OUUUUuuuu
Co tema este da crise semella que todo vale e é certo que de todo se tenta facer... e toda clase de movementos e bulos percorren a rede e os bares nestes tempos de dificultade que serían de tribulación e grande fame senon fose pola cantidade de actividade "of label" que a xente desenvolve... sen saber que iso é xustamente o que está a acabar "con todo".
Pero estamos parvos e creemos os cantos de serea... vai resultar que agora todo se arranxa reducindo o número de cargos electos... craso e magno erro: Ós cargos electos o que hai é que controlalos e no que falla o sistema político é en que unha vez os votos están na furna... xa non somos "detentores do poder" semella que non lles damos un mandado ós electos senon que lles outorgamos poder infindo e sen barreiras para facer ata xusto o contrario do que prometeron.
Así pois, ides aplaudir novamente un atropleo que favorece ós poderes; como xa fixestes co tema dos controladores. Si se reduce o número de edís e se mantén o sistema electoral non proporcional Quen pensades que saírá beneficiado?
É curioso que non faledes de limitar o número de asesores, o saldo das tarxetas e contas de cargo de gastos "de representación", de implantar sistemas de "cese" dos cargos promovidos polos cidadans nas respectivas circunscripcions, troca-lo sistema electoral por un mais proporcional e os ámbitos de voto por algo mais representativo... á única medida democrática que se vos ocurre é aumenta-lo poder dos partidos maioritarios?
No hay comentarios:
Publicar un comentario