OUUUUuuuu
Fai 4 anos iniciei este xeito de deixar constancia de que NON ME RESIGNO, do que penso e do que coido interesante e do que vexo. Do que me fai rir e do que me indigna; do que me esperanza e do que impacta. De lerias e andrómenas, de verbas e agasallos. A terapia deu resultado e conquerín seguir polo fío encollido, mais equilibrado.
Dende hai unha semana seméllame que só recibo malas novas, mais como teño predisposición optimista lle poño as cores do outono e tiro... non foron os 40, senon os lonxanos 35 os que me mancaron.
O proxecto vital non remata coa chegada da estabilidade laboral, sempre debe haber novos obxectivos reais e fantásticos que nos impulsen e ós que nos acollamos á hora de facermos eleccions.
Un barco tivo unha brecha que encheu de escuro maquillaxe a faciana alegre do pais, un barco partiu e afundiume; vin con estupor como milleiros de persoas reaccionabamos ó unisono mais logo non actuamos con consciencia de persoas libres e seguimos a recibir o mais absoluto desprezo de quen se cree "destinado a dirixir".
Agora estou á espera do seguinte barco, alerta ós sinos das falsidades e das ocultacions. Non vou deixar pasar outro 17 de Novembro reconstrúindo en silencio o que outros desfán, non voltarei a chorar en San Adrián.
No hay comentarios:
Publicar un comentario