Mostrando entradas con la etiqueta arranxando o mundo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arranxando o mundo. Mostrar todas las entradas

A solución: Pecha-las fronteiras.

OUUUUuuuu...

A verdade é que a situación dos inmigrantes no norte de áfrica é terrible; chegan ata alí desesperados fuxindo de guerras e exércitos... de conflictos nos que non pediron meterse.

E teñoo claro que a única solución posible é pechalas fronteiras.

Si, pecharllelas frointeiras a todo.

Pecharlle a fronteira ós productos que veñen de alí, a tódolo que lles rouban para vendernolo, ós cartos que fan os poderosos nese expolio.

Percharlle as fronteiras á ignominia de deixar que os recursos que se lles rouban ós paises de áfrica cheguen os nosos almacens, ós cartos que enchen as contas correntes das corporacions, as contas correntes dos traficantes de armas, as contas correntes dos mercenarios que toman café en Montparnasse, en Picadilly, en Under den Linden ou en Times square.

Por de pronto debemos pecha-las urnas ós votos para os partidos que se nutren de ese expolio é a única e mais efectiva medida que podemos tomar... por agora.

A grande traxedia do hábitat humano e a mentira turistica.

OUUUUuuuu...


Seica a constitución esa que non se pode reformar e que está para cumprila dí:
Artigo 47
Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para faceren efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para que se impida a especulación.
A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.
Nembargantes abondan os exemplos que se aproximan ó esperpento co que ilustro esta entrada (ficticio) como o alugueiro dun sofá por 400€ ó mes ou profesionais con soldos "normais" vivindo en caravanas ou balcons en emprazamentos turisticos como Ibiza.

Para unha persoa da rúa a impresión do que está a acontecer co mercado inmobiliario tanto de compra/venda como de aluguer é doada de manipular... conducindolle á conclusión que mais conveña ós que manexan os fios, pero é que os que manexan os fios están enfrontados entre si...

O MERCADO.

Vemos por unha banda como os operadores do mercado inmobiliario tradicional se sinten "asoballados" polas novas formas de distribución de servizos inmobiliarios que se mezclan en moitos sitios con servizos de aluguer de tipo turístico que proporciona maiores ingresos ós propietarios e algunhas vantaxes extra como certa sensación de seguridade ante inquilinos que non pagan ou no conservan a vivenda en condicions.

Sexa como fora o certo é que os prezos están disparados e que; dadas as condicions de precariedade dos "empregos" (falsos autónomos) que constituen a maior parte da oferta laboral actual para xente nova ou desempregada dende a crise, hai xa un amplo abano de lugares onde vivir cun soldo de menos de 1000€ ó mes é imposible sen acudir á beneficencia (bancos de alimentos, comedores sociais...).

O TURISMO

O fenómeno do turismo masivo que leva con nós dende os 60 veuse impulsado cara á actual burbulla por diferentes factores; a precariedade laboral permite mais beneficios, o conflicto armado en varios destinos "competidores" incrementa a demanda con maior poder adquisitivo, o número de vivendas baleiras debidas o crack das hipotecas (e ós desafiuzamentos) constituiu un verdadeiro efecto chamada para os servizos online de aluguer.

Unha demostración mais de que no actual sistema consumista calquer "nicho" de negocio é explotado ata facer del unha bomba de reloxería que desequilibra a economía (e á sociedade) dos estados.

Temos tendencia a botarlle-la culpa ás persoas que masifican os lugares que visitan mais a culpa é dunha industria sen control nen planificación impulsada polo sector financierio que ofrece "oportunidades" pero que logo cando a xente non poda facer fronte ós requisitos desas oportunidades non deixará, outra volta, de pedir rescate "para que non se paralice o sistema"; xa se sabe: a serpe monetaria só camiña por riba de novos créditos.

RIO REVOLTO...

No río revolto deste guirigai xorden tamén solucions "inventivas" que poden ser interesantes porque ademais pechan outro grande problema das sociedades actuais... a soedade das persoas maiores pero non duvidebes de que mais pronto que tarde os buitres se botarán sobre deles; levan tempo tratando de que ser vello non sexa "rendible" de xeito que se podan facer cos seus bens a cambio de servizos precarios ou deficientes.

Xa o estamos a ver de xeito indirecto e inconexo só queda que xurda unha empresa "low cost" desto.

ó tempo.

Laicismo e ciencia por un futuro sostible

OUUUUuuuu...

A política dos conservadores sempre é a mesma: Negar calquer troco legal de avance social ata que outra forza política menos conservadora o fai; entón a deixan estar.

A aínda moi forte presenza da relixión nos estamentos que dirixen económica e faticamente a sociedade fai que moitos dos avances organizativos que poderían ofrecer un futuro esperanzador para o conxunto da sociedade se vexan frustrados.

A influencia da relixión na educación segue a ser o principal obstáculo e proba desa influencia é que exista unha asignatura (eso sí só da relixión hexemónica) e que esta compute a tódolos efectos nas calificacions académicas.

Resulta paradóxico que os que manteñen a imposición da presenza da súa relixión nos ámbitos públicos facendo fachenda dela con pompa e boato pagado por todos sexan os que "alertan" do incremento da presencia de outras relixions na sociedade... Si alguén ten temor da futura preeminencia dunha relixión na sociedade que faga perigar os valores actuais que comence por pedir que a relixión católica saia dunha vez por todas de tódolos ámbitos públicos.

Establecer unha auténtica sociedade laica non vai ser cuestión de hoxe para mañan nin pode ser froito dunha "disrupción revolucionaria" require en primeiro lugar unha lei educativa que aparte a relixíón do ensino tanto no tempo lectivo como no campo dos símbolos; só así desaparecerá esa aparentemente lóxica unión entre a relixión e "os valores" da sociedade cando é de sobra coñecido que xustamente son as relixions as que mais linchamentos promoven e mais intolerancia promoven.

A saída da relixión do ensino traerá a medio e longo prazo a mellora da capacidade científica do conxunto social deixando atrás esta época de novos chamanes e charlatans que tanto se aproveitan non só da ignorancia da xente senon da falta de resposta por parte da xente que SI sabe de ciencia pero que cala por medo ó predominio relixioso no que vivimos.

En fin, nestes intres de factos aparentes quizais botar abaixo o concordato sexa moito pedir pero reforma-la educación obrigatoria para sacar a relixión da escola semella a maior necesidade para o futuro da nosa supervivencia.

Jo tinc por





OUUUUuuuu... Pois si, teño medo.

Teño medo dos que odian e aproveitan o odio de outros para arremeter contra todo.
Medo dos que no medio de tanta traxedia teiman en difamar e manipular en prol da súa causa. Como si unhas macetas fose a curalle-la tolemia a eses rapaces seducidos por un manipulador.
Medo dos que ven provocación en calquer xesto alleo sen ser capaces de aceptar que as provocacions que eles fan cara ós outros non son "o seu dereito".
Medo da insensibilidade que está instalada nos meus iguais que tanto son capaces de porse a grabar a un neno que morre como de ir a un hospital a se facer fotos cos feridos por gañar puntos de popularidade.
Medo do morbo que tantos disfrutan compartindo imaxes desta cruel matanza mentras apupan a quen comparte as imaxes da matanza diaria e silenciosa da fame aquí ó lado.
Medo da hipocresía de tratar de por no mesmo nivel o comercio de armas e a axuda ós refuxiados.
Medo dunha oligocracia que se cree tan por riba de todo e tan a salvo de todo que nos segue entregando a un oscuro futuro de esgotamento dos recursos non renovables e penaliza ás enerxías limpas e accesibles.

O terrorismo este que mais que islamista é islamofóbico só busca traer a europa a fronte de combate entre Arabia Saudí e Irán para que os gobernos occidentais pechen os ollos á súa poboación e lle sigan a vender armas ós alauitas que son, non o esquezamos tamén, unha monarquía.

A restricción das nosas liberdades será a súa victoria ó igual que o é que se toleren reaccions sectarias e xenófobas.

Ó redor do Burkini


E quen identfica a estes?
Hai unha leria moi grande ó redor do tema dunha prenda de vestir seica específica para o baño e deseñada por unha australiana musulmana para poder bañarse respetando o que marca a súa relixión...

O problema principal é que, en realidade, non se está a xulgar á prenda de baño senon ó suposto de que as mulleres que a empregan o fan obrigadas, contra a súa vontade.

Ten graza (ou non) que se fale desta obriga por motivos relixiosos mentras permitimos que a presión social "obrigue" ás mozas a andar con prendas tan pouco estéticas como os Chochorts, patangas ou tangalons...

A prenda pode, incluso, ser útil ou necesaria para que persoas que ben por problemas de saúde ben por tomar tratamentos específicos non poden exporse ó sol e que grazas a esta prenda se poderían bañar no mar e disfrutar da praia.

Respecto á falta de hixiene... Que tal un estudo dos bañadores das piscinas municipais?? non cuspamos para arriba que... 

Adúcese tamén que pode ser un risco para a seguridade porque non se pode identificar ás persoas que os portan... esto é un argumento falaz e de dobre fio e pode que acabemos prohibindo os capirotes dos cófrades da semana santa ou as mantillas... ahh que non, que é unha prenda relixiosa... ohhh wait¡¡ Eso por non falar dos disfraces de entroido... Prohibir o cigarrón, o peliqueiro ou a pantalla?? NIN DE BROMA¡¡

Pois iso que igual que para as prendas mencionadas as persoas que leven prendas para tapa-la cabeza por mor da súa profesión musulmana teran que poder ser identificadas en calquer intre mais non por elo se pode prohibir o seu uso.

O xogo dos radicais islámicos é identificarse eles coa súa relixión e facelles creer os seus correlixionairios que o castigo que merecen os seus actos de terror se lle infrinxe á relixión de Alá: a tódolos musulmans cando non é así. Non deberamos caer en prohibicions burdas porque ademais conteñen graves contradiccions con tradicions do cristianismo que vemos como "normais" porque simplemente as levamos vendo toda a vida

Non quere dicir esto que deixe de pensar que o mundo islámico está na súa edade media, só que nós non debemos voltar a ela.

Mecanismos de defensa PsicoSocial

OUUUUuuuu... Hoxe vou, outra volta, a pasar un día de praia á vista do estadio dos "turkos". Haberá quen diga que si fago eso non son tan celtista como digo...

Penso que ahí está unha clave desta sociedade: Cando a xente ten un problema co que non se atreve a enfrontarse se refuxia facéndose radical en algo no que pode obter recompensa e apoio de grupo... e así temos a hordas de xente que é capaz de batirse en duelo pola cor da camiseta mais non move un dedo polos problemas do seu día a día deixando que os goberne xente que non elexiu e que faga cousas que non estaban no seu programa electoral e infrinxindo a lei.

Este tipo de xente quere, ademais, ignora-la realidade do esgotamento do modelo económico e enerxético e os graves sacrificios e grandes trocos que veñen... 

E marcho que teño que marchar.

A terceira servidume

OUUUUuuuu...

Unha nova revolución anda agochada no noso tempo e con ela un novo xeito de relación entre os humanos... na historia cada revolución no deserolo da humanidade veu en dar nun modelo de relación socioeconómica segundo o campo e modelo productivo de referencia... pero, en realidade, cada paso na historia só engade unha capa de camuflaxe ó mesmo tipo de relación.

Deixando atrás a "revolución agricola" que trouxo a esclavitude como modelo de relación socioeconómica 'novedosa'. Temos que a revolución relixiosa monoteista deu orixe a unha relación de servidume agrícola substituindo ós esclavos por xente que facía o mesmo pero coidaba non selo nun marco ético-relixioso que propugnaba a igualdade... digamos que aqueles "siervos da gleba" eran esclavos de feito pero non de dereito.

O modelo agrícola-mercantil quebrou coa chegada da industria e a producción masiva, e naceu unha segunda servidume a dos 'destinados' ó traballo nas fábricas... eles, por ter acceso a unha serie de productos (os que producían) non tiñan sensación de seren esclavos. A camuflaxe complicouse mais pois o modelo incorporaba certa formalidade: o contrato que materializaba un certo marco de aparentes dereitos que a xente quixo exercer... por elo un modelo 'avanzado' desta servidume desenrolouse en asia (e agora aquí) cara a unha maior semellanza co modelo esclavista polas súas evidentes vantaxes.

Pero agora vivimos outra reviravolta da historia e o que mais importa é a información e o "apalancamento"... unha sociedade de servizos... serviles. Nesta xeira a camuflaxe énchese de bits a alta velocidade e temos un novo dogal para manter asoballados ós esclavos-siervos-obreros-profesionais: o crédito.
O caramelo envenenado co que tes hoxe o que non terías en 20 anos en "igualdade" co que teñen os outros... temos pois unha terceira servidume mais aló da ética relixiosa e do contrato laboral; a servidume financieira.

Mentras seguimos, como especie, na carreira imparable para destruir o mundo no que habitamos...

Billetes virtuais e o fin do capitalismo...

http://www.flickr.com/photos/famzoo/4880265002/
OUUUUuuuu... Non tomedes en conta esta reflexión, disimulade si tal... non é froito dun intre de tolemia ou desacougo; é o simple contraste dunha realidade manifiesta: O capitalismo xa non existe.

Foi xustamente a caída do principal operador de BitCoin o que me fixo decatarme de que a economía actual DEFINITIVAMENTE non ten un fundamento 'sólido'... o tempo do ouro pasou xa van 50 ou 60 anos... pero agora NADA sustenta o valor que nos mercados se lles da as unidades monetarias que movemos (nin á súa comparación chamada "tipo de troco").

Impera na economía "a confianza", un xeito de 'percepción extrasensorial' das axencias de análise de datos que vaticinan (con pouco acerto sexa dito) os bandazos da economía para que os poderosos a movan como peonza colocandoa de xeito que sempre leven o beneficio.

Quebraron grandes inmobiliarias e empresas financieiras no 2007/8 pero lonxe das esceas de pánico dos anos 20 do pasado século o que veu a pasar foi unha 'desconfianza' na economía... os chamans apuntaron cara a varios países sucesivamente e foron caendo as condicions sociais porque eran "culpables" da desconfianza.

Así que para que todo vaia ben só temos que confiar en que vaia ben... ou non.

Diana na diada

OUUUUuuuu...

Hoxe é 11/S moitos son os acontecementos que nesta data se festexan ó longo do mundo (e mais si tiveramos en conta culturas xa extintas) pero aquí a cousa se centra na Diada como reivindicación da nacionalidade catalá escudandose nunha suposta democracia do feito nacional catalán cando unha cousa non ten porqué ver coa outra.

Para min pobre cidadán de a pé o principal valor, a "proba do algodón", dunha DEMOCRACIA é a tolerancia coas voces que discrepan e neso o sistema político no que vivimos ten dado moitas, moitísimas mostras de non cumprir ... esta "proba do algodón" só tería como barreira a ruptura cos dereitos humans, en particular co dereito á vida.

E non teño eu claro que na forma de goberno que o espectro político catalanista poda por en marcha nunha plausible independencia se tolere a presenza de forzas "unionistas" ou se deixe dentro do sistema xurídico a instaurar a posibilidade dunha nova unión (ou da independencia do val de Arán).... ou sexa que presumen ou vocean o que non teñen.

Logo está o asunto económico que ven sendo que pensan os futuros gobernantes do estado catalán que poderán estar integrados na UE (dereito que non lles nego por moito que dende Madrid pensen que teñen dereito a veto o que eles pensen non conta senon o que diga Herr Angela) e recibir fondos e prebendas... ignoran que xa vai moito, moitísimo, moiiiiiitísimo que son unha rexión desenrolada e que a súa integración na UE sería en status de CONTRIBUTOR NETO e, seguramente, dado o desfase ingresos-gastos o futuro estado nacería intervido tal e como está agora a Generalitat...

En fin, ogallá a xente fora capaz de ver as manipulacions ás que é sometida e optara "en conciencia" polo que pense que mellor lles representa e é mellor para o seu futuro pero sen autoenganos nen falsas expectativas.

O tolo que venceu

OUUUUuuuu... O acaecido en Noruega tenme moi preocupado principalmente porque o individuo este conseguiu o que percuraba de verdade que non era asasinar á ex primeira ministra nórdica nin ó cento de persoas  que matou: el quería difusión das súas ideas para que os descontentos co que está a pasar fixesen como él: botarse en brazos da resposta mais doada facendo culpables "ós outros" no canto de tentar troca-lo sistema co que occidente leva gobernando o mundo nos derradeiros 100 anos.

E estao a conquerir non só porque os medios de masas repiten unha e outra vez a súa sarta de mensaxes cacofonicamente senon tamén porque políticos e autoridades escomenzan a falar de tomar medidas e de facer trocos cando a lexislación contra este tipo de inmundicia xa existe.

Seguide dándolle pulo ó que escribiu e teredes 50 mais coidando que ese é o camiño... e facendonos culpables a todos.

Reciprocidade

OUUUUuuuu... os euro deputados gobernan moitos aspectos das nosas vidas cunha distancia espacio-temporal própia da ficción, están mais accesibles ós escualos dos lobbies que ós cidadans que os eleximos (ou creemos facelo).

Pero é que agora está visto que xa non están tan lonxanos os seus feitos e, por unha vez, a vergoña de verse descubertos fai que alguns se baixen un pouco da burra. O fenómeno da instantaniedade de twitter fixo que visen a virulencia da reacción da xente... unha versión 2.0 das flashmob de principios de século.

Levo xa leido que este tipo de cousas ofrecen esperanzas sobre a evolución das formas de goberno cara a unha maior DEMOCRACIA... pode, pero non esquezamos que calquer medio de expresión ten uns mecanismos de control.

EDICIÓN 20:55
vaites¡¡ cando escribín isto non sabía de www.democraciarealya.es/ (eu chamaríalle "democracia verdadeira" por evitar esa verba que xa sabedes)



Movidas como estas vai a haber moitas o tema é evitar que se instrumentalicen e, ó tempo, acadar coordinación para 'facer pupa'.

Curiosidade monetaria

OUUUUuuuu... así que o "réxime" de Gadafi está agora 'deslexitimado'... logo estivo lexitimizado algunha vez e non era 'réxime' senon dieta?.

E que curioso que en seguida ós 3 "cabezas de turco" desta manobra se lles decreta paralización de contas; esas mesmas contas que non se poden tocar para estafadores diversos residentes en países europeos pero cuios fondos en "paraisos fiscais" están fora da xuridiscción dos estados e non se poden tocar. Vai ser que esto non é mais que unha expropiación de fondos pola vía do apremio.

O anúncio da solicitude de dimisión deste homiño por mor "dos crimes cometidos" é ben curioso si o comparamos coa actitude dos gobernos solicitantes perante a actitude de gobernos "democráticos" como o de China, Arabia Saudí, Congo... E logo sabemos que si ben a xente de Gadafi dispara ás manifestacions tamén é certo que existe un alzamento militar de parte das tropas do país (curiosamente as acuarteladas nas zonas petroleiras) o que acaba de situa-lo conflicto á altura dunha guerra civil. E si se intervén nesta situación porqué non se fixo en Sudán, Somalia, Etiopia...

Moita vara dupla e moito interese estratéxico hai nestas lerias.

Nata for all = Natal

OUUUUuuuu... Nestes días vivimos o sumum do sistema socioeconómico imperante un exemplo que ven sendo multiplicaddo en tódolos ámbitos nos que se instala, que sempre resulta no mesmo e que demostra, en esencia, as imperfeccions do mercado e a dupla oferta-demanda como reguladora de prezos.

Ninguén nega que nestes días os prezos son os mais altos do ano vencellados a un incremento do consumo debido a unha "inducción social". O resultado repetitivo é unha caída expectacular do consumo en Xaneiro que se tenta compensar cunha suposta rebaixa de prezos sobre os restos dos artigos sobrantes... rebaixa no consumo que se prolonga no tempo.

Exactamente como pasou co tema do tixolo ou anteriormente coas accions das TIC ou tantas outras 'crises'. Xerar un ciclo de crecemento de consumo 'artificial' para que o beneficio marxinal sobre cada producto medre (a eles non lles custa mais fabricar porque o teñen planificado) e logo desfacerse dos restos cunha suposta rebaixa de prezo que non é tal... trasladen esa manobra a tódolo demais e teñen o modelo deste "movemento".

A min o tema do gordo vestido de bermello perseguindo nenos agás de pederastia lémbrame unha canción de LPR; "a rebelión dos famentos"...

Y tienen hambre...
y tienen hambre....
pasan hambre mientras nosotros lo estamos tirando
papá noel manda papeo que esto está muy feo.

Como desa non hai vídeo no tubo pois vos poño outra igual de bonita que 25 años despues sigue en vigor:



Pero, a verdade é que salvo a canción do muro de Berlin e algunha frase como "Hiciste nuestras casas al lado de tus fábricas y nos vendes lo que nosostros mismos producimos" (agora fabrican en china) o resto TODO segue en pleno vigor menuda merda de 'progreso'.

Verbas que axudan...

De todo o que atopo sobre o desastre que non me informa quédome co que se escribe no chat de Quantum:
x: 40 camiones-cocinas móviles llegaron a Haiti procedente de Republica Dominicana para alimentar damnificados
15 ene 10, 09:55
X: Los aeropuertos dominicanos que estan próximo a la frontera siguen recibiendo la ayuda para haiti ante la imposibilidad de poder aterrizar en territorio haitiano
15 ene 10, 08:16
X: se requiere AGUA, SAL Y FOSFOROS o CERILLOS. la sal es necesaria junto con el agua para hidratar a los heridos y ante la ausencia de combustible se requieren cerillos o fosforos para encender velas
15 ene 10, 08:13
X: Los generadores energeticos que se han estado instalando en haiti no tienen combustible
15 ene 10, 08:12
X: empresas privadas de telecomunicaciones estan ayudando a reestablecer las comunicaciones en Haiti
15 ene 10, 08:11
X: El mayor problema ahora mismo es la falta de logistica para manejar la ayuda internacional, Haiti no tiene un procedimiento a seguir para estos desastres
15 ene 10, 08:08
X: si deseas ayudar no dones dinero, EL DINERO NO VALE EN HAITI, si vas a donar lo mejor ahora mismo es AGUA, una botella de agua vale 15 dolares en Haiti
15 ene 10, 08:06
X: El centro de traumatologia del Hospital Dario Contreras en Republica Dominicana sigue recibiendo a los hermanos haitianos
15 ene 10, 08:04
X: Se han iniciado los operativos de vacunación en la zona fronteriza con la finalidad de evitar brotes epidémicos
14 ene 10, 10:49
X: busca en las calles de tu pais algun ciudadano haitiano y ayudalo a comunicarse con los suyos, demuestrales que no estan solos, tu puedes hacer la diferencia
14 ene 10, 10:46
X: muchos heridos cruzan la frontera dominico-haitiana para ser atendidos en territorio dominicano
14 ene 10, 10:44
X: De manera temporal el gobierno dominicano ha disminuido los requerimientos migratorios con la finalidad de permitir que ciudadanos haitianos puedan abastecerse al otro lado de la frontera
14 ene 10, 10:38
X: El gobierno Dominicano ha decretado 2 dias de duelo por la tragedia que todavía hoy sigue cobrando victimas
14 ene 10, 10:37
X: Médicos haitianos residentes en republica dominicana junto a homólogos dominicanos con conocimiento de "Creole" -lengua haitiana- marcharon hacia el vecino país para ofrecer sus servicios humanitarios
14 ene 10, 10:33
X: presidente dominicano Leonel Fernández estvo en Haiti para ayudar con equipos pesados para remover escombros, asi como tambien la restauracion de la energia electrica usando fondos dominicanos
13 ene 10, 10:56
X: camiones con alimentos cruzan la frontera desde República Dominicana hacia HAITI pero no es suficiente
13 ene 10, 10:50
X: República Dominicana envía agua y sangre hacia HAITI junto a 200 voluntarios, favor NO DONAR DINERO a ninguna cuenta bancaria
Por cousas como esta coido que hai que defender a liberdade en internet...

Dama moura, peón de rei.

OUUUUuuuu... a min toda esta turbulencia ó redor desta persoa cada vez me ten mais pinta de manobra para forzar unha 'solución rápida' ó tema do Sahara. O único que non me cadra é o papel de Arxelia, pero como non son membro de ningún gabinete de estudos internacionais pois dou por sentado que terá intereses territoriais para obter unha saída ó atlántico directa.

O caso é que hai graves inconsistencias nos plantexamentos de case todos. Por unha banda os partidos de esquerda acudindo a unha xefatura de estado que NON quixeran recoñecer; ou é que agora EU e ERC son monárquicas? Ahh, pode que teñan motivos históricos para tentar de mezclar o cidadán JCI nesto; pero o certo é que a imaxe que se lle brinda á poboación é que "hasta la izquierda recurre al Rey cuando la cosa se complica", esto contribue pouco ó avance das ideas republicanas. Outra cousa é que se queira facer responsable a este persoerio polas ben coñecidas circunstancias cronolóxicas da 'anexión' do territorio e o pesadelo cercano dos Cravos portugueses.

O goberno non sae nada ben parado da situación... a filosofía da "alianza de civilizacions" vese tocada e a coherencia interna respecto a referendums de autodeterminación obriga a manter posicions dogmáticas sobre o que aconteza noutros territorios (Sahara, Kosovo...) pois calquer esbarón neste plano acabaría co P$O€ feito anacos. Acudindo ó 'amigo americano' cando xa se sabía que non actuarían abertamente fíxose un grande ridículo. Culpando indirectamente a quen fai o seu traballo baixo presión e ordes contraditorias estase a crear perigosos precedentes.

A oposición... esperando a que a presa caiga polo seu peso. O peor; ignorar que a situación humanitaria debe resolverse.

Por certo; postos a ofrecer pasaportes, que tal un de Xibraltar? Ibache boa que eses deixaran entrar a alguén sen documentación e fixera esa escenificación...si, ela está en folga; pero toda a parafernalia é escenificación.

Agora o xadrez agarda o movemento...

Ratings, ratios e ratas

OUUUUuuuu... Anda o temor tra-la clasificación da débeda de alguns estados polo seu déficit "galopante". Non me estrana nada. O déficit de certos estados expresa a súa asunción de postulados neo-cons, o de outros non tanto; porque o que importa non é a cantidade senon a orixe e o 'disfraz'.

Un pais endebedado por politicas sociais e cuns servizos públicos mellorables mais universais e gratuitos ou case... pois é un problema; o capital o sabe. Un pais endebedado por taparlle os buratos ós seus bancos e agora deixalos ir de rosiñas sen novas normas de control financieiro e sen castigo para os seus dirixentes e os seus controladores...pois é o que queren.

Eche ben curioso que o BCE lle outorgue tanta importancia ós ratings dunha axencia que, como tantas outras, non foi quen de prever a hecatombe financieira de fai un ano longo. Os mesmos que dician que o sector inmobiliario español non tiña problemas no horizonte, que o sistema financieiro era san, etc. Mais, agora, resulta que o problema é a débeda. Claro, a que non está escondida tra-las axudas ó sector financieiro ou as rebaixas de impostos.

Penso que as axencias esas deberían arriscar algo mais...que tal un rating de ratings de axencias? as que fixeran prediccions que non se cumpriran deberían pagarlle unha multa non só ós investidores que se guiaran polos seus consellos senon tamén a quen puidese demostrar "danos colaterais". Se cadra o pensaban un pouco mais antes de 'atacar'.

E si, a min aféctame e non porque merque débeda nen por ser empregado público asalariado. Aféctame porque o que se esconde detrás das 'opinions libres' (pero sesgadas como a miña polos seus intereses) é un tipo de socioeconomía fundamentalmente inxusta e insolidaria na que, tra-la falsa cortiña do valor do esforzo persoal e as 'oportunidades', están as 'listezas' o 'sempre que eu gañe' e un beneficio desbocado que só pode levar a mais crise.

Foi a débeda dos estados a orixe desta crise? o foron as prestacions sociais? os soldos dos funcionarios?... pois semella que por ahí vai se-la válvula de escape.

Riscos e beneficios

OUUUUuuuu... Solbes e ZP se preguntan porqué a banca non presta os cartos que se garanten co plano de recuperación económica; e dicir, cos nosos impostos. Sinxelo, a banca non atopa beneficio dabondo para o risco que calcula; porque, agora si, a banca calcula o risco dos préstamos que fai.

A gran banca española mantén a súa apariencia de beneficios brutais mais precisa das garantías gubernativas...en calquer outro sector deixaríase caer ós débiles e punto.

Eu vexo que co actual tipo de xuro á banca non lle cubre prestar cartos nen co dobre de comisión que estan a cobrar agora.

Engadese o problema da financiación do propio estado que ten agora unha menor cualificación (ainda sendo das mais seguras) e deberá pagar un maior xuro para atraer compradores... o que xerará mais débeda. A nova de que os aforros da seguridade social se van a investir na débeda do estado a mín sóame a 'autocartera'; será dabondo? non estremos a 'enterrar' os cartos das pensions do futuro?.

A situación semella unha pandemia de gripe que está aínda na primeira oleada... quedan outras dúas.

¿Huelga la justicia?

OUUUUuuuu... Si, o título está en castelán...e qué?

A xustiza é unha das travesas que sosteñen a unha sociedade dende que van uns miles de anos os seres humanos atinaron a organizarense como tales; é mais, eu coido que a XUSTIZA está no cerne do nacemento da ferramenta principal de comunicación entre os humanos: a linguaxe.

A xustiza en termos normais faise entre persoas; é dicir unha persoa xulga o que outra fixo (ou non) segundo uns criterios e atendendo (ou non) a unhas probas. Isto é así, inclusive nas teocracias (Vaticano, Iran...) e as persoas que "fan xustiza" están tamén suxeitos a ela... ou non?.

É curioso o caso destes "traballadores" que se auto-impoñen o réxime disciplinario... sería como si en Citroën o comité de empresa puxera as sancions ós traballadores e cando a empresa manifestase o seu desacordo os traballadores se puxeran en folga.

Non resto razón ó argumento do pauperrimo estado da administración de xustiza, o seu atraso e a enorme carga de traballo que arrastra, a falta de planificación de recursos humanos e do emprego das tecnoloxías da información para axilizar os procedementos, evitar duplicidades e mellora-la transparencia e accesibilidade do sistema xudicial. Mais elo xa ven de moito atrás e soliviantarse deste xeito agora non demostra mais que un certo medo ós erros propios moi da moda dos efectos adversos causados pola atención sanitaria...

Moito se fala da necesaria 'independencia' do poder xudicial... mais si os outros poderes están submetidos á decisión DIRECTA da cidadanía, porqué este non?. Non estaría de mais que os organos disciplinarios de xuices e fiscais fosen de elección pola cidadanía.

É preciso un pacto entre estes empregados públicos e a sociedade que antepoña o mantemento dunha XUSTIZA con garantías e eficaz, transparente e accesible e que permita ós maxistrados retoma-la confianza que, perciben, están a perder sen por elo xustificar fallos ou escondelos.

Holgar: Sobrar, ser inútil. (RAE).

¿Huelga la justicia?. Non, a xusticia é precisa e non debera ter motivos para poñerse de folga.

A outra fin do mundo

OUUUUuuuu... Non, non me vou poñer apocaliptico agora mentras estades tod@s de festa. É que viñen pasar estes días de vacacions escolares a un deses extremos da terra que soan a lenda: Ushuaia.

Estou moi feliz de estaren na "5ª provincia" é un pais moi agradable e ten grande diversidade de recursos humanos e físicos e unhas paisaxes espectaculares. Con todos eses recursos ben podían ser unha nación tan poderosa como o seu veciño de arriba, O Brasil, mais varios factores endóxenos e un sistema financieiro ben engraxado para sacar calquer rendemento do pais sen dar oportunidade á creación de riqueza fan del unha "eterna promesa".

A enormidade da paisaxe pampeña, as distancias colosais, os recursos de todo tipo e algunhas obsesions particulares deberan ser dabondo para ter unha sociedade potente, desenrolada económica e técnicamente.

Bueno xa escribieri mais.

As verdadeiras propostas

OUUUUuuuu Neste intre que vivimos, que xa nin me atrevo a calificar como crise ou non-crise ESCOITAR convírtese nun exercicio de xordos...

As mensaxes mais claras se atopan nas páxinas salmón dos diarios e poñen no inamobible tipo da imprenta as verdades que circulan na rúa. As empresas están a aproveitar a sensación de derrumbe para facer limpeza (despedindo a traballadores-base vell@s ou enfermos), os poderosos fan negocio recollendo os cartos dos impostos que eles non queren pagar i empregadoos noutros negocios mais non en tapar os buratos financieiros porque ¿como tapar un burato de algo QUE NON EXISTE?, os partidos aproveitan a situación de desamparo da cidadanía para acadar mais control sobor dela negando a evidente falta de DEMOCRACIA. A sociedade está a perder o tempo de atopar solucions ós problemas verdadeiros como a dependencia enerxética ou a destrucción do medio ambiente.

Alguns políticos falan claro; Piqué por exemplo pide o despido libre, a eleminación dos subsidios de desmprego e das clausulas contra a mobilidade xeográfica. Piqué insiste nos erros do pasado adxudicando ós EUA o papel preponderante que xa non é capaz de manter e recoñecendo, como de pasada, o escenario aberto que é agora a economía mundial. Fala da alta productividade da economía americana como si fose eso o importante... si, son productivos mais moi deficitarios; si, son productivos mais con INMENSAS DESIGUALDADES; si, son productivos mais eso non repercute na maioría...

Claro que Piqué e outros se adican agora a dirixir empresas IMPORTANTES que non poden parar nin arremangarse e que si 3 directivos teñen unha reunión a 500 km. co goberno que vai a expoliar á poboación dos seus impostos para dárllelos a eles acuden cada un nun avión privado e logo van a celebralo nun SPA de superluxo. Piqué e os outros neocons xa saben ONDE ESTABAN AS ARMAS DE DESTRUCCIÓN MASIVA; no sistema financieiro.

Mágoa que o único partido emerxente o seña en base a unha mensaxe nacionalista (centrípeta) e non a un programa social que lle diga claramente ás persoas que teñen iniciativa que adiante co seu esforzo e o seu traballo mais tamén lles transmita que OS PELOTAZOS REMATARON e que a riqueza que se xenere ten uns mecanismos de reparto que deben chegar a toda a sociedade.

¿PORQUÉ NON UN IVE FINANCIEIRO?

Está claro que a avaricia acaba por vencer á razón e que onde uns teñen un beneficio hai outros que queren imitalo e se producen as cascadas de negocios da mesma índole ata que 'bum' estoupa... e agora hai que rescatalos da súa propia avaricia. Si cada compra e venda de activos estivese gravada cun IVE como o está cada barra de pan que mercamos os que non temos mais investimentos que o que comemos veríamos si eran tan avarentos ou si lles prestaban os nosos cartos tan alegremente. SI digo "os nosos cartos" porque xa sabedes que o que move a economía dos ricos son os cartos que os pobres coidamos ter ben gardados no banco. 1000 cidadans medios depositan os seus aforros e as entidades os prestan para que un 'listo' faga negocio... si non os pode devolver...

O petroleo baixa mais do 50% pero o combustible só un 25%; u-lo resto? no peto dos accionistas, os mesmos que pedirán rescates e subvencions cando a cousa vaia mal.