Debe ser unha nova modalidade de cadea; polo de agora con intencions reflexivas mais non será de estranar que logo saian "memes fun" e xa a teñamos liada.
O certo é que unha persoa de Chuza! lanzou O meme das 8 cousas e, acaboume 'tocando', seica hai un mes; mais eu entereime agora. Gracias Lourixe
O tema vai de:
-Facer un listado de 8 cousas, as que sexan.
-Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o meme.
-Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.
-Deixar un comentario no blogue conforme foron convidados a xogar e facendo referencia ao propio post "O meme das 8 cousas"
O listado xa o fixen; non tiven moitas dúbidas... Centreime no que me gusta e no que quero facer.
1-Falar libremente
2-Mirarlle-los ollos ós meus
3-Sonar desperto e durmido
4-Nen odiar nen esquencer
5-Mellorarme e axudar a mellorarse a outr@s
6-Non ser indiferente á destrucción do noso entorno
7-Problema-reflexión-acción-revisión como paradigma
8-A praia de Vilar e os Montes Aquilianos
Mais dificil vai ser facer un comentario de cada unha sen me perder.
1 Falar libremente: semella que é doado mais non o é tanto; e non me refiro a medo a inxuriar ó xefe do estado nen cousas polo estilo... mais ben penso na medida que hai que ter para que as verbas non manquen a inocentes. Por iso moitas veces opto polo silencio.
2 Miralle-los ollos ós meus: Non porque teña que descubrir algo nos que me rodean senon por mante-la dignidade e a confianza en min mesmo e non ter ren que esconder ou do que avergoñarme
3 Sonar desperto e durmido: Porque sen metas e sen desexos non se vai a ningures i entón xa estas morto
4 Nen odiar, nen esquencer: Xa teño falado delo; a vinganza non é un 'plato frio' senon mais ben podre que nos fai peores a nós mesmos e non nos devolve o que coidamos perder; lembrar axuda a aprender, saber que outros foron por un camiño e o que nel atoparon. Saber quen e como foi é información non despreciable.
5 Mellorarme e axudar a outr@s a mellorarse: No computo global un debe ser cada día mellor que si mesmo o día anterior; mellor no trato, mellor no coñecemento, mellor na reflexión...
6 Non ser indiferente á destucción do noso entorno: Recibin unha herdanza co "imposto de sucesions" de un sistema depredador incapaz de planear no mais minimo grao a relación da sociedade do medio que a rodea. Unha sociedade que se bota en bloque a cada posible solución sen decatarse de que todas son solucions parciais e que non se poden aplicar de forma universal. Así anegamos vales, fixemos minas e plantas xeradoras de fume e agora poñemos muiños de vento...
7 Problema-reflexión-acción-revisión como paradigma: Suponse que teño unha profesión científica... Actuar de outro xeito está ben para cousas que non teñen/precisan explicación (o Amor) mais non para afrontar as PREGUNTAS de cada día.
8 A praia de Vilar e os Montes Aquilianos: Os meus lugares favoritos ameazados ambolos dous pola praga dos humanos...
O das 8 persoas vai ser ainda mais complicado... Non sei que criterio aplicar.
Vai:
Fer
Ifirt
Modesto
Galegoman
Artritis
Brenlla
PedroMorgado
Dinis
No hay comentarios:
Publicar un comentario