Terxiversación innecesaria.

OUUUUuuuu

Non hai cousa que mais me repugne dos medios de in-comunicación masivos que o emprego da súa capacidade de causar alarma de xeito iresponsabel e, ainda mais, a de buscar 'chivos expiatorios' da incapacidade colectiva para afronta-los problemas que teñen os cidadans en termos concretos (territoriais ou sectoriais).

Así, de unha proposta de articulado para o estatuto de autonomía de Galiza (texto en .pdf 284 Kb.), na que se abre a posibilidade á integración voluntaria dos concellos limítrofes con Galiza sácanse titulares coma El BNG plantea en su propuesta del Estatuto gallego la anexión de municipios bercianos que son dignos dos propagandistas totalitarios dos principios do século XX.

Home, tras 30 anos de 'inquebrantable adhesión' é normal que calquer cousa saque de quicio ós que traballaron arreo durante este tempo para "descafeina-lo café" (o famoso teorema do 'café para todos'); doado é agora cun goberno que, de súpeto aparenta aperturista mais o que tenta e de facer de válvula de escape controlado, sembrar medo en espiritus pechados e mentes estreitas.

Sen entrar nas profundidades destas teorias si que quixera que o editor desa nova entrase na semántica e me respora que similitude pode haber entre anexión (anexar, anexionar) e o que o citado texto dí na súa Disposición final terceira:
Poderán incorporarse a Galiza aqueles concellos limítrofes de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante procedementos democráticos que serán regulados por lei.
.
Eu vexo mais ca cegueira, descoñecimento total. É mais, no seu afán de chegar a óso este cadeliño e tódolos demais sáltanse o que verdadeiramente lles debera pór en alerta:
Disposición final primeira
A aprobación deste Estatuto é a forma de manifestación institucional na que se concreta, no momento presente, o dereito inalienábel de libre decisión do que é titular o pobo galego e non supón renuncia algunha a que, no futuro, o exercicio deste dereito poida adoptar outra forma de concreción institucional
.

No hay comentarios: