que está a acabar "con todo".

Pero estamos parvos e creemos os cantos de serea... vai resultar que agora todo se arranxa reducindo o número de cargos electos... craso e magno erro: Ós cargos electos o que hai é que controlalos e no que falla o sistema político é en que unha vez os votos están na furna... xa non somos "detentores do poder" semella que non lles damos un mandado ós electos senon que lles outorgamos poder infindo e sen barreiras para facer ata xusto o contrario do que prometeron.

Así pois, ides aplaudir novamente un atropleo que favorece ós  poderes; como xa fixestes co tema dos controladores. Si se reduce o número de edís e se mantén o sistema electoral non proporcional Quen pensades que saírá beneficiado?

É curioso que non faledes de limitar o número de asesores, o saldo das tarxetas e contas de cargo de gastos "de representación", de implantar sistemas de "cese" dos cargos promovidos polos cidadans nas respectivas circunscripcions, troca-lo sistema electoral por un mais proporcional e os ámbitos de voto por algo mais representativo... á única medida democrática que se vos ocurre é aumenta-lo poder dos partidos maioritarios?


Sinais no ceo

OUUUUuuuu... Por desgracia (e sí, así o digo) este goberno só vai ser eficaz no que respecta a trocar cousas que segundo a súa filosofía "están mal" como o mercado laboral que, tra-la reforma proposta, pasa a ser "mellor que o dos EEUU" segundo un dos capos das finanzas mundiais. E non é que non saiban, é que non os deixan... hai outro goberno na sombra.

Mentras a banca, que sigue a ter beneficios e a pagar grandes cantidades de complementos variables por obxectivos ós seus directivos, pide ó BCE mais de 300.000 millons de €uros (o 25% do total que leva prestado o Banco central) pero o crédito non flue ou sigue a intereses de usura cando a eles llo prestan ó 1%... Que fán con eses cartos? especular e dar pelotazos. E cando a cousa vaia mal, cando nun investimento arriscado perdan os fondos sabedes quen vai volver por eles? Siiii todos nós outra vez.

Coa escusa de "salvaguardar os intereses dos aforradores" teremos que rescartar novamente á banca... non sei con qué. E de paso salvamos tamén ós que teñen mais de 150000 €uros que de outro xeito os perderían... eu non estou nese grupo nin, coido, coñezo a ninguén nesas circunstancias, pero si coñezo a moita xente que se está a quedar 'co posto' e sen acceso a servizos básicos pola tolemia do auto-aforcamento ó que nos empurran.

Como sei que non teño lectores non pasa nada polo que vou a facer.

Sabedes de quen é culpa cada movemento especulativo nos mercados?

De todos nós.

Cada €uro nun fondo de investimento, nun fondo de pensións, en depósitos a prazo fixo, en calquer "producto financieiro" é unha palanca que lles permite facer o que queiran con eses cartos sacando de metendo en accions e productos e outros mecanismos sin ter para nada que ver coa realidade das empresas ou da oferta e a demanda... Os prezos das produccions agrícolas dos vindeiros anos están mais pendentes dos fluxos de capital que das chuvias ou as xiadas.... Unha incoherencia maisl.

Eu apenas teño 3000 €uros nun plan de pensions e unhas accions (menos de 200) dun banco que heredei e que non me deixaron vender a tempo... Si botamos contas e imos sumando as cantidades de cada un...

E o caralludo é que cando eles se vaian a pique (cousa que é o seu destino porque ese é o mecanismo da economía financieira) faranos un "corralito" e diran que nós non podemos saca-lo noso dos bancos... e senon ó tempo.

SUXERENCIA para os propensos ás manifestacions.... como dixo Cantoná. Poñamos unha data, unha semana, un mes... E SAQUEMOS TODO DOS BANCOS... si só un 20% dos fondos se move xa seríamos quen de facer que eles se percaten do delicado da súa situación... e se precipiten. ou non.

Huelga decir...

OUUUUuuuu... Nun país cunha economía baseada en servizos, con un forte sector público e cunha taxa de población dependente tan alta... Penso que sendo o sector financieiro o causante de esto pois para que mantivera o seu beneficio houbo que "prestar" miles de millons de €uros habería que ter desenvolto estratexias de facerlle "pupa" alí onde lle doe.

En fin, hoxe damos un paso adiante no valeiro e saen ás rúas milleiros de persoas indignadas polo troco de regras de xogo que foi apoiado por un terzo longo de cidadans... o asunto é que foi daquela e non agora o momento de facer información... agora a alteración social só vai conducir a mais deterioro do público e a mais argumentos para o seu desmantelamento.

Medo me dá

OUUUUuuuu... Dempois de pasar esta finde na capital do impe...estado e de escoitar certas cousas cáseque me teño que sentir agradecido de que o entroido sexa cáseque imposible que cadre a 11 de Marzo... habíannolo prohibir.

Eso por non falar do patético "estado da autoanemia" na que un tal 'Patxi' e un Sr moi berrón ridiculizan a un pais. Así nos vai que ata un dos escritores mais senlleiros non é quen de emprega-la súa lingua nas redes sociais... será que o presionan dende Madrid? e será....

1% 4% 5%

OUUUUuuuu...

O BCE presta cartos (ás entidades financieiras) ó 1%, O estado paga a súa débeda ó 4%, os concellos e comunidades vanna pagar ó 5%... Van a prestar as entidades financieiras eses cartos que lles presta o BCE ás iniciativas empresariais? Serían parvos si tal fixeran.

Parecenme que poñendo solucions inversas como facilita-lo despedimento e a perda de poder adquisitivo (e polo tanto baixando o consumo interno) non se vai a remontar esto.

Os que gobernan dín que o problema da sociedade é o paro pero poñen solución para que o sector financieiro sega a ter grandes beneficios... e para que o consumo interno sega a caer. Ou minten e nos fan parvos ou non teñen en conta a realidade de aquí.

E todo iso tendo en conta que a débeda mundial está mal distribuída e que en realidade non son os paises que están na picota os que mais deben.

Xirondo

Xirondo

Xigante, enorme, xeneroso

Xirondo

Galego ata o fondo
Eras río i eras fonte
Pescador no regato
das nosas emocions

Xirondo

Mil batallas e ningún morto.

Agasallo de tela enchido de país
sangue celeste e mar verde
horizonte aberto no peito
traballo arreo ben feito
afeito estiven a verte
como si foras meu pai

Partes para a longa travesía
deixandonos sós co mar e a ría.