OUUUUuuuu...Saiu o decreto antidecreto post-plano fragonormalizador.
Eu reitero o meu punto de vista contra a imposición e a imposición da lingua de estudo por decreto ou por maioría é imposición o fin e o cabo porque con este decreto tampouco os pais decidimos, deciden as maiorías que é diferente.
E queda por ver COMO se fai esa votación; quen a regula, a controla e a garante? Por exemplo; como se "agrupan" as aulas? si hai 150 rapaces nun curso e 80 votan castelan si a distribución se fai 'a posteriori' está claro que se pode manipular para que TODALAS aulas sexan maioritariamente en castelán (o contrario tamén, claro). Porqué o decreto non garante que se formen aulas segundo a elección do idioma?
Nin os choros da hipocresía "vilingüe" nin os berros dos anteriores impositores me importan... sego a pensar que o galego morre no berce das casas, nas mesas e salas de comedor de cada fogar, nos mostradores dos bancos, nos lugares de "marcha"... no intre preciso de coñecermos á persoa que nos acompañará na viaxe da vida... e non, non lle daremos terra en Bonaval.
3 comentarios:
Os berros dos anteriores impositores? Coa liberdade que dá falar sen militancia ningunha a partido político, teño que dicir que caer na trampa de pensar que os "anteriores" impuñan algo é cando menos de chiste. Caer nese sofisma, cando o anterior decreto era unha norma de mínimos que abría o ensino á maior presenza e dignificación social na escola da única lingua de seu deste país, trampa en que caeu, polo que vexo, moita xente, fala moi mal da preparación intelectual dos galegos. Pensar que tentar cando menos, ollo, cando menos equiparar, a presenza de galego co castelán é unha imposición, lévanos a darlle voz e voto a eses hipócritas que se lles enche a boca coas palabras liberdade e dereitos. Escoller os pais? outra lea, meter esa leria do dereito dos pais a incidir no currículo e como se imparte este é outra chabacanada propia de populistas procuradores de voto fácil. Xa o conseguiron, un decreto regresivo onde do como mínimo o 50% pasamos a como máximo o 33%. Unha vergoña. A xente que pensa que o anterior era unha imposición di que hai que seducir e facelo atractivo e bla bla. Como fas atractivo e promoves o uso dunha lingua que se minuslavora a eito e se arreda dos usos públicos e dos centros do ensino? É así como se crean novos galegos competentes na lingua deste país? Dime ti onde está a imposición, onde se impuxo e a quen ameazaron por non falar galego. Non consigo acreditar en que sexamos tan estúpidos para dicir que "os de antes" impuñan. Manda carallo na Habana.
Pois eu algo de imposición si vexo no feito de que nas escolas infantís só se lles fale nunha lingua ós rapaces... Para min, mentras os rapaces non teñen coñecimento dabondo para facer a elección de xeito argumentado somos os pais os que debemos elexir cada un INDIVIDUALMENTE.
A elección mais importante a ten que gañar o galego no día a día, nas rúas, nas colas do cinema, no supermercado, na discoteca ou onde sexa que se formen as novas parellas... De que vale que un cativo teña un 50% de ensino en galego si chega a casa e ten un 90% de medios e uns pais castelanparlantes? Ese choque lonxe de motivar desmotiva. Claro que é o meu punto de vista persoal e si; non son militante de nada mais que do meu propio (e curto) entendemento.
Na Educación Infantil non sei, pero na Educación Primaria (é decir, a etapa xa obrigatoria) os pais non temos ningún dereito a elexir a lingua. Terán que aprender ao 50% as dúas..... e rematar 6º curso sabendo falar e escribir correctamente en ambas.
E como decía Nacho aquí arriba, de que imposición falamos? A un rapaz (rapaza) que está nunha escolarización obrigatoria non lle estamos impoñendo nada (ou todo). Impoñer se impoñe aos adultos. E neste caso non vexo tampouco imposición do galego por ningures.
Publicar un comentario