Aniversario para aprender i esquecer

OUUUUuuuu... 75 anos van nestes días do desencadeamento dunha traxedia que non tivo parangón na Hª da península ibérica.

Sego a pensar que o límite entre vinganza, revancha e memoria é confuso, non teño claro a utilidade de remexer en certas feridas por parte de quen non as padeceu aínda que sí comprendo que hai que dar terra en lugar apropiado a quen foi vilmente asasinado e abandoado nunha cuneta ou nun foxo.


Podo tentar entende-la teima coa simboloxía do bando que resultou gañador e que represionou durante outros 40 anos a quen non casaba con il, pero dentro duns límites lóxicos e, sobor de todo, prácticos que hai outras prioridades nas que poñer os cada vez mais escasos fondos públicos.

Cecais o peor é que toda esta teima é resultado de certa cobardía de fai 20 ou 30 anos cando a "transición" non significou troco algún e agora non se quere aceptar que é tarde para facer estas contas e que no que hai que centrarse é en que non se consume ese gatopardo evitando a sucesión por razón biolóxica na xefatura do estado... pero igual que hai 20 ou 30 anos quenes tiñan oportunidade, representatividade e poder para falar e facer nin falaron nin fixeron agora os apoltronados de turno calan e non fan; logo virán con "democracias e lerias" o MOMENTO É AGORA.

3 comentarios:

Nemigo dijo...

non estou certo de que sexa necesario ter estado nun campo de concentración nazi pra comprender o horror que alí se viviu
tampouco penso que sexa necesario que a garda civil te malle a paus pra comprender a represión franquista

vai 30 anos era impensable rematar co franquismo dun día pra outro. Tras o nazismo fixéronse tribunais pra apartar aos nazis do sector público e da vida cotiá. Foi un paripé. Pero fíxose

Hoxe na españa vemos a franquistas convencidos como fragagá dicindo que non matou a ninguén (?) e dicindo paridas como que se non hai condea non hai delicto

son milleiros as persoas que seguén enterradas en cunetas. Os seus familiares non teñen a donde ir poñer unhas froles ou onde ir facer memoria dos seus

non pode ser que os nazis teñen rúas, vilas, ata hospitais cos seus nomes e os que respectaron a legalidade só teñan o esquecemento e que os demáis deberamos comprender toda isa merda

XMMeijome dijo...

Gracias por comentar meu; mira eu non penso que digamos cousas tan diferentes... insisto en que pasou o tempo ese "xuizo" desexado e que si queremos facer algo práctico para o futuro, algo que de verdade faga honra dos que hai 75 anos foron traizoados debemosnos centrar en impedir a sucesión na xefatura do estado pola vía da herdanza biolóxica.

Sei que é unha tolería; pero eu aceptaría a Felipe VI co título de rei e de por vida si é votado maioritariamente pola poboación do estado (non polos seus representantes)... si elo implicase a desaparición da herdanza biolóxica como razón de sucesión na cabeza do estado.

No que respecta á xente que ten familiares nas cunetas e foxos... eso mismo afirmo eu que deben ter onde darlles terra. O que non vexo de tan bó grao non é o dos trocos de nome sinon outras cousas que custan cartos e que agora, coido, deberamos ter outras prioridades como sociedade.

Nemigo dijo...

ao herdeiro da coroa xa lle fixeron a mesma pregunta e botouse ao monte: que isto está así
É bastante dubidoso que sexa herdeiro de nada. Ao pai o puxo o xeneralisimo como continuador do movemento nazional. Ninguén a día de hoxe apoia iso o tal felipe non ten ningún futuro

posiblemente felipe teña que deixar o cargo e boa parte das poderes que ten. Debera ser el mesmo o que os deixase de motu propio e quedase como algo simbólico, unha especie de figura pra as representacións de opereta

Trocar o nome dunha rúa que custa 200 euros? Duas pracas e catro folios non parecen moito gasto. Tódolos concellos teñen que poñer nome a novas rúas, vamos que xa están afeitos
E trocarlle o nome a un hospital ou centro pois é na próxima remesa de folios que lle poñan outro nome e o mesmo co resto dos funxibles

pero seguindo co da memoria.... iso é necesario. Na españa houbo campos de concentración e non queda nin un. Foron aeroportos, estradas, liñas de ferrrocaril, pantanos... construironse con presos políticos e non hai nin unha praca que o lembre

como pode ser que no aeroporto de lavacolla non teñen unha praca que lembre ao campo de concentración que alí houbo e aos traballadores políticos que fixeron o aeroporto?