LUCEIRO


Que me alumeas por fora do mar interior,
onde mergullo angurias e pesares,
onde afogo pensamentos e soidades...





Que brilas tra-la estrela de neón,
tra-la caixa de cartón e a decepción
no lume derradeiro do día.


Cravo ardente da esperanza perdida,
do tempo non vivido, ocasión non chegada.




¿U-lo o puzo para esquecerme esquecido
desa marca de ahí perto de onde reside a memoria?.

Interación.

OUUUUuuuu

Dende que trasteo con isto da rede sempre valorei o seu grandísimo potencial de interacividade e retroinformación... Eu mesmo o emprego (escasamente) o traveso dos contadores ( miarroba, google-analytics ) para saberen cantos e de que tipo sodes os que tendes gañas de vos rir un pouco dos oubeos deste kan.

Mais sempre coidei que todo tiña que ir mais aló do simple uso comercial que fan a maioria dos portais (todos eses códigos javascript son para eso) e que xa sería hora de derrubar esa barreira de control que exercen os medios de in-comunicación social entre os cidadans e os seus axentes (os cargos representativos). Viña eu facendolle un seguimento ó movemento ciberpunk porque os seus postulados neste eido (que non no neoliberalismo) se aproximaban ós meus:
Queremos un mundo donde desaparezca la división entre emisores y receptores, donde los medios de comunicación de masas no controlen en exclusiva la representación de la realidad y sean el poder. Queremos ese poder para la gente.

Agora ese proceso escomenza a ter forma; tra-los blabuceos das derradeiras eleccions autonómicas (O blog de quin e o foro de europapress) xurdiron moitos blogs de parlamentarios (como o de Fillisimo)e agora empregando o agregador ciberia o movemento ciberpunk nos brinda parlamentarios.info un blog de blogs parlamentarios.

¿Será este o inicio "real" da Politica 3.0?

Ishbiliya

OUUUUuuuu

Con escusa de tal cruzamos a penisular unidade e chegamos á marxe do Guadalquivir para disfrutar duns días de lecer sen medo a seren acusados de "anexionistas".


أشبيليّة ten un inverno suave para nós e aromas de flores todo o ano. Un amplo abano de lugares de interés para visitar e actividades de todo tipo para facer.

Desta volta aproveitamos para ver a exposición sobor o primeiro naturalismo en Sevilla e para facer a visita da catedral e a Xiralda sen os apuros e apreitons da semana santa, pero seguimos pensando que o mais destacable é o simple placer de pasear polas rúas, en especial as do barrio de Santa Cruz.

Nas súas rúas estreitas, enmarañadas sempre atopas algunha sorpresa, ainda que tamén abundan as tendas puramente turisticas. Por exemplo a terraza de algun pequeno hotel que ten cafetería aberta ó público cunha vista espectacular da Xiralda...

Pola noite o ambiente é exelente, os finos, as tapas, a alegre conversa desta xente... Moita afección teñen ós belenes, case un deporte ver os da cidade; como todo o que fan con gran paixon i entrega. Todos de "punta en branco" con algun comentário sobor das figuriñas e a decoración. Grupos de nenos e de adultos cantando 'villancicos' polas rúas e nos locales.

E a gastronomia... mais para iso temos "a farola..."

Para Noia...

OUUUUuuuu

Si o que queren os terroristas é que vivamos con medo, o que teñen conquerido é que os nosos gobernantes perdan o norde i entreguen certas partes dos escasos ideais democráticos e de liberdades públicas mais individuais que tiñan.

Así, o pasado día 14 o parlamento europeo aprobou a directiva sobor a conservación de datos tratados en relación coa prestación de servizos públicos de comunicación electrónica. Un cidadans normal non ten tempo para ler tanto e tan denso (propostas de estatuto, directivas europeas...) e soe 'alimentarse' dos resumos da prensa (moitos de eles interesados...) tanto para "porse en antecedentes" como para "actualizarse". E, ¿que ofrecen os medios respecto a esta nova?: NADA. Tra-la polémica que tivo o goberno británico cunha lexislación similar, a aprobación desta directiva que vai 'dar cobertura' ós estados membros para restrinxir as liberdades cidadans non merece mais ca escasos comentarios.

As persoas podemos modificar o noso futuro se actuamos en conxunto, sen coaccions nen totems nen dogmas.

Recoñecimento de erro


Cando dixen que a aprobación desta proto-directiva so merecía escasos comentarios deixei de lado o traballo do EDRI ( Instituto europeo dos dereitos dixitais ) e da súa campaña "A retención de datos non é a solución"... Mágoa non tela difundido antes (ainda que as escasas visitas deste bloge non fixeran bulto na petición ó europarlamento). Mais información actualizada (en inglés).

REACH

OUUUUuuuu

Os cidadans normais non temos moito tempo de lee-las novas mais aló dos titulares e dos subtitulares; dado o caracter hexemónico das novas do 'fuchibol' (perdón, do deporte) e das 'reyertas' relixioso-sectarias (perdon, partidistas) o normal é que as chamadas "novas de alcance" non cheguen a moita xente.

Si por riba deso lle engadimos o que veño expoñendo sobor da manipulación/confusión á que someten os redactores i editores ás novas pois atopamos que calquer información 'de alcance' debe ser confirmada por outras vias.

Asi, dun titular como: La UE aprueba regular más de 30.000 sustancias químicas co subtitulo La industria deberá, a partir de ahora, demostrar que los productos que fabrica no son nocivos para la salud de las personas no que se sobrentende que se fala da aprobación dunha norma proteccionista só na lectura do artigo atopamos que se trata dun acordo en 1º leitura e que a tal normativa quedaralle un ano para seren aprobada e, se cadra, cinco para seren 'adoptada' polos estados membros.

Contén esta proteccionista normativa xoias coma esta:
Con esta decisión, los responsables de la Industria europea han recortado además el texto de la Comisión Europea, con el objetivo de reducir los costes para las empresas que conllevará la aplicación del sistema REACH. Así, se reducen las exigencias de información para las sustancias producidas en pequeñas cantidades (entre una y 10 toneladas y entre 10 y 100 toneladas), salvo en aquellas que se sabe ya que son peligrosas.
Da que se pode deducir que das substáncias das que se descoñeza a peligrosidade esta información vai quedar ó abeiro da industria. A iso se lle chama: Poñer ó raposo a coida-las galiñas.

Porén o que mais indignados nos trae é a eliminación do "Principio de substitución obrigatoria" que houbese implicado que só se puidesen empregar substáncias químicas perigosas no caso de non existires alternativa e por períodos de cinco anos.

Cando un se pon diante de estes temas "europeos" que semellan tan enredados e lonxanos ( Blokestein p. ex.) ignora certos detalles do funcionamento destas institucions que arrepian... A tramitación de REACH está a batir records de todo tipo nas institución europeas e un dos mais esclarecedores é o record de Lobbistas.

Existen mais de 15000 lobbistas no europarlamento que 'moven' mais de 90 millons de € ó ano. 4000 deles teñen acreditación permanente na cámara (mentres que un cidadan ou colectivo precisaría dunha acreditación otorgada a un eurodeputado), saen a uns 7 por eurodeputado a maioría deles traballan vencellados a intereses empresariais... dende que en 2001 botou a andar a proposta REACH para por freo ó descoñecemento das propiedades toxicolóxicas e ecotoxicolóxicas das substáncias químicas (até un 99%) producidas en europa os 140 empregados que a patroal quimica europea ( CEFIC ) ten en Bruxelas teñen bastante traballo...

Por todo isto me chama poderosamente a atención que certa xente que fala de política se opoña de xeito tan radical a achegar os centros de decisión ós cidadans (Centrifuga-lo poder político) e, ó mesmo tempo, faga votos por que os cidadans lle entreguemos poder de decisión a institucions non elexidas polos cidadans como a comisión europea como acontece coa proposta de Tratado Constitucionalal da Unión Europea. Coido eu que teñen unha idea Chinesa da democracia.

Outras de manipulación.

OUUUUuuuu

Deixando atrás e como as disputas de nenos (e ti mais, e ti antes...) que son as saidas de ton ó redor da disposición final terceira da proposta de estatuto de Galiza quero seguir pasando o meu candil sobor de como os medios manipulan por acción e/ou omisión as novas.

Por acción; unha moi recente que lle aconteceu a Noam Chomsky tras seren elexido "intelectual mais senlleiro do mundo" e conceder unha entrevista para o diario "the guardian"; a entrevista transformouse por arte de tesoiras nunha réplica ó premio e foi rápidamente adaptada e difundida coas mais escuras manobras para por en relevo o que nela non se dixo; mais, ó cabo o própio The Guardian tivo que rectificar (orixinal en inglés) diante da avalancha do evidente. ¿Cantas veces un medio se permite difuminar unha nova ou opinión e non a rectifica?.

Por omisión; un exemplo simple: China. Nin as constántes represions nin a pena de morte sumarísima (e non menos grave que a de USA) nin a situación da protección medioambiental ou das minorias, nin... O único que ouvimos nos medios sobor de China é o ben que vai a súa economía. Se cadra querenos meter no caletre que todos deberiamos traballar nas condicions dos chineses e cos seus dereitos; así non se 'verían na necesidade' de "deslocalizar" a súa producción... porque eles o fan en pro do avance das nacions menos desenvoltas; non por cartos, claro.

Terxiversación innecesaria.

OUUUUuuuu

Non hai cousa que mais me repugne dos medios de in-comunicación masivos que o emprego da súa capacidade de causar alarma de xeito iresponsabel e, ainda mais, a de buscar 'chivos expiatorios' da incapacidade colectiva para afronta-los problemas que teñen os cidadans en termos concretos (territoriais ou sectoriais).

Así, de unha proposta de articulado para o estatuto de autonomía de Galiza (texto en .pdf 284 Kb.), na que se abre a posibilidade á integración voluntaria dos concellos limítrofes con Galiza sácanse titulares coma El BNG plantea en su propuesta del Estatuto gallego la anexión de municipios bercianos que son dignos dos propagandistas totalitarios dos principios do século XX.

Home, tras 30 anos de 'inquebrantable adhesión' é normal que calquer cousa saque de quicio ós que traballaron arreo durante este tempo para "descafeina-lo café" (o famoso teorema do 'café para todos'); doado é agora cun goberno que, de súpeto aparenta aperturista mais o que tenta e de facer de válvula de escape controlado, sembrar medo en espiritus pechados e mentes estreitas.

Sen entrar nas profundidades destas teorias si que quixera que o editor desa nova entrase na semántica e me respora que similitude pode haber entre anexión (anexar, anexionar) e o que o citado texto dí na súa Disposición final terceira:
Poderán incorporarse a Galiza aqueles concellos limítrofes de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante procedementos democráticos que serán regulados por lei.
.
Eu vexo mais ca cegueira, descoñecimento total. É mais, no seu afán de chegar a óso este cadeliño e tódolos demais sáltanse o que verdadeiramente lles debera pór en alerta:
Disposición final primeira
A aprobación deste Estatuto é a forma de manifestación institucional na que se concreta, no momento presente, o dereito inalienábel de libre decisión do que é titular o pobo galego e non supón renuncia algunha a que, no futuro, o exercicio deste dereito poida adoptar outra forma de concreción institucional
.

Unha de 'Intrenes'

OUUUUuuuu

Hala que hai de to' e a patadas...

Eu hoxe enviei o meu nome ó espacio nun microchip da NASA, Percurei unha casa en Galicia e...



Mais, o que mais me chama a atención son as páxinas de noticias autoeditadas... A primeira sobre a que lera foi unha coreana na que a xente publicaba e votaba as novas mais si que existian os editores...Logo, os medios foron incorporando os comentários, as votacions e finalmente os blogs sen, iso si, perde-lo control dos contidos. Agora, chegan páxinas como Digg, que xa ten versión en castelan (Populicas) só sobre novas tecnolóxicas mais por algo se escomenza. ¿Será o fin da 'censura previa' na comunicación?.

Democracia Unitaria Universal

OUUUUuuuu

Évos o que hai meus. Tan contradictorio como "Monarquía constitucional" ou "Economía social e de mercado" ou, ainda mais, "Monarquia e Igualdade" o pensamento hipernacionalista (central ou periférico tanto me ten) chega á conclusión de que 'os cidadans teñen os mesmos intereses, mais individualmente non saben o qué facer' e degluten nun "bocábulo" (vocablo+bocado) á diferenza, á diversidade, ó debate e o contraste: UNIDADE.

I é que tras 27 ~ 30 anos todo ten que seguir "atado y bien atado" e xa está. Para pechar portas ó que xa está na rúa convocan manifestacions (alégrome porque entendan que tod@s temos dereito a nos manifestar); así que agora cada dúas semanas a oposición maioritaria (non o esquenzo) fuxe do parlamento e bota leña no lume mediatico.

Non son capaces de entender que nestes intres unha boa parte da sociedade productiva e dos seus membros no futuro non tivemos arte nin parte na teorización dos nosos intereses (Constitución) e que esta, como todo, se ten que adaptar ás circunstáncias dos tempos nos que vive. Ou sí o entenden e tamén entenden que os "condicionantes" de hai 30 anos xa non afectan a boa parte da sociedade e que o debate entre as diferentes opinons vai dar nun consenso diferente ó de hai 30 anos; un debate no que a "Nación Política" se escomence a corresponder coas "Nacions Etnico-Histórico-Xeográfico-Culturais" do xeito que os cidadans decidamos. Porque; tanto para o 'centrifugado' como para o 'centripetado' desa correlación entre Nación Política e Nación Cultural o que debe quedar plasmado (atado e ben atado) é que esa decisión nos corresponde ós cidadans.

!!!España Existe¡¡¡, !!!A soberanía non se comparte¡¡¡ Berrean unha e outra volta aqueles que asustan co lobo da 'desfeita'... ¿U-los cando se entregou a soberanía en materia de decisions macroeconómicas ó BCE?. Cada un vemos o que queremos e todos vivimos no engano das nosas percepcions, logo ¿Que pode ter de malo Delegar o ámbito da soberania ós territorios/nacions nos que a cidadanía o decida maioritariamente?.

Rematou a farsa.

OUUUUuuuu

Ben, xa indicara eu que a auténtica elección de sucesor se estaba a celebrar nesa quincena de Novembro para chegares a hoxe con todo "atado y bien atado" tal e como o seu ídolatrado 'Franco,Franco,Franco' lles ensinou. Cavilara eu que se ia producir Carrexo Sucesorio ou 'MilitantiaMandering' (como o GerryMandering á galega) mais, parvo de min esquecin, as ensinanzas dos dictadores bananeiros e o doado que é para certos 'tocados polo poder' manipular censos...

Así as cousas A.N.Feijoo chegará ó congreso 'regional' (¿U-la autonomía do PPdG?) como claro gañador e imporá as súas condicions ós barons provinciais (que son os que contan); se cadra Barreiro ten un sitiño na lista oficial. Tamén haberá algo para o fillísimo xa que PaPiBaltar concedeu unha lista con-sentidiñada en Ourense 'apuñalando' a Cuiña. Os Birretes souberon dividir ós boinas sobor de todo ós que quixeron xogar con tódalas barallas (¿e vistes confrontación mais chabacana?); agora é a hora da verdade.

Será TERRA GALEGA a formación pantasma para os descontentos do PP e do P$o€?. Moitos cantos de serea e moita discrepancia se está a ouvir dende unha e outra banda... ¿Terán os escanos dabondo para estragaren o goberno Tou-Quim?.

Pase o que pase hai que escomenzar a adicarse ó que se está; as contínuas saidas a desmentir bulos non fan mais que magnificalos; só o traballo serio, eficiente e transparente poderá rematar coas estructuras que os anos de Fragarquía (o Fragosceno) nos deixaron.