OUUUUuuuu... Disque os foros políticos andan revoltos por non sei que "renovación" dos órganos de control da xustiza. Disque esta ten capacidade de autocontrol e regulación porque existen casos de expulsión da carreira xudicial de persoas que se aproveitaron do seu posto para favorecer intereses cercanos ou própios...
A min todo iso sóame a 'cortiña de fume'; explicome, o mais importante sería que algún proto-demócrata me explicase como se pode falar de "poder cidadan" se os cidadans só decidimos parcialmente sobre un dos tres poderes. A elección sesgada, non proporcional e mediatizada dunha parte (quedan fora moitos senadores) do poder lexislativo non é dabondo para falarmos de DEMOCRACIA.
A elección é sesgada porque se fai mediante listas electorais pechadas elaboradas de xeito case segredo por persoas que forman parte da estructura de poder politico e, polo tanto, tenden a maniobrar para se manter nel. É sesgada porque as circuscripcions electorais non atenden á realidade social dos territorios e non equilibran a capacidade de decidir entre o amplo abano da totalidade e o local. É sesgada porque logo cada representante electo pode facer o que lle veña en gaña sen ter que respostar de ren ata os seguintes 'cómicos' diante dos seus electores.
A elección é non proporcional polo sistema de asignación de representantes desbota parte das opcions dos cidadans; e non me refiro sómentes ás candidaturas que non acadan a porcentaxe esixida senon tamén ó desprezo dos que acuden a votar para manifesta-lo seu descontento con TODO o sistema votando en branco...
A elección está mediatizada polo financiamento que os partidos precisan para as campañas de marketing que son os anuncios electorais e polo papel relevante dos grupos de intereses económicos na difusión das mensaxes dos candidatos mediante os medios de comunicación que forman parte deles.
No que respecta ó poder lexislativo aínda habería que engadir que o seu funcionamento está moi alonxado dos cidadans que os elixen e que semellan mais importantes para un representante electo en Teruel as manifestacions que se fan en Madrid que as que fan os cidadans que o elexiron (e que teñen problemas dabondo para ires ata alí).
¿Que dicir do executivo?; seica 'emana' do parcial e precariamente electo lexislativo e que si se fixera de outro xeito os cidadans poderíamos provoca-lo caos elexindo a persoas de tendencias diversas para os diversos cargos... Claro, non se lles ocurre que igual é o que interesa: que uns e outros se molesten en facelo ben de verdade e que se vixien dun xeito efectivo. A non elección do poder executivo seméllame que ten o seu máximo expoñente endogámico na xefactura do estado que, lonxe de ser representante máximo da cidadanía, é o símbolo mais evidente da pervivencia de estructuras de poder seculares mantendo o tribal método de herdanza biolóxica filoxenética como xeito de elección.
Ó poder xudicial é o mais enrrevesado dos establecidos de xeito clásico. Os seus membros deben ser persoas cunha formación académica que logo se vexa refrendada por unha aceptación de outros membros da carreira xudicial nunha especie de 'rito iniciático' que os inclue no "escalafón". Así, dende a base, un xuiz debe irse labrando un mundo de contactos non coa cidadanía mediante unha laboura impecable de aplicación da xustiza e mellora da lei para o ben común; non, o xuiz que queira ascender debe ir facendo 'favores', votando por outros nos diferentes foros da carreira xudicial para iren tamén gañando postos no escalafón. Logo chega a barreira, o intre no que o actual estado das cousas obriga ós xuices a se encuadraren politicamente para seguir progresando nos organismos de control desa especie de 'fraternitá' lonxe sempre do posible recoñecemento da sua laboura por parte da cidadanía ou da súa contribución académica no campo da dificil ciencia do dereito. Non semella de interese a introducción do control dos cidadans no aparello xudicial; nen sequera semella que interese falar da eficacia das actuacions xudiciais que moitas veces saen nos medio cando se inician de xeito espectacular con detencions e tal para logo esquecerse xusto no intre das sentencias absolutorias por fallos na instrucción.
Pérdome; seino, pero é que o tema ten moita complicación para un cidadan de a pé que sabe da importáncia da xustiza e que pensa que nunha democracia TODOLOS poderes deberían emanar directamente dos cidadans...
Mais aló desta organización de tres poderes debería haber outros órganos de control por parte dos cidadans de estructuras e servizos fundamentais nos que, coido, nunha socidade DEMOCRATICA a simple participación non é dabondo.
Para escomenzar o control do sistema electoral. Resultamen farto curioso que seña obrigatorio participar nas mesas electorais, un "deber cidadan" e logo tanto nas instáncias superiores como no entramado de recursos e valoracions se perda o contacto cidadan coa manifestación da súa vontade... Son funcionarios da xustiza e politicos os que controlan o sistema electoral moitas veces de xeito totalmente opaco sen publicar decisions nen normas e sempre poñendo toda clase de trabas á participación activa dos cidadans no proceso pois debe se-la única instáncia do poder na que non se poden presentar documentos con validez legal mediante tódalas vías sinaladas na lei de procedemento administrativo.
Chámame a atención de como os gobernantes non se cortan en pedir responsabilidade ós cidadans no uso de certos servizos e bens públicos mais como se obvia a participación destes directamente no seu control. A educación, A acción social e solidaria, O transporte público... sempre tan dependentes e tan alonxados dos cidadans.
Para dar remate a este oubeo quixera sinala-la falla de responsabilidade dos medios comunicativos no que publican e, sobor de todo nas súas liñas editoriais porque agora que eles sinalan ás accions da xustiza contra os que nos expresamos libremente mediante blogues deberían ter algo de auto-critica á hora de enfoca-las novas. Semella que SABEN que ningúen mais ca eles pode FALAR EN ALTO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario