Tunez, Islandia e o gatopardo

OUUUUuuuu... Hoxe non vou ter tempo de deixar todo o que penso nestas liñas.

Decátase alguén da forte madurez coa que a sociedade tunecina está a impedir que "todo troque para que todo siga igual"?. A marcha do ditador e a transición non quere dicir poñer no goberno a un mix "dos que saen e os que entran" senon a unha ruptura que non será completa sen un novo documento que funde as novas relacions da sociedade e a súa forma de goberno decidida pola cidadanía.

Por iso a continuación das manifestacions nas rúas de Tunez ten desconcertados ós gobernos occidentais e mais ó da metropole que coidou os seus negocios a salvo co troco da peza mais alta mantendo a estructura... agora non teñen claro como goberna-la cousa.

Algo semellante, mais silenciado, está a acontencer en Islandia onde as manifestacions teñen o grande mérito de ser nunha climatoloxía polar; a xente na rúa fixo dimitir ó goberno do fraude financieiro e constituiu unha asamblea constituinte para xerar un novo 'lugar' de convivencia i expresión da soberanía. Haberá que estarmos atentos á experiencia.

Neste recuncho do mundo uns se mofan de nós cunha NON-negociación sobre cousas decididas por outros en despachos de Londres, Paris e Bruselas e outros seguen ancorados en estratexias de mobilización de hai 40 anos... machiños sede orixinais, folga si; pero de consumo, de move-los cartos de TODOS dun sitio para outro se pagar comisions... facendo flashmobs nos actos mais insospeitados... apoiando ás estructuras locais...
Cando teña 65 anos levarei 42 anos cotizados á SS e, si a cousa non troca, uns 20 'aforrando' en plan de pensions... para que eles podan especular con eses cartos apalancando mercados etc. Nese tipo de cousas é onde se pode facer "pupa" a quen dita as medidas que están a rematar cos servizos e a solidaridade do 'estado do benestar'.

As demagoxias son, agora, tardías e oportunistas por parte duns e doutros que se sacan da man (pola presión das redes sociais, cadeas de correos etc. ou cecais esas cousas eran parte da estratexia?) medidas de mínima rebaixa dos privilexios cando levamos 2 anos de crise; ou é que ata o de agora non había crise nas familias? entón é que como políticos non teñen programa, nin ideas, nin moral...

HEMOS COLOCADO

OUUUUuuuu... So escoitando o que non se dí teredes o cadro completo.

A radio hoxe está moi feliz; "hemos colocado" a débeda e 'só' cun interese un 27% maior que o anterior; acto seguido sabemos que 'os mercados' subiron "comandados por los bancos".

De quén é verdadeiramente esa débeda? Quen a vai pagar con eses xuros?.

O perfecto capitalismo privatiza os beneficios e socializa as perdas.

A min que a banca repartise beneficios entre os parados ou que ós traballadores lles subisen un 27% os soldos si que me semellaría unha nova 'de alcance' pero isto... isto non é mais que mofa.

Carta diferida-divertida

Este ano non escribín a carta máxica "en tempo e forma" pero andiven a darlle voltas e decidín...

[mode="retranca"] Que queden sen vigor tódalas leis que nos "obrigan" a denunciarnos os uns ós outros; como a lei da violencia de xénero, a do botellón, a normativa de ruidos nocturnos en xeral... o código penal, o código civil e demais trangalladas 'progres' que atentan contra a liberdade. Que quede así mesmo sin efecto calquer denúncia por incumprimento da lei do aborto co cal este pasa a ser libre, as denuncias por atentar contra a liberdade relixiosa non serán tidas en conta polo que poderán ser queimadas igrexias e mezquitas segundo a preferencia da orda en cuestión...[/mode]

Que a gusto quedei.