OUUUUuuuu Ocurriuseme acudir ó cinema por un aquel de liquidar horas nas que non podo facer outras cousas que me gustan e lembrando que dunha boa peli sempre se aprende algo.
Reflexión. Esto é o que o filme pide a tod@s; pensar en que está a pasar, cales son os motivos intrínsecos de semellante situación, os erros cometidos e porqué seguimos permitindo que certas cousas pasen e nos nos sintamos víctimas e responsabeis... Un politico ambicioso que dirixe as súas miras cara ó despacho supostamente mais poderoso da terra; unha periodista xa fraguada no oficio con sona mais sen éxito deglutida na voráxine do día a día da loita pola audiencia; dous novos soldados das forzas especiais voluntarios para se poder sufraga-los estudos e os seus proxectos de mellorar 'realmente' o medio na que viviron; un profesor cazatalentos que se sinte frustrado pola marcha do seu proxecto vital e do pais no que cree e un estudante espelido que con 20 anos xa está desenganado do plantexamento social e opta pola 'vía doada' dunha vida edo-egoista consumista. Todos eles engarzados en tres tramas simultaneas que mostran as facianas dun mesmo dilema...
A relación entre prensa e poder, como se apoian un no outro cada un para os seus fins sen aportar unha clara orientación mais aló da "necesidade de gañar". Os peons do xogo estratéxico empregados unha e outra vez como coartada i escusa das súas propias actuacións enterrados nos erros dos seus mandos en conflitos non resolubles. Unha sociedade supostamente chea de oportunidades que desbota os seus potenciais para manter indemnes as mentiras de quen a dirixe.
Dous fracasos, dúas mortes e un final aberto...
A película ten gancho e frases moi boas case sempre na boca dos estudantes... O discurso republicano do político non deixa un só pao sen tocar e atrapa certos tópicos do tema como: Sair de alí (Afganistán ou Irak) sen vencer é ter que voltar en peores condicions. A firme creenza de que a sociedade americana malía ás súas eivas e ás meirandes desigualdades que acobilla segue a ser a única con capacidade de defender certos valores no mundo impulsan ó filme e poñen ó espectador diante das preguntas que, esporádicamente, van deixando caer ós protagonistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario