Rematou a farsa.

OUUUUuuuu

Ben, xa indicara eu que a auténtica elección de sucesor se estaba a celebrar nesa quincena de Novembro para chegares a hoxe con todo "atado y bien atado" tal e como o seu ídolatrado 'Franco,Franco,Franco' lles ensinou. Cavilara eu que se ia producir Carrexo Sucesorio ou 'MilitantiaMandering' (como o GerryMandering á galega) mais, parvo de min esquecin, as ensinanzas dos dictadores bananeiros e o doado que é para certos 'tocados polo poder' manipular censos...

Así as cousas A.N.Feijoo chegará ó congreso 'regional' (¿U-la autonomía do PPdG?) como claro gañador e imporá as súas condicions ós barons provinciais (que son os que contan); se cadra Barreiro ten un sitiño na lista oficial. Tamén haberá algo para o fillísimo xa que PaPiBaltar concedeu unha lista con-sentidiñada en Ourense 'apuñalando' a Cuiña. Os Birretes souberon dividir ós boinas sobor de todo ós que quixeron xogar con tódalas barallas (¿e vistes confrontación mais chabacana?); agora é a hora da verdade.

Será TERRA GALEGA a formación pantasma para os descontentos do PP e do P$o€?. Moitos cantos de serea e moita discrepancia se está a ouvir dende unha e outra banda... ¿Terán os escanos dabondo para estragaren o goberno Tou-Quim?.

Pase o que pase hai que escomenzar a adicarse ó que se está; as contínuas saidas a desmentir bulos non fan mais que magnificalos; só o traballo serio, eficiente e transparente poderá rematar coas estructuras que os anos de Fragarquía (o Fragosceno) nos deixaron.

No hay comentarios: