OUUUUuuuu... O acaecido en Noruega tenme moi preocupado principalmente porque o individuo este conseguiu o que percuraba de verdade que non era asasinar á ex primeira ministra nórdica nin ó cento de persoas que matou: el quería difusión das súas ideas para que os descontentos co que está a pasar fixesen como él: botarse en brazos da resposta mais doada facendo culpables "ós outros" no canto de tentar troca-lo sistema co que occidente leva gobernando o mundo nos derradeiros 100 anos.
E estao a conquerir non só porque os medios de masas repiten unha e outra vez a súa sarta de mensaxes cacofonicamente senon tamén porque políticos e autoridades escomenzan a falar de tomar medidas e de facer trocos cando a lexislación contra este tipo de inmundicia xa existe.
Seguide dándolle pulo ó que escribiu e teredes 50 mais coidando que ese é o camiño... e facendonos culpables a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario