Encoberta de aplausos

OUUUUuuuu... Subiu o capitán do barco que fai augas á cuberta de exposición e foi recibido cunha 'pose' espida de vergoña formada por unha salva de aprausos mansos...

Apraudiron ó encubrimento?
Apraudiron ó encubridor?
Trataron de encubrir co aprauso?

Até as 'poses' dos que non apraudiron ou non acudiron resultaron forzadas, cáseque violentas para os que as tiveron, de puro absterse puideron non terse presentado ás eleccions... Que tería feito eu: Voltarme de espaldas ó palco e apraudir ó povo (se o houber) nos palcos.

Definitivamente non concordo coa nostalxia nin co inmovilismo Hay que facer un NOVO GOBERNO CIDADÁN que conteña tódolos ingredientes da DEMOCRACIA como principio de toma de decisions e uns valores encabezados polos dereitos humans como primeiro artigo lexislativo.

Novamente lles agradezo ós abstencionistas esta merda de 4 anos que nos falta, eles así o quixeron.

Celebrando o qué?

OUUUUuuuu... Remata a semana da inmaculada constitución que agora é a semana da maculada prostitución.

Con 30 e pico anos viuse violada no seu mais íntimo desexo: seren reformada pola vontade popular e non vai ser unha única vez, non... si foron quen de reformala nunha noite sen ter un "mandato" expreso de Her Merkel agora que si hai un novo tratado (tanta leria co de Lisboa e agora sáenos con estas) van facer "desaparecer" varios capítulos enteiros que van contra os designios do santo mercado.


Todo elo gracias a ós tercios.

O tercio de abstencionistas COBARDES que se creen moi listos non indo a votar como si por non votar se fose a reformar un sistema electoral inxusto... si queres resultados diferentes terías que facer cousas diferentes...

O tercio de xente que aínda pensa que se poden esquila-los recursos sen deixar nada para os que veñen detrás, que se pode crecer contínuamente, que se pode construir en calquer sitio calquer cousa, que só as grandes obras marcan ás grandes cidades...

O tercio de silandeiros que van seguir calados e rendidos cando todo o que tanto custou todo este tempo se veña abaixo sen que saibamos a donde van os supostos aforros que se fan.

A democracia (¿non?) rematou o domingo

OUUUUuuuu... E pasou outro acto da protodemocracia esta.

A min chamoume a atención a actitude de certa xentiña que se fartou de dicir que os que se abstiñan ou votaban en branco que logo non tiñan dereito a se queixar... esa é a mentalidade de quen se cree este conto de "vote agora e cale para sempre" ou o que é o mesmo; si votaches ós que saíron e non fan o que che dixeron eres un parvo.

Pero non é así; non. Na DEMOCRACIA así con maiúsculas faise a diario e debe consistir en que os cidadans formemos parte da análise de situación, da elección de opcions e da posta en marcha destas. Si o caso fai precisa a elección de representantes estes deben ter un compromiso escrito non descriptivo do que van facer senon de cómo van seguir mantendo contacto co grupo de electores, un compromiso de comunicación regular e de rendemento de contas periódico de actividades e ingresos obtidos, de proxectos e de análises e informes. Porque particularmente eu non creo que debamos votar por internet pero si que a política debera empregar internet para brindarmonos ós cidadans a información de xeito directo.

O que aconteza non vai ser "culpa" nin "obra" dos que escolleran unha opción política ou outra ou dos que optaron por permanecer na casa ou facer cousas co seu voto (que foron moitos) os abstemios (politicamente falando) e os ebrios (de poder ou de carraxe) teñen a mesma responsabilidade de cara ó futuro... Si a partir do domingo permanecemos calados sen participar. Entón si que a democracia terá perdido... outra oportunidade.

Eu desta volta recoñezo que non me activei para nada... penso que cecais era un momento gris pois nun entorno de turbulencia a xente non soe queren mais trocos... semellalles revolución pero iso foi o que aconteceu en Islandia ¿non si?

OPA vs ETA

OUUUUuuuu... Así nos vai; que no canto de irmos a elexir representantes nos comportamos como si fósemos a face-la compra e os que moven os fíos o saben así que cada un lanza o seu "producto" baixo unha marca concreta.

Non é que o comunicado me deixase indiferente; é que non me dicia moita cousa nova e eu xa o tiña descontado (como fan os mercados financieiros) pois dada a situación actual só era posible unha saída que tentase favorece-lo interese da parte centrípeta apararentemente mais dialogante. Pero tivo un efecto de reforzo no votante do outro partido centrípeto así que pouco ou nada poden obter desto.

E por riba veu a peor OPA de todas e lles fai o ERE definitivo ós do $o€ coa axuda incondicional de elementos como ese de León dos 500000€ e o silencio nas caixas "antes de" que dempois calquera sae piar.

O círculo da eterna crise está servido; non hai enemigo exterior co que asusta-la masa? Facemos un enemigo interior. o 60% do gasto do estado vai en paro e interese da débeda pero na contra de incrementa-lo ingreso para poder facer investimento productivo hai que optar (porque Ángela así o manda) por recurtar en 'outros' gastos... pero non en prebendas ou derroches senon en ensino e sanidade...

Hai moita xente no paro si, hai moitas familias nos que ninguén ten un emprego "en branco" pero o que se ve nas rúas non semella tanto... porque ata un 40% desa xente traballa en negro. Haberá que estudar porqué é mais rendible para alguén deixarse explotar sen cobertura social que denunciar; seguir facendo ouvidos xordos non vai facer que esto aflore. Por outra banda habería que pensar en "legalizar" sectores que seguen a funcionar e non renden tributos á sociedade...

A hidra do outono.

OUUUUuuuu... Agora é cando se fai preciso que cada persoa faga algo polo territorio que habita e ama, agora é cando os que nos arremangamos no chapapote esparcido polo insigne presidente astur (xa veremos que fai si outr petroleiro rompe diante de Xixón) collemos o batelume e nos botamos ó monte castigado porque o concello que lle tocou en sorte non viste a camisola da equipa vencedora; esa que acude presta armada de cámara fotográfica e mangueiriña...

Outra volta a hidra das mil cabezas nos abate coa súa lingua fedorenta de destrucción... a "economía do lume" substitue ó complot das mafias ou os paracaídas phantasmas... si en algo non se distinguen os gobernos deste país é en gabarse cando a cifra de lumes baixa e escudarse en teimas cando a súa incapacidade é manifesta. Pero o que é facer políticas que alonxen o lume dos santuarios naturais que nos quedan: 0.

Vín ós homes chorar tra-las cinzas de Monterrei, vín ás mulleres chorar nas praias do piche pero aínda non vin a cáseque ningún facer algo para evitalo. Tras 30 anos do mesmo haberá que facer algo diferente senon queremos identico resultado.

Chapuza consti...pacional

OUUUUuuuu... Chega o final do verán e temos unha sociedade gripada, consti...pada, pasmada ante un barullo de problemas orixinados nese "mundo de yuppi" que é a economía financieira pero que crearon millons de damnificados de carne e oso.

E neste verán, entre cañas e viños os nosos próceres decidiron que a culpa de todo a ten a cobiza dos cidadans que decidimos vivir agora cos cartos do futuro e que nos tiñan que quitar de esa senda como a un neno se lle quita o chupete e sen consultar que para iso son eles os que deciden... por nós e por eles.

Procede agora o tempo no que os cidadans lles quietemos ós políticos a capacidade de decidir sobre os seus ingresos, sobre os seus privilexios, sobre os medios á súa disposición, sobre o xeito no que son elexidos e os medios que OBLIGATORIAMENTE debemos ter para "retiralos" si os seus feitos non se axustan ás súas promesas. Está claro o exemplo a seguir: Islandia.

O tolo que venceu

OUUUUuuuu... O acaecido en Noruega tenme moi preocupado principalmente porque o individuo este conseguiu o que percuraba de verdade que non era asasinar á ex primeira ministra nórdica nin ó cento de persoas  que matou: el quería difusión das súas ideas para que os descontentos co que está a pasar fixesen como él: botarse en brazos da resposta mais doada facendo culpables "ós outros" no canto de tentar troca-lo sistema co que occidente leva gobernando o mundo nos derradeiros 100 anos.

E estao a conquerir non só porque os medios de masas repiten unha e outra vez a súa sarta de mensaxes cacofonicamente senon tamén porque políticos e autoridades escomenzan a falar de tomar medidas e de facer trocos cando a lexislación contra este tipo de inmundicia xa existe.

Seguide dándolle pulo ó que escribiu e teredes 50 mais coidando que ese é o camiño... e facendonos culpables a todos.

Aniversario para aprender i esquecer

OUUUUuuuu... 75 anos van nestes días do desencadeamento dunha traxedia que non tivo parangón na Hª da península ibérica.

Sego a pensar que o límite entre vinganza, revancha e memoria é confuso, non teño claro a utilidade de remexer en certas feridas por parte de quen non as padeceu aínda que sí comprendo que hai que dar terra en lugar apropiado a quen foi vilmente asasinado e abandoado nunha cuneta ou nun foxo.


Podo tentar entende-la teima coa simboloxía do bando que resultou gañador e que represionou durante outros 40 anos a quen non casaba con il, pero dentro duns límites lóxicos e, sobor de todo, prácticos que hai outras prioridades nas que poñer os cada vez mais escasos fondos públicos.

Cecais o peor é que toda esta teima é resultado de certa cobardía de fai 20 ou 30 anos cando a "transición" non significou troco algún e agora non se quere aceptar que é tarde para facer estas contas e que no que hai que centrarse é en que non se consume ese gatopardo evitando a sucesión por razón biolóxica na xefatura do estado... pero igual que hai 20 ou 30 anos quenes tiñan oportunidade, representatividade e poder para falar e facer nin falaron nin fixeron agora os apoltronados de turno calan e non fan; logo virán con "democracias e lerias" o MOMENTO É AGORA.

Agora que o de sol esvaece...

...debería escomenzar a haber luz.

Esvaece a parte visible da resposta de moitos a tantos problemas que non foi de estranar que houbese dificultades para acadar un consenso de mínimos; o increible foi o ben que se entendeu xente tan diversa sobre as bases do diálogo e os principios da loita pacífica.

Marcha o campamento, segue a indignación contra un sistema político que non fai a función de representación porque non ten a obriga de cumplir o que promete nin temos un control verdadeiro sobor del (metela cada 4 anos non é control) porque teñen mais control e obteñen todo o beneficio unha chea de inmorais usureros avariciosos que non dan a faciana pero dirixen dende a sombra.

Onte aínda me preguntaban para que valeu todo esto si o resultado das eleccions foi o que foi e por riba "ós que apoias" están a xogar cos votos recibidos... O erro fundamental está en pensar que un movimento como este pode apoiar a un partido deste sistema político; mais aló diso entrar no xogo de que unha elección municipal se pode leer como unha elección xeral e que quen se presentou a un concello debe rendir contas antes na sede central do seu partido que diante dos cidadans do seu concello é unha parvada. Si unha lista se presenta en Cuspedriños será en Cuspedriños onde deba rendir contas do que fai e a quen apoia para alcalde.

Que hai "pactos antinatura"? xa responderán polos seus resultados... os que piden medidas contra eses pactos; porqué non apoian o control DIRECTO da cidadanía sobre TODAS as accions dos cargos políticos de elección cidadán? Moita hipocresía.

Alguén botaba de menos unha "banda sonora" no #15M eu coido que alí si que a había pero que como se trataba de 'non entrar polo aro' e non pagarlle á #putasgae só se podía escoitar en directo da voz dos seus creadores no instante se ser creada, unha música instantánea para un intre único.

A volta de Outra democracia é posible

OUUUUuuuu... si, xa está o abuelo coas súas batalliñas; qué se lle vai facer.

O certo é que recibín con grande ledicia a reedición da web de Otra democracia es posible e, dentro dela, os espazos wiki que eu editara e os foros. Non atopei aínda a papeleta electoral da candidatura ó congreso na que participei, pero todo se ha de andar.

O importante é que a mobilización do #15M segue adiante e que se está a conformar un programa de propostas políticas co que podo concordar en xeral ainda que sego a botar en falla a ESIXENCIA dun novo referendum constitucional antes da sucesión na coroa ou, idealmente, un proceso constituinte aberto que se inicie cunha decisión soberana sobre cómo tomamo-las decisions (proceso electoral, lei electoral e representativididade) que continúe cunha decisión sobre as estructuras administrativas necesarias e a súa coordenación (Estado, nacionalidades, comarcas/concellos ou o que se decida) que siga coa definición dos poderes do estado e os mecanismos de elección e control POLA CIDADANÍA (isto é, non só elexir representantes no lexislativo, senon tamén no executivo -controladores- e no xudicial)que ofreza 2 ou 3 opcions de forma de estado e goberno e que remate nunha proposta de nova constitución.

Outro vídeo, este mais interesante.

O Agasallo da protodemocracia

OUUUUuuuu.... Esta noite ás 23:59 remata a enésima oportunidade de que este sistema político demostrase que ten algo de DEMOCRACIA, por desgracia VSQN. Empecinanse en agasallarnos con 15 días de risoterapia masoquista porque co que nos contan ou nos reimos ou choramos de rabia e indignación.

Pero desta hai un elemento novo, un manancial que brotou o domingo pero que ven de lonxe; para min ven de unha chea de iniciativas semellantes ás que relatei nesta entrada de 2007 das que queda D3 que está a tentar participar no tema.

Unha caracteristica que ten absolutamente desquiciados ós poderosos é a tremenda descentralización e o contínuo troco de persoas e emprazamentos das movidas e como está a funciona-la autoorganización tanto no loxístico como no ideolóxico e como se mantén unha coherencia respecto ó rexeitamento da violencia e o seu control... en fin, mañan sairei a REFLEXIONAR EN PÚBLICO e chamar á reflexión ós demais: Ou trocamos isto ou non haberá futuro.

Para rematar o vídeo da entrevista en #acampadasol o 18/5/2011


O ascenso dun novo absolubtismo

OUUUUuuuu... Vendo que xente que se pensa demócrata aplaude a rabiar a execución sumaria de Osama Bin Laden e lembrando cómo lle bailaron á auga ó goberno cando conculcou os dereitos laborais dos controladores para acto seguido emprega-lo estado de escepción moito me temo que estamos ante o ascenso dun novo absolutismo que dá por finiquitados os dereitos civís e mesmo a declaración de dereitos humanos.

Neste estado das cousas un estado como o Chinés vai ser o que marque o camiño das derradeiras décadas dos humanos sobre a terra.

Deuses, procesions e manis

OUUUUuuuu... Así que non se poden facer manifestacions ateas nos días de semana santa para 'respecta-la fé dos creentes e non obligalos a facer pública a súa creenza. Está ben sabelo para cando se fagan manifestacions en datas 'santas' para outras relixions co fín de atacar esoutras confesions... a Xan de Arzúa non lle terían deixado manifestarse e estaríamos sen "festa do boi" de Allariz.

Home eu prefiro facer actividades laicas a manifestacions ateas e por elo me agradan os programas de "actividades alternativas" á relixión que se fan en varias vilas pola península adiante; o problema é que para o que non temos alternativa é para a hipocresía.

OS VERDADEIROS DEUSES

Os masons significaban á divinidade nunha forma xeométrica coa "divina proporción" (encarnada no número phi) pero o certo é que o verdadeiro deus desta sociedade tan deshumanizada ás veces é un obxecto redondo ou esférico. Por él se alteran horarios de procesions e de comercios e se fai a vista gorda en situacions de escándalo público ou danos á propiedade pública.

Cartos e balón imperan no caletre dos nosos concidadans e as clases dirixentes o saben e o fomentan. Por iso poden facer unha reforma laboral e unha rebaixa de dereitos cando o que hai é unha crise financieira e do cerne do sistema capitalista... un sistema baseado en 'vivir de prestado' en tódalas súas actividades e facetas que xa non ten qué prestar entón din: "agora para prestar no futuro (e seguir sacando réditos) quitámosvos no prestente".

Mágoa de "Solución Islandesa", pero andamos todos asustados co que fan que pase no norte de áfrica cando a xente se bota ás rúas... ou pensastedes que esas cousas suceden por casualidade?

O Abril outonal

Nestes días de outonía primaveira vexo as cousas da cor gris das nubes e temo por cada fulgor que entra pola miña fiestra... días revoltos nos que escarbo coas unllas na pedra do silencio na percura do sorriso que faga que amañeza.

20 de Abril... Vinte en Abril...

Abriles haberá moitos, cando chegará o noso?

OUUUUuuuu... ia deixar pasa-lo día porque estou farto de mirar cara ó pasado, mais hoxe na bici lembrei a canción que pecha esta entrada e pensei "qué carallo; aquela xente tiña un sono e o botou a andar... ogallá tivesemos nós a nosa oportunidade".

ANÓNIMO LUCHADOR NUNCA TENDRÁN LAS ARMAS LA RAZÓN, PERO CUANDO SE APRENDE A LLORAR POR ALGO TAMBIÉN SE APRENDE A DEFENDERLO.



Disculpade esta versión, pero é que o resto todo era en directo e soaba peor.

Reciprocidade

OUUUUuuuu... os euro deputados gobernan moitos aspectos das nosas vidas cunha distancia espacio-temporal própia da ficción, están mais accesibles ós escualos dos lobbies que ós cidadans que os eleximos (ou creemos facelo).

Pero é que agora está visto que xa non están tan lonxanos os seus feitos e, por unha vez, a vergoña de verse descubertos fai que alguns se baixen un pouco da burra. O fenómeno da instantaniedade de twitter fixo que visen a virulencia da reacción da xente... unha versión 2.0 das flashmob de principios de século.

Levo xa leido que este tipo de cousas ofrecen esperanzas sobre a evolución das formas de goberno cara a unha maior DEMOCRACIA... pode, pero non esquezamos que calquer medio de expresión ten uns mecanismos de control.

EDICIÓN 20:55
vaites¡¡ cando escribín isto non sabía de www.democraciarealya.es/ (eu chamaríalle "democracia verdadeira" por evitar esa verba que xa sabedes)



Movidas como estas vai a haber moitas o tema é evitar que se instrumentalicen e, ó tempo, acadar coordinación para 'facer pupa'.

Un debate adiado

OUUUUuuuu...

Vexo que nin os gobernantes son quen de conserva-la calma e se lanzan, agora, a xustificar a opción nuclear como si fose unha decisión tomada e irreversible: "Excusatio non requiratur, acusatio manifesta".

É certo que as circunstáncias acontecidas en Xapón son extraordinarias, mais entraban dentro das variables a valorar pois segue a ser unha das zonas 'quentes' teluricamente falando da terra.

Pero leva-lo debate este ó terreo da seguridade é un engano; quen así o faga saberá de antemán que o territorio peninsular ten moitas menos probabilidades de ter fenómenos como os acontecidos; eu, no tema nuclear, coido que o debate de ser levado a outros puntos de suposta vantaxe que non son tanto.

DEPENDENCIA:

  • A tecnoloxía ten patente extranxeira e, supoño, é controlada por compañías extranxeiras.
  • O combustible é importado de zonas "extranamente" inestables politicamente o que fai probable que os problemas de suministro sexan manipulables por entes e motivos externos.
  • O enriquecemento para que o uranio sirva de combustible faise no extranxeiro en instalacións nada baratas (o valor engadido marcha fora).
  • O residuo ha de ser procesado fora e voltar para unha almacenaxe prolongada (definitiva).
CUSTES NON TIDOS EN CONTA:
  • A construcción de instalacions de almacenaxe de residuos a longo prazo.
  • O transporte de combustible enriquecido e de residuos antes e despois do procesado.
  • As novas liñas de transporte da enerxía para as centrais.
  • Os dispositivos de prevención de catástrofes, os cursos de formación, os simulacros anuais... todo eso DEBE repercutir no cálculo de custes dunha central nuclear e no balanzo á hora de toma-la decisión.
E, como resposta ó argumento de que non termos centrais non nos librará dos accidentes das centrais dos viciños dicir que neso é no que se sabe quen "manda" na UE... si fose ó revés fai tempo que Spain tería pechadas as centrais 'porque yo lo valgo' pero Francia non só precisa as centrais senon, tamén, o negocio dos enriquecedores de uranio e o tratamento a curto prazo dos residuos.

Aínda temos 10 anos para trocar-lo modelo de provisión e gasto enerxético e de transporte terrestre antes de que o colapso do mercado do petroleo poña fin á esta orxía de desperdicio... que os nosos descendentes nos perdoen.

Curiosidade monetaria

OUUUUuuuu... así que o "réxime" de Gadafi está agora 'deslexitimado'... logo estivo lexitimizado algunha vez e non era 'réxime' senon dieta?.

E que curioso que en seguida ós 3 "cabezas de turco" desta manobra se lles decreta paralización de contas; esas mesmas contas que non se poden tocar para estafadores diversos residentes en países europeos pero cuios fondos en "paraisos fiscais" están fora da xuridiscción dos estados e non se poden tocar. Vai ser que esto non é mais que unha expropiación de fondos pola vía do apremio.

O anúncio da solicitude de dimisión deste homiño por mor "dos crimes cometidos" é ben curioso si o comparamos coa actitude dos gobernos solicitantes perante a actitude de gobernos "democráticos" como o de China, Arabia Saudí, Congo... E logo sabemos que si ben a xente de Gadafi dispara ás manifestacions tamén é certo que existe un alzamento militar de parte das tropas do país (curiosamente as acuarteladas nas zonas petroleiras) o que acaba de situa-lo conflicto á altura dunha guerra civil. E si se intervén nesta situación porqué non se fixo en Sudán, Somalia, Etiopia...

Moita vara dupla e moito interese estratéxico hai nestas lerias.

Dictaduras benvolentes e ocultas

OUUUUuuuu... As movidas destes tempos nos paises magrebies e árabes que nos meten polas pantallas a todas horas como a "grande liberación" de pobos asoballados non son mais que a vergoña da "opinión impúdica" de occidente que calou durante os decenios de esas ditaduras que agora quere derribar para que os seus intereses (estratéxicos, comerciais etc.) se manteñan intatos.

A viraxe na pirámide poboacional e no seu estatus educacional (que non cultural; que as mulleres seguen ausentes desta movida...ou case) mezclada cos efetos da crise no tecido económico das familias e a disminución das remesas dos emigrados provocou este estourido que, pode, que fose alentado dende fora mais que tamén pillou descolocados ós ideólogos do sistema.

Agora sería cando o dedo acusador debera apuntar a moitas outras ditaduras silenciadas, benevolentes e ocultas coas que se manteñen suculentas relacions comerciais e que só se diferencian de Exipto e Tunez en que o xefe de goberno troca por arte de birlebirloque pero o sistema de opresión e partido único sen eleccións permanece.

Pero o certo é que xa hai tempo que a nosa débeda e un segundo dogal que, ó igual que o petroleo; nos mantén nun círculo vicioso de empobrecemento contínuo e de desarmamento no eido da produción malia que seguimos destruindo o medio que nos cobilla coa fruinción de quen ten outro refuxio certo.

Tunez, Islandia e o gatopardo

OUUUUuuuu... Hoxe non vou ter tempo de deixar todo o que penso nestas liñas.

Decátase alguén da forte madurez coa que a sociedade tunecina está a impedir que "todo troque para que todo siga igual"?. A marcha do ditador e a transición non quere dicir poñer no goberno a un mix "dos que saen e os que entran" senon a unha ruptura que non será completa sen un novo documento que funde as novas relacions da sociedade e a súa forma de goberno decidida pola cidadanía.

Por iso a continuación das manifestacions nas rúas de Tunez ten desconcertados ós gobernos occidentais e mais ó da metropole que coidou os seus negocios a salvo co troco da peza mais alta mantendo a estructura... agora non teñen claro como goberna-la cousa.

Algo semellante, mais silenciado, está a acontencer en Islandia onde as manifestacions teñen o grande mérito de ser nunha climatoloxía polar; a xente na rúa fixo dimitir ó goberno do fraude financieiro e constituiu unha asamblea constituinte para xerar un novo 'lugar' de convivencia i expresión da soberanía. Haberá que estarmos atentos á experiencia.

Neste recuncho do mundo uns se mofan de nós cunha NON-negociación sobre cousas decididas por outros en despachos de Londres, Paris e Bruselas e outros seguen ancorados en estratexias de mobilización de hai 40 anos... machiños sede orixinais, folga si; pero de consumo, de move-los cartos de TODOS dun sitio para outro se pagar comisions... facendo flashmobs nos actos mais insospeitados... apoiando ás estructuras locais...
Cando teña 65 anos levarei 42 anos cotizados á SS e, si a cousa non troca, uns 20 'aforrando' en plan de pensions... para que eles podan especular con eses cartos apalancando mercados etc. Nese tipo de cousas é onde se pode facer "pupa" a quen dita as medidas que están a rematar cos servizos e a solidaridade do 'estado do benestar'.

As demagoxias son, agora, tardías e oportunistas por parte duns e doutros que se sacan da man (pola presión das redes sociais, cadeas de correos etc. ou cecais esas cousas eran parte da estratexia?) medidas de mínima rebaixa dos privilexios cando levamos 2 anos de crise; ou é que ata o de agora non había crise nas familias? entón é que como políticos non teñen programa, nin ideas, nin moral...

HEMOS COLOCADO

OUUUUuuuu... So escoitando o que non se dí teredes o cadro completo.

A radio hoxe está moi feliz; "hemos colocado" a débeda e 'só' cun interese un 27% maior que o anterior; acto seguido sabemos que 'os mercados' subiron "comandados por los bancos".

De quén é verdadeiramente esa débeda? Quen a vai pagar con eses xuros?.

O perfecto capitalismo privatiza os beneficios e socializa as perdas.

A min que a banca repartise beneficios entre os parados ou que ós traballadores lles subisen un 27% os soldos si que me semellaría unha nova 'de alcance' pero isto... isto non é mais que mofa.

Carta diferida-divertida

Este ano non escribín a carta máxica "en tempo e forma" pero andiven a darlle voltas e decidín...

[mode="retranca"] Que queden sen vigor tódalas leis que nos "obrigan" a denunciarnos os uns ós outros; como a lei da violencia de xénero, a do botellón, a normativa de ruidos nocturnos en xeral... o código penal, o código civil e demais trangalladas 'progres' que atentan contra a liberdade. Que quede así mesmo sin efecto calquer denúncia por incumprimento da lei do aborto co cal este pasa a ser libre, as denuncias por atentar contra a liberdade relixiosa non serán tidas en conta polo que poderán ser queimadas igrexias e mezquitas segundo a preferencia da orda en cuestión...[/mode]

Que a gusto quedei.