Lumes de artificio ó norde do Atlas

OUUUUuuuu

AS cousas curiosas que ten o comportamento político e social.

Ben é coñecido o meu posicionamento respecto ó ente en cuio cimeiro figura o cidadan Juan Carlos de Borbón e tamén é coñecida a miña opinión da adxudicación a unha linaxe da representación máxima dunha sociedade en virtude da herdanza biolóxica, mais nestes días deume pena que o señor este e mais os milleiros de habitantes das "insulas" visitadas se visen utilizados deste xeito.

Os estrategas da zurda con guante de terciopelo consideraron que a campaña de "mais español ca o español" lles estaba a resultar ben e que a xente xa veia no P$o€ o 'pegamento das españas' deixando atrás as súas participacions nas diabólicas alianzas coas forzas centrífugas e as necesarías e mal paradas negociacions para acada-la paz.

Así as cousas prepararon este teatro con tempo e axustaron o seu cronograma para o momento xusto .

Digo o do teatro porque si eu considero un territorio coma própio non monto este rebumbio por unha visita tendo deixado pasar a refortificación da fronteira e actuando de tapón perante un problema que ben podería brindarme os territorios que reclamo en bandexa de prata. Non semella cecais moi levantisco manter tratos comerciais de todo tipo e condición coas empresas do estado 'ocupante' mentras xogo a perdiz mareada cuns pescadores (ós que agora lles tocará paga-lo pato novamente) e sigo ansiando a construcción dunhas macroestructuras que melloren as comunicacions entre ámbolos lados do estreito... Por todo elo a actitude Marroquí seméllame unha ben estudiada cortiña de fume botada xusto por riba do SILENCIO SENTENCIOSO que algúns desexan para o 11-M (i eu non son conspiranoico).

Ó propósito do caso: ¿como é que esta sentenza SI hai que respetala en silencio e moitas outras NON?; e peor, ¿como un partido supostamente democrático quere impor como si dun DOGMA se tratase a creencia no que se consideran feitos probados na sentenza?; ¿haberá que estudala na ESO incluida a coletilla de que "o PP tentou emprega-los atentados en beneficio própio"?. Mágoa de cidadans con criterio própio e liberdade de albedrío.

Que a algúen se lle ocurra que o parlamento se ten que pronunciar sobre unha sentenza xudicial non é mais que a materialización da "morte de Montesquieu" e o absoluto desprezo pola separación de poderes; separación que NON ven consagrada na sacrosanta constitución porque a endogamia de xuices e fiscais depende indirectamente dos partidos políticos do parlamento e non DIRECTAMENTE da sociedade en cuio nome (bueno, non eles sentencian en nome de el-rei) din impartir xustiza.

Na historia da humanidade a dúbida e o estudo teñen botado a baixo "verdades universais", senón preguntadelle a Galileo... Outra cousa é que indicios lenes conduzan a conclusions 'inquebrantables'.

Ah, esquecín unha pregunta: ¿logo non hai un bó sitio para durmir nin en Ceuta nin en Melilla?.

No hay comentarios: