OUUUUuuuu...Conta Saramago no seu libro da "historia do cerco de Lisboa" como a 'tropa de galegos' tomou a cidade da luz dando un paso fundamental na constitución do futuro reino de Portugal.
Tanto nesa como nas outras conquistas peninsulares hai un aspecto que supoño que os investigadores teñen tratado mais non forman parte de coñecemento xeral; qué lingua falaban os 'conquistados'? por como se desenrolaron as cousas suponse que existía certo xeito de comunicación 'directa' entre ámbalas partes... pero logo da conquista debeu trocar o tema e os conquistadores impuxeron o su código de comunicación (o noso) que logo, coa traumática separación política evoluiu e prosperou pola súa conta. Cecais foi 'culpa' da presencia do suposto corpo do apostol Santiago en Compostela o motivo polo que a coroa de Castela se empecinou en reter a Galicia no seu reino...ou a activa participación da nobreza galega nas trifulcas sucesorias a que provocou ese interese...o certo é que tanto na 'conquista' como na 'doma' as linguas/idiomas dos sometidos levaron a peor parte.
En troques no mundo moderno, o das empresas e o capital é a conquista do mercado a que se impón. Eis por elo que a presencia dunha masa de inmigrantes que falan unha lingua/idioma diferente se aparta do concepto de mercado "marxinal" a peza central en canto acada unha masa relevante.
Neste eido a conducta do goberno e de certas formacions políticas é realmente paranoide; empréganse grandes cantidades de cartos en promocionar e ensinar o castelán en EEUU e non se fai outra cousa que falar do seu amplo recoñecemento e pregoando o valor cultural de multiculturalidade americana presionando ás autoridades locais para a súa inclusión no ensino obrigatorio e por outra banda non se fai mais que manter unha 'guerra' interna para negar o valor da multiculturalidade dentro do estado español e a necesidade de que as linguas propias de cada territorio formen parte sustancial do ensino básico non xa como unha asinatura 'extra' senon como o que son: Vehículos de comunicación e vencello entre humanos de diversos espazos e tempos.
Chegan os "tercios" a tomar unha terra irredenta como antes viñeron as lexions... Dende o Pindo ós Ancares dende Bares ó Couto mixto e mais aló debemos constituir unha masa unificada que defenda a principal ferramenta da nosa cultura e do noso ser das picas desta insensatez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario