Mostrando entradas con la etiqueta Artes e souvenirs. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Artes e souvenirs. Mostrar todas las entradas

Emocions na música

OUUUUuuuu... Ás veces SI pasan cousas ata onde semellan que non pasan... e as oportunidades xorden xuntas e xuntas hai que botarse a por elas.

Así fai uns días tiven a ocasión de asistir a dous concertos de música en Ponferrada; un de Carlos Nuñez e outro de "Los suaves". Cómo é posible ter eses gustos musicais tan diferentes? Como ir a un concerto dun estilo tan contrastado co anterior e disfrutar de ámbolos dous? a explicación está na emoción.


Emocions que nos embargan ó escoita-la música, ó vivila mais tamén emocions que reviven coa música coas que as vivimos por primeira vez... sen esquecer a emoción dos que te rodean porque esas tamén contan; impregan o aire (nunca mellor dito) e che fan participe delas.

Os dous concertos tiveron os seus intres irrepetibles e iso tamén suma emocions ás xa vividas porque deso vai a vida; de emocions vividas e compartidas.

Vos poño o vídeo da miña canción preferida de "Los suaves" (que non puideron tocar desta vez) nunha versión en directo de 1989... para os que vos metedes coa barriga de Yosi...




PD: Si esperabades unha crónica política "reflexiva"... errastedes.

A outra fin do mundo

OUUUUuuuu... Non, non me vou poñer apocaliptico agora mentras estades tod@s de festa. É que viñen pasar estes días de vacacions escolares a un deses extremos da terra que soan a lenda: Ushuaia.

Estou moi feliz de estaren na "5ª provincia" é un pais moi agradable e ten grande diversidade de recursos humanos e físicos e unhas paisaxes espectaculares. Con todos eses recursos ben podían ser unha nación tan poderosa como o seu veciño de arriba, O Brasil, mais varios factores endóxenos e un sistema financieiro ben engraxado para sacar calquer rendemento do pais sen dar oportunidade á creación de riqueza fan del unha "eterna promesa".

A enormidade da paisaxe pampeña, as distancias colosais, os recursos de todo tipo e algunhas obsesions particulares deberan ser dabondo para ter unha sociedade potente, desenrolada económica e técnicamente.

Bueno xa escribieri mais.

Leons por años

OUUUUuuuu Ocurriuseme acudir ó cinema por un aquel de liquidar horas nas que non podo facer outras cousas que me gustan e lembrando que dunha boa peli sempre se aprende algo.

Reflexión. Esto é o que o filme pide a tod@s; pensar en que está a pasar, cales son os motivos intrínsecos de semellante situación, os erros cometidos e porqué seguimos permitindo que certas cousas pasen e nos nos sintamos víctimas e responsabeis... Un politico ambicioso que dirixe as súas miras cara ó despacho supostamente mais poderoso da terra; unha periodista xa fraguada no oficio con sona mais sen éxito deglutida na voráxine do día a día da loita pola audiencia; dous novos soldados das forzas especiais voluntarios para se poder sufraga-los estudos e os seus proxectos de mellorar 'realmente' o medio na que viviron; un profesor cazatalentos que se sinte frustrado pola marcha do seu proxecto vital e do pais no que cree e un estudante espelido que con 20 anos xa está desenganado do plantexamento social e opta pola 'vía doada' dunha vida edo-egoista consumista. Todos eles engarzados en tres tramas simultaneas que mostran as facianas dun mesmo dilema...

A relación entre prensa e poder, como se apoian un no outro cada un para os seus fins sen aportar unha clara orientación mais aló da "necesidade de gañar". Os peons do xogo estratéxico empregados unha e outra vez como coartada i escusa das súas propias actuacións enterrados nos erros dos seus mandos en conflitos non resolubles. Unha sociedade supostamente chea de oportunidades que desbota os seus potenciais para manter indemnes as mentiras de quen a dirixe.

Dous fracasos, dúas mortes e un final aberto...

A película ten gancho e frases moi boas case sempre na boca dos estudantes... O discurso republicano do político non deixa un só pao sen tocar e atrapa certos tópicos do tema como: Sair de alí (Afganistán ou Irak) sen vencer é ter que voltar en peores condicions. A firme creenza de que a sociedade americana malía ás súas eivas e ás meirandes desigualdades que acobilla segue a ser a única con capacidade de defender certos valores no mundo impulsan ó filme e poñen ó espectador diante das preguntas que, esporádicamente, van deixando caer ós protagonistas.

Entroido 2

OUUUUuuuu

Bueno, por motivos alérxicos non puiden facer mais crónicas matinais sobre o entroido 2007. Mágoa

Vaivos entón unha crónica xeral.

Sábado: Espertei cedo e fun chapotear, logo de arranxar un asuntiño do PC da miña amiga escribin a crónica do folión de Laza. Dempois de traballar un pouco o "cigarrillo" probou o traxe e sairon coas chocas postas.


Tra-lo xantar chegou a hora dos disfraces dos cativos e da fariña na praza que, coa choiva, semellaba unha grande mesa de facer masa. Ainda así nos enfarelamos e bailamos ata a hora de irmos cear.

Fixemo-lo troco de tercio e nos disfrazamos os maiores, logo fomos ó noso sitio de cear destes anos e alí fixémola boa co noso arte tirikitao, cando saimos xa eran as dúas fomos ó archiconcurrido Fidel´s a saudar a tódolos amig@s e veña mais baile. Paramos na verbena porque xa non chovía e ainda estivemos alí ata cerca das catro. Chegamos ó "local" mais non gostamos do ambiente 'normal' coma si o entroido parase na porta e liscamos para a casa que xa eran as 5 longas.

O Domingo amaneceu xa despexado e os nosos colillas xa estaban inquietos dende cedo; foron tantos os nervios que houbo que pedir sorrisos para as fotos a quen sorrí de gratis todo o ano. Sorte que co pasar do desfile foi collendo confianza e pasou logo 3 horas moi feliz correndo pola praza; mais o mellor chegou coa entrega do diploma de estrea do cigarrón.
Logo grande xantar caseiro-cocideiro amenizado pola coral do xarrón que interpretou o "himno nacional" con grande marcialidade.
Xa a noitiña voltamos á praza para 'quencer' a noite danzando e cantando.

Ás 22:30 arrincamos para Laza con parada no "tiramisú" para acompañar á tropa que estaba a cear. Alí fun informado da situación de absoluto dominio da temática enxebrista nos locais por mor do "peche" do entroido de Castro; como adalides da 'biodiversidade kultural' os membros da CCCP (Comision Coordinativa Contra Pachanguera) optaron por unha estratexia de enfrontamento dialéctico-musical que nos levou a estarmos cantando de todo con mosqueo dos menos entroideiros ata as 5, a esa hora chegou a artillería pesada ó comisión e escomenzou o baile. Marchei ás 6:30 porque ainda tiña intención de ir a chapotear pola mañan do luns...

Acordei ás 9 mais non era quen de colle-lo coche, din media volta ata ás 11 e sain almorzar. Chovía a manta e non había ningúen na picota. Tiven que agardar ata as 12:30 cando deixou de chover e apareceu o "jakuzi" no que prepararon os farrapos. Outro ano mais grande éxito, paseino bomba, non me manquei e fixen bós brancos.
Por un fallo loxistico meu rompin coa tradición do baño no lavadoiro mais empreguei igual auga fría. Ás 2 xa era novamente visible e fomos outra volta ó "tiramisú" a xantar. Visto o que chovía non sabíamos ben que facer i estivemos a dubidar ata ben tarde se marchar a Oimbra ou quedaren en Laza para as formigas. O CCCP argallou estratexias de confrontamento contra o "integrismo enxebrista"...
Fomos visita-la nosa caseira Avelina que deu mostras de ter moi boa memoria e moito mellor humor... Probamo-lo "xastré" caseiro i esas bicas de clara tan ricas antes de metermonos na marabunta da baixada de morena. Topei alí á miña xentiña que se estaba a mollar e os metín no comisión dende onde percibiron o rebumbio...
Tra-lo lusquefusque veu a hora de danzar baixo a auga, ainda gozamos da oportunidade de probar en familia mais xastré caseiro e mais bica branca. Logo a cea "de traje" na casa e veña mais auga pola noite. A sorpresa foi que tanto no Portajero como no comisión non habia "gaitas" senon mais ben algo moderno co que o CCCP se disolveu e fixemos unha "jam sesión" con invitado escepcional. Ás 5 collín o coche e marchei para Verín durmir coa miñas mozas.

O martes fun chapotear novamente e logo tomamos as derradeiras á saude do entroido que ven. Xantamos e preparamos ós cigarrons para o desfile televisado que foi un grande éxito pois o viu a súa aboa dende o Deza e o abó dende o ceo.

Grande Descuberta

OUUUUuuuu

Nunha nova etapa da nosa "tournee" mundial fumos dar ás británicas illas e descubrimos con grande sorpresa que até as institucions mais serias e renombradas son obxecto de estafa por parte de xente sen escrúpulos e se non mirade estas dúas pezas do "Britihs Museum"...


Video das Pedras de inauguración da cidade da cultura que Fraga gardaba para o remate do seu mausoleo.

Eiqui tendes unha proba gráfica dun relieve supostamente asirio do rei Asurnasipal (Ese sí que é un nome maxestuoso e non Juan Carlos, Felipe, Isabel ou Carlos) con tremendo "peluco" Rolex.
Asurnasipal con Rolex

Bueno; que fumos, que todo foi ben e que reimos un rato (¿e serían as pintas?, serían)

Paixon X Picasso

OUUUUuuuu

Incumprindo a máxima de non ires á meseta os meses sen 'R' movemos Roma e Compostela para podermos ir até esa amalgama de cidades que é o buraco negro da enerxía que se produce nas contaminantes centrais e mais nos encoros das terras do noroeste.

Tiñamos moitas gañas de ver esta exposición polo peculiar que resulta ver os cadros de P.R.P. nas mesmas salas que as fontes de inspiración clásicas ás que sempre se mantivo fidel mais coas que marcou tamén grandes distáncias; e tamén queríamos voltar a ve-lo "Guernica" e a ampliación do museo "Reina Sofia" e as instalación de restauración abertas nesa zona.

A exposición é simplemante magnífica ainda que centrada case na súa totalidade na expresión pictórica do artista e moi especialmente no "Guernica". Ten dúas partes ben definidas e localizadas nos dous espazos que a compoñen mais con isto non descubrimos ren que non veña xa na páxina oficial; entroques debemos por énfase na necesidade da contemplación directa das obras expostas sobor de todo neses "puntos fortes" que son os contrapuntos entre os cadros de Picasso e as obras clásicas nas que semella inspirado.

Moitísimo interés e moito aproveitamento tiramos (os catro) da conferéncia "Claves para ver la exposición" que se ofrece dentro do programa de actividades da exposición polo menos para nós que tivemo-la sorte de toparmos con alguén que sabía comunicar a súa paixón por este artista total que foi P.R.P. e que, ó longo de hora e media, nos ilustrou acerca das claves do facer dun home que podía perfectamente "pintar ben" mais escolleu facelo "de outro xeito"; pondo atención a contrastar as obras expostas coas súas fontes e de marca-los fitos da vida do artista. Sinto verdadeiramente non lembra-lo nome da persoa que nos tocou en sorte mais foi notable para nós o seu poder comunicativo cando un cativo de 8 anos "de cú inquieto" non se moveu da silla e non preguntou outra cousa que aquelas relacionadas cos cadros das diapositivas que iamos vendo.

A parte da exposición que se visita no museo "Reina Sofia" ten o centro de interés no "Guernica" e no seu poder como cadro-símbolo da desgracia da guerra que, por desgracia, volta a estar de plena vixencia nestes aciagos días. O seu contrapunto co cadro de Goya "2 de Mayo" non fai mais que por de manifesto que os grandes artistas sempre son adiantados ó seu tempo (ou eles representan o adianto do tempo da humanidade).

Coidamos que é unha mágoa que só duas esculturas representen esta faciana productiva de Picasso e que a súa obra como ceramista quedase sen abranguer. Non esquenzades de visitar a sala de Salvador Dalí que se atopa á saida da exposición temporal; o contraste é moi acusado e marabilloso.

P.D.: Non enlazo imaxes para eviateren problemas cos dereitos e os torcidos.

Ishbiliya

OUUUUuuuu

Con escusa de tal cruzamos a penisular unidade e chegamos á marxe do Guadalquivir para disfrutar duns días de lecer sen medo a seren acusados de "anexionistas".


أشبيليّة ten un inverno suave para nós e aromas de flores todo o ano. Un amplo abano de lugares de interés para visitar e actividades de todo tipo para facer.

Desta volta aproveitamos para ver a exposición sobor o primeiro naturalismo en Sevilla e para facer a visita da catedral e a Xiralda sen os apuros e apreitons da semana santa, pero seguimos pensando que o mais destacable é o simple placer de pasear polas rúas, en especial as do barrio de Santa Cruz.

Nas súas rúas estreitas, enmarañadas sempre atopas algunha sorpresa, ainda que tamén abundan as tendas puramente turisticas. Por exemplo a terraza de algun pequeno hotel que ten cafetería aberta ó público cunha vista espectacular da Xiralda...

Pola noite o ambiente é exelente, os finos, as tapas, a alegre conversa desta xente... Moita afección teñen ós belenes, case un deporte ver os da cidade; como todo o que fan con gran paixon i entrega. Todos de "punta en branco" con algun comentário sobor das figuriñas e a decoración. Grupos de nenos e de adultos cantando 'villancicos' polas rúas e nos locales.

E a gastronomia... mais para iso temos "a farola..."

Eclipse

OUUUUuuuu

Os dezans da miña quinta se cadra lembrarán o tema de N-525 que levava este título. Nesta ocasión as terras do Deza (e as de grande parte de galiza) quedarán no centro dun espectacular eclipse anular de sol.
29/11/2005
EIQUI IA UNHA ANIMACIÓN DA ECLIPSE MAIS A TIVEN QUE RETIRAR POIS O PC SE REINICIA CADA VOLTA QUE TENTA CARGA-LA.
Mágoa que a NASA sega a empregar mapas de hai 30 anos...

Tamen podedes investigar si a vosa localidade queda dentro da zona central do eclipse con este mapa interactivo ('san google' polo medio); por exemplo vese que eiqui no Bierzo será visibel na parte Sur-Oeste de tal xeito que verase en Ponferrada pero non en Bembibre
Nesta outra animación vese o desenrolo xeral da eclipse tanto na súa zona de sombra como na zona central.


Será a partires das 10:40 (08:40 UT) da mañan; Nesta páxina da Universidade complutense explicanse os diversos dispositivos que se poden empregar para a observación do fenómeno. Será unha boa ocasión para que os "apañados" da casa fagan nota-las súas habilidades.



Se non temos sorte coa meteoroloxía ou non temos apaño para ve-lo eclipse sempre poderemos veno la TV ou por Internet(live westcast).
OUUUUuuuu

O do Domingo ainda quixo enrevesarse dende cedo mais non nos deixamos; nin as ovellas da mesta nin as manifestacions resacosas conqueriron evitar que por fin Laura vise "As Meninas".



A exposición sobor do retrato na pintura española é moi interesante e ten pezas importántes cedidas por outros museos estatais i estranxeiros.

Logo comemos no barrio das letras e emprendimos a viaxe cara o atasco da M-30 e a néboa da meseta.
OUUUUuuuu

Grande ledicia para as nosa poesía é a invitación que fixo a Asociación Internacional Conference in Literature a Iolanda Castaño e Luisa Castro para asistir á sesión especial Poesía Española Hoy que se vai celebrar en Atlanta.

Iolanda
Luisa


Choro pola dor non consolada,

pola soidade non acompañada,

polas bágoas non secadas

e as verbas non pronunciadas...

¿Cánto tempo terei forza,

canta paciencia terá a verdade comigo,

cantas vidas perderei ata entender

que es ti quen me consola e acompaña,

quen me fala e me seca as bágoas?.

Teño unha débeda coa miña sorte

e ben sei que o pensamento non é bastante;

Mante-la concentración e non perde-lo norte,

agardar para corresponder e tirar cara adiante.

MANUEL MARIA

OUUUUuuuu

A tráxica nova do pasamento de Manuel Maria ensombreceu a fin de semán das festas de O Barco.

Sen metafísica poética digo o meu mensaxe:

vivide.

Sen berros que cheguen ás entrañas:

vivide. Vivir sempre.

Vivir agora, denantes e despois.



Para min a súa liguaxe poética comunicaba con forza e dozura ó tempo; as súas son poesías que non pasarán a segundo termo. Por elas e polo seu compromiso coa terra permanecerá na nosa memória.

Por fin Ordesa.

Polo de agora só podo colga-las fotos da cámara da cativa pois a miña está avariada (sorte que é HP e ten 8 meses)...

Unha de cinema

OUUUUuuuu

Xa fai tempo que non comento ren das expresions artisticas que teño a sorte de ver. Moitos diredes que o que vou a comentar non pasa de superproducción para o entretimento xeral... outr@s diredes que o arte que ten é de outro estilo.

Por circunstancias persoais puiden ir ó cinema o sábado pasado á noite e da carteleira dispoñibel a que mais me chamou foi a de Troia por aquilo de que vira o "trailer" e que lera o libro de mozo...
Supoño que a estas alturas ninguén pensa en ir ó cinema a ver unha pelicula que costa esa pasta e ten ese reparto de "multifrutas" para ver unha onda expresión de arte, unha comunicación de grandes ideas ó traveso das imaxes, etc. A pelicula entreten, que é para o que se paga, a pelicula é bastante fidel ó guion orixinal: un guión de 4000 anos que é a pedra angular la literatura occidental (para cando unha peli do Gilgamesh ou dos relatos chineses de 5000 anos?) un guión que esconde valores importantes no seu entreliñado... Por certo, como apreciaredes, mentres Homero facia mención constantemente ós deuses como causantes dos males dos homes, na peli os deuses só saen para seren mancillados polas persoaxes mais rebeldes. A peli ten diversos fallos e algun plano exesivamente longo (como o da morte de Aquiles) os actores, en xeral fan o traballo que se lles encomendou... @s Bradpittian@s levade lubricante e empapadores porque esta claro que tres dos catro planos nos que sae desnudo son un "gancho" para vos (e non me estrana...). Felicidades á industria de anabolizantes pola publiciade subliminal.

XA VOLTEI DAS MINIVACACIONS

OUUUUuuuu

Como dí o Xabarin:" Todo o bó remata"... xa voltamos da xira. Non saiu mal a cousa; só fallou o que non está baixo o control dos humanos: O tempo. Por iso nos quedou a espiniña de colle-las bicis e irnos por holanda adiante; de tódolos xeitos andivemos por ahi de excursión. En Sevilla escomenzou a chover nada mais baixarnos do AVE o xoves... pero ainda así o pasamos ben, puidemos ver unha desas procesions e disfrutamos dos fermosos xardins do parque de M° Luisa.

Do que aconteceu mentres estabamos por ahi. Pois que xa temos suicicidas (por se non os habia ), que o medo está instalado en Europa ( proba delo o cacheo que me fixeron en Amsterdam ó pitar o control de metales no aeroporto e a vixilancia do exercito no traxecto do AVE ). Proximamente colgarei consellos para os que queirades ir a Amsterdam.

Fin da "finde"

Ouuuuuuu���

Voltamos da "finde" na cosmopolita capital... por primeira vez dende hai moitos anos me choveu estando ali. Recomendacions: 1- Andar cos ollos ben abertos, pero sen pararse en ninguen, 2- Non caer no cotian, se tes "pizzamovil" no povo pois vai a algo diferente... �non?. 3- non te acomplexes, a maioria son de fora coma ti. 4- Boas comedias: "confesiones de mujeres de 30" , "como en las mejores familias"...
O primeiro post en "serio". Gran privilexio para todos os que puidemos asistir � teatro Bergidum a ver a "el brujo" na obra "San francisco juglar de dios". Doulle a todo e doulle xusto na li�a de flotaci�n. Un xenio.
Gracias � mi�a compa�eira, que gran regalo de cumpreanos.