Trocame o clima, Primo.

OUUUUuuuu

O 4 de Abril lin unha columna de opinión na edición berciana de "la crónica-el mundo de león" na que alguén que non coñezo con moito sentidiño desgranaba os graves problemas ecolóxicos ós que nos enfrontamos e como estes non poderán ser abordados con éxito, isto é con supervivencia da nosa sociedade, se non deixamos atrás referentes trasnoitados no plano conceptual e non actuamos dende a realidade. Viña esto refrendado pola suposta identificación de ecoloxismo i esquerda á que el tildaba de 'desfasada' non sen razón; porque hai certa terminoloxía que non deixa de manca-los ouvidos no que dín os principais dos partidos de esquerdas. Ainda peor parados saen os representantes do mundo financieiro-empresarial e o seu conglomerado de intereses que durante tanto tempo se burlaron dos avisos que se viñan dando sobre o insostible do modelo económico-social que preconizaron e puxeron en marcha cmo imaxe e semellanza do "American way of life" e agora, sen pudor, se apuntan a calquer estratexia paliativa ou parche que lles permita mante-lo control productivo da enerxía e/ou brinde novas 'oportunidades de negocio' sen facer nen o mais mínimo exame causa-raiz do que está a acontecer e de como desenvoltar estratexias efectivas a longo prazo... A cousa quedou así e non pasei da pre-elaboración do oubeo mais; gracias ó primo do catedrático cientifico voltei a pensar nelo.

Ten o conservacinismo ambiental ideoloxía?; semella que na dereita pensan que sí e por iso ese "globo sonda" moi ó estilo do Abuelo Cebolleta (Profesor Barea) para ver a reacción do público en xeral e dos medios menos afins en particular; porque dos afíns xa se sabe que se pode esperar de todo. Teñen pagados a Pseudo-cronistas que se apúntan a un borbadeo ainda que seña de lixo con tal de complaceren ós seus amos.

Eu se supón que teño unha profesión relacionada coa ciencia e teño aprendido nos anos de exercicio (mágoa que non na miña formación) que unha opinión científica se argumenta con datos; cifras e tendencias dos fenómenos observables que teñen relación demostrada co total do sistema estudado. Para demostrar unha hipótese (mellor dito, refutala) hai que demostrar si existe ou non unha relación causa-efecto entre un dato/valor e un fenómeno observable. E neso, nen o "primo de zumesol" puxo datos na mesa; fixo unha alusión ó indeterminista que é o estudo estatístico do complexo sistema climático tanto a nivel local como global e o fixo cunha frase que coidou intelixente e que, ó que se ve, resultou intelixente de mais.

Que en todo entorno cambiante existen individuos que se adaptan mellor e, polo tanto, aproveitan ese troco para mellora-la súa posición ú un feito biolóxico que ben se pode trasladar á esfera económica de tal xeito que en paralelo ós retos que plantexa a situación ambiental mundial (haxa ou non troco climático hai demasiada contaminación i existe sobre-explotación dos recursos naturais e perigo de desaparición de hábitats) temos un gran conglomerado de intereses económicos que tentan orienta-lo xuizo da situación e as posibles solucions cara ó seu campo de intereses e iso molesta ós que se quedan atrás e ós que non se apuntaron ó carro a tempo e agora precisan pasta para as súas campañas porque o ciclo expansivo do mercado do ladrillo remata e xa non se poden obter fondos a cambio de obras e licencias...

Mais vergoña que o primo do catedrático deberan sentir os que dispondo de unha fiestra para argumentar se descolgan polo seguidismo amarelo axudando a por en dúbida o futuro dos seus fillos (e o dos fillos dos outros); non sería de estranar que tales individuos fumen dicindo "é mentira que fumar aumente as posibilidades de ter cancro" ou que fumiguen con DDT pensando que " non se trata de ningún veleno para os humans".

No hay comentarios: