OUUUUuuuu... Anda o temor tra-la clasificación da débeda de alguns estados polo seu déficit "galopante". Non me estrana nada. O déficit de certos estados expresa a súa asunción de postulados neo-cons, o de outros non tanto; porque o que importa non é a cantidade senon a orixe e o 'disfraz'.
Un pais endebedado por politicas sociais e cuns servizos públicos mellorables mais universais e gratuitos ou case... pois é un problema; o capital o sabe. Un pais endebedado por taparlle os buratos ós seus bancos e agora deixalos ir de rosiñas sen novas normas de control financieiro e sen castigo para os seus dirixentes e os seus controladores...pois é o que queren.
Eche ben curioso que o BCE lle outorgue tanta importancia ós ratings dunha axencia que, como tantas outras, non foi quen de prever a hecatombe financieira de fai un ano longo. Os mesmos que dician que o sector inmobiliario español non tiña problemas no horizonte, que o sistema financieiro era san, etc. Mais, agora, resulta que o problema é a débeda. Claro, a que non está escondida tra-las axudas ó sector financieiro ou as rebaixas de impostos.
Penso que as axencias esas deberían arriscar algo mais...que tal un rating de ratings de axencias? as que fixeran prediccions que non se cumpriran deberían pagarlle unha multa non só ós investidores que se guiaran polos seus consellos senon tamén a quen puidese demostrar "danos colaterais". Se cadra o pensaban un pouco mais antes de 'atacar'.
E si, a min aféctame e non porque merque débeda nen por ser empregado público asalariado. Aféctame porque o que se esconde detrás das 'opinions libres' (pero sesgadas como a miña polos seus intereses) é un tipo de socioeconomía fundamentalmente inxusta e insolidaria na que, tra-la falsa cortiña do valor do esforzo persoal e as 'oportunidades', están as 'listezas' o 'sempre que eu gañe' e un beneficio desbocado que só pode levar a mais crise.
Foi a débeda dos estados a orixe desta crise? o foron as prestacions sociais? os soldos dos funcionarios?... pois semella que por ahí vai se-la válvula de escape.
No hay comentarios:
Publicar un comentario